Lutra lutra.

Lontra. (Nutria ).

A lontra observando o panorama.

En Ourense teño visto algunhos exemplares no río Arnoia e no Mao. En Lugo no río Lor.  Había moitas no río Limia en Aceredo, pero o encoro matóunas a todas. Hoxe, xaneiro de 2008, a xente quéixase de que algúns ríos hai moitas; eu dende logo teño as miñas dúbidas...

É un mamífero que debéramos conservar a toda costa. Si nun río hai unha lontra é unha boa señal.

É, na miña opinión,  xunto co merlo rieiro,  e o martiño  dos mellores  medidores  da contaminación do río.

  Características e fotos.

salir.jpg (922 bytes)  Saír.                          

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Características da Lontra

 

     

   Subir.                 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Lutra lutra (Linnaeus 1758).

 

Fotografía de Frederic Beudot

Clase: mamíferos.

Orden: carnívoros.

Familia: mustélidos.

Xénero: Lutra

Especie: Lutra lutra.

 

     Volver

 

 

 

 

 

 

 

Lontra, londra,

lóndrega, lóntrega,

lontria,  londria.

 

   Volver

 

 

 

 

 

 

Nutria , ludria, nutra.

A lontra observando o panorama.

   Volver

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Dimensións:

 

Fotografía da londra sacada do libro "Esesnobres cazadores" de  Xurxo de Vivero.

 

Pode botar máis dun metro. O normal é entre 60 e 80 cms. A cola mide sobre 35 a 45 cms. Peso medio 10 kg. o macho pode pesar entre 7 e 12 kg. As femias son máis pequenas.

A lontra pode vivir ata 15 anos. Os dezaoito meses xa é madura.

   Volver

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Identificación:

 

A lontra observando o panorama.

 

É inconfundible. A pelaxe é marrón por riba no lombo e máis claro por debaixo. Ten membranas natatorias nos dedos.

O corpo é aerodinámico (mellor decir hidrodinámico), fusiforme, moi longo, cabeza fina, cráneo e frente planos, orellas pequenas, cola forte e patas palmeadas, en fin, un auténtico obús na auga. Os dedos das patas traseiras, xa está dito, teñen membranas interdixitais. A cola é aplanada na base e apuntada no extremo. Orellas moi pequenas.

Fotografía de Frederic Beudot

Ten vibrisas blancas de 20 cm. que axudan a nutria na búsqueda das presas tanto pola noite como en augas turbias.

A cola fai de timón durante o buceo e a natación. Axúdase ademais con toda a parte traseira, aparte dos potentes remos que son as patas traseiras. Realmente parece un torpedo...

Esta é unha posición típica da lutra. Evidentemente apóiase na cola.

Imaxen sacada deste link. A fotografía de tódolos xeitos, é marabillosa, pero non me parece real.  Seica está sacada nos Pirineos.

Observar como a lontra esta apoiada na súa cola.

Emite varios tipos de sonidos como silbidos, unha especie de grito similar a unha risa, bufidos e algo similar a un estornudo.

O andar é moi peculiar debido a que as súas patas son moi curtas. Así da saltiños arqueando todo o corpo. Non pode facer outra cousa...

A súa pel é extraordinaria, a primeira capa é unha borra densa que lle vai permiter mergullarse na auga sin ningún tipo de problemas. A segunda capa xa teñen uns pelos mais longos que se acumulan por estratos cando están mollados.

   Volver

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Alimentación da lontra.

Na fotografía remata de cazar unha troita. Logo na beira do río,  seguro que a come, normalmente comenzando pola cabeza.

A lontra aliméntase preferentemente de ciprínidos, xa que as troitas non son tan doadas de pescar ( peixes come sobre un 72%); evidentemnete si pode pescar troitas mellor que mellor.

Gústanlle moito tamén as anguías. De tódolos xeitos a súa alimentación é variada xa que según a época do ano, come ras e sapos (3%), topillos, coellos ratas de auga e aguaneiros (2%), cangrexos (20%) e ata páxaros ( 2%).

Persoalmente vín comer, nun corto, a unha nutria unha galiña de río. Tamén un salmón ou unha troita bastante grande. Ver este video moi curioso.

Comentario sobre as lontras:

Últimamente seica se está pondo as botas co cangrexo americano. Pois si que me alegra esta noticia...

