Sensacional fotografía de Josef Hlasek. |
|
![]()
| Nome científico |
Donacia bicolora Zschach, 1788
Taxonomía:
|
| Nome galego |
Descoñezo o nome galego. En principio vamos a chamarlle: Donacia
|
| Nome castelán |
Donacia
|
| Dimensións |
Macho e femia. Pode ter o tamaño da figura. Casi 5 cms. De tódolos xeitos a talla é bastante variable. Poden vivir ata 5 anos.
|
| Identificación: |
Fotografía de Román García Mora Dende logo é moi común.
A femia é moito máis grande que o macho.
Chámase bicolor debido a doble color amarelo verde que presenta o macho. As antenas chegan a mitade do abdomen. Seis patas coma todos os insectos. As seis patas son prensiles, ou sexa rematan nunhas uñas que nas patas de atrás son dobles.
|
| Alimentación: |
Sabemos que comen algunhas plantas como a Potamogeton natans. Tamén van de nenufar en nenufar e outras plantas acuáticas. O parecer son filófagos, polo que tamén se lles coñece como escarabellos das follas.
|
| Habitats: |
Xunto os ríos e charcas. O apareamento faino sempre a beira dos ríos, de feito as larvas aparecen nas raíces dos árbores. Son voadores, polo tanto poden colonizar, rápidamente outros lugares.
|
| Vese nos meses: |
Donacia bicolor. De maio a agosto.
|
| Reproducción: |
Ver a femia e o macho, a femia é moito maior.
Ver a femia e o macho, a femia é moito maior.
Esta é a larva da Donacia que vive, o parecer fixado as raices no leito do río.
|
| Interés: |
O feito de ter un apartado no libro citado abaixo, xustifica plenamente o interés deste insecto que temos a beira dos ríos galegos. Ver os interesados o libro "Macroinvertebrados de las aguas dulces de Galicia" de Marcos A. González González y Fernando Cobo Grandín.
|
| Protección: |
Non están protexidas.
|
| Curiosidades: |
En Galicia a subfamilia dos Chrysomelidae está representada por seis xéneros e dezasete especies. A máis interesante é o endemismo ibérico chamado Donacia galaica, que actualmente soio está representado no Noroeste peninsular. Sábese pouco da súa bioloxía, inda que se cree que unha das plantas que come ou das que se alimenta é a Potamogeton natans. Outra é a Plateumaris sericea, frecuente en prados húmedos. Pouco máis... Ver os interesados o libro "Macroinvertebrados de las aguas dulces de Galicia" de Marcos A. González González y Fernando Cobo Grandín. Hercules Edicións. 2006.
|
Fotografía de Román García Mora
Tamén do libro "Macroinvertebrados de las aguas dulces de Galicia" de Marcos A. González González y Fernando Cobo Grandín. 2006.

![]()