Quercus robur. Carballo. (Roble).
O carballo é común en toda Galicia. É unha especie en regresión pola influencia humán, xa que foi, e inda é, sustituido polo piñeiro e o eucalipto, de máis rápido crecemento. As beiras dalgúns ríos inda quedan algunhas carballeiras fermosas. Estas árbores xa están nunha terceira liña do río.
O carballo é unha árbore de valor mitolóxico en Galicia.
En Galicia hai moitos tipos de carballos ou Quercos: Ilex, faginea, lusitánica, palustris, petraea, pyrenaica, robur, rubra, occidentalis, suber (sobreira). De todos eles o máis común e coñecido é o descrito nesta ficha.
Na fotografía do autor da www, un carballo con historia a beira do río Navea en Chandrexa de Queixa. Por certo moi fermoso...a pesar dos anos....
Hai ríos onde os carballos son moi comúns: o Lérez en Cerdedo, o Deva por riba de Arbo, etc.
![]()
| Nome científico. |
Quercus robur L.
|
||||
| Nome galego |
Carballo. Roble. Alvariño, carballo branco, carballo verino, carvallo, rebolo alvar
|
||||
| Nome castelán |
Roble albar.
|
||||
| Dimensións |
A súa altura é moi variable dependendo moito do lugar, hai exemplares baixos como o da fotografía anterior e moi altos como o da fotografía seguinte. Pode pasar de 40 metros. Pode vivir por riba dos 500 anos, podendo chegar ata os 1000 anos.
Realmente nesta fotografía figura un trocillo de carballo, botaba por riba dos 15 metros. A fotografía está sacada baixando a Ponte Ermida no río Arnoia, preto de Cobas de Río. Hai exemplares de ata 2 m. de diámetro (ou sexa 6,28 metros de perímetro), como é o caso do de Antas de Ulla ( que por certo nono coñezo, é unha cita que fan Marisa Castro, Luís Freire e Antonio Prunell no libro Guia das árbores de Galicia). Máis abaixo, no apartado de carballos monumentais, cítase un carballo de 12 metros de perímetro no Pazo de Cartelos en Carballedo.
|
||||
| Identificación: |
O carballo seguramente é a arbore máis coñecida en Galicia. Pódese atopar por tódolos lugares, o seu tronco dereito, a cortiza grisácea, as follas caedizas, simples alternas e membranosas; as flores o fruto que é un aquenio ovoide - oblongo (chamadas landras ou belotas que tanto gustan os porcos do país)) . Sin duda é unha das árbores máis coñecidas.
O tronco é bastante característico. Grisáceo liso ata os 20 anos e despois gretado, groso e parduzco, como o da fotografía.
Fotografía do autor da www.
Este é o tronco do "meu carballo", por certo sobre 5 metros aproximadamente. O carballo pode vivir mil anos.
Follas do "meu carballo".
Follas simples, ovais e lobuladas (entre tres a cinco lóbulos por banda) entre 10 a 12 cms. e 8 cm. de anchura. Rematan por riba de forma redondeada. Na base rematan acorazonadas formando dous pequenos troziños; o que se chama ou di base do limbo auriculada.
As landras ou belotas están unidas as ramas por un pedúnculo longo, cousa que non pasa no rebolo (Quercus pyrenaica) e na carba (Quercus petraea) que se poden confundir có carballo. Nestes as landras non teñen apenas pedúnculo. O sea van directamente nas puntas das ponlas. Tamén o rebolo ou cerquiño ten as follas, o envés, pilosas o que lle da un aspecto áspero o tacto. De tódolos xeitos non é fácil distinguir os quercus. Ver este link desta misma páxina www. Formas de distinguir os quercus.
