Codeso. (Codeso ou Rascavieja)
Este pequeno arbusto (ata 4 metros) vese perfectamente preto dos ríos, tamén nos camiños que conducen os ríos.
A fotografía está feita a carón do río Arnoia, no Parque do Rexo, en Allariz.
A verdade é que este codeso estaba aislado no prado, normalmente comparte con outras plantas e non é tan doado de fotografiar.
Adenocarpus complicatus
Dibuxo das flores, as folliñas do talo e as sementes. Descoñezo o autor do dibuxo.
Descripción:
Arbusto de ata 4 metros, con ramiñas erectas, peloso prateadas, estriadas e follas trifoliadas sedosas, con pelos saintes. É un pouco semellante a xesta.
As follas como si foran plegadas polo talo. Foliolos de 5-25 mm., lanceolados. Flores amarelo - alaranxadas de 1 - 1,5 cm., en ramilletes finais, moitos e mezclados. Frolece dende maio a setembro.
Nomes:
O nome científico é Adenocarpus Complicatus. En galego coñécese co nome de codeso, e tamén piorno, inda que esta palabra resérvase para as genistas.
En castelán dise codeso y rascavieja.
Bioloxía:Estandarte sedoso. Froito de ata 45 x 6 mm., oblongo, con nódulos , parece unha faba ou un guisante seco. Moi variable. Dase moito en todo tipo de bosques, camiños, por soposto preto dos ríos.
Curiosidades:
Os codesos son moi abondosos a beira dos ríos. Por suposto tamén en camiños e en montes.
Na fotografía da esquerda é unha auténtica plaga de codesos. Trátase dun campo que non se traballa e os codesos son moi abondosos.
O texto e o dibuxo está copiado do gran libro de Mariano Garcia Rollán " Claves de la flora de España" un sensacional libro escrito en 1981, e dende logo que eu non atopo nas librerías.
Fotografía da flor do codeso.
Outra fotografía co talo cheo de pequenas follas e as flores. Follas como si foran pegadas o talo
Fotografía de codesos sacada en Calvos (Vilasouto-Incio-Lugo). Concretamente nun lugar moi querido polo webmaster "A bica".
As ramas do codeso están cheas de pequenas follas, nesta fotografía vese perfectamente.
Nota importante:
En Galicia cando se fala de piorno pódese estar referíndose a esta planta, polo menos en algúns lugares de Ourense, de feito así aparece na Nomenclatura vernácula da flora vascular galega, publicada pola Xunta de Galicia. Pero na maioría dos lugares a esta planta chámaselle codeso e os piornos son a Genista florida e outras genistas. Ver a fotografía na parte de abaixo desta ficha.
En Galicia o nome de piorno debe darse a genista, concretamente a Genista florida que é unha planta típica do Courel e dos Ancares e que se pode confundir con esta ou coa xesta. Realmente é bastante distinta.
Genista florista. Vese moito no Courel o nos Ancares e chámase piorno neses lugares.
Na fotografía de Luis Galán pode apreciarse os tipo de folla simple e as flores. Pódese confundir incluso coas xestas, pero son bastante distintas.