Can de palleiro.

(Descoñezo o autor da sensacional fotografía. Última modificación  21/08/2022)

       É a raza canina, por excelencia,  do medio rural galego. Estase a facer moito labor para manter esta raza. De feito os últimos datos van a máis...

     Nas xornadas de pesca, ás veces,  atópome con algún can, sempre  con moitas sorpresas. Non podía faltar, polo tanto,  nas fichas dos mamíferos que viven preto dos ríos da nosa terra, o noso can de palleiro, que vai a máis...

     Téñolle moito cariño a este can e nunca, nunca,  me xogou unha mala pasada; eso si, avisan os donos, como debe ser, pero non son traizoeiros, fanse ver e deixanse ver, como fan os cans de verdade. Si algún día teño un can, será un can de palleiro...

Ver características.

salir.jpg (922 bytes) Saír           

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Características do Can de Palleiro 

Última modificación ----->21/08/2022

Can de palleiro. web da Xunta.

Nome galego     (Historia e o.) Nome Castelán      Dimensións
     
Historia e orixen Videos explicativos. Video:  O can ideal
     
Identificación     Temperamento Cabeza
     
Pescozo Tronco Extremidades
     
Movemento Manto e pelo Señas de identidade
     
Defectos nos concursos Intelixencia       O básico C. rural: ficha
     
Habitat Interés Razas autóctonas.
     
Medidas tomadas Links varios Os meus cans.
     
Cousas especiais O can na prensa O can na literatura.
     
Consellería rural: fichas C.Rural: Boletín en PDF Ditos relativos o can de p.
     
Can de palleiro: ilustracións O país do glorioso can de p.

O básico

     
Can de palleiro na Veiga. Definición. M.Santamaría Can de palleiro doctórase
     
Foro can de palleiro

O can de palleiro: Breo.

Historia do can Cholo

     
O can de palleiro ---> Hoxe ---> agosto  2022
     
O básico     Video

A camiseta do palleiro

Can de palleiro e prensa.
     
O palleiro e Gadis. 2015

Fotografías 2015

Video 2017 "apreciemos o noso"

     
Solicitar exemplares.

Moita demanda do Can

Últimos datos do can.

     
Muere Fusco. D.E.P.

Glorioso can de palleiro

Regresa dende 380 km.

salir.jpg (922 bytes) Saír.              

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome galego 

 

Can de palleiro. web da Xunta.

Can de palleiro.

Outros nomes non correctos:

Can do gando, can das vacas, can da casa, palleirán, can lobo ou lobeiro.
 

Logotipo.

Video de Youtube (Aparece firmado por Couto Amil)

 

Un pouco de historia do seu nome:

O can de palleiro é o can galego por excelencia, o nome non foi doado xa que iban dende can das vacas, pastor galego, pastor alobado e outros. O final o de palleiro penso que é o que se merece xa que este can acostuma a dormir precisamente no palleiro, fora da casa. De tódolos xeitos o nome de "can de palleiro" non ten boas connotacións nas cidades pero o nome non semella que este can sexa trapalleiro nin moito menos.

Conta Ernesto Fernández a anécdota dun home que durante todo o día estuvo partindo leña e transportando a leña a cuberto, mentras o can estuvo preto dil observando a faena. Seica que ó caer a noite cando o dono deixou de traballar o can tratou de imitar o dono carretando a leña ó mismo lugar.

Can de palleiro, descoñezo o autor da fotografía.

Un pouco de historia da súa orixen:

Can de tronco indoeuropeo, o seu agriotipo (antepasado) foi o principal antecesor dos “cans de campesiño” de Centro Europa, acompañando os pobos precélticos atlánticos, centroeuropeos e nórdicos nas sucesivas ondas de invasións (celtas, suevos, visigodos e normandos) que poboaron a vertente atlántica noroccidental da Península Ibérica; comparten unha orixe común cos pastores Belgas, Holandeses, de Picardía, Castro Laboreiro, e Alemáns, entre outros, e foron cruzados moi frecuentemente por este último.

