|
NOME CIENTÍFICO

Vulpes vulpes, Linnaeus 1758.
Reino : animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orden: Carnivora
Familia: Canidae
Xénero: Vulpes.
Volver a
características. |
|
NOME GALEGO

Raposo, raposa, Golpe, Perico, Pedro,
Xan, Bravío, Rabiscollo, e zorro.
Tamén se chama: Andrés e Domingos.
Non sabía por qué tantos nomes de persoas como Perico,
Pedro, Andrés e Domingos. Pero si vín unha explicación no libro de José
María Castroviejo e Álvaro Cunqueiro, "Viaje por los
montes y chimeneas de Galicia", que conta que o cazador do raposo,
cando está na faena, chama ó raposo con estos nomes para que non se
alerte e se de conta a primeira do engano. Efectivamente o tema é que si
se dí "hai vai o raposo", efectivamente o raposo se de conta de
que falan del, mentras que si dín "hai vai o Domingos" o mellor
non se da conta, ou eso pensan os cazadores.
Cousas graciosas dos cazadores...
Pola miña banda penso que o raposo ou raposa (que así
se chama no Ribeiro en Ourense) dase conta perfectamente o chamen como
sexa...
Volver a
características. |
|
NOME CASTELÁN:

Zorro
Volver a
características. |
DIMENSIÓNS:
 |
Pode botar sobre 70 cms. de lonxitude.
A
cola máis de 40 cms. e a altura 35 cms.
O seu peso medio é de 7 kg., cun
máximo de 12 kg. O raposo pode chegar a vivir entre
10 a 14 anos. A verdade é que ten a vida bastante dificil hoxe...
|
Volver a
características.
|
IDENTIFICACIÓN:
Normalmente non é tan oscuro, pero pode
darse este caso, entón chámase carboneiro.
É inconfundible.
A súa cor oscila
entre tonos pardos e grises. As partes inferiores, e xeralmente o extremo
da cola, son blancos. As patas son cortas, a cola moi alongada. Fuciño
puntiagudo, orellas ergueitas e triangulares e ollos oblícuos.

En realidade trátase dun pequeno can, de fuciño
puntiagudo, grandes orellas e cola larga e espesa. As patas son curtas.
Na pata dianteira ten cinco dedos e na traseira catro.

Os ollos son rasgados de expresión astuta.
Os zorros cambian de pelo polo menos dúas veces ó
ano.
Volver a
características.
|
|
O TIMÓN DO
RAPOSO: A COLA

Efectivamente a cola é o timón marabilloso que ten o raposo para
todo: o trote, a caza, deixar as súas pegadas, etc.
Conta Félix Rguez. de la Fuente no seu "Cuaderno de Campo: Zorro"
que analizando o galope do raposo, sobre todo a cámara lenta, descúbrense
unha auténtica marabilla. O raposo seica non corre como o lobo, que é ante
todo un fondista, e tampouco como o lince que é axil. Móvese cunha
armonía absoluta, cunha elegancia incrible.
¿Que pasa con este galope? resumindo moitísimo e en base a chamada
"moviola" o centro de gravedade do raposo non se desplaza nin un soio
centímetro cando galopa; avanza polo tanto cunha absoluta elegancia e
precisión tal como si fora sobre rodas equipadas con coxinetes de
precisión, en lugar de facelo como realmente o fai sobre membros de
carne, óso e músculos cos seus nervos.
Unha marabilla.
Volver a
características.
|
ALIMENTACIÓN:

Na fotografía seguramente saltando para coller un
topo ou un erizo.
O raposo é un auténtico oportunista, ou sexa: consume alimentos dos que dispoña, de doado acceso, pouco traballo
e baixo risco. Consume de todo.
O raposo come de todo e come o que
pode e lle deixan. A súa especialidade son as galiñas e ovos, logo os
coellos, pero vaille
todo, ratóns, ratas, toupos, ourizos e todo tipo de paxaros, etc.
|
 |
 |
 |
| Aquí comendo ovos. |
Comendo un ourizo. |
Comendo un paxaro |

Dibuxo perseguindo un raposo a un rato.
Dependendo da época pode comer froitos (as uvas por exemplo gústanlle moito) e tamén insectos (levanta as pedras e come un
pouco de todo).
Últimamente aliméntase moito de carroña, animais
mortos, coellos enfermos e un longo etc.

