Carex.  Buños

( Carrizo) . Carex.

Na fotografía de Andrés Jacobson o Carex Nigra, en galego chámase carrizo e  tamén Buño.

Forman matas, as veces elevadas formando montículos moi característicos. Nesta foto vese o Carex nigra (Carrizo). 

As carex son as herbas que están a carón dos ríos galegos. Chámanse, en xeral,  Buños.

Abonda por exemplo no río Navea, no "Pozo dos peixes" esta cheo de carex nas beiras.

En ausencia de fentos teño usado estas herbas para conservar as troitas.

Hai máis de 35 tipos de carex en Galicia.

 

Ver características.

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.                   

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Os carex.

Fotografía do Carex Elata. Foto de Borje Wemeerschen.

Esta fotografía é o Carex elata.

Según Xosé Ramón Garcia no seu libro "Flora  de Galicia" hai como 35 tipos de carex distintos en Galicia. As flores van en espiguiñas, unhas masculinas e outras femininas, tecendo unha ou varias espigas.

En Galego chámanlle BUÑOS

Algúns carex teñen outros nomes como feo ( Carex panicula), carrizo ( Carex nigra), buño das praias ( Carex arenaria). 

Na fotografía de Andrés Jacobson o Carex Nigra, en galego chámase carrizo e  tamén Buño.

Esta fotografía é do Carez nigra.

Na fotografía hai un Carex nigra que en Galicia lle chaman Carrizo,  según o libro  Nomenclatura Vernácula da flora Vascular Galega, publicado pola Xunta de Galicia.

Carex en latín significa herbas con follas punzantes, sendo precisamente esto a característica común de tódolos carex presentados nesta ficha.

 

As carex son as herbas que están a carón dos ríos galegos. 

Abonda por exemplo no río Navea, no pozo dos peixes, esta cheo de carex nas beiras.

Neste caso na fotografía aparece a Carex pendula.

Co nome de Carex aparecen estas herbas que abondan nos ríos de Galicia, pero que son moi dificiles de identificar, hai centos delas.

Carex significa herbas con follas punzantes, sendo está unha das características básicas.

As follas son lineales, ríxidas e cortantes.

As follas son longas e cortantes. Son moi poucos vistosas e agrúpanse en espiguiñas que fan a súa vez espigas.

O dibuxo, sensacional é da Carex pendula.

As Carex son plantas palustres, vivaces e resistentes.

A altura está entre 50-150 cms. Florecen entre xuño e xullo.

Queren lugares soleados.

Cando non presentan flores, a tarefa de identificalas resulta imposible, dicen os expertos  Victor M. López e Miguel A. Fernández, autores do  libro a Natureza dos ríos e Ribeiras Galegas.

 Libro que me sirve de referencia.

 

Na fotografía vese o montículo característico que forman algunhas carex. Neste caso é a Carex elata.

Na fotografía vese o montículo característico que forman algunhas carex.  Neste caso é a Carex cespitosa.

Carex digitata.

Na fotografía o Carex digitata.

Observar que se trata de herbas, moi dificiles de distinguir unhas de otras. As follas son lineales e efectivamente algunhas son cortantes.

Nesta fotografía está o Carex montana que conserva as características básicas apuntadas.

Carex ou buño no río Queixa, no Pozo do Chicho (por certo o Chicho son eu; neste pozo aparte de troitas, que levo collído unhas cantas,  teño un remollón que me costou en tempos unha neumonía interesante...pasei moito frío cando estiven mollado, eran os anos 80 e as troitas no río saludaban...hoxe apenas hai...xa non saludan...). Chandrexa, Ourense. Xuño 2005.

Penso que pode ser o Carex panicula, pero non estou seguro...

 

Nesta fotografía sacada  no río Xares en A Veiga (Ourense) vense varios buños ou carrizos, algún na misma presa. Parecen Carex panícula o mismo que o dos río Navea. Os dous son ríos da alta montaña da provincia de Ourense, por riba dos 850 m. Do pouco que queda hoxe en perfectas condicións actualmente,  2011.

O dibuxo é de Otto Wilhelm . Sensacional ( pulsando este link pódese visitar a súa páxina.

No link Den Virtual Flora aparecen censadas máis de 100 carex, coas súas fotografías. Desta dirección están sacadas as fotografías da ficha.

Saír