É o can de granxa por antonomasia, que existiu dende sempre en Galiza; recibe o nome de Can de Palleiro, en alusión ao palleiro onde adoita durmir.

Nota: texto copiado dunha ficha da Xunta de Galicia, neste link.

Fotografía do Can de palleiro. Falonso.

Historia do can de palleiro en Galicia, como naceu,  como está actualmente.

Dous labregos miran a un can de palleiro esfameado. “¿Por que non lle das de comer ao can”, pregunta un. “Para o que traballa...”, contesta o outro. “Pois entón, ¿por que non o matas?”, replícalle o primeiro. O outro responde: “Para o que come...”. O chiste pertence ás históricas Cousas de Castelao. É o can de palleiro, o máis humilde, ácrata, vello e querido dos animais do rural galego. Del falaron os escritores, os políticos e os poetas, que o identifican pegadiño ás persoas coma o máis fiel dos cans familiares, con trazos tan humanos coma os seus donos.

O agarimo e o sorriso que esperta ten aínda fieis seguidores: a Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI) presentará a finais de ano unha exposición con 35 ilustracións sobre esta raza que percorrerá varias poboacións galegas. Segundo Kiko da Silva, membro da Asociación, decidiron abordar este proxecto porque “nunca se lle fixera unha homenaxe a este can en Galicia, a pesar de ser un dos grandes tópicos do país, como as meigas e os castros”. Case todos os ilustradores membros da entidade participan no proxecto do que aquí podes ver unha primeira mostra.

Unha definición
Pero vexamos que é exactamente un palleiro: dise do can de tronco indoeuropeo, rústico e fornido, de tipo lupoide, de perfil recto, eumétrico, de tamaño medio, duns 60-62 cm. á cruz; mesodolicomorfo, de proporcións harmónicas e de constitución forte... Se un consulta a orde do 26 de abril do 2001 da Xunta ou o Real Decreto 558/2001do Goberno central todas as súas características morfolóxicas figuran especificadas para o recoñecemento legal. Porque na actualidade, o palleiro é unha raza canina de seu, ten un Libro xenealóxico que lle achega pedigrí e un club de cría, promoción e difusión. E, contra o que moita xente pensa, atópase en perigo de extinción.

Un can multifuncional
Así o anunciaba a Dirección Xeral de Política Agroalimentaria da Xunta o venres pasado en Ourense no seu libro “Razas Autóctonas de Galicia en perigo de extinción”. O volume recolle varias razas de cabalos, ovellas, galiñas, porcos e cans aos que a chegada da modernidade non lles sentou nada ben. Como á sociedade agraria tradicional, da que camiña collido da man. Segundo Natalia Botana, secretaria do Club de Raza Can de Palleiro: “todas as razas caninas autóctonas están en perigo de extinción. Na sociedade tradicional, todos os animais tiñan unha función moi determinada, e o que non valía era rexeitado”. O can de palleiro obtén o seu nome de durmir no devandito, pero tiña funcións específicas dentro dunha casa de labranza. Era un can pastor, que acompañaba ás vacas aos prados, gardaba á casa, avisaba da chegada de estraños, etc. Valía para todo, pero na sociedade tradicional outras razas caninas tiñan funcións máis específicas. Deste xeito, o can guicho ou quisquelo, o podengo galego ou o perdigueiro son outras razas adaptadas especialmente para a caza.

Xunto co palleiro, foron declaradas como razas autóctonas de Galicia no ano 2001 pola Xunta. O proceso tivera pasos de investigación previos. Deste xeito, no ano 1999 a Dirección Xeral de Produción Agropecuaria iniciou o “Plan de recuperación das razas autóctonas de Galicia”, destinado á recuperación das razas propias. O Plan sucedeuse en tres fases: identificar cans posíbeis de pertencer ás razas (por exemplo, atopáronse 153 candidatos a palleiro), medilos e identificar as súas características comúns e, posteriormente, redactar os obxectivos específicos do plan, que eran definir un estándar racial de can de palleiro –é dicir, saber como distinguir a un palleiro doutro tipo de can-, darlle recoñecemento oficial á raza, fomentar a creación dos clubs de raza e definir como serán os programas de cría do futuro.

