Ranunculus peltatus. 

Ouca (Arrabazas)Cancel de las ninfas.

En galego chámase Ouca, tamén labazas ou arrabazas.

A maioría destas herbas son da familia dos ranunculus.

 

Atrévome a darlle o nome de arrabazas, sempre o fixen así, pero dende logo non estou seguro do seu nome dado que tamén se utiliza o de rabaza. En castelán chámase Cancel das ninfas,  é sin lugar a dúbidas trátase dun ranúnculo.

Para min no verán cobren casi tódolos regatos da provincia de Ourense, sobre todo si choveu pouco e non limpiou. Poden chegar a deixar un tramo de río impracticable para a pesca.

Ver características.

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.                           

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

CARACTERÍSTICAS.

RANUNCULUS PELTATUS

 

Dende logo eu chámolle arrabaza. A fotografía  é miña e está sacada no río Miño en Ourense. As características sacadas do libro de Mariano Garcia Rollán sobre "Claves da flora en España" :

De ata 1,5 metros, xeralmente con follas anchas flotantes e outras divididas en segmentos lineales. Flores grandes entre 1,5 e 3 cms. de diámetro, pedúnculos largos, levan cinco sépalos verdes e cinco pétalas brancas, no medio unha mancha amarela. Froitos de máis de 2 mm ovais. Prefire augas tranquilas.

 

O dibuxo do libro A natureza  dos ríos e ribeiras de Galicia, trae na páxina  54 este dibuxo moi interesante. Nel vese que a Ouca ou arrabaza tén dúas clases de follas as que mergulla na auga que levan moitos fíos e as que nadan na superficie que teñen formas redondeadas entre 3 a 7 lobulos. No verán bota as flores brancas que se ven na fotografía seguinte.

 

Por suposto que nos ríos galegos hai moitos máis ranúnculos, como o Ranunculus fluitans, Ranunculus repens, Ranunculus flammula  e  moitos outros, a súa distinción é de especialistas.

Ranunculus fluitans tamén chamado "botón de ouro flotante"

 

Na fotografía do autor da www vese a flor deste ranúnculo. O río é o Mao xunto o refuxio de Nigueiroa.

Seguramente se trata dun r. fluitans.

Na fotografía do autor da www vese a flor deste ranúnculo. O río é o Mao xunto o refuxio de Nigueiroa. Por suposto está sacada fora da auga para mostrala. Eu chámolle arrabaza de toda a vida.

Os ranunculus queren ríos de pouca corriente, evidentemente.

 

Río Miño en Ourense.

Fotografía do autor da www. Río Mao. Montederramo. 16-05-2006

Detalle da flor. Maio do 2006.

Fotografía da explosión floral de Ranunculus fluitans na parte alta do río miño, Rábade y Lugo, na primavera do ano 2011. A fotografía é de Pradero e está sacada da Voz de Galicia.

Fotos sacadas no río Miño-Xuño 2011

O río Miño por debaixo do campo de Reza cheo de Ranunculus fluiatans

Detalle da flor.

Xuño 2011.

Saír.