Fácilmente recoñecible polo ramillete terminal denso e globular dunhos 2 cms. de ancho, con flores lilas ou blancas ou rosadas (pero a final do verán).
As follas son ovais, grandes entre 3 e 6 cms., son dentadas polas beiras.
É moi común a beira dos ríos galegos. Cheira ben, inda que non sexa a verdadeira amenta.
Facilmente recoñecible polo ramillete terminal denso e globular dunhos 2 cms. de ancho, con flores lilas ou blancas ou rosadas.As follas e o tubo do cáliz son pelosas. Fértil.
As follas son ovais ou lanceoladas.
En galego chámase tamén amenta e cicimbre.
.....
Nesta fotografía vense perfectamente as follas, moi verdes e ovais ou lanceoladas.A folla é moi parecida a auténtica amenta (Mentha piperita) pero o cheiro, inda que é moi similar é inferior á da verdadeira.
O ramiño de flores do remate é definitivo
Frolece a finais do verán.
Moi a beira dos ríos galegos.
......
Estas, son as follas da verdadeira amenta a Mentha Piperina, dende logo é un pouco distinta, quizais máis pelosa, con outro tipo de verde, e dende logo máis olorosas.Esta menta non se ve tanto preto dos ríos como a anterior, por algo é a mentha aquática.
A folla é moi distinta.
Da mentha dice Maria Garcia Rollán:Entre 10-90 cm. con rizoma reptante, moi olorosa. Follas de ata 9 cm., ovais, lanceoladas, xeralmente de base truncada, pecioladas e aserradas. Influorescencias de 2-3 verticilos densos, formando unha cabezuela final de ata 2 cm de diámetro.
Pedúnculos pelosos.Corola pelosa por dentro, lila, blanca ou rosa.
Moi variable.
Vese moito preto dos ríos en Galicia.
Forma moitos híbridos.
Nota importante:Esta información está copiada o pe da letra do gran libro "Claves de la Flora de España" de Mariano Garcia Rollán.
|
|
|
Nota: hai varios tipos de amenta, entre elas pode verse tamén a seguinte:
![]() |
![]() |
| Dende logo trátase dunha amenta, seguramente a chamada Mentrastes, que é a Mentha rotundifolia. | Estas fotografías están sacadas polo autor da www na mesma cepa da Ponte Maior en Ourense. |
![]()