Calluna vulgaris. Carrasca. (Brezo).

Son abondosos nas beiras dos ríos galegos, sempre que teñamos un monte o redor.  Na fotografía vense carrascos, que tamén se chaman carrascas, queirugas, queiroas e brezos en castelán.  É moi abondoso en Galicia. As veces os montes están cheos de carrascas ou brezos que  producen unha cor única.

Ver características.

salir.jpg (922 bytes) Saír.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

CARRASCA ou QUEIRUGA

Descripción:

Arbustillo moi ramificado, con pubescencias gris ou casi lampiño. Chega a un metro. 

Follas de 2-3,5 mm, adosadas, espaciadas nos brotes principais e densamente imbricadas en 4 filas, nas ramas laterais, non floríferas.

Carrascos en Vilasouto. Incio. Lugo.

 

Curiosidades:

As veces é sensacional o colorido que lle da o monte galego.

Carrascos en primeiro plano e carqueixas amarelas en segundo. Foto do autor da www.

Ver a alternancia: en primeiro plano as carrascas, logo a carqueixa e no fondo son xestas.

A fotografía está sacada na Serra de Calvos, a carón de Vilasouto, no concello do Incio en Lugo.

 

Nomes:

En galego chámanse carpazas, tamén carpanza, quiroa, e tamén queirugas ou queiroas. Tamén anoto o nome de queiruga de cruz.

En castelán brezos.

Bioloxía:

 Bota as flores no verán.

Flores púrpura, con pecíolo corto, en estreitos racimos ou panículas; xeralmente con 6-8 bracteolas, sendo as 4 superiores como pétalos. Sépalos membranosos de 3-4 mm., oblongos, lila-rosados ; corola pequena e escondida, 8 estames.

 

Carrascos na Serra, subindo a Calvos, Vilasouto. Lugo. Autor da www.

Distribución:

 Atópase en brezais, bosques claros e dunas, en terreos ácidos como a maioría dos galegos.

Por suposto preto dos ríos de alta montaña, que teñen a carón un monte.

Pola zona de Albarellos, nas ribeiras do río Avia en Ourense, hai montes cheos de queirugas, sensacionais.

Mediciña:

Emprégase como antiséptico das vías urinarias, tamén como antediarreico.

Monte no Rodicio en Ourense  onde alternan as carqueixas en primeiro plano, os brezos ou carrascos e as uzes.

 

No Parque do Xurés en Ourense existen como 10 tipos distintos de Brezos dende a Calluna vulgaris desta ficha, pasando pola Daboecia, a Erica umbellata (da fotografía) ata a Erica cinérea. A súa identificación require unhas claves que se poden atopar no libro  "Guía  de la flora del Parque Natural  Baixa Limia  Serra Xurés" de Íñigo  Pulgar.

O texto, salvo pequenos comentarios, está copiado do sensacional libro "Claves para flora de España" de Mariano Garcia Rollán. 1981.

 O dibuxo é de Otto Wilhelm Vitalba. Sensacional.

 

Brezos no río Navea. Chandrexa de Queixa. Ourense.

Saír.