|
||||
| Habitats: |
En Galicia o Quercus robur prefire os terreos frescos sen grandes secas e por debaixo dos 1000 metros. de altitude. Hai carballos por toda Galicia sobre todo pola parte das provincias da Coruña, Lugo na súa parte occidental e todo Pontevedra. En Ourense tamén na súa parte occidental. De tódolos xeitos cada día á súa distribución faixe máis irregular debido as talas e os incendios. O conxunto de carballos en Galicia chámase Carballeira, dito dotro xeito un lugar poboado de carballos chámase carballeira, tamén carballal ou touza. As carballeiras e os soutos ( que é un lugar poboado de castañeiros) son do máis típico en Galicia. Este carballo, Quercus robur atópase en Galicia ata os 1000 metros. É bastante común en toda ela pero menos na zona alta da Provincia de Ourense e Lugo, onde é máis común a variedade Quercus pyrenaica. En Galicia hai moitos tipos de Quercos: ilex ( chámase tamén aciñeira, atópase pola zona do Barco de Valdeorras en Ourense e nas montañas de Ourense e Lugo xunto as de Zamora e León) ,faginea ( atópase algún exemplar por Triacastela e Samos e en Ourense en Verín e Xinzo de Limia; chámase caxigo) , lusitanica ( no monte Pindo , preto de Carnota, tamén se chama carballo enano), palustris ( carballo dos pantanos que se atopa preto de Ourense ciudade) , petraea ( de follas máis grandes, vive no Caurel ( Lugo), tamén se chama carba ou carballo albariño) , pyrenaica ( árbore autóctono, de follas case perennes e vive en altitudes de ata 1700 m. por exemplo , atópase no invernadeiro en Ourense, pola zona de Camba chámanlle cerquiño, rebolo ou carballo negral) , rubra ( que é o carballo americano, que se está a usar nas repoboacións xa que medra moito) , occidentalis ( atópase sobre as zonas das rías galegas. Polo río Sil chega ata o Bierzo, vese moito polo tanto nos vales fluvais. En galego fálase da sobreira ou corticeira e tamén do alcornoque, que non é máis que o Quercus suber L. ou Quercus occidentalis Gay.). Ver un resumen gráfico dos tipos de quercos. As sobreiras e aciñeiras son típicas de Ourense, no cañón do Sil e chegan ata altura de Castro Caldelas. Hai moitísimas na zona baixa do río Arnoia (están a cortarse moitas por mor dunhas minicentrais que se están facendo na zona...) Todos eles están perfectamente descritos e documentados no libro Guia das árbores de Galicia de Henrique Niño Ricoi e Carlos Silvar. De todos eles o máis común é o descrito nesta ficha.
|
||||
| As flores e o froito: |
As flores son moi pouco aparentes. As masculinas, amarelas e as femininas de cor parda. Na fotografía (da que descoñezo o autor) vense as dúas flores. Por certo que no carballo conviven as flores masculinas e femininas o mesmo tempo. As flores femininas están mismo no nacemento da folla. Nas axilas das follas. Florece nos meses de febreiro a marzo.
Na fotografía vense as flores masculinas (parecen pompós) , moitas, e algunha feminina de cor marrón.
O fruto que é un aquenio ovoide - oblongo. Chámase landra ou belota e mide entre 3-4 cms de longas e 1,5 a 2 cms. de ancho. Preséntase sobre un pedúnculo máis ou menos longo (4-8 cm) e cunha cúpula escamosa.
A cúpula cubre menos da mitade. As landras aparecen en grupiños de dúas ou tres. Moitas veces teñen landras que non creceron de todo, como as que se ven na fotografía.
Florece en abril e maio e da fruto no outono , son as famosas landras ou belotas, que leva unha cúpula que cubre menos da mitade.
Observar os bugallos (bolas que se forman o redor dos ovos e larvas dun insecto parásito do carballo, tamén se chaman carrabouxos) do meu carballo. Esta fotografía está sacada no 2005 en maio.
|
||||
| O tronco: |
A casca da árbore é lisa e gris nos primeiros anos. Prácticamente ate os vinte anos.
Logo empezan a sairlle fendeduras e cambia a cor a parda.
Nos troncos vellos aparecen moitas fendiduras.
A madeira é de cor crara, tirando a rosada e moi dura.
Sacado deste web: http://home.utad.pt/~floresta/LPF/quercus_robur.htm A variedade americana é máis oscura:
|
||||
| Interés: |
A súa madeira é dura é de moi boa calidade e de dificil putrefacción, mesmo na auga, polo que foi usada para a construcción naval, doelas dos bocois, etc.
Debido a que aguanta moitísimo a humidade e os cambios de clima, foi usada esta madeira na fabricación de pipas e bocois, ademáis fai que saiba mellor os viños que se fan nos bocois ou pipas de roble.
Tamén se utiliza en carpintería e abanistería. En tempos para a fabricación das travesas do ferrocarril ( hoxe son de cemento armado). Nas casas metíanse para trabes, puntós e taboas para o piso ( inda se siguen metendo). A leña do roble ten un alto poder calorífico ( carbón). A cortiza contén taninos de utilidade para curtir peles e posúe propiedades astrinxentes.
