Salix babylónica. Sauce chorón. Sauce llorón |
Sauce chorón que había no 2005 a beira do río Miño,no Tinteiro, en Ourense.
Esta árbore non é de primeira liña nos ríos, pero atópase moitas veces preto deles. O exemplar da fotografía está sacada no "Tinteiro", en Ourense, a carón do río Miño, xusto na beira do río. No 2006 xa non existe, xa pasou pola zona o "Concello de Ourense coa serra".
É doado recoñecelo xa que as súas ramas son moi penduladas e chegan xeralmente ata abaixo. É moi amplo, con moita rama. Realmente o nome de chorón está moi ben escollido.
![]()
|
|
|
|
| Nome científico | Nome galego | Nome castelán |
| Dimensións | Identificación | Habitat |
| Flores | Froitos | Tronco |
| Interés | Curiosidades | Fotografías |
| Nome científico: |
Fotografía do autor da www. O tinteiro en Ourense. Nota: esta árbore marabillosa, que estaba xunto o Tinteiro en Ourense, xa non existe en decembro do 2006. A "Serra do Concello de Ourense" é das máis eficientes de Galicia.
Xunto a papeleira está o tronco morto.
A árbore quedou deste xeito.
|
| Nome galego |
Sauce chorón, salgueiro chorón.
|
| Nome castelán |
Sauce chorón xunta a Ponte Vella en Ourense. Veremos o que dura... Sauce llorón, sauce de Babilonia.
|
| Dimensións |
Ata 10 metros.
|
| Identificación: |
Non ten moitos problemas de identificación. Precisamente chámase chorón xa que as ramas caen como si foran bágoas o chan.
Este árbore estuvo chorando moito tempo en Ourense, o pé do Tinteiro, pero a Serra do Concello foi implacable e cortouno no 2006. Realmente era marabilloso... ¡Hai cousas difíciles de entender en Ourense coas árbores!. As ramas son colgadas e flexibles, chegan fácilmente ata o chan. Copa ancha e redondeada.
Follas estreitamente lanceoladas. As ramas son delgadas, verdes pálidas, moi longas (ata 17 cm.) e colgantes.
Penso que o aspecto é inconfundible.
|
| Habitats: |
Cada día vense máis. En ourense ciudade ainos por tódolos lados, na misma ponte vella, nas Lagoas, etc. Dan bastante sombra. Son grandes amantes da auga, polo tanto vense a carón dos ríos.
Sauce chorón no Tinteiro, en Ourense, a carón do río MIño. Realmente hai un pequeno parque no Tinteiro que está cheo de sauces choróns. Dan moita sombra.
|
| Flores: |
As flores saen entre abril e maio. Trátase de amentos que brotan coas follas.
|
| Tronco: |
O tronco de novo é tamén bastante característico, de vello adopta outra forma distinta. Ver abaixo.
|
| Froito: |
Froito en xuño - xullo. O froito é unha cápsula lampiña con moitas semillas plumosas.
|
| Interés: |
Orixinaria de Asia. Especie exótica. Cultivase en xardinería como ornamental. Dicen que seca os pozos de auga, non sei si será certo.(Confirmado, necesita moitísima auga para vivir).
|
| Curiosidades: |
O nome científico foi dado xa que os hebreos cautivos en Babilonia choraban debaixo destes salgueiros lamentando o seu desterro. ( Así aparece no Libro de Salmos).
|

Foto do autor da www. O Tinteiro. Ourense. Esta árbore xa pasou a lista de árbores cortadas a carón do río Miño en Ourense. Cae de todo: amieiros, salgueiros, choupos, lamigueiros e sauces choróns. Unha desfeita. Van a feito...
Así quedou esta árbore no 2006. "A serra do Concello de Ourense" non ten piedade...

Sauce chorón a carón da Ponte Vella en Ourense. Octubro do 2006. Non creo que dure moito en pasar pola serra do Concello. ¡Qué bárbaros!. ¡Como lles gusta cortar árbores!.Non entendo a razón.