Fraxinus excelsior. Freixo. (Fresno común)
É moi frecuente na mitade norte de Galicia, xunto os ríos.Na provincia de Ourense, o freixo, case que non existe e atopamos, pola contra, o Fraxinus angustifolia que chamamos freixa.
A súa madeira é moi doada de traballar, foi moi usada para mangos de ferramenta, etc.
A casca en infusión é moi boa, dicen, como reconstituinte. As follas téñense usado como laxante e diuréticas.
A leña é boa combustible.
FREIXO:Características
|
|
|
|
| Nome científico | Nome galego | Nome castelán |
| Dimensións | Identificación | Habitat |
| Follas | Flores e froito | Tronco |
| Interés | Curiosidades | O freixo e as fadas. |
| Nome científico |
Fraxinus excelsior. Clase: Magnoliophyta. Orde: Lamiales Familia: oleaceae Xénero: Fraxinus.
Nota: excelsior quere decir máis alto, efectivamente é o freixo que alcanza maior altura.
|
|||||||
| Nome galego |
Freixo
|
|||||||
| Nome castelán |
Fresno común.
|
|||||||
| Dimensións |
Ata 40 metros. O normal está entre 20-25 metros. Realmente o nome de excelsior é bastante apropiado. A idade media é sobre 100 anos inda que pode vivir 200 anos. Ten un crecemento bastante rápido.
|
|||||||
| Identificación: |
Son follas aserradas, con máis dentes que nervios. Teñen algúns pelos na zona basal do nervio do medio.
Por certo son un excelente alimento para o gando.
Non é doado de distinguir o freixo da freixa (esta ten as xemas castaño oscuras, mentras as do freixo son negro mate; de tódolos xeitos no sur de Galicia o máis seguro é que sexa freixa...). Observar as xemas que son negro mate. Na freixa son castañas.
A freixa ten as follas máis estreitas, pero en igualdade de edade, polo tanto é dificil comparar.
|
|||||||
| Habitats: |
A beira dos ríos pero ollo máis ben na zona norte. En Ourense prácticamente non existe. (Está sustituido pola freixa que é da mesma familia e moi parecido de feito son casi iguais. As xemas do freixo son negro mate, as da freixa son castaño oscuras). Dase ben entre 0-1000 metros de altitude.
|
|||||||
| Froito: |
O froito é como un á lanceolada (ver o dibuxo e a fotografía), son unha especie de racimos. Os froitos maduran o final do verán.
Na fotografía antes e despois de madurar.
Prof. Dr. Otto Wilhelm Thomé Ten unha floración precoz na primavera ou final do inverno. As flores son pouco vistosas, cor púrpura e en forma de espiga.
Observar as xemas que son negro mate. Na freixa son castañas.
|
|||||||
| Forma do tronco: |
Forma do tronco:
A madeira do freixo e moi parecida e ten as mismas aplicacións que a da freixa.
A madeira utilizábase fai anos para facer eixos de carro , tamén para mangos de ferramenta e forcas, etc... En realidade trátase dunha madeira fácil de traballar xa que é moi resistente e elástica.
|
|||||||
| Forma das follas: |
Follas do freixo.
Son follas aserradas, con máis dentes que nervios. Teñen algúns pelos na zona basal do nervio do medio. As follas son bastante caedizas, trátase de follas compostantes e lanceoladas, como se pode ver na fotografía. O caer adquiren unha tonalidade máis ben amarela.
|
|||||||
| Interés: |
Moito. A leña é moi boa tanto como combustible ou ben para facer carbón. A madeira utilizábase fai anos para facer eixos de carro , tamén para mangos de ferramenta e forcas, etc... En realidade trátase dunha madeira fácil de traballar xa que é moi resistente e elástica.
|
|||||||
| Curiosidades: |
Curiosidades:
|
|||||||
| O freixo e as fadas: |
O freixo forma parte dos tres árbores consagrados as fadas: "Roble, Freixo e espiño", a xente sempre comenta que nos lugares onde aparecen as tres árbores seguro que se poden ver fadas.
|
Fonte: Guía das árbores de Galicia. Henrique Niño Ricoi. Carlos Silvar.