|
|
Nome científico Nome Galego Nome castelán Dimensións Identificación Alimentación Habitats Niños Vese nos meses Interés Protección Curiosidades Máis cousas O canto do mirlo. A contracorriente: cualidades. Video especial. Outros videos. Links Actualizado: 01/05/2013
Video de Félix Rguez. de la Fuente Actualizado: 01/05/2013
Nome científico: Cinclus cinclus.
Taxonomía:
Clase: aves
Orden: Paseriformes
Familia: Cinclidae
Xénero: Cinclus
Especie: Cinclus cinclus.
Nome galego Merlo rieiro. Merlo acuático.
Fotografía do autor da www. Río Barbantiño. Ano 2004
Nome castelán: Mirlo acuático.
Fotografía do autor da web.
Dimensións
![]()
Fotografía de Luis M. Iglesias Nuñez, sacada do libro "Ríos de Lugo" do diario El Progreso.
Mie unha media de 18 cms. e ten sobre sobre 60 gr. de peso.
Identificación:
É inconfundible. Sempre á beira dos ríos pescando unha e outra vez. Mellor sobre unha pedra sainte do río. Está sempre tomando pulo, de arriba abaixo, non para...como si fixera reverencias.
Ten como un babeiro blanco debaixo da cabeza ata o peito. A plumaxe é castaño escuro, tirando a negra. O rabo é moi curto, que leva lixeiramente ergueito e move constantemente. Voa rápido a rentes da auga. Esta é unha característica moi a ter en conta, tan pronto se asusta, voa seguindo o curso do río en voo rasante, hai que estar atentos.
O voo é moi rápido con gran aleteo.
Fotografía do libro "Ríos, lagos, lagunas y marismas" de H. Blume.
O seu territorio non pasa dos 300 metros de río máis ou menos nós novos, e 2 km. os adultos.
Alimentación:
![]()
![]()
Preferentemente todo tipo de insectos (larvas de tricópteros, cabaliños do demos, escarabellos acuáticos,...etc) , caranguesos e peixes, tamén ovos de peixe.
É un perfecto mergullador, capaz de camiñar no leito do río levantar coios e comer o que se atopa de baixo. É o número un como mergullador. Todo un artista...
Ver nun video como se alimenta. Video especial.
Habitats:
![]()
En moitos ríos galegos, pero sempre en augas claras e de moita corrente, preferiblemente de máis do 5% de pendente, polo tanto preferentemente nos cursos altos e medios dos ríos.
É , a súa existencia nun río calquera, sin lugar a dúbidas, unha medida perfecta do estado do río.
![]()
Está especialmente dotado para este habitats: os seus ollos son planos e actuan como os dun buceador (con gafas claro), ve marabillosamente debaixo da auga. Por outra banda os seus oídos e orificios nasais péchanse o entrar en contacto coa auga. Unha marabilla.
A súa plumaxe é moi densa e pasa varias horas cubríndoa dun aceite impermeable que segrega dunha glándula que posúe na base da cola, desta forma as plumas están secas cando o merlo sae da auga.
Fotografía de Flemming Ahlmann.
As súas garras son incribles e suxétanse perfectamente o fondo do río. Trátase dunhas garras bastantes grandes.
Nesta fotografía sacada da revista Quercus de novembro do 2003 poden verse estas garras, moi grandes en relación o tamaño do paxaro.
Niños:
Cria de marzo a xulio. Os niños faino baixo as pontes e tamén en gretas e en zona de canóns ou gargantas, ou tramos encaixados do río, onde o acceso dos humáns non é tan doado.
.
As veces tamén utiliza as fervenzas para facer o nido xusto por debaixo a medio metro de onde cae a auga, de forma que para entrar no niño ten que mollarse.
O macho e a femia construen un niño abovedado de musgo, herba e follas. ( Ver a fotografía sacada da Guía visual Océano).
No niño ten normalmente entre catro a seis ovos que choca a femia e alimenta tamén a o macho, normalmente sobre 25 días. Nesta época é cando máis se ven xa que non paran en levar comida o niño.
Dúas roladas.
Vese nos meses:
De marzo a setembro. Inda que eu teño visto mirlos en xaneiro.
En ríos de alta montaña vese perfectamente nos meses de verán. Algúns empezan o cambio de plumas a finais de agosto, entón desaparecen do río xa que busca refuxio o non poder voar, durante unhas semáns.
Vín merlos en marzo en Chandrexa de Queixa, tamén no río Arenteiro na parte baixa, por Pazos.
Nesta fotografía hai un merlo, sinto que non sexa mellor. Por certo neste lugar había máis de tres parellas de merlos rieiros.
Normalmente hai entre 3 a 10 parellas cada dez kms. de río.
Interés:
De interés especial. O merlo vai marcar a calidade das augas; un merlo nunca estará onde o índice de macroinvertebrados sexa baixo ou nulo, por unha razón moi sinxela, non terá que comer.
Os datos que hai actualmente é que estos índices teñen que ser superiores a 40 o que vai corresponder cunha calidade de auga aceptable, boa ou moi boa.