O final as lontras son aliados dos pescadores, todo o contrario do que pensan estos...O comer o cangrexo americano, que os hai a centos, estamos tendo máis troitas no río.

¿Que non é certo?. Non fai falta nada máis que pensar un pouco. O cangrexo é un depredador incrible das troitas, como a súa posta ou sexa os ovos... A menos cangrexos polo tanto máis troitas.

O final temos que dar as gracias as lontras enon perseguilas a paus como vín unha vez no arnia.

Hai moito pescador de troitas analfabeto...para cando o exame?

 

Na fotografía, de Antonio Vázquez,  remata de cazar unha troita, outra troita...Pero non pensedes que soio caza troitas, xa lle gustaría...

Os peixes comenza por comelos pola cabeza e continua ata que únicamente lle queda a cola e a espina dorsal.

Os peixes e as anguías eran o seu bocado máis exquisito. Hoxe son os peixes e os cangrexos.

Ten unha boa dentadura:

Dibuxo de Félix R. de la Fuente.

A súa dentadura consta de 36 dentes, tendo na mandíbula superior 6 incisivos, 2 colmillos, 8 premolares e 2 molas e, na inferior, 2 premolares menos. Si unha lontra mordera unha pechuga de polo, a distancia entre os orificios producidos polos colmillos superiores sería de 2 cm.

Na fotografía de Alfonso Roldán Losada, vense ben os dentes da lontra.

Recentemente nun estudio feito en Asturias (xaneiro 2001) sácase esta conclusión referente o que come a lontra en relación as protestas dos pescadores:

Tampoco tienen ningún especial interés por los salmónidos, y por el relativamente bajo porcentaje de truchas encontrado en su dieta en diversos estudios realizados en ríos trucheros parece como si las truchas salvajes y sanas no fueran una presa fácil para ellas: las comen, sin duda, pero si hay otros peces menos rápidos prefieren dedicar a ellos la mayor parte de sus esfuerzos. Un ejemplo de esto último es un reciente estudio realizado en el río Esva, Asturias, que encontró que anguilas y piscardos (Phoxinus phoxinus, un ciprínido de menos de diez centímetros de longitud), eran los peces más importantes en su dieta, y que las truchas eran presas poco menos que anecdóticas, siendo atrapadas en una proporción claramente menor que la que suponían en el total de la fauna íctica del tramo estudiado.

Según o estudio anterior o que menos come a nutria son troitas, eu xa o sabía. Xeralmente come troitas enfermas ou vellas. As troitas non é doado pescalas, tampouco para a lontra...

Os pescadores debían saber máis sobre estas cousas, hai moito bárbaro solto...

   Volver

 

 

 

 

 

 

 

 

Reproducción:

As femias alcanzan a madurez sexual os 2 ou 3 anos; é unha especie con estratexia de reproducción lenta, sobre todo xa que reproduce unha vez o ano e as camadas soio son dunha ou dúas londras, raramente de tres ou máis. Hai que destacar que o acoplamento e o parto prodúcense en calquera época do ano.

Fotografía de Frederic Beudot

Curiosamente despois de moitos xogos o acoplamento ten lugar no río, mergullados o macho e a femia. Pode darse en calquera época do ano pero preferentemente entre decembro e marzo. Eso sí coincide cun determinado estado do río e con alimento abondoso.

 A xestación dura sobre 62 días. O macho e a femia soio se reunen para o acoplamento. 

As crías, as lontriñas,  nacen cegas e non abrirán os ollos ata as catro ou cinco semáns. As dez semáns xa xogan fora do cubil. Maman durante dez semáns.

A femia cría soia os xovens, que se destetan os catro meses,  pero a completa emancipación soio se da o ano, nese momento,  a mai apartaos da súa presencia, e dilles que se busquen a vida...

Por suposto que a nai enseña as pequenas crías de todo, para eso son os xogos e falcatruadas que lle fai (ver ese apartado na ficha), como a de levar os fillos o medio do río e soltados a que regresen a orela soios. É o normal...

   Volver

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Habitat:

Presente en algúns ríos galegos de augas limpas. Tamén en zonas costeiras. Necesita moita vexetación para esconderse. Non lle gustan os encoros e minicentrais, xa que neles non ten defensa ningunha.

