Crepis capillaris. Pacica porca. (Crepis)
Esta planta ou unha crepis similar atópase en moitos prados e terreos húmidos de Galicia. Trátase dunha planta terrestre non moi grande, entre 10 e 100 cms. de follas moi ramificadas.
Ver tamén os tipos de crepis distintos.
![]()
Crepis capillaris. Crepis. Pocica: Características
|
|
|
|
| Nome científico | Nome galego | Nome castelán |
| Dimensións | Identificación: as follas. | Outros tipos de crepis |
| Nome científico |
Crepis capilaris.
|
| Nome galego |
Pacica porca. Nota: este nome é o que lle daban no Incio, concretamente en Calvos (Vilasouto) a esta planta. Según asegura a miña muller, que é toda unha especialista nesta planta, gústalle moitísimos os porcos. Por eso o nome de Pacica porca.
|
| Nome castelán |
Crepis.
|
| Dimensións |
Trátase dunha pranta que oscila entre 10 - 100 cms.
|
| Identificación: |
Sobre 10-100 cms. As follas son lampiñas ou con poucos pelos cortos. Son lanceoladas, dentadas. É moi dificil distinguir os distintos tipos de crepis que se poden atopar a carón dos ríos de Galicia. Simplemente ver algúns tipos e a forma xeral desta planta, como unha curiosidade máis.
|
| Otros tipos de Crepis. |
Crepis albida. (Apaerece a carón de rocas, etc.)
Crepis capilaris, que é a da ficha. Vese moito en prados, brezais e paredes.
Creis conycifolia. Vese moito en prados...
Crepis setosa.
Crepis vesicaria, tamén se da en prados e terrenos como o da fotografía de encoros.
|
Fonte: Claves de la flora de España. Mariano García Rollán.