Club de raza
Deste xeito, creouse o club de raza Can de Palleiro no 2002, formada por uns 30 socios de todo o país e promovida pola Administración autonómica. O obxectivo do Clube do Can de Palleiro é a conservación, recuperación e difusión desta raza entre os propietarios actuais e os seus posíbeis propietarios futuros, ademais de facilitar todo o traballo para conseguir exemplares para as montas, reproducións, etc. O club traballa como intermediario para a inclusión de novos animais no Rexistro Xenealóxico. Os cans candidatos mídense, pésanse, examínanse para entraren dentro do Libro da raza. Segundo Natalia Botana, “para ser recoñecido polo club, o can ten que pasar por unha comisión para saber se o can entra no estándar racial. Se é así, ao animal implántaselle un microchip e pasa ao rexistro oficial”.

A reprodución do can é, dende ese momento, totalmente controlada. O Libro Xenealóxico documenta tódolos membros da raza certificados e estrutura a reprodución e os cruces entre animais para que a raza manteña un certo número de exemplares perfectamente identificábeis como tales. É a clave para a supervivencia no futuro do can de palleiro. “Os primeiros exemplares identificados inscribíronse no rexistro fundacional do Libro Xenealóxico”, afirma Botana, “e a partir deles, organízanse novas camadas de cachorros, que se reparten entre a xente interesada dentro do club, ou entre aqueles que queren ter un can de palleiro e o solicitan dirixíndose a nós”.

Volvemos ás Cousas de Castelao. Unha cadeliña de perruquería mira a un palleiro e dille: “A mí me gustas una barbaridá, pero como eres can de palleiro...”. O outro responde resignado: “vaites, vaites...”. A principal ameaza ao futuro da raza está nas preferencias de elección dos afeccionados por cans vistosos, diferentes e caros. ¿Hai moita demanda do can de palleiro entre usuarios? “A xente prefire outras razas máis exóticas e vistosas”, afirma Natalia Botana, “pero eu teño moitas expectativas no can de palleiro. Polas súas actitudes, pódese encadrar en moitos sitios, é un can de bo carácter e non ten un trato perigoso”. Seica os que o teñen máis difícil son os cans especializados en caza, coma o podengo, o guicho ou o perdigueiro. Razas coma o labrador, o golden ou o cocker spaniel son as preferidas polos afeccionados.

¿Cal será o futuro do can de palleiro? Rematados os prados, cunha gandeiría en retroceso, todo dependerá de que os afeccionados volvan ver nel a un can atractivo para as súas casas. Longa, longa vida ao palleiro de toda a vida.

Nota: texto copiado integramente do link de
Cultura galega Org.

Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome castelán: 

 

Can de palleiro

 

 

Can de palleiro. Fotografía de Falonso.

Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Dimensións:

Fotografía do autor da www, sacada no pueblo de Salón (Ourense), subindo a Albarellos. Por detrás os canóns dun río Avia sin auga.

Tamaño e peso
Alzada á cruz
Machos 59-65 cm, femias, 57-63 cm.

Ruski na porta da súa casa en Frieira. Ruski é un can de palleiro xoven.

Can de palleiro en Arbo. Foto do autor da www.

Peso
Machos, 30-38 kg; femias 25-33 kgs.

Can de palleiro típico. descoñezo o autor da fotografía.

 

Can de palleiro fotografiado en Mazaira (Montederramo), vindo de pesca de Chandrexa de Queixa,  co Félix e o Páxaro o día 27/06/2008

O Ness, un can de palleiro de Calvos (Vilasouto)

Seica non ten dono...

 

Fotografía de Falonso.

 

Fotografía en Vilagarcía de Arosa.

Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Identificación:

Can de palleiro.

