Alcedo atthis.  Martiño Peixeiro

(Picapeixe) . Martin Pescador

Fotografía sensacional de Satarou Ishimori. Moitas gracias.

O Martiño Peixeiro, xunto co merlo rieiro, é o paxaro por excelencia dos ríos galegos. 

Para eles, o que o río esté limpo é fundamental,  e para mín tamén. Por eso empeza a escasear en moitos ríos-pocilga.

É todo un espectáculo poder contemplalo. É un perfecto mergullador. 

A fotografía (de Satarou Ishimori) fai xustiza a este paxaro marabilloso, que se pode atopar nos ríos galegos (de momento...).

Modificada o 17/09/2017

Ver características.

 

salir.jpg (922 bytes) Saír   

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Características:

 Martiño peixeiro

Fotografía de Pascal Dubois

Fotografía de Pascal Dubois

Nome científico Nome Galego: Nome Castelan
Dimensións Identificación. Video BBC. Habitat. Video da BBC.
Alimentación. Video da BBC. Niños. Video da BBC Interés
Voa coma flecha. Meses nós que se ve Curiosidades
Protección Videos marabillosos varios. Imaxen Xose L.         
Outras imáxenes Links. O canto do Martiño
Fotos incribles (j.Luis Rguez.). Bibliografía. (Actualizado 29/'06/2015)

 

Subir.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Alcedo atthis ( Lin. 1758).

Fotografía sacada del libro  Animales amenazados de Everest.

Taxonomía:

Clase: aves

Orden: Coraciiformes

Familia: alcedinidae

Xénero: Alcedo

Especie: Alcedo atthis.

 

Volver.

 

 

 

 

 

 

 

 

Martiño peixeiro. Picapeixe.

Ruiseñor da mar.

 Páxaro mariñeiro. Paxaro pescador. Garda ríos.

Fotografía sacada del libro  Animales amenazados de Everest. Autor M.A. de la Cruz Alemán y varios.

Outros nomes: en Portugal chámase Guarda ríos, en Cataluña Blauet e en Euskadi Martin arrantzale.

Volver.

 

 

 

 

 

 

 

 

Martin pescador, Alción, Guardarío.

Fotografía sacada del libro  Animales amenazados de Everest. Autor M.A. de la Cruz Alemán y varios.

Volver.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Dimensións:

Nesta fotografía sensacional de Pascal Dubois, que por certo, o martiño non está morto soio está inmovilizado, vese perfectamente o tamaño deste paxariño.

16 cms. Case cabe nun puño. Pesa sobre 38 gramos. A lonxitudes das ás varía entre 71 e 78 mm.

Imaxen de Xose Luis Calleiras de Vigo. Sensacional. Aparece na revista  natura en febreiro do ano 2000.

O pico pode medir 4,5 cms.

Ten una envergadura media de 25 cms.

Volver.

 

 

 

 

 

 

 

 

Identificación:

É inconfundible. A coloración é moi rechamente, a parte superior é azul cobalto apencada de branco, ten irisiacións turquesa por riba, o ventre alaranxado (eu diría roxo castaño)  bastante rechamante, que o chegar a gorxa se troca en branco.

 A cabeza bastante grande igual que o pico ou peteiro, que por certo é vermello por debaixo.

As patas son pequenas e vermellas.

Fotografía sacada do libro Aves. Guías Visuales Océano.

O seu voo é paralelo a auga e dende logo moi rápido (pode voar a 72 km/h. según algúns autores). Que mo digan a mín, a única vez que o vín foi visto e non visto.

As femias non é doado distinguilas dos machos, prácticamente son o mesmo, a única diferencia é que por debaixo do pico as femias teñen a cor vermella máis grande.

Os peixes, lóxicamente colleos co peteiro (prácticamente é como un puñal) que é largo dabondo.

A súa voz é "tititii".

Ver un video da BBC marabilloso:

 

 

----------------------

Neste video de De Re Naturae que atopo en Youtube pode verse tamén como caza o Martiño peixeiro, é todo un espectáculo.

