En galego chámase tamén cáncaro.
Ten moitas flores, que nacen individualmente sobre longos pedúnculos. Estas flores teñen un cáliz que as fai inconfundibles. É frecuente velas preto dos ríos. As flores son blancas ou amarelas.
Antiguamente era unha planta medicinal moi importante, utilizábase para os catarros, bronquitis , gripes, neumonía, tos ferina, reumatismo e a gota. Incluso a raíz ten propiedades hemolíticas.
Hai xente que as follas cómenas en ensalada.
A fotografía é de Josef Hlasek.
As flores suben individualmente dende o centro da roseta de follas. Follas moi grandes entre 5-25 cm., lanceoladas ou ovais, irregularmente dentadas; ten pedúnculos de 6-20 cm. , que se tumban o fructificar, con pelos longos. Corola de 2-4 cm. de diámetro.
Dase en lugares húmedos, prados, preto dos ríos, bosques sombríos.
Non é dificil de identificare.
En castelán dinlle primavera, en galego tamén, pero algunhos dicen cáncaro, cáncere, prímula e tamén herba de San Pablo.
As flores teñen un pedúnculo moi longo, sobre 20 cms.
En castelán tamén lle chaman orejas de oso.
Nesta fotografía vense tamén os pedúnculos.
Descoñezo o autor da fotografía. Pola miña banda atopei esta planta en moitos lugares, pero vín moitas subindo a Devesa da Rogueira, no Courel en Lugo, o pe do regato do mismo nome.
Tamén en Monforte nas ribeiras do Cabe e do río Mao.
Seica o té de pétalos da primavera é moi agradable, ademais de sedante. Tamén hai xente que a come como ensalada.
Esta fotografía é do autor da web, está sacada no río Pentes en Barxa (Ourense) onde están as minas de wolfram, xusto onde sae o río na montaña furada.
Ver este link, no que aparece a utilidade desta planta.