Delichon urbica. Andoriña de cu branco. (Avión común)
|
|
ANDORIÑA de cu Branco: características.
|
|
|
|
| Nome científico | Nome galego | Nome castelán |
| Dimensións | Identificación | Habitats |
| Alimentación | Os seus niños | Vese nos meses de... |
| Interés | Protección | Curiosidades |
| As andoriñas e o tempo | Links interesantes |
![]()
Nome científico
Delichon urbica (Linn).
Taxonomía:
Clase: aves
Orden: Passeriformes
Familia: Hirundinidae
Xénero: Delichon
Especie: Delichon urbica
Nome galego
Andoriña de cu branco. Anduriña. Avión.
Nome castelán:
Avión común.
Dimensións
Sobre 13 CMS de media.
É polo tanto máis pequena que a andoriña común.
Identificación:
Sexos iguais.
Totalmente negro azulado no lombo, salvo unha parte que teñen branca, por debaixo son brancas. O peteiro pequeno e fino.
Por debaixo do peteiro é branca.
Ás moi grandes.
Ten un voo moi forte, aerodinámico, rapidísimo, bate as ás constantemente e planea moitísimo.
A cola non é tan gallada como a da andoriña común.
Moita xente confunde os vencellos coas anduriñas común e tamén con estas anduriñas, distínguese de forma doada toda vez que os vencellos teñen as ás en forma de guadaña e a cola corta.
Andoriña de cu branco, menos gallada e por riba a parte branca. Non ten papo rubio. Tamén é máis pequena.
......... Este é o vencello ou cirrio, ás en forma de lanza e cola corta. Aparte por baixo teñen blanco o papo.
Esta é unha andoriña normal. As ás son distintas e a cola e larga e moi distinta tamén. O papo é bermello e a cola é moi ahorquillada.
Andoriña do cu branco. A cola é menos gallada. É máis pequena que a andoriña común.
Vense moitos, en tempo deles, de marzo a setembro en Ourense preto da ponte novísima.
Resumindo as diferencias:
Andoriña de cu branco Andoriña Vencello
Alimentación:
Insectos que captura en voo.
Xeralmente as andoriñas voan por debaixo dos oito metros. Os avións entre 8 metros e 12 m e os vencellos entre 12 e 20 metros.
Habitats:
Vense cerca das zonas urbanizadas tanto no rural como na ciudade. Por suposto vense preto dos ríos onde lles gusta cazar en voo os insectos para alimentar a súa prole.
Non é a primeira vez que vexo como beben no río, tanto as andoriñas como os avións e os vencellos.
Chega en marzo e marcha cara Africa en setembro ou octubro.
Niños:
Aniña a finais de abril ata agosto. Trátase de niños en forma de cunca enriba de trabes e cravos de alpendres. O niño está feito de barro. Pon de 4 a 5 ovos brancos apencados de rubio que choca a femia durante 12-14 días; os polos voan ás tres semáns.
Vese nos meses:
Todos os anos as mismas familias, dende finais de marzo ata setembro - outubro que marcha.
Inverna en África e cría polo tanto en Europa.
Interés:
Nidificante/Estival , de interés especial.
Protección:
Figura coa categoría de en perigro, polo menos no Ribeiro.
Así aparece no libro "Fauna vertebrada do Ribeiro" de Pablo Rodríguez Fernández (Oitabén).
Curiosidades:
A andoriña de cu branco é outro páxaro que se ve moitos nos ríos voando a ras da corrente e collendo os mosquitos para alimentar a súa prole.
As andoriñas de cu branco ou avións comúns, poden confundirse, como xa se dixo co vencello e tamén coas andoriñas comúns.
A andoriña ten a frente e o papo roxo oscuro, mentras que o vencello é blanco, e a da andoriña de cu branco tamén é branco. Por certo a cola da andoriña é ahorquillada e longa, mentras que o vencello e corta ( tamén ahorquillada) e a cola da andoriña de cu branco é máis corta.
Andoriña cu branco Andoriña Vencello
A andoriña e o tempo:
A andoriña foi sempre unha fiel empleada do servicio metereolóxico. Efectivamente si a anduriña voa moi baixo, pronto chegará a choiva "andoriña que voa a rente da terra, chuvia venta", dice o refrán.
"Anduriña que voa a rente da auga, chuvia na praia"
Links interesantes Oir como canta e ampliacións datos
Moitas fotografías boas neste link.
Neste link podedes oir o seu canto.
![]()