Trátase polo tanto dun bioindicador fundamental.
Protección:
Nidificante-sedentaria, de interés especial y estrictamente protegida. Trátase dunha especie terriblemente sensible a contaminación dos ríos.
No está considerado como unha especie ameazada actualmente.
Curiosidades:
![]()
É un pescador nato cunha técnica moi depurada. Parece que nada debaixo da auga.
Está de moda "a proba do mirlo" para medir a contaminación dun río galego calquera.
O mirlo rieiro é un dos principales medidores da contaminación dun río.
![]()
Fotografía de Luis M. Iglesias Nuñez, sacada do libro "Ríos de Lugo" do diario el Progreso.
A "proba do mirlo" consiste neso, ver si no río hai mirlos, si nonos hai malo...o río está contaminado.
De tódolos xeitos as veces vense en lugares incribles. En xaneiro do 2001 co río Barbaña ( en Ourense) moi crecido vín un mirlo a altura do Polvorín, cando o río Barbaña leva unha porcentaxe enorme de augas fecais. Claro que era unha enchenta.
Si hai mirlos o río goza de boa saude , si non existen está contaminado dalgunha forma. O normal son 3 a 10 parexas cada 10 km de tramo de río.
Sobra que diga, cae de caixón, que as minicentrais nonas pode ver, non lle aportan nada máis que disgustos, moitos máis que ó que escribe estas liñas, que xa é decir.
Fotografía do autor da www. Río Maceda 2005.
Oir como canta e ampliar datos.
Pódese baixar o canto do mirlo pulsando neste icono
o canto é unha especie de ( o tit, tit, tit) .
Os datos do canto están sacados dunha www sensacional La Sociedad Albacetense de ornitología.
.
Tamén se pode ver esta web para ampliar Ver este link.
Estudios sobre o merlo rieiro: Fotografía de José Luis Gómez de francisco, revista Quercus Novembro do 2003
Nesta revista faise un estudio sobre o merlo na comunidade valenciana, estudio que fai referencia os tamaños, habitat, problemas de conservación, niños, etc.
Descoñezo si hai estudios feitos en Galicia, si me consta que hai en Navarra (onde houba unha disminución dun 10% nós últimos anos) e en Cataluña (unha disminución dun 25% entre 1975 e o 2002.
O que está claro é que vai a menos.
A contracorriente: O MIRLO BUCEA A CONTRACORRIENTE.
Fotografía do autor da www. 2004. Río Barbantiño Ourense.
Efectivamente o mirlo é capaz de bucear nun río, sempre a contracorriente. Baixa o fondo e levanta as pedras para buscar gusarapas, besbellos e o que se tercie. Sempre a contracorrente. A operación dura entre 5 a 10 segundos, como moito 15 segundos. Mesmo que voa por debaixo da auga. Logo camiña polo fondo, sempre coa cabeza gacha e o corpo oblicuo. É a propia forza da corrente a que o mantén pegado o fondo, todo un truco do merlo rieiro descuberto nos videos sacados.
Características especiais do merlo para o buceo:
Este merlo da fotografía pasouno mal cando veu a avalancha da apertura da minicentral. Ano 2004. Río Barbantiño- Ourense. Fotografía do autor da www.
Evidentemente para facer todo o anterior necesita ter unhas cualidades que non ten ningunha ave no mundo a saber:
.-Os ollos convértense en planos cando bucea, como se foran unha escafandra,ou mellor inda unhas gafas de buceo sensacionais.
.- Tapónanse os oidos e o nariz totalmente para que non entre auga.
.-Aíllase as súas plumas totalmente, para elo nos momentos que está fora unta as ás cun producto especial, un aceite impermeable, que ela mismo elabora nunha glándula que posee na cola.
.-Ten unhas garras que lle permiten moverse polo fondo do río sin ningún problema de resbalar ou que sexa arrastrada pola corrente do río.
As garras son incribles.
Links interesantes sobre o merlo rieiro:
La Sociedad Albacetense de ornitología.
.
Un link interesante onde se pode ver unha película deste paxaro é : As aves na ría de Noia.
Tamén este link é sensacional.
Videos sobre o merlo rieiro:
Hoxe en internet podemos atopar de todo, é certo que moitas cousas de "pouca calidade" pero tamén cousas de moita, moitísima calidade.
Esta é una dirección que selecionada videos de aves de todo o mundo, pero sensacionais para entender e saber sobre elas.
A miña admiración a esta páxinas que ofrecen calidade. Este é o link.
Aquí atoparedes varios videos (14 videos sensacionais) dedicados o Merlo rieiro.
De todos eles gústame persoalmente este de J. Falagan feito en Riaño:
Riaño, León, Spain (ssp aquaticus). © J. Falagán Duration 39 s Recorded 17 September 2005 Added to IBC 19 January 2007 Play video (3941 Kb) ( V.Q: 4.78 O.I: 4.56 )
Video superespecial. Félix Rguez. de la Fuente.
Fonte : Guía das aves de Galicia. Xosé M. Penas. Carlos Pedreira e Carlos Silvar.