Para alimentarse ten unha boa dentadura. O cranio é
máis estreito e máis puntiagudo que o do lobo.
Por certo os raposos son moi amigos de facer
despensas; sen dúbida son precavidos.
Ver o raposo escondendo unha galiña? , BBC:
Volver a
características.
|
|
HABITAT:

Presente en todo tipo de terreos. Nótase que ten poucos depredadores ou non abundan moito. Efectivamente lobos
hai poucos e o lince non existe e así o raposo campa por tódolos
lugares de Galicia. É o amo.

A súa tobeira é moi profunda, sempre excavada en ladeiras
orientadas o sur. O solo é sempre areoso. Xunto as tobeiras sempre
hai restos de animais e por suposto as pisadas típicas.

As tobeiras ou cubís son moi típicas como
corresponde a un animal que o verse perseguido require sair por varios
lugares.
No dibuxo, sacado dos Cuadernos de Campo" de Félix
R. de la Fuente, vese unha tobeira con tres entradas.
Volver a
características.
|
|
REPRODUCCIÓN:

Os raposos teñen unha soa camada
o ano. O celo comenza no inverno, os berros do macho responden as femias
cós seus dende decembro ata febreiro. As liortas entre raposos para facerse coa femia son os típicos entre estos tipos de animais. O normal
é a parella inda que un raposo pode atender a dúas femias.
A xestación dura 53 días
aproximadamente e a camada oscila entre 3 a 7 raposiños.

Os raposiños nacen cegos e xordos e están
cubertos dunha pelaxe pardo grisácea que a quinta semán se convirte en
roxa. A familia emancípase no outono. Os machos nese momento vanse, non
así, por regra xeral a femia.
A esperanza de vida do raposo é dun ano, inda que
poden vivir entre 10 a 14 anos.
Volver a
características. |
|
INIMIGOS:

Hoxe o maior inimigo que teñen os raposos son os
cazadores. Dende o meu punto de vista é unha auténtica aberración que se
permita a caza do raposo. É matar por matar. Outra cousa son as batidas
que se fagan oficialmente con fines de conservación da especie.
Por suposto os outros inimigos son os cebos
envelenados e outras barbaridades que se fan en algúns coutos de
Galicia.
Inimigos naturais únicamente ten o lobo.
Por suposto os seus cachorros teñen máis inimigos
Volver a
características.
|
|
MESES QUE SE VE O RAPOSO:

Non é dificil de ver, inda que é
esquivo. Vese realmente todo o ano. Moitas veces cruzando a estrada,
outras entre a matogueira baixa, etc..
O raposo recorre unha media de 7 kms. diarios en busca de
alimentos e marcado de moitos xeitos o seu territorio.
Normalmente a forma de marcaxe é restregando as glándulas do ano nas
árbores ou ben sacudindo a cola entre as matogueiras e impregnando así
estas do típico olor almizclado do raposo. Normalmente sempre merodeando pobos...
Volver a
características. |
|
INTERÉS:

Como tódolos mamíferos. Cumpren unha
función primordial. O raposo é , por exemplo, un controlador marabilloso
de todo tipo de roedores.
Os cazadores dicen que rematan coas perdices e cos
coellos e por eso fan cacerías e matan o raposo. A verdade é que este
razoamento non se sostén por ningún lado.
O mesmo razoamento se podería facer cós
cazadores...
Una faceta básica da raposa sacada do libro "Fauna vertebrada do Ribeiro" de Pablo Rodríguez Fernández (Oitabén)
e outros.
...Hai unha faceta moi pouco coñecida da
bioloxía da raposa, que debería ser tida en conta para frear as batidas
de caza, tan de moda nos últimos tempos, contra este cánido. Esta faceta
é a de dispersar sementes que revitalizan os bosques; e tanto é así que
moitísimas cerdeiras, figueiras, érbedos, estripeiros, etc. dos nosos
bosques, existen grazas ás raposas que transportan sementes no aparato
dixestivo e logo as depositan en habitats propicios, mediante os seus
excrementos."
O texto anterior está copiado o pé da letra do
libro citado.
Volver a
características.
|
|
A CAZA DO
RAPOSO EN GALICIA:
Os raposos deberan estar estrictamente protexidos.
Pero non o están lamentablemente. Inda por riba hai o "Campeonato Galego
da caza do zorro", publicada unha reseña no diario "La Voz de
Galicia" o día 03-02-2002. Unha auténtica salvaxada.

