Non podía faltar nesta pequena relación de insectos. ¿ Por qué?.

Téñolle cariño. Moito cariño.

Hai como 5.000 especies, casi nada.

Esta é una mariquiña ou xoaniña  das árbores , doado de recoñecela. De cando en vez ven voando e pousase en calquera lugar, nun brazo, nunha man, en calquera lugar.

Son bonitas ¿ ou non ?.

                             

Tamaño natural.

 Ver fotografía e outras cousas.

 

salir.jpg (922 bytes)  Saír.                                             

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

MARIQUIÑA ou Xoaniña.

Taxonomía:

Reino: animalia

Clase: Insectos

Orden: Coleoptera

Familia: Cocillenidae

Xénero: Anatis

Especie: Anatis ocellata.

 

Realmente hai moitas mariquiñas, a da fotografía é unha coccinella septempuntacta, pero podía ter dous puntiños  como a Adalia bipunctata. En Galicia tamén se chama Xoaniña, bixaniño, xoaniña, rei-rei, avoiña, costureira e outros nomes e na Gudiña Pitasol. "Pitasol, Pitasol/enseñame os panos/e vaite o sol" dícese por aqueles lugares. Pero o normal é chamarlle xoaniña ou mariquiña "Voa xohaniña voa/que che hei de dar pan de broa".

Aliméntanse de pulgóns, polo que son moi beneficiosas para o home.

Trátase dun insecto que lle gusta moito os nenos que nunca matan porque é de Dios... Cóllenas e poñenas na mau para que ande por ela e vaia contando os dedos, máis despois hai que deixala voar. Mentras vai recorrendo os dedos dícense os versos anteriores.

Son voadoras.

 

Fotografía de Stanislav Krejčík 

Esta é a larva da Anatis ocellata.

Repito que hai unhas cantas en Galicia.

Saír.