|
|
![]()
Nome científico
Hirundo rustica Linn.
Taxonomía:
Clase: aves
Orden: Passeriformes
Familia: Hirundinidae
Xénero: Hirundo
Especie: Hirundo rustica
Nome galego
Andoriña, Andoriña común, anduriña.
Outros nomes: en Portugal chámase Andorinha das chaminés, en Cataluña Oreneta vulgar e en Euskadi Enara arrunt.
Nome castelán:
GOLONDRINA.
Dimensións
Sobre 19 CMS de media. Ten unha envergadura de media sobre 34 cms.
Identificación:
Sexos iguais.
Totalmente negro no lombo, por debaixo brancas. A gorxa e por riba do peteiro son rubias.
Picos cortos, boca grandes. Ás moi grandes.
Ten un voo moi forte, aerodinámico, rapidísimo, bate as ás constantemente e planea moitísimo.
A cola é gallada.
Moita xente confunde os vencellos coas anduriñas, distínguese de forma doada toda vez que os vencellos teñen as ás en forma de gadaña e a cola curta.
......... Este é o vencello ou cirrio, ás en forma de lanza e cola curta. Aparte, por baixo teñen blanco o papo.
Esta é unha anduriña normal. As ás son distintas e a cola e larga e moi distinta tamén. O papo é bermello e a cola é moi ahorquillada.
Andoriña do cu branco.
O que si pode confundirse é coa Andoriña de cu branco ( Delichon urbica) que é o avión común que por baixo é completamente blanco, aparte non é tan gallado na cola. O avión común é tamén un pouco máis pequeno que a andoriña.
Andoriña do cu branco.
Vense moitos, en tempo deles, de marzo a setembro en Ourense preto da ponte novísima.
Alimentación:
Insectos que captura en voo.
Xeralmente as andoriñas voan por debaixo dos oito metros. Os avións entre 8 metros e 12 m e os vencellos entre 12 e 20 metros.
Habitats:
Vense cerca das zonas urbanizadas tanto no rural como na ciudade. Por suposto vense preto dos ríos onde lles gusta cazar en voo os insectos para alimentar a súa prole.
Non é a primeira vez que vexo como beben no río, tanto as andoriñas como os avións e os vencellos.
Chega a finais de febreiro e marcha cara Africa en setembro ou octubro.
Niños:
Aniña a finais de abril ata agosto. Trátase de niños en forma de cunca enriba de trabes e cravos de alpendres, tamén, como na fotografía feita en Porto do Son, fixeron o niño aproveitando o baixo dun balcón e os fíos da luz. O niño está feito de barro. Pon de 3 a 5 ovos brancos apencados de rubio que choca a femia durante 15 días; os polos voan ás tres semáns.
Ten dúas roladas.
Vese nos meses:
Todos os anos as mismas familias, dende finais de marzo ata setembro - outubro que marcha.
Inverna en África e cría polo tanto en Europa.
Interés:
Nidificante/Estival , de interés especial.
Protección:
Non está protexido que eu sepa.
Curiosidades:
A andoriña é outro páxaro que se ve moitos nos ríos voando a ras da corrente e collendo os mosquitos para alimentar a súa prole.
As andoriñas poden confundirse, como xa se dixo co vencello e tamén cós avións.
A andoriña ten a frente e o papo roxo oscuro, mentras que o vencello é blanco. Por certo a cola da andoriña é ahorquillada e longa, mentras que o vencello e curta ( tamén ahorquillada)
Así as distincións entre o vencello ( Apus apus) e a anduriña ( hirundo rustica) é clara, ademais as ás son tamén moi distintas xa que no vencello son en forma de gadaña.
Pódese tamén confundir cos avións que son máis pequenos e teñen a parte inferior completamente blanca así como a última parte do corpo.
Sin dúbida é a ave máis querida en Galicia.
Unha cousa curiosa son os "niños de golondrina" que tanto aprecian os chinos son en realidade niños de vencellos, feitos con saliva. Por certo os chinos comen destos niños...a verdade é que os chinos comen de todo...
A andoriña e o tempo:
A andoriña foi sempre unha fiel empleada do servicio metereolóxico. Efectivamente si a anduriña voa moi baixo, pronto chegará a choiva "andoriña que voa a rente da terra, chuvia venta", dice o refrán.
"Andoriña que voa a rente da auga, chuvia na praia"
Oir como canta e ampliar datos. Oir como canta e ampliacións datos
Pódese visitar esta páxina www. para oir como canta a andoriña e o mesmo tempo ampliar datos.
![]()