Trátase dun pequeno arbusto de case un metro e de flores blancas moi vistosas, que miden sobre uns dez cms. As veces estas xaras están en ladeiras, a carón dos ríos, e destacan moitísimo.
Teño visto xaras en ladeiras do Courel, Serra de Queixa e moitísimas no Parque natural de Montesihnos a carón do río RabaÇal que son os ríos que baixan a Portugal dende a Gudiña e Vilavella e Barxa, en Ourense.
Fotografía de A Pinguela.
As súas follas teñen os pecíolos cortos e son lanceoladas e estreitas.
Cor verde.
As follas son tamén viscosas e péganse os dedos con facilidade.
As flores son blancas con cinco pétalos e moi vistosas. Florece na primavera
A planta conten lándano, que é moi utilizado en perfumería entre outras cousas.
.....
Mide sobre 1 metro de altura e as veces vense ladeiras entereiras de xaras. Por certo bastante olorosas na primaveira.
Aparece en terreos pedregosos, graníticos e pizarrosos.
En castelán recibe varios nomes como jara del ládano, jara pringosa, jara pegagosa. En catalán chámanlle estepa.
En galego recibe varios nomes como xara, esteba, esteva, chougazo, entre outros.
Chámanse xarais o conxunto destas plantas e outras deste xénero.
Son, como curiosidade, especies que forman una parte importantísima de moitas matogueiras degradadas tras os incendios e que se recuperan desta forma.
En Galicia atópanse dentro destos terreos tamén o Cistus populifolius e o cistus salvifolios, aparte doutras plantas.

Nesta fotografía de Juan Luis vese o Cistus populifolius. En Galicia chámase xara macho.

Este é o Cistus salviflolius. En Galicia chámase xara moura.