En total mataron 18 raposos no derradeiro campeonato de
"Caza do Zorro". Dende logo e un pasatempo escandaloso. Pero
esto é a miña expresión, que por suposto esos cazadores non comparten.
Os campeóns mataron este ano 4. A verdade é que como
sigamos así dentro duns anos non haberá aposos, e por suposto nin
coellos, nin lebres, nin perdices. Estamos a romper a cadena
ecolóxica lamentablemente.
No nome dos raposos a miña maior repulsa por estos
actos que non se deberan permitir.
Un raposo ten tanto dereito ou máis a vivir en Galicia
que os cans que lle dan caza, moitos deles foráneos a nosa natureza...
Frases como "esta temporada matei tres...
"o zorro é un animal moi intelixente...", "antes de fuxir
controla os cans...", "imos polos terroristas" , demostra
o aprecio a este animal...

Imáxenes como a anterior, (onde
pusen un raposo para que se vexa onde apuntan), con títulos de "150
hombres sin piedad", "Imos
polos terroristas": como grito de guerra
antes de comenzar o campeonato galego de caza do
zorro, e inda por riba publicalas (as fotos son de
Pradero con texto de Xosé Carreira, A Voz de Galicia do 03-02-2002),
chaman un pouco a atención e quero tomar o asunto como broma, de outro
xeito sería para chorar. Os raposos seguro que teñen outra opinión e
diranme que nesto momento son moi blando con esta xente...pero non quero dramatizar e sí chamar a atención, xa que penso que de ningunha
forma o raposo se deberá cazar. É unha opinión.

Imaxen de Martiño Pinal, da última cazata do raposo en
Irixo.
Este ano 2007 seica haberá unha macro caza, fálase
de 1.500 persoas que acudirán o campeonato da caza do raposo o
Carballiño (noticia de La Región 10/01/2007).
Dicen os organizadores que o habitual é que acudan
100 grupos de 10 membros cada un. O obxetivo é reducir a población de
raposo demasiado abondoso en moitas zonas, e ademais celebrar a festa do
cazador.
Ante as críticas comparando coa caza do zorro dos
ingleses alegan que aquí cázase con armas non soio con cans e ademais
aquí é unha caza social non elitista. En fin cada un que saque as súas
conclusións.
Pola miña banda está dito, non ten sentido ningún.
Quizais o único o control da especie pero para eso non fai falta facer
festas nin similares.

O final foron 68 raposos mortos. A verdade é
que non se entende como se pode facer esto...febreiro do 2007.
Carballiño. Ourense. Campeonato de caza do zorro.
A nivel
de Galicia estas son as estadísticas de caza:

Neste diagrama vense os raposos cazados en
Galicia dende o ano 1990 e por provincias. O diagrama en cada ano sigue
as provincias A Coruña-Lugo-Ourense e Pontevedra. Por exemplo no ano
2006 foron cazados 2.978 raposos na Coruña, 2.250 en Lugo,, 1.100 en
Ourense e 1.580 en Pontevedra.
Eu tamén amo os raposos.
Volver a
características.
|
|
CURIOSIDADES DO
RAPOSO: 
Anécdotas sobre o
raposo moitas e moi
variadas, unha que me chamou moito a atención recolloa do libro "Eses nobres cazadores" onde Xurxo de Vivero relata a
seguinte: " En Alemania, na primavera na Alta Baviera, sol e neve,
un
raposiño recén collido é atado a unha árbore cercana a un casarío,
onde pasa a súa primeira noite de pérdida de libertade. Cando a mañan
seguinte o granxeiro vai a velo, atópase con que mamá raposa deixara
unha suculenta pita xunto ó seu fillo. O día seguinte unha toupa.
Enternecido o home por este entrañable amor, solta ó cachorro.
Endexamais volveu cazar...