Do carballo para a mediciña popular utilízase todo: a cortiza dos troncos novos como os bugallos polo seu elevado contido de taninos, sobre todo o tanino gálico. Os bugallos, que xa está dito que son excrecencias provocadas por un insecto himenóptero e a corteza poseen accións astrinxentes, antidiarreicas e hemostáticas. As infusións úsanse para hemoraxias internas. En uso tópico vale para todo: queimaduras, ecemas, farinxite e hemorroides. O carballo tamén foi usado antiguamente para o curtido de peles, como xa está dito. Casi nada...
|
||||
| Curiosidade do carballo. As carballeiras |
Dende logo as Carballeiras están pretos dos ríos, inda que no sexan características dos mesmos. ( A Carballeira de Gres no río Ulla é famosísima e preciosa). A Carballeira en Galicia e algo mais cun conxunto de árbores..."Ei carballeira, o que me dé un pau doulle un peso, e sí é de carballo trinta reás....." dito típico de Graices , preto da Peroxa. En algúns lugares os bosques de carballos tamén se chaman touzas e carballal ( por exemplo en Camba ( ourense)). Tamén Carballedo e Carballidos. Os romanos chamánbanlle os lugares onde había carballeiras Lucus, precisamente o nome de Lugo que ven desta palabra fai referencia a lugares onde había carballos. Parece lóxico pensar que en Lugo houbese un bosque sagrado ou algo similar. En Galicia hai carballeiras en tódolos concellos, moitas delas moi famosas, como:
Carballeira de Santa Susana en Santiago de Compostela.
Carballeira de Caldas de Reis, con máis de 200 carballos de tódalas idades.
Carbelleira de Grés no río Ulla. Outras moitas como a de San Xusto en Cotobade, a de Ponte Cabalos no río Arnego e tantas e tantas famosas... O carballo é común en toda Galicia. É unha especie en regresión pola influencia humán, xa que foi e inda é sustituida polo piñeiro e o eucalipto de máis rápido crecemento.
Nesta fotografía vese "O meu carballo" que está situado nun prado a carón do río Queixa moi preto do pobo de Taboazas. É unha auténtica marabilla. Ademais ten un fillo a carón. Moi a beira.
Nesta fotografía vese o fillo a esquerda e o pai a dereita, a perpectiva non dice como son...
Outra vista.
Máis cerca. O pai.
O tronco do pai. Este carballo seguro que pasa dos 50 anos con moito...
|
||||
| A carballeira de Grés, nunha ínsua do río Ulla: |
A carballeira de Grés no Ulla:
Fotografía do autor da www. Hai moitas carballeiras en Galicia, como xa está dito, eu diría centos, todas son fermosas. A mín chamoume a atención unha que está preto dun río sensacional, o río Ulla. Unha carballeira que está formando unha ínsua , unha marabilla. Trátase da carballeira de Gres en Vila de Cruces. Merece a pena visitala.
O Can de Adolfo Villar. Fotografía do autor da www. Nesta carballeira, ensinoume Adolfo Villar Donato ( dende estas liñas, moitas gracias e un saúdo) , moitas cousas un día de setembro do 2000. Un home que se ve, leva no sangue a fermosura deste lugar paradísíaco. Entre as moitas cousas esta cabeza de can nun dos carballos centenarios que hai neste lugar. ¡¡¡ Hai que ir a Gres e ver esta carballeira e as ínsuas do Ulla !!!. ¡¡ Incríbles!!. Das ínsuas tamén teño outras fotografías dunhas poldras noutro lugar desta www.
|
||||
| Outros carballos monumentais en Galicia: |
Fotografía de Enrique Touriño Nesta fotografía aparece o carballo de Santa Margarida de Mourente en Pontevedra. No texto, que se debe a Francisco de Ana Magán, que acompaña a fotografía, faise referencia o que supón o carballo en Galicia: "Esta especie arbórea sempre tivo un valor mitolóxico para o pobo galego. As súas formacións ou matas chámanse carballeiras. En moitos casos estas árbores señeiras o pe das ermidas son o punto de unión entre os ancestrais cultos pagáns e a posterior cristanización dos mesmos...." Este carballo xa o menciona Frai Martín Sarmiento no ano 1735, xa naqueles anos falaba da súa lonxetividade polo tanto debe ter hoxe moitos, moitísimos anos. Nota: a fotografía e parte de texto está sacada dun calendario editado por Cementos Cosmos no ano 2004. Autor da foto Enrique Touriño. O texto é de Francisco de Ana Magán. ----------------------
En Galicia hai moitos carballos de moitos anos e moita altura como o do Pazo de Cartelos (Carballedo - Lugo) que ten 35 metros e chega a 12 metros de perímetro. É un dos máis altos de Galicia e está considerado o de maior edade, posiblemente supere os 500 anos. Hai un dato curioso: no ano 1984 o ciclón Hortesia derribou unha póla deste carballo e seica analizada tiña sobre 800 anos. Desto pode deducirse que o carballo ten por riba dos 1.500 anos o que o podería situar como o maior do mundo. De tódolos xeitos xa se ve, que depende de onde se tome a información. A fotografía está tomada do libro "Árbores de Galiza" de Adela leiro Lois, e varios e publicado no 2006 por A Nosa Terra. No libro aparecen moitos máis carballos famosos. Merece a pena o libro.