Normalmente o macho utiliza uns 10 kms. de río que as veces recorre varias veces o día. A  femia chégalle con 5 kms. Por suposto estos datos son de tipo medio xa que hoxe teño visto menos distancia entre femias debido precisamente as consabidas minicentrais que tanto cambian o río. De feito as lontras abandonan os tres ou catro kms. que inutilizan estas e van xeralmente a parte de arriba do azud da presa. As veces ocupan varias un mismo territorio, coas consabidas liortas e disminución da súa pesca.

A femia caza preferentemente no crepúsculo ou pola noite. O macho as veces caza tamén polo día, sobre todo cando está en celo.

Polo día escóndese e dorme non moi lonxe do río en cavidades rocosas ou troncos de árbores caidos e mesmo na vexetación si este é abondosa, pero sempre o carón do río.

   Volver

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Vese nos meses de:

De xaneiro a xuño.

Non é doado ver unha lontra. É un privilexio reservado a moi pouca xente, xa que haberá que buscar un recuncho dun río, sentarse cómodamente sin darse moito a ver, agardar inmovil e sixiloso polo menos unha hora. Si hai sorte nese intre pódese ver non soio unha londra,  tamén algún merlo rieiro o algún picapeixe ou martiño peixeiro.

Si logramos vela será que temos moita sorte e nono esqueceremos na nosa vida.

O lector querrá saber si eu tuvén esa sensación e sí realmente é certo o anterior.

Fotografía de Frederic Beudot

Efectivamente vin varias londras na miña vida, pero nunca esquecerei a que vín no río Lor, na Labrada, río arriba. Tuvén sorte xa que estaba a comer nun bocata e durante 10 minutos estuven observando o seu movemento por un pozo bastante grande. Marabilloso. O que se comenta nesta ficha quédase corto.

Tamén a vin no río Limia, na Herdadiña, menudos sustos, pensando que eran troitas...

As últimas vinas no río Rabaçal, tan campantes pescando nun pozo e sorprendidas de vernos...

Lástima de non ter, daquelas, unha camara. A lontra é algo extraordinario, espectacular, super-rápida na auga...

Na fotografía unha lontra no seu medio a auga, realmente aquí si é axil e móvese dunha forma maravillosa e moi, moi rápida. ( Penso que a fotografía é de José Luis Rodriguez)

Sensacional fotografía de Antonio Vázquez.

   Volver

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Interés Especial.

A lontra está en Europa ( un pais incríble, avanzado tecnolóxicamente) en completa regresión: En España, Grecia, Yugoslavia, Hungría, Rumanía , Polonia Noruega e o País de Gales está en peligro.

 

Abonda en Irlanda, Escocia, Portugal e Albania. En Europa central está extinguida prácticamente.

O seu interés en Galicia e en todo o mundo é fundamental: REALMENTE É O SÍMBOLO DE CALIDADE DAS AUGAS.

SI UN RÍO NON TEN NUTRIAS NON É RÍO.

 

Para moitos pescadores hai un trio odiado no río que son as lontras, os cormoráns e as garzas. Pero ollo que non é tan doada a cousa. Dende logo creo que os cormoráns si son uns depredadores que non deberan estar no río, pero non estou de acordo coas garzas, xa que non fan ningún mal e teño as miñas dúbidas coa lontra, dúbidas moi fundadas. A lontra sempre estuvo no río e nunca pasou nada, dividen perfectamente o territorio, comen o que poden, dende logo troitas enfermas e xa con anos e algunhas das outras, pero poucas,  moitos ciprínidos, ras, sapos, cangrexos (gracias as lontras seguramente os cangrexos americanos non son unha superplaga nos nosos ríos, seica  que hoxe máis dun 20% da súa alimentación está constituida por este cangrexo. é de agradecer...).

   Volver

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Estrictamente protexida. 150.000 pts. ou 900 € é a multa por matar unha lontra. ¡¡ Que pouco vale un mamífero tan sensacional....!. Penoso.

Fotografía de Frederic Beudot

Dicen que se está a recuperar en España. Dicen que hai entre 4.000 e 6.000 exemplares. Vai a facerse un censo, antes do 2.005 que permita saber exactamente a proporción de londra no territorio español.

A lontra está declarada de interés especial.

A lontra ten moitos inimigos, pero o principal é o home, que é o responsable directo das seguintes barbaridades: as contaminacións, os purines, e os velenos tipo DDT, usado na agricultura así como os PCB e outros, provocan a súa infertilidade e a súa morte.