Aparencia xeral.
Este animal é de tronco indoeuropeo, rústico e fornido, de tipo lupoide, de perfil recto, eumétrico, de tamaño medio, duns 60-62 cm á cruz; mesodolicomorfo, de proporcións harmónicas e de constitución forte, con ósos bastante anchos, característica da súa rusticidade. As femias son algo máis baixas, de aspecto máis lixeiro e de proporcións máis lonxilíneas.

Ruski na porta da súa casa en Frieira. Ruski é un can de palleiro xoven.

Can de palleiro en Frieira. Autor da www.

Descoñezo o autor.



A pesar de presentar unha osamenta forte non dá unha sensación de pesadez ou de animal linfático, xa que os seus movementos son rápidos e de boa musculación.

Can de palleiro en Salou. Ourense. Fotografía autor da www.

 

Can de palleiro fotografiado en Mazaira (Montederramo), vindo de pesca de Chandrexa de Queixa,  co Félix e o Páxaro o día 27/06/2008

Ver o mismo resumen en PDF

Ver os datos técnicos actuais dp can de Palleiro.

------------------0-----------------------

Hai  tres videos básicos para entender o can de palleiro, entre eles este firmado por: 

 

1.- Video firmado por Xan Mar.

 

2.- Tamén este de Couto Amil en Youtube.

Moi interesante é este video: de Couto Amil ,  tamén en Youtube; sensacional

 

3.- Por último este video da TVGA. (Fantástico  15 m.)

 

4.-En Vimeo: el perro ideal.

 

 

Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Temperamento:

Ruski na porta da súa casa en Frieira. Ruski é un can de palleiro xoven.

Can pastor e de garda, polivalente, pois tanto vai coas vacas arreándoas e gardándoas como tamén coida da casa.

Gardián de proverbial intelixencia, presenta un carácter forte e reservado cos estraños, sendo ademais valente e traballador, características que o fan un gran colaborador na conducción e garda do gando. Cunha gran fidelidade para co seu amo, coa xente da casa tórnase doce e tranquilo.

É necesario destaca-la estabilidade psíquica e equilibrada deste animal, propio dun can pastor, polo que este trazo débese coidar en extremo, fomentando a selección de exemplares equilibrados e suficientemente socializados.

Fotografía sacada da www sobre caza galega. www.cazagalega.com

 

Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

  

Cabeza:

Este can de palleiro chámase Ruski e o seu dono é de Frieira. Moitas gracias por deixarme fotografíar o can. 20-11-2001

Can de palleiro en Arbo. Foto do autor da www

A cabeza é forte, cunha lonxitude aproximada de 4/10 a alzada á cruz, en forma dunha pirámide horizontal, con óso denso, proporcionada coa conformación do animal. O cranio é plano e longo, con arcos superciliares suavemente marcados e concas orbitarias pouco apreciables. A depresión frontonasal non é moi evidente.

Descoñezo o autor desta fotografía.

O nariz e o fociño son medianos e angostos, proporcionais ás dimensións da testa. Os beizos son normais e apertados (sen que o superior supere a base das enxivas inferiores), non teñen tendencia a ser colgantes. As mandíbulas son fortes, con arcada dentaria completa e ortognatos, coa trabada en tesoira. 

Can de palleiro. Fotografía miña sacada en Salón (Ourense), pola carretera de Albarellos.

Can de palleiro en Salou. Ourense.  Foto do autor da www.

Fotografía do Can de palleiro, cortesía de Falonso.

Os ollos son de mediano tamaño e de expresión vivaz, de cor variable, desde castaña escura nas capas negras, ata a cor mel ou amarela; nalgúns exemplares, a pigmentación das pálpebras é negra. As orellas son de inserción alta, grandes e erguidas, cunha implantación un pouco aberta.

Descoñezo o autor desta fotografía.

 

Fotografía sacada da www sobre caza galega. www.cazagalega.com

 

Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Tronco:

 

Can de palleiro. Fotografía miña sacada en Salón (Ourense), pola carretera de Albarellos.

