|
|
Os lavancos son abondosos en Galicia. En Ourense hai moitos, tanto no río Miño como no Barbaña. Tamén se ven na Limia e noutros lugares. De tódolos xeitos necesitan moita vexetación para criar tranquilos. Non lle van ben os encoros xa que estos podrecen todo canto hai. Van a menos por culpa das minicentrais e encoros, tamén pola caza intensiva, e pola disminución de lugares bons.
|
![]()
Nome científico Anas platyrhynchos
Taxonomía:
Clase: aves
Orden: Anseriformes
Familia: Anatidade
Xénero: Anas
Especie: Anas platyrhynchos.
Nome galego Lavanco, lavanco real, alavanco, parrulo, pato.
O nome correcto en galego é lavanco e tamén parrulo. Patos é sinónimo de parrulo.
Eu sempre lles chamei parrulos. A nivel de especialistas distinguen entre lavancos e parrulos xa que o lavanco non bucea o comer e o parrulo si. Por outra banda o lavanco o levantarse a voar faino directamente mentras que o parrulo corre por riba da auga e logo despega.
Outros nomes: en Portugal chámanlle Pato real, en Cataluña Ánec collverd e en Euskadi Basahate.
Nome castelán: Ánade real. Alavanco real. Azulón.
Dimensións
![]()
Fotografía de Mike Danzenbaker.
Sobre 58 cm. o macho ten a cabeza e a gorxa verdes e tamén un colar branco.
A femia é parda apencada. Realmente é doada distinguir o macho e a femia.
Identificación:
![]()
A súa identificación é bastante doada. Hoxe non asústanse facilmente e podemos observarlos, polo menos en Ourense, basta desplazarse o paseo das Ninfas en Reza Ourense para ver unhas cantas parellas ou tamén, moito millor no río Barbaña.
O macho ten a cabeza e a gorxa verdes e tamén un colar branco. O peito é castallano oscuro. A cola é negra. As ás son moi características, cunhas franxas grises e azuis, separadas por liñas blancas.
Algunhas dás plumas da cola están dobladas para arriba como si foran tirabuzóns.
Pico amarelo e patas alaranxadas.
![]()
Fotografías de Mike Danzenbaker. Macho
Dibuxo do macho.
Fotografías de Mike Danzenbaker. Femia.
A femia é parda apencada e ten o peteiro tamén de cor pardo. Realmente é doado distinguir o macho e a femia.
Alimentación:
Alimentase de sementes, herbas, insectos, anfibios e moluscos.
Teñen un xeito de alimentarse moi característico:
Meten a cabeza e o corpo excepto a parte traseira.
Habitats:
Atópase en toda Galicia., en zonas húmidas, brañas, lagoas e ríos.
É, según os entendidos, con datos na mán, a anátida máis abondosa en Galicia, e dentro de Galicia na Limia. Sobre 10.000 no ano 2001 onde casi un 33% levao a Limia en Ourense.
Os ritos para as paradas nupciais:
Realmente espectaculares os ritos xa que unha vez que a femia acepta o macho este debe loitar, incitado pola femia, cós demais competidores. Logo virán os giros, alzadas, extensión das colas, en fin todo un espectáculo.
Esto ocurre por marzo, en abril a femia estará incubando e o macho protexendo o niño. E finalmente en xuño veñen os polos que serán cuidados únicamente pola femia.
Niños:
![]()
Reprodúcese con facilidade nos regatos e ríos. En Ourense no río Barbaña no ano 2000 naceron varias niñadas.
O niño fano no chan, preto da auga, entre a vexetación. Pon dende marzo a xullo, entre 7-16 ovos brancos verdosos.
Lavancos dormindo no Barbaña. Ourense.
A femia aproveita a súa cor para pasar desapercibida, trátase dun mimetismo claro.
Choca os 28 días.
Logo a niñada anda coa nai o pai desaparece.
Neste caso da fotografía nada menos nove lavancos inmaduros. Toda unha niñada.
Os inmaduros son parecidos a nai.
Vese nos meses:
Lavancos no Barbaña.
Todo o ano, pero preferentemente dende marzo a novembro.
Interés:
Moito. Da gusto ver os lavancos nos ríos galegos.
Protección:
Non está protexida. Nin é vulnerable.
Canto do lavanco:
![]()
No ano 2000 houbo unha parella no río Barbaña por riba da ponte de Ervedelo. O Macho abandona a femia nada máis parir e a nai quédase con fillos, neste caso 8 ensinando a pescar a moverse etc.
No río Miño na zona de Reza no ano 2000 víronse moitas parellas. É unha boa síntoma inda que nestos ríos hai moito que facer e depurar.
Curiosidades: Nidificante/sedentario/invernante.
O ano 2000 houbo unha parella no río Barbaña por riba da ponte de Ervedelo. O Macho abandona a femia nada máis parir e a nai quédase con fillos, neste caso 8 ensinando a pescar a moverse etc.
No río Miño na zona de Reza no ano 2000 víronse moitas parellas. É unha boa síntoma inda que nestos ríos hai moito que facer e depurar.
Os lavancos son excelentes voadores, poden recorrer nun día preto de 500 kms.
Dice tamén Alvaro Cunqueiro que na "mesa do Sr. Cura de Duarríoa sempre había, polos preceptos, lavanco trufado, que por certo no rrollo de lavanco sempre poñía dúas plumas. O parecer este cura que se chamaba D. Basilio Pampillo era perito en anátidos..." Libro "Viaje por los montes y chimeneas de Galicia". Jose María Castroviejo y Álvaro Cunqueiro.
Oir como canta e ampliar datos.
Hai varios lugares onde se pode oir o seu canto:
Así este link marabilloso onde tamén podedes profundizar no coñecemento do lavanco.
Outro lugar bon é o seguinte:
Fonte : Guía das aves de Galicia. Xosé M. Penas. Carlos Pedreira e Carlos Silvar.
![]()