|
||||
| O carballo como unha árbore máxica: |
O carballo como árbore máxica:
"O carballo é unha árbore máxica e lexendaria. A máis grande, a máis forte, a árbore dos deuses. Era a árbore preferida de Zeus. Plinio di que os carballos precederon ós homes na creación. Segundo os celtas tódalas xuntanzas importantes para un pobo, debían ter lugar baixo dun carballo. O culto desta árbore era como o culto ó fogar. Tamén o visco de carballo era recollido cunha grande cerimonia polos druidas, que logo da maceración, repartían esta 'auga lustral' para sanar enfermidades e protexer dos males". Texto recollido nesta www. Ver tamén o que aparece neste link sobre o carballo.
|
||||
|
Link sobre o carballo:
|
|
Nota: a información anterior está sacada de dous libros sensacionais, o de Marisa Castro, Luís Freire e Antonio Prunell, Guia das árbores de Galicia e o de Guía das árbores de Galicia. de Henrique Niño Ricoi. Carlos Silvar.
Tamén saquei cousas do libro "Guía de plantas medicinais de Galicia" de Antonio Rigueiro e varios de editorial Galaxia.
Tamén saquei cousas do libro "Árbores de Galiza" de Adela Leiro Lois e outros. de editorial A nosa Terra. 2006.

Este carballo e outros están nunha pequena carballeira que rodea a Ermida do Xurés en Lobios. Por certo na carballeira hai seis carballos moi grandes e de moitos anos, un é este da fotografía, sin follas lóxicamente. A fotografía é do 19/01/2008.

Outra vista da ermita do Xurés. Por certo que dende a beira da ermida vese unha paisaxe única e marabillosa coa Serra de Santa Eufemia e o Val de Río Caldo; máis o lonxe o encoro de Lindoso e a Serra de leboreiro e os montes do Quinxo. Merece a pena visitar esta ermida.

Carballo de Cartelos, seguramente o maior de Galicia. Ten unha altura de 35 metros e un perímetro de 12 metros. Está no Pazo lugués de Cartelos, preto da Barrela. A fotografía é de Grobas.

Carballo o pe do río Deva, por riba de arbo en Pontevedra. Neste río hai auténticos exemplares. Fotografía do autor da web

Este é o carballo de Pelete. O único carballo do mundo que se emborracha tódolos anos co mellor viño do Ribeiro.
Pois sí que é certo. O carballo de Pelete está na Lama en Pontevedra, seica ten uns quinientos anos e tódolos anos se emborracha na romería dos Remedios. Os romeiros van polo mellor viño posible o Ribeiro e mercan, por exemplo este ano sobre 1.500 litros de viño. O viño tense un tempo no Suído esperando o día da festa.
Despois de bendecir o viño a primeira xarra sempre é para o carballo.
Esta festa data xa no século XVIII onde os romeiros iban en mulas o Ribeiro buscar o mellor viño. Contan que polo lugar pasaban os arrieiros transportando o viño do Ribeiro. Nunha ocasión, un cabalo propinou unha couce ao fillo dun deses arrieiros e estivo moi grave. O pai ofreceu entón á Virxe dos Remedios, que alí se venera, que se o seu fillo curábase, todos os anos regalaría unha pipa de viño en agradecemento á súa intercesión. E asi pasou...
Seguramente o arrieiro morreu pero seguiu a tradición do viño...
A festa faise no lugar nos primeiros días de setembro.
"O vermello brebaxe mollará por dentro e por fora aos que se atrevan a asomarse pola zona que deben ir vestidos con «vaqueiros vellos e cunhas camiseta da festa do Pelete que se poden mercar no recinto por sete euros», segundo unha veciña da parroquia"
Na festa dende logo non falta o viño, o pulpo e a carne.
Ver este link de onde está sacada a frase.
Ver tamén este link da Voz con un resume da festa deste ano 2009.