Can de palleiro en Salou. Ourense.  Foto do autor da www.

O corpo no seu conxunto é mediano aínda que lixeiramente alongado. A cruz é forte para a inserción co pescozo; a liña dorso-lumbar debe ser lixeiramente descendente, sen enselarse, con lombo curto, ancho e forte, a cruz dos cadrís é redondeada. O peito é longo e profundo, o seu perímetro supera en ¼ a súa alzada á cruz, con fortes costelas que non son aplanadas nin pronunciadas. O abdome é curto e lixeiramente ascendente ós pregamentos do ventre. O rabo é groso, de nacemento alto e presenta abundante e denso pelo, en movemento elévao pero non o leva enroscado na cruz dos cadrís. 

Este can de palleiro chámase Ruski e o seu dono é de Frieira. Moitas gracias por deixarme fotografíar o can. 20-11-2001

Can de palleiro en Arbo.  Foto do autor da www.

Descoñezo o autor.

Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


As extremidades:

Ruski na porta da súa casa en Frieira. Ruski é un can de palleiro xoven.


As extremidades son rectas e ben verticais, presentando unha forte estructura ósea.



-As extremidades anteriores.
Son fortes, secas, paralelas e ben verticais. A escápula forma un ángulo de 45º coa horizontal, uníndose co brazo en ángulo recto (articulación escápulo-umeral). O brazo é forte e musculoso. Os cóbados non deben estar moi separados nin apertados ó peito, con liberdade de movementos.

Este can de palleiro chámase Ruski e o seu dono é de Frieira. Moitas gracias por deixarme fotografíar o can. 20-11-2001



Antebrazos rectos que diminúen o seu grosor de xeito gradual ata as cuartillas ou metacarpos. Os carpos son de bo desenvolvemento e fortaleza. Os metacarpos están ben proporcionados, con bo desenvolvemento óseo. Os pés son ovalados, aínda que con certa tendencia a ser redondeados; con dedos grosos e curtos, ben pechados, con almofadas plantares moi duros e unllas curtas e fortes, de cor escura, ou tamén brancas nas capas claras.

Can de palleiro. Fotografía miña sacada en Salón (Ourense), pola carretera de Albarellos.
 


-As extremidades posteriores.


Son fortes, paralelas, perfectamente verticais posteriormente e con angulacións evidentes. Pernil largo, musculoso e flexible. Xeonllo forte. Pernas fortes. Xarretes fortes e paralelos. Metatarsos sólidos, robustos e paralelos. Pés ovalados, con tendencia a redondearse, con dedos grosos e curtos, ben pechados, con almofadas plantares moi duros e unllas curtas e fortes, de cor escura, ou branca, nos animais de capa clara. A presencia de esporón e sexta unlla é relativamente frecuente, aínda que non é desexable.

 

Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


O movemento:

Fotografía sacada da www sobre caza galega. www.cazagalega.com

Os movementos son áxiles e fortes. O movemento habitual é o paso, trocando ó trote e/ou galope sen esforzo se o traballo o require.

Can de palleiro. Fotografía miña sacada en Salón (Ourense), pola carretera de Albarellos.

Aquí o can de palleiro no pobo de Salón en Ourense, subindo a Albarellos.

 

Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O Manto ou pelo:

Fotografía sacada da www sobre caza galega. www.cazagalega.com         

Can de palleiro. Fotografía miña sacada en Salón (Ourense), pola carretera de Albarellos.

 

Cor (capa):
Manto.



A pel tende a ser grosa, sen flaccidez, adherida ó corpo e á testa.
Capa (cor).
A capa (cor) é normalmente uniforme, presentando unha gran variedade desde areas, canelas, castaños, leonados e incluso negros; en ocasións poden presentarse exemplares coa capa binaria alobada (pelos de cor amarela e nas puntas, negra), coa mestura íntima de pelos amarelos e escuros, amarelando no pescozo, gorxa, peito e extremidades, como sucede nos casos de exemplares desta capa (can lobo).