Teño outra lembranza, máis que anécdota,
dos raposos. Cando era cativo vivín moitos anos na Plaza das Mercedes en
Ourense, xusto o carón dos bombeiros. Máis dunha vez (os bombeiros) tuveron un raposo
atado a un poste, non sei as razóns, e máis dunha vez escapaba o raposo e sempre cunha pomba
na boca, así o lembro eu...anos 1950-60.
Ten un ladrido ronco e lastimeiro na
femia, e ben vocalizado no macho, sobre todo na época de celo.

Outra cousa curiosa do raposo é que cando non consigue
capturar unha presa, por exemplo un sapo o un erizo orina por riba deles.
Incrible.
Unha forma que ten de cazar moi curiosa é rebozarse en
terra para simular que está morto, incluso pode ata sacar a lingua e así
parecer inda máis morto, deste xeito
os corvos e outras aves carroñeiras vanse acercando ata que o raposo
reacciona comendo a máis dunha...
Un método moi eficaz que utilizan para botar as pulgas
fora do seu corpo é o seguinte: collen unha ramiña ou un guizo ou
garabullo calquera dunha árbore, logo siguen con el na boca e métense,
pouco a pouco primeiro a cola, nun pequeno pozo dun río ou regato... as pulgas evidentemente van
ocupando lugares do corpo que estén enxoitos. E así pouco a
pouco o resto do corpo, dando tempo as pulgas e demais a ir ocupando
lugares mellores. Cando o raposo observa que os seus parásitos están na
rama abandona esta e sae do río... A limpeza do seu corpo resulta así
efectiva. Tamén é un fora de serie atacando trobos de abellas,
xa que primeiramente presenta a súa cola e logo cando as abellas saen apoderase de
parte do mel...
Volver a
características. |
|
A SÚA MALA FAMA:

A súa mala fama está moi extendida. Fama
de ladrón, de pícaro. Pero non é para tanto. Eso sí, si te descuidas adeus galiñas. Aparte pásase un pouco, xa que as veces tamén mata e
nonas leva.

O que contan del, sempre é de picarón; é curioso o
caso de cando se sorprende, dentro dunha cuadra, por exemplo, e faixe o
morto. O de facerse o morto para tratar de burlar ós seus frustrados
perseguidores é normal. Nembargantes esta actitude o parecer non é mostra de astucia de ningún tipo, pois é totalmente insconsciente e
instintiva. Algo así como un ataque de catalepsia que o animal sofre debido ó medo. Hai insectos que fan o mesmo.
Tamén as cobras de agua, a Natrix natrix as veces fai o mesmo...
Tamén cando caza é un auténtico fenómeno, por exemplo
coas perdices utiliza unha argucia moi propia. Primeiro asusta as
perdices e produce a chamada encarballeirada (todas as perdices ou parte
voan as árbores...). Unha vez que ten fixada
una perdiz, polo menos, subida o carballo, ponse abaixo a dar voltas rápidamente
para adiante e para atrás, moito tempo. A perdiz lóxicamente non lle
perde vista o raposo e esa é a súa perdición xa que o final cae mareada.
Evidentemente o raposo ponse as botas...