Antiguamente cazávase con moita facilidade, fora da auga é torpona. As súas peles estaban moi valoradas. Hoxe quero pensar que xa non se utilizan...

A principios dos anos 1980 a lontra había desaparecido prácticamente de España e de casi toda Europa, hoxe no 2005 parece que se está recuperando. Non todo son malas noticias.

De tódolos xeitos teñen moitos iimigos, entre eles o home; hai algúns cazadores que non respetan nada; tamén algúns pescadores que dicen que a lontra remata coa pesca, e cando aparece algunha non paran ata matala...dende logo hai que ter un descoñecemento total da nosa fauna para facer esas afirmacións, creo que xa vai sendo hora de instruir un pouco a todos os pescadores e cazadores, e obligar a que unha licencia na man implique uns coñecementos básicos,  do contrario así lles vai os ríos, a súa fauna e por suposto a pesca...

   Volver

 

 

 

 

 

 

Curiosidades:

A lontra observando o panorama.

É unha auténtica marabilla vela cazar. Bucea por debaixo da auga buscando as troitas, anguías, lamprea e outros. Nada cunha elegancia incríble e con moita velocidade.  

Aguanta ata 4 minutos debaixo da auga, buceando e cazando. ¿ Como?: trátase dun fenómeno chamado bradicardia, que consiste na capacidade de disminuir o ritmo cardíaco, o que lle vai a permitir aproveitar ó máximo o osíxeno que ten aspirado, superando de forma espectacular calquera inmersión de mamíferos afines.

O normal é que estén 30 segundos debaixo da auga. Pero poden estar moitos máis, como xa está dito.

Os encoros e minicentrais rematan con este animal que é unha auténtica maravilla. Si en Galicia non paramos as minicentrais, e por suposto a contaminación dos ríos,  podemos decirlle adeus a este gran animal.

É un animal xuguetón (dicen que os animais que saben xogar, incluido o home é que son moi intelixentes) , é incrible. Hoxe, cada día que pasa hai menos, os ríos están máis contaminados e dende logo as presas e minicentrais rematan con este animal.

Fai pouco descubrín como se chaman entre si, vín unha femia e os seus cachorros nunha película sensacional en TVE2. Resulta que se comunican mediante un asubío, asubío que domina por riba do ruído que fai o propio río. Unha marabilla.

-----------------------------------------------------------

Fotografía de Frederic Beudot

Teño visto algún pescador detrás dalgunha para matala, xa que dicen que remata ca pesca. Hai moito descoñecemento na xente. Nada máis lonxe da verdade. O que remata ca pesca son otras cousas: entre elas eses malos pescadores, as minicentrais e encoros que non deixan ni a primeira, os vertidos indiscriminados, os puríns, etc.

   Volver

 

 

 

 

 

 

 

Os seus xogos.

O que sigue sobre os xogos das lontras está sacada do Cuaderno de Campo nº 49 editado pola editorial Artel en 1991; do que é autor o Dr. Félix Rodríguez de la Fuente, un home básico na miña xeneración, que nos inculcou un gran amor a natureza e a súa conservación.

Os xogos os que se refire Félix Rodríguez de la Fuente datan de 1969 cando investiguo sobre este animal no río Dulce en Guadalajara.

 

Copio o pé da letra o seu comentario sobre os mustélidos no caderno citado, por suposto manteño o idioma do texto:

"...Los mustélidos son carnívoros extraordinariamente juguetones porque parece probado que durante la infancia y la juventud de estos animales -tremendamente agresivos y perfectamente dotados para dar muerte a sus víctimas-  los juegos permiten el contacto entre los distintos miembros de las familias, que van inhibiendo su agresividad natural, como una válvula de escape a su violencia potencial. No tenemos nada que objetar a tales consideraciones etológicas mientras no se incluyan en ellas al más hermoso, inteligente y lúdico de los mustélidos: la nutria. Porque durante muchos años que he convivido con nutrias, durante las interminables horas que he dedicado a su observación y a su filmación, las he visto poner en práctica sistemas de juego que pueden no tener nada que ver con la intuición de la agresividad y tratarse, más bien, de la materialización de un infinito torrente de recursos síquicos -me atrevería a decir que imaginativos- que la nutria parece obligada a liberar con los más insólitos, ingeniosos y divertidos juegos.