 

Volver.

 

 

 

 

 

 

 

 

Alimentación:

Preferentemente todo tipo de peixes ( escalo, lorcho, muxo) ata 6 - 8 cms., tamén caranguesos, así como vermes, insectos acuáticos como os cabaliños do demo, etc.

É un perfecto mergullador.

Picapeixes. Fotografía do grupo Tichodroma.

Fotografía  de Manuel Dominguez, sacadq da revista Natura Febreiro 2001.

É normal velo sobre unha rama, entre un e tres metros sobre o río, moi atento, cando avista unha peza, por exemplo un peixe, voa moi rápido e colle a presa , si fai falla nada hacia abaixo, ou sexa mergúllase sin problemas, logo volve a ramilla e está a sacudir o peixe contra un árbore ou unha ramiña ata que morre. (Conta Carlos Lastanao no seu libro "Huellas y rastros de animales del Pirineo", que viu, unha vez, como un picapeixe golpeaba máis de 50 veces a un peixe durante 20 minutos seguidos, ata que lle deu morte).Logo  ponse a comelo empezando pola cabeza, normalmente sempre a favor da escama (é listo, o paxariño...).

Nestes dibuxos sacado do "cuaderno de campo" de Félix Rguez. de la Fuente vese ó martiño en situación de coller un peixe.

Os peixes da súa dieta poden chegar a 6 cms de lonxitude. 

Ten especial predilección polos alevíns de troita e salmóns, polo menos en Galicia. Tamén lle gustan moito os meixóns (angulas).

Ver este video comendo unha.

Neste video de De Re Naturae que atopo en Youtube pode verse tamén como caza o Martiño peixeiro, é todo un espectáculo.

 

 

Foto de Fuji Hukatsu.

Despois da operación anterior fai un acicalamento da plumaxe e unha lubrificación cunha substancia grasa que el mismo xenera.

Do análisis feito do seu estómago dedúcese, por regra xeral,  que come un 65% de peixes e o resto son insectos: cabaliños do demo, libeliñas, etc.

Ver un video sensacional da BBC:

 

Volver.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Habitat:

Fotografía de Pascal Dubois. Martiño en posición típica de caza.

En moitos ríos galegos. Pero non é moi abondosa. Parece preferir augas abertas, desembocaduras de ríos, lagoas, etc. Incluso as veces na beiramar.

Fotografía sensacional de Ramón Arambarri. 1º premio 2001, revista La Tierra.

Non é abondoso, de feito en Ourense atópase pola zona do invernadeiro, no Limia, no río Bibei, no Salas pola zona de Randín, pero pouco máis. En Lugo polo Caurel poden verse, pero moitos menos.

Video sensacional da BBC:

 

Recentemente vín martiños no río Bibei por riba de Viana, na provincia de Ourense (xulio do 2001). Tamén vin un picapeixe no río Arnoia en Allariz (Ourense) pola zona do Rexo.

Vin un picapeixe no río Loña en Ourense no ano 2007.

Vín outro no río Barbaña (Ourense) pola zona do Pabellón de Deportes en outubro de 2012.

Nesa zona hai moito peixe pequeno e tamén carangueso, o americano e o martiño aproveitase, o malo é que o río Barbaña vai moitas veces contaminado.

Fotografía do 30/09/2012 onde vin tamén o picapeixe. Este é o caranguexo roxo ou americano.

Zona do Barbaña onde vin pasar o picapeixe, que é inconfundible pola parte de atrás azul forte.

Na  primavera de 2015 vin un martiño no río Deva na Cañiza, estaba descansando da pesca e tomando un bocata e veu xusto a poñerse a un metro de mín nunha pola dun amieiro, que era para el unha postura perfecta. Enseguida me viu e marchou. Que ave máis bonita.

Xa digo, pouco abondoso.

