![]() De interés especial. |
|
Pintafontes verde: características.
|
|
|
|
| Nome científico | Nome galego | Nome castelán |
| Identificación | Alimentación | Habitats |
| Reproducción | Distribución Galicia | Protección |
| Curiosidades | Interés | Bibliografía |
![]()
| Nome científico |
Triturus marmoratus ( Latreille 1800) Taxonomía: Reino: animalia Clase: anfibios Orden: caudata Familia: salamandridae Género: Triturus Especie: Triturus marmoratus
|
||||
| Nome galego |
Pintafontes verde, limpafontes verde , Píntiga verde, Píntiga de auga.
|
||||
| Nome castelán |
Tritón jaspeado. Lagartija de agua
|
||||
| Identificación: |
Macho: sin liña lateral laranxa
Femia: observar a liña alaranxada. Sobre 70 mm. Pero ollo que pode chegar os 15 cms. Verde jaspeado de negro, o que lle permite pasar bastante desapercibido no seu ambiente.
É o único tritón galego que ten cores verdes sobre fondo negro. O peito e o bandullo son cincentos con pintas negras e brancas irregulares. Os machos en celo presentan unha crista dorsal e anal.
Macho en celo. O macho en celo parece un semáforo xa que ten dúas cristas moi rechamantes, unha dorsal e outra caudal. As femias e os exemplares novos teñen unha rechamante liña dorsal laranxa.
As femias e os exemplares novos teñen unha rechamante liña dorsal laranxa.
Importante de cara a identificación é saber que este limpiafontes non é palmeado nas patas traseiras.
Observar os anelos dos dedos, repito, non palmeados.
|
||||
| Alimentación: |
Todo tipo de insectos. Tamén ovos doutros trituros, cágados, larvas de anfibios, etc.
|
||||
| Habitats: |
Charcas de todo tipo, pozos, lavadeiros, canles, marismas, as veces forma concentracións importantes. Nada moi ben e tanto se pode atopar entre a vexetación acuática como no fondo.
|
||||
| Reproducción: |
A reproducción comenza en febreiro abril. O macho en celo presenta unha cresta doble, dorsal e anal, cun chamativo cor amarelo. Despois do apareamento a femia pon os ovos na auga, que normalmente trata de escondelos en plantas acuáticas, e coas coas patas posteriores trata de escondelas como pode. As larvas (cágados) que nacen medindo un cm. aproximadamente rematarán o seu desenvolvemento polo verán.
Vive entre 10 a 15 anos.
|
||||
| Interés: |
Moito, como tódolos anfibios. Interés especial. Por sorte é bastante abondoso en Galicia, pero ollo xa que presenta os riscos típicos da transformación do medio en que se move: o desecamento de zonas húmidas, a contaminación galopante que estamos a xenerar en Galicia, os incendios que non teñen pés nin cabeza e por si fora pouco as especies de fora que tamén afectan moito.
|
||||
| Protección: |
A categoría mundial UICN é de non catalogada e a nivel de España a categoría é de preocupación menor LC.
|
||||
| Distribución en Galicia: |
Dende logo é moi común en Galicia e atópase prácticamente en calquera lugar. O normal é atopala en augas estancadas, pozos, charcas, etc. onde teñan vexetación abundante as beiras. Tamén en ríos de corrente lenta. E tamén fora dos ríos, en terra.
|
||||
| Curiosidades: |
Conta a Mitoloxía grega que unha conxura exiliou ó Deus Tritón a un reino submarino formado por ríos e charcas. Alí se convirtiu neste pequeno dragón.
|
Fonte: Esos anfibios e reptiles gallegos. Jose Curt y Pedro Galán.
Tamén utilizo o libro Atlas de vertebrados de Galicia, o tomo I, feito pola Sociedade Galega de Historia natural en 1995, un gran libro sin dúbida.