Una bonita hembra española, llamada Lola por los miembros de mi equipo, vivía en un pozo cristalino del Río Dulce (Guadalajara-España). Su juego favorito consistía en sumergirse verticalmente, coger una piedra con sus recies zarpas, subir a la superficie con toda celeridad, colocar la piedra sobre el dorso de su corto hocico, extender violentamente el cuello, para lanzar la piedra hacia el cielo, seguir su trayectoria con la vista, esperar que el proyectil cayera nuevamente en las aguas para lanzarse entonces en una rapidísima inmersión y recuperarla antes de que tocara el fondo. La nutria pasaba mañanas enteras entregada a este fascinante ejercicio, que no era más que uno de los infinitos recursos de Lola, de Teo -el macho que la acompañaba- o de cualquiera de las muchas nutrias que he conocido.

Los toboganes, los juegos del escondite, el "que te cojo", el "water polo" con madera flotante o cualquier otra actividad por asombrosa que parezca puede entretener a las nutrias durante sus interminables sesiones de juego.

Ver estas fotografías, sobre todo a primeira.

Tamén neste link hai fotografías marabillosas.

   Volver

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O seu cubil ou tobeira.

O dibuxo é de Félix Rodriguez de la Fuente e esta escaneado do Cuaderno de campo  nº 49, que dedica os pequenos carnívoros.

O normal é que faga o seu cubil moi preto da auga, baixo as rochas ou ben baixo moita vexetación con troncos soltos etc. A entrada sempre é dende a auga ou sexa subacuática, como se ve perfectamente no dibuxo. Deste xeito é moi dificil que os depredadores da lontra atopen o seu cubil.

Normalmente dentro hai musgo e ramas. As veces aparecen excrementos.

Gusta moito tamén de facer o seu cubil ou tobeira  en regatos menores tendo en conta perfectamente as crecidas dos ríos, sobre todo cando ten as crías.

A lontra si non ten crías pode ter varias tobeiras.

 

   Volver

 

 

 

 

 

 

Inimigos

Prácticamente non ten inimigos salvo o home e a contaminación. Pode chegar a ser atacada, nun descuido, por o lobo,  e as crías dende logo corren certos peligros, pero non é o habitual.

O home si que sempre perseguiu as lontras por norma xeral por descoñecemento polo menos nos día de hoxe. Dicen moitos pescadores que rematan coa pesca dos ríos. Dende logo están totalmente equivocados o que remata coa pesca son outros factores como a contaminación, os puríns, os velenos, a dinamita, as pescas ilegais con electricidade, a lexía, a sobrepesca, as minicentrais e grandes centrais, a eutrofización dos encoros, o pouco caudal dos ríos e outros factores. Non a nutria precisamente.

En tempos pasados a lontra  foi moi buscada polas súas peles.

 

   Volver

 

 

 

 

 

A lontra en Ourense:

A lontra comendo un peixe.

Últimamente teño visto a londra en moitos ríos, en algúns incluso máis familias das habituais. ¿ Por qué ? . Simplemente hai zonas onde a minicentrais non deixan auga, o caudal ecolóxico ou da morte e tan pequeno que as familias van río arriba e xúntanse nun tramo de río , por exemplo de 5 kms, catro o cinco familias. Moi mal o asunto. Teño probas do que estou decindo, de tódolos xeitos non fai falta seguir ningún fenómeno para decatarse da teoría. Si nun tramo de río fas unha minicentral ou encoro, por baixo non deixas auga, as lontras tratarán de subir todas o tramo que ten auga, resultado evidente,  hai demasiadas.

Esto das minicentrais a Xunta de Galicia e o súa flamante Consellería de Medio Ambiente debera tomar cartas no axunto, primeiro prohibindo máis minicentrais e segundo esixindo a lei , cunhos caudais que non sexa de morte. Xa está ben...

No ano 2006 saiu xa a nova lei de protección dos ríos galegos. Esperemos que a lontra salga beneficiada con esa lei. Seguro que sí, sobre todo có  art. nº 7 onde fala da Educación Ambiental. Hai que ser optimistas...

   Volver

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A Pegada:

A súa pegada é característica. É pequena, ata 7,5 cms e vense as uñas perfectamente. É importante si se queren ver nutrias, detectar a presencia na zona e logo sentarse nun lugar apropiado no que se divise o río sin que te vexan, da resultado si se ten moita paciencia.

Pola miña banda teño observado o traballo da lontra no río Lor na Labrada, por riba da pasarela que está xunto a antigua ferrería. Estaba a tomar un bocata un pouco separado do río e puden observar a marabilla.