O Martiño pode recorrer moitos kilómetros buscando ríos en bon estado, hai datos: por exemplo Aragües anillou varios en Santander e apareceron a 200 km. en Asturias. Pero poden recorrer espacios máis grandes, así un anillado en Bélgica recuperouse en Cadiz, incluso cruzar o mar como algúns que aparecen nas Islas Baleares, en Mallorca recuperouse un anillado en Alemania.

Dime un amigo entendido en aves, Miguel Angel Amorín,  que no río Barbaña en Ourense, pola zona do Polvorín viu picapeixes, unha gran noticia dende logo.

Volver.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Niños:

É troglodito, ou sexa habita en pequenos tobos, buracos,  ou covas que é onde fai o seu niño.

Aniña, polo tanto,  en buratos de ata 1,5 metros de longo. O niño soe ser ascendente, para evitar que lle entre auga nas enchentas. O final fai unha cavidade esférica onde a femia pon os ovos. Soen ser 6 a 8 , brancos, redondos e moi brilantes. 

Normalmente a cámara está revestida de espiñas de peixe.

Imaxen sensacional de Günter Ziesler.

Ver un video da BBC dando de comer no niño:

 

A parella traballa a par para incubar durante os 20 días máis ou menos que tardan en chocar. Logo veñen os polos e comenza a labor de alimentalos. Os pais teñen que pescar para eso peixes de aproximadamente 1 cms. O cabo dun mes xa voan. Dúas roladas.

A femia é un pouco máis pequena có macho.

Femia.

Da rolada non soen sobrevivir máis de dous, os depredadores dan conta deles e outros morren afogados nos seus primeiros intentos de pesca.

Ver un video do apareamento, BBC:

 

Volver.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

De abril a setembro.

Co cambio climático, que para mín é evidente, pode verse ata no mes de octubro (24/10/2007), así me pasou a mín recentemente.

Fotografía sacada del libro  Animales amenazados de Everest. Autor M.A. de la Cruz Alemán y varios.

Non se vé no inverno, lóxicamente.

De tódolos xeitos non é un paxaro doado de distinguir, pola miña banda únicamente o vín dúas veces e sempre en voo. É polo tanto un paxaro moi esquivo. O normal é oilo xa que é moi rápido e pequeno.

Vin tres veces o martiño peixeiro, una no río Bibei moi por riba de Viana, pasou rápidamente por debaixo da Ponte onde eu estaba. Outra no río Arnoia no couto de Allariz. As dúas veces pasou moi rápido voando e facendo o típico crii, criit..

Fai pouco, 2007, vin outro no río Loña en Ourense, este tuven a sorte de seguilo e atopalo na ramiña correspondendente.

Poden observarse tamén cando están en celo, xa que entón teñen bastantes liortas entre eles e persíguense bastante.

Volvín a ver o martiño o 24 de octubro do 2007, ademais vino no río Lonia a altura da ponte de Mende. Estuven máis dunha hora para localizar o seu posadeiro, unha vez que o conseguín esta é a fotografía que saquei, pero a miña cámara fotográfica non da para mais...

Martín peixeiro no río Lonia, en Ourense,  24/10/2007

Volver.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

De interés especial.

Picapeixes. Fotografía do grupo Tichodroma.

O Martiño peixeiro é unha auténtica xoia para os ríos galegos. É unha demostración de que inda están vivos, polo menos algúns...

Volver.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Protección:

Fotografía Manuel Dominguez.

 

Estrictamente protexida. Aparece citado no anexo II do convenio de Berna e no anexo I da directiva 79/409 da C.E.E.

A población europea actual non chega as 20.000 parellas. Evidentemente necesita unha protección especial, sobre todo hacia o seu habitat. Non é así, en Galicia, e en particular en Ourense o habitat destrúese tódolos días, os ríos, empédranse, acótanse con muros, tálanse as árbores e un sin fin de barbaridades...

Realmente de pena.

Volver.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

É un pescador nato cunha técnica moi depurada. Lánzase en picado . É moi dificil que falle.