Cazar o raposo, que é analizado noutro apartado,
non é doado. Si se lle pon unha trampa, cousa o parecer bastante normal,
é capaz de todo. Por exemplo, vexo no libro "Viaje por los montes y
chimeneas de galicia" que conta que si queda prendido dunha pata é
capaz, non sería a primeira vez, de roer o óso ata que quede libre e
escapar dese xeito... O
raposo soio perde parte da súa intelixencia, para escapar e torear os seus
perseguidores, cando está en celo. Esto é unha norma xeral de casí todos
os animais. Esta baixada de bandeira é aproveitada por algúns para
darlle caza de forma máis doada.
Volver a
características. |
|
OS RAPOSOS EN GALICIA:

Son moi abondosos. Vive en tódolos hábitat do país.
No ano 1986 vivían en Galicia 150.000 raposos dos cales uns 20.000
eran cazados tódolos anos. Por exemplo en Allariz foron matados no ano
1980 noventa exemplares.
Hoxe non hai tantos pero abondan moitísimo.
Non existen nas illas de Galicia, no resto
da comunidade por suposto.
Volver a
características. |
|
AS PEGADAS DOS
RAPOSOS:

Este é un dibuxo da súa pisada cando vai a trote en terreo blando.
No Cuaderno de campo de Félix Rguez. de la Fuente analiza as
distintas pisadas según as situacións (Non copio a páxina xa que
tampouco se trata de copiar por copiar).
A súa pegada bota ata 5 cms de
lonxitude por catro de anchura; pero non é doado de distinguir xa que se
confunde coa do lobo e as dos cans. A do zorro adoita ser máis pequena.

Os excrementos son en forma espiral, longos e terminados
en punta retorcida. Entre 8 a 10 cms, normalmente oscuro, inda que
as veces son blancos cando consume osos. Sempre están estos excrementos en lugares moi
significativos. Hai
moitas máis pegadas como o seu cubil, tratado noutro lugar da ficha;
pelos en determinados lugares, sobre todo na primavera que é cando perde
o pelo; ovos coa cáscara únicamente en cantidade, xa que o raposo fai moito saqueo de niños.
Volver a
características. |
|
PARA SABER MÁIS: CUADERNOS.

Para
saber máis.

É de xusticia decir que todos os dibuxos desta ficha sobre o raposo e
moitas ideas están sacados destes cuadernos de campo que son
marabillosos. Foron editados por Airtel no ano 1991 , pero foron
escritos polo autor polos anos 1955.
Volver a
características.
|
|
O raposo na mitoloxía
tradicional e na historia

A tradición ten convertido o raposo no símbolo da
astucia e da sagacidade e cando falamos do raposo sabemos que se vale de
mil argucias para conseguir os seus obxetivos que no son outros que
vivir e alimentarse.
En moitos pobos do mundo o raposo está relacionado
có espíritu do bosque ou a montaña e tamén co espíritu do mal; pero no
fondo sempre se considerou que este animal era astuto e intelixente e
por suposto moi prudente.
Na historia normalmente o raposo é tratado como
intelixente, con moitas facultades e o mismo tempo como ladrón e animal
moi astuto; así Aristóteles e Fedro, entre outros, falan do
raposo como un mestre en fraudes e roubos. Nas fábulas de Esopo o raposo
mostra a súa intelixencia e trata de enganar os homes e a outros animais
con moitas argucias que estos non podían evitar. No século XVII Jean de
La Fontaine pinta o raposo, nas súas famosas fábulas, con
facultades e sabiduría casi humán; de feito o raposo máis famoso do
mundo chámase Renard y así quedou inmortalizado en Francia.

Cuadro de Edward Hicks
1780-1849, no que aparece a Arca de Noé, onde entran os animais
de dous en dous.
Entre estos animais
evidentemente estaban o repaso e a raposa pero según o conto non
subiron...
Hai moitísimos contos que recollen as andanzas dos
raposos, ver algúns nesta
misma páxina, un
famoso de tradición oral é o seguinte:
"Contan que cando foi o diluvio
universal o raposo e a raposa eran os únicos animais que non
remataban de fiarse niso de subir a Arca de Noé, inda que Noé parece
ser que os invitaba con moita paciencia decindo ¡subir que
levamos pitas dentro!, o raposo decíalle ¡ ¡cheirame a can!
e non subía. Cando a arca comenzou a navegar quedaron o raposo
e a raposa nunha rocha cos rabos levantados sin que ninguén
explicara ata hoxe en día como fixeron para sobrevivir."
Volver a
características. |