Tamén podemos saber si hai lontras polos seus excrementos (ver ficha) e por outros restos, por exemplo de peixes desfeitos ou comidos a mitade etc.

Nesta fotografía vese a pegada. Fotografía de Hlasek.

   Volver

 

 

 

 

 

 

Técnicas de caza da lontra:

A lontra ten unhas cualidades na auga que lle permiten pescar perfectamente. Por suposto os peixes rápidos como a troita vailles ser más doado escapar deste depredador, salvo por suposto as troitas que estén enfermas.

En xeral a troita ataca polo ángulo cego ou ángulo morto  da troita ou peixes, ou sexa por baixo.

Sempre caza río arriba, ou sexa a contracorrente, como debe ser, o contrario os peixes detectarían a lontra rápidamente. Cando remata a cacería regresa a súa tobeira río abaixo e incluso por terra nos cachóns ou grandes correntes.

Os cachóns son lugares onde se detectan mellor o paso das lontras, inda que a maioría das veces a lontras deixase levar pola corrente río abaixo que é o máis cómodo.

Normalmente comenza a súa actividade o anoitecer e o longo da noite. Por suposto de día tamén cazan sobre todo en lugares pouco transitados polo home ou pescos.

Tamén e capaz de levantar pedras e mirar por baixo delas, por suposto que non sexan de moito tamaño.

Finalmente tamén pode pescar dende a orela o acecho. Ou sexa agarda as súas posibles víctimas escondida na orela e logo actua rápidamente. Ver a fotografía...

   Volver

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Os seus excrementos:

 

 

Dibuxo dos excrementos da londra.

Fotografía de excrementos da lontra. Alfonso Roldán.

No son difíciles de distinguir xa que en primeiro lugar están a carón do río e logo cheiran bastante a pescado e teñen mezcladas escamas, espiñas, cunchas de cangrexo, osos de aves, etc.

Teñen por riba como unha capa de mucus e miden máis dun cms. de diámetro. Si están frescos son verdes e brilantes e si son vellos grises tirando a blanco.

Normalmente quedan depositados na orela do río ou ben sobre unha pedra ou rocha. Sempre nos mismos lugares.

   Volver

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Mensaxe das londras galegas

 os galegos de ben:

Enviado por Fran Amexeiras. Cuntis. ¡¡ Gracias Fran !!

As lontras de Galicia mándame unha mensaxe e dinme:

" pensábamos que os galegos eran mais listos, xa que coa emigración viron moito mundo. A súa actuación cos ríos é bastante lamentable, xa que deixan facer os seus políticos, que non teñen puñetera idea e a maioría soio miran os seus bolsillos... O feito de cubrir de minicentrais todo o territorio galego, e algún encoro como o do Umia,  remata coa nosa especie...por debaixo das minicentrais non podemos vivir, por riba pouco queda... tendes que despertar...tendes que cuidar o mellor que tendes...os ríos. Hoxe tócanos morrer a nos, pero pouco a pouco estades cabando a vosa tumba tamén..."

Así queda dito...

   Volver

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Tamén fala outra lontra de Galicia e dime que poña esto:

"Con elas -coa miña nai e coa auga- xogabamos sen parar. Eran momentos perfectos nos que ó mundo nada lle faltaba e nada lle sobraba. Perseguiámonos, enzoufabámonos na lama, pelexabamos, agachabámonos e aparecíamonos de súpeto. A vida era un río sen remate, chea de sorpresas sempre gratas e coa única monotonía da felicidade..." así falaba unha lontra fai máis de dez anos por boca de Xurxo de Vivero no libro "Eses nobres cazadores.".

Realmente parece un conto do século pasado, e nunca mellor dito...

 

Claro que xogaban, video da BBC:

 

 

 

É de xustiza decir que nesta ficha, aparte da bibliografía usada na www, foi moi usado os Cuadernos de Campo de félix Rodriguez de la Fuente, concretamente o nº 49 dedicado os Pequenos Carnívoros (II). Editados por Artel en 1991. Feito en 1968.

   Volver

 

 

 

 

 

FOTOGRAFÍA DE HLASEK

Sin dúbida Lubomir Hlasek ten as mellores fotografías que hai na rede de todo tipo de animais. Esta é unha delas.

Si queredes ver máis fotografías da lontra deste autor pulsar este link

   Volver