De tódolos xeitos hai que decir que o picapexe non é doado de ver no río. É moi dificil localizar nun posadeiro do martin pescador, moi dificil. Habería que buscar algún lugar preto do río, a carón do río onde existan uns grupiños de depósitos dunha cor blanca totalmente, estas deposicións, que se chaman en términos técnicos egagrópilas están compostas por espiñas e un polvillo blanco que serán espiñas dixeridas ou escamas. As egagrópilas son boliñas de diferentes tamaños e texturas que algunhas aves botan o exterior pola boca e que conteñen materiais que éstas non poden dixerir, como escamas de peixes, espiñas, etc. Normalmente estas caen a auga do río e resulta imposible velas. As outras aves non son totalmente blancas...

Tamén intuindo o nido nunha parede arenosa do río e vendo as deposicións... o lugar para pescar no está lonxe...

Pola miña banda non tuven a sorte de atopalo nada máis que cando voa, desa forma si é doado polo rechamante azul das súas plumas.

Na fotografía sensacional de José Luis Rodriguez, pode verse dentro da auga. Realmente sensacional. Dice o autor da fotografía levoulle 3 lustros conseguilo. Gracias Jose Luis Rodriguez por conseguilo.

Outra imaxen sensacional é a seguinte:

Vela máis grande ( de CST slovakia)..

É demasiado rápido e dende logo moi pequeniño.

( Dibuxo sensacional do martiño voando. Aparece no libro "Aprendendo coas aves" de Carlos Silvar e Carlos Pedreira. Un libro sensacional. )

Esta é unha boa fotografía:

 

O martiño entra na auga coas ás pegadas o corpo e os ollos pechados. Frena coas ás colle o peixe e seguidamente cun meneo do corpo e o movemento das ás xira e baixe ata tona da auga apoiándose nas ás. Sae da auga cunha potencia incrible. Calcúlase que en augas de poca corrente e con profundidade de 30 cms. a caza do peixe pode durar un cuarto de segundo. De tódolos xeitos caza moitos peixes que están na superficie.

As causas da pouca abundancia xa as pode supoñer o lector: o martiño depende da limpeza do río, así e impensable ver un martiño no río Miño en Ourense ciudade  ou no río Barbaña ou Lonia, polo menos de momento. Ademais cázase para embalsamalos, incrible. Ocasionalmente atópanse nas estradas sempre que estas estén preto de ríos ou lagoas, por exemplo na ría de Ribadeo.

Fotografía sacada del libro  Animales amenazados de Everest. Autor M.A. de la Cruz Alemán y varios.

Foi perseguido en tempos por unha suposta acción negativo sobre os peixes...xeralmente por xente que non ten nin idea, e de bioloxía e habitat dos seres vivos ...cero.

A contaminación hoxe está a rematar co martiño...

Está demostrado que o martiño non existe en ríos contaminados, é lóxico si as augas non son claras. En ríos onde hai fábricas de papel e outras industrias o martiño non existe.

Dibuxo feito por Fran Ameixeiras reivindicando "Un río Umia vivo" non o encoro do Umia que rematará có martiño nesa zona.

Outra curiosidade:

-----------------

Dice Gustavo Guerrero que "el martín pescador muere ciego". Tanto se tiran al agua que se queman los párpados, a él se lo dijo un pescador de La Laguna de la Restinga, en la isla Margarita, Venezuela.

------------------

O texto anterior aparece o principio do libro  "Papaventos" de Xavier Queipo.

Outra curiosidade que non me colle de sorpresa...

-------------------

Neste video de De Re Naturae que atopo en Youtube pode verse tamén como caza o Martiño peixeiro, é todo un espectáculo.

 

 

Volver.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Escoitar o martiño:

Imaxen José Luis Rodriguez. Sensacional.

 

Ver este link con distintos cantos do martiño. Tamén moitas cousas sobre este paxaro marabilloso.

Para oir o martiño tamén se pode con este video. . Trátase dun  ( o tiit.tiit).  (Video de Youtube de Daniel Alon.)

Fotografía sacada do libro Aves. Guías Visuales Océano.

