Son abondosas nas beiras dos ríos galegos, sempre que teñamos un monte o redor.
A xestas utilizábanse incluso para facer barredoiros e por suposto lume. A xesta era moi importante para os galegos. Trátase dun arbusto sagrado, e por suposto sigue sendo. É tóxica para o gando.
Na fotografía a xesta xa con flor, unha flor amarela característica. Tamén hai xestas blancas, típicas de Galicia.
Tamén se chama: Sarothamnus scoparius.
Xesta mansa
Descripción: Ramillas xeralmente con 5 ángulos aplastados como costelas, as veces alados lateralmente.
Froito lampiño.
Arbusto de ata 3 metros, moi ramificado.
Ramas erectas, inclinadas ou tumbadas, verdes, as veces sedosas de xóvens.
Foliolos ovoides, con pelos adosados ou lampiños.
Bioloxía: Flores grandes, axiliais, solitarias ou en parellas; pedúnculos doble de longos que o cáliz; corola amarela; estandarte de 16-20 mm. Froito de 2,5-7 cm. oblongo, comprimido, con pelos pardos ou blancos na marxen, negro o madurar.
Distribución e habitat:
Dase en matorrales e en claros do bosque. É tóxica para o ganado. En castelán chámase hiniesta.
O lugar onde hai ,moitas xestas, chámase xesteira.
Bibliografía: O texto anterior está tomado o pe da letra ( traducido) do libro "Claves de la Flora de Espña " de Mariano Garcia Rollán. 1981.
Nomes: En castelán chámase hiniesta, escobón, escoba e retama de escobas.
![]() |
Curiosidades:
|
Fotografía de José Murcia sacada da súa www.
As dúas fotografías seguintes son miñas:
![]() |
![]() |
Xesta no río Mao en Leboreiro, Ourense, xusto por ríba de Nogueira e a carón, totalmente do río. |
Esta é a xesta anterior, sacada no couto de pesca do Mao en Leboreiro e Montederramo, en Ourense. |
Unha curiosidade desta planta en Galicia:
Mais Curiosidades: Na fotografía unha curiosidade galega.
A fotografía que está sacada preto dunha fermosa fervenza galega: a fervenza do Toxa. Pois ben, no camiño que conduce o mirador da fervenza hai moitas xestas, pero estas xestas están moitas delas, eu diría que case que todas, anudadas.
Os galegos anudamos as xestas e pedidos un desexo, por eso estos nudos.
¡¡¡ Unha curiosidade desta planta tan abondosa nos montes de Galicia, e por suposto preto dos ríos !!.
Na farmacia: As flores recollidas de unha en unha, emprégase como diurético.
As ramas son boas para o corazón, suprime as palpitacións e a excitabilidade anormal.
A XESTA BLANCA : Cytisus album, escoba blanca
![]() |
|
![]() |
|
![]() |
|
| Xesta, variedade blanca | Xesta, variedade amarela. |

Xesta blanca no río Navea en Chandrexa de Queixa, Ourense.
![]()