Squalius carolitertii. O Escalo. ( Bordallo)

 

O escalo é un peixe moi común en Galicia.

O escalo.

O Escalo ou Cacho era un ciprínido moi abundante nos ríos de Ourense e nos ríos galegos en xeral, hoxe é totalmente vulnerable. 

Ten moitísima espiña e non é de moita calidade gastronómicamente falando.

O seu tamaño medio anda por 25 cms. 

Ver características.

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.                         

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O escalo: características

 

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.                       

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome científico:

Squalius carolitertii (Doadrio,1987)

Taxonomía:

 

Clase Actinopterygii
Orden Cypriniformes
Familia Cyprinidae
Xénero Squalius
Especie Squalius carolitertii

 

Nota: sinónimos son o Leuciscus Cephalus  cabeda Risso, 1827 e o Leuciscus carolitertii Doadrio 1987

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome galego:

Cacho. Fotografía de Martín Mayo.

Escalo. Tamén se chama Cacho. Cachizo. Xardo.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome castelán:

 

Bordallo, Cacho, Leucisco, Cabezudo.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Dimensións:

Cacho. Fotografía de Martín Mayo.

Ata 40 -50 cms, a media é de 25-30 cms. Pode chegar en peso ata 1,5 kg, o normal 200-300 grs..

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Identificación:

Escalo fotografía de F. Palacios "libro roxo e atlas dos peixes de España". 2001.

Corpo alargado, cabeza grande e boca subterminal.

O aspecto é moi característico, pero  a súa librea,  o seu lombo, cambia moito según os ríos:  pode ir dende verde negruzco ou pardusco a verdoso ou obscuro.

Cacho. Fotografía de Martín Mayo.

É un peixe estilizado, co corpo afiado e as veces casi negro no lombo e ten unhas manchiñas negras o longo do corpo.

O escalo é un peixe moi común en Galicia.

Escalo. Un tipo o máis corrente.

Cacho. Fotografía de Martín Mayo.

Escalo ou cacho do río Tea, cóstame máis identificalo con esta librea tan rara. Aparece no libro Inventariación piscícola de los ríos gallegos.

 

O escalo é o peixe máis abundante dos ríos galegos.

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Alimentación e hábitos:

Estos peixes aliméntase de bichos do río casullo, pequenos anfibios, ovos, etc. Tamén mosquitos, moscas, etc.

Moi gregario de xoven e solitario de adulto.En Galicia vive tamén nas correntes de non moita velocidade. A súa reproducción faina entre abril e xulio.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Habitats:

O escalo é un peixe moi común en Galicia.

Poden vivir nos encoros de todo tipo, aguantan a eutrofización perfectamente, polo menos de momento.

Tamén se atopan en ríos de correntes máis rápidas e dende logo son os mellores.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Desove:

A reprodución faina entre abril e xulio. Durante a freza, os machos mostran uns tubérculos nupciais moi característicos na cabeza e na parte inferior do corpo. Os ovos en número de 50.000 ata 200.000, dunhos 2 mm de diámetro son postos en augas moi baixas e terrenos pedregosos e de pedriñas ou arenosos.

As larvas eclosionan entre 5 e 8 días e miden 4 mm, tras 1-5 anos o escalo pasa a ser adulto.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Vese nos meses de ...

O escalo é un peixe moi común en Galicia.

Vense moítisimos nos meses de maio e xunio. 

Actualmente vense un pouco menos que fai anos.

 

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Interés:

O escalo é o peixe máis abundante dos ríos galegos.

Normal. Son imprescindibles nun río.

Están caendo moitos en mans do Bass un auténtico depredador dos escalos e outros tipos de peixe.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A súa pesca:

A súa  pesca é bastante doada incluso para os novatos. Un cana , un sedal fino ( ata 500 grs o 1 kg de resistencia), o típico corcho ou flotador, un anzó do 15 ou 16 un bicho blanco ou o sasullo ( que se pode coller no mismo río) e vella a sacar peixes. Hai dende logo auténticos mestres que os sacan a pares...

As veces entran a pluma. Fai pouco na desembocadura do río Bubal, no Miño,  farteime de sacar escalos que por certo devolvía o río. Era tirar e sacar, non daba feito...

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Protección:

O escalo é un peixe moi común en Galicia.

Normal. Son moi abondosos. Son capaces de vivir en augas contaminadas e dende logo aguantan a eutrofización ( podrecen as algas) , moi común en Ourense no encoro por exemplo de Cachamuiña (no 2007 non hai nin o primeiro) e tamén no encoro de Castrelo de Miño.

Según o libro recentemente publicado, febreiro do 2001,  "Atlas y libro rojo de los peces continentales de España" está especie é vulnerable debido á introducción nos nosos ríos do lucio e a perca americana ( Bass).

 

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Curiosidades:

Fai xa moitos anos vendíanse na praza de abastos de Ourense, tódolos días, o río Miño tiña miles e eran de bastante calidade, dende logo con moita espiña,  hoxe cada día vense menos ou ningún. As razóns están claras: a contaminación galopante e os peces exóticos que botaron en Castrelo de Miño e outros lugares,  rematan coa nosa especie autóctona. As carpas, carpins, Bass, e un longo etc que unha mente calenturienta botou nos nosos ríos, non teñen perdón...

O da plaza de abastos pasou a historia.

 

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

DISTRIBUCIÓN EN GALICIA.

Cacho. Fotografía de Martín Mayo.

Cacho do río Tea en Pontevedra.

ESCALO - PEIXE- CACHO

O Cacho abunda en moitos ríos de Galicia: Umia, Lerez, Tea, Arnoia, Avia, Bibei, Neira, Ladra, etc.

Fonte: O libro " Inventario piscícola dos ríos galegos". Xunta de Galicia 1997.

Subir.