Volver.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A verdade é que non é doado fotografiar o martiño no seu medio, eu levo moitos anos a pe dos ríos e non tuven ninguna oportunidade.

Esta é unha imaxen sensacional do Martiño, é propiedade de José Luis Rodriguez e está sacada da revista Moi Interesante do mes de marzo do 2004. A miña enhoraboa o autor.

Ver en grande.

Por eso cada vez que vexo unha fotografía do martiño peixeiro, fágome con ela para poñer nesta folla e de cando en vez poder contemplar unha imaxen ben bonita.

Fotografía sacada del libro  Animales amenazados de Everest. Autor M.A. de la Cruz Alemán y varios.

É o caso desta imaxen sacada da libro sensacional "El Agua sorbos de vida" do que é autor  Joaquín Araujo y no que poñen as suas fotografías moita xente sensacional. Merece a pena o libro.

Outra imaxen, sacada da revista Natura do mes de setembro do 2004, é algo espectacular. Trátase dun martiño remontando o voo cun peixe. Sensacional. A Imaxen é de Antonio Manzanares, sensacional. Ve_la imaxen.

Hai outras imáxenes sensacionais que me permito poñer neste link meu, no que remito o autor.

Volver.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Bibliografía:

Fotografía sacada del libro  Animales amenazados de Everest. Autor M.A. de la Cruz Alemán y varios.

Fonte : Guía das aves de Galicia. Xosé M. Penas. Carlos Pedreira e Carlos Silvar.

"Cuadernos de Campo" de Félix Rodriguez de la Fuente. Pájaros de río.

Tamén o Libro "As aves". Tomo II. Atlas de vertebrados de Galicia., da colección do Patrimonio Ecolóxico.

Tamén o libro "Animales amenazados". Gran guía de la Naturaleza. Editorial Everest. S.A. Autores M.A. de la Cruz Alemán, J.L. de la Cruz Alemán y F. Cámara Orgaz.

Fotografía sacada del libro  Animales amenazados de Everest. Autor M.A. de la Cruz Alemán y varios.

Volver.

 

 

 

 

 

 

 

Links

Fotografía sacada del libro  Animales amenazados de Everest. Autor M.A. de la Cruz Alemán y varios.

 

 

O martiño na ría de Noia. Moi interesante xa que ten un video.

Fotos do Martiño de Jose Luis Rguez. (Sensacional).

Alcedo Athis. Sonidos e fotos.

Les oiseaux du moulin.

Martin pescador.

Leyenda argentina del Martin pescador.

Csts slovaquia.Photo: P. Áč

Martin-pecheur de Europa

NTT World Bird Count" Photo 

Bird Photo Library.

Coté Nature.

Link sensacional de fotografías.

video de De Re Naturae

 

Fotografía de Pascal Dubois. Martiño en posición típica de caza.

Videos sensacionais sobre o martiño.

Este video gústame.

 

Volver.

Volver. 

 

O MARTIN PESCADOR.

Imaxen de Xose Luis Calleiras de Vigo. Sensacional. Aparece na revista  natura en febreiro do ano 2000.

Seica a fotografía ten unha historia: xusto no momento en que o martín pescador colle un peixe, outro individuo invade o seu territorio de pesca e adopta esta postura ameazante.

Moi boa foto.

Volver.

 

 

VOA COMO UNHA FLECHA.

Martín pescador entrando en picado no río para coller o peixe.

Realmente é todo un espectáculo.

Merece a pena ve-lo.

Non fai moito, na revista Natura do mes de octubre do 2001, aparece unha fotografía de José Luis Rodríguez, que é toda unha marabilla. O autor da fotografía pasou horas e horas matinando o método para sacar unha fotografía o picapeixe dentro da auga.

Na revista Natura José Luis Rodríguez explica o procedemento seguido, a miña admiración o autor da fotografía.

Pinchar neste link para ver a marabilla en grande.

Outra imaxen incrible. (CST Slovalia) .

Volver.