Este é o máis normal.

 Non son aceptables os individuos brancos marxados nin aqueles con grandes particularidades brancas.


Este é unha variedade completamente negra. Pero é aceptado como can de palleiro.  Descoñezo o autor da fotografía

Variedade negra. Tamén aceptada. Descoñezo o autor da fotografía

Outro de aspecto normal.

Exemplar aloubado, tamén típico do can de palleiro.  Descoñezo o autor da fotografía

Can de palleiro típico. Descoñezo o autor da fotografía


Pelo:

A fotografía aparece na revista ecoagro do 17-11-2001. Descoñezo o autor.

En canto ó pelo é espeso, tupido e denso, máis no inverno, por ser un animal que adoita vivir ó pé da casa, sempre fóra, co gando ou no palleiro.
Espeso tupido e denso.

Ruski na porta da súa casa en Frieira. Ruski é un can de palleiro xoven.

Fotografía do autor da web. Arbo.

 

Típico cor area. Descoñezo o autor da fotografía

Este é o can de Palleiro de F. Alonso. Precioso.

Descoñezo o autor da fotografía. Sensacional.

Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Señas de identidade:

 Descoñezo o autor da fotografía

Guía o gando e protéxeo no pasto.
Coida da casa. Cazador (só nalgúns casos).

Non se enfrenta o lobo. Pero si fai falta é valente...

Este can de palleiro chámase Ruski e o seu dono é de Frieira. Moitas gracias por deixarme fotografíar o can. 20-11-2001

Autor da fotografía Secundino Lorenzo.


É fiel compañeiro, intelixente e sociable e como acostuma comentar a xente só lle falta falar.

Orixinariamente can pastor e de garda, do gando e da casa, pero cunha polivalencia en canto ás súas utilidades (policía, exército, socorro, catástrofes, guía, alfándega, droga, etc.).

 

Can de palleiro fotografiado, por Secundino Lorenzo,  en Mazaira (Montederramo), vindo de pesca de Chandrexa de Queixa,  co Félix e o Páxaro o día 27/06/2008. Dende logo era de palleiro o que non me gustan son as orellas, xa que normalmente o palleiro tenas para arriba.

 

O can de palleiro só lle falta falar.


 

Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Habitat:

O can de palleiro é o can de granxa, o típico, o seu nome ven de que dormía preto dos palleiros.

Hoxe quedan poucos.

A súa distribución sitúase preto das comarcas do Carballiño, Irixo, Ourense, Terras de Celanova e Allariz.

En Lugo na zona dos Ancares e outras zonas do interior.

Na Coruña en moitas zonas. Tamén en Betanzos.

En Pontevedra, na zona de Lalin, Dozón, Rodeiro e Agolada.

 Este can de palleiro chámase Ruski e o seu dono é de Frieira. Moitas gracias por deixarme fotografíar o can. 20-11-2001

Autor da fotografía Secundino Lorenzo

Actualmente xa hai censados 37 machos e 8 femias do can de palleiro, por suposto que quedan moitos máis, gracias a Deus.

Censo a 31/12/2004 : 67 exemplares.

Censo a 14/10/2007: 120 exemplares.

Censo 2008 : 186 exemplares. (1)

Penso, polo menos en internet, que os anos 2008 e o que vai do 2009 está un pouco parada a cousa...

Feiras onde se pode ver: Silleda (Feira Internacional Semana Verde de Galicia).
Club da raza: Club da Raza Can de Palleiro.

 

Consulto datos posteriores:

 

Cans censados en Galicia no 2017:  925

Cans censados en Galicia no 2021:  1.775

---------

Esto eran os comenzos:

 

(1) Un total de 185 perros 'de palleiro' están registrados en toda Galicia, según señalaron los responsables del Clube Can de Palleiro en el monográfico anual sobre este animal autóctono, que se encuentra en peligro de extinción.

La 31 Semana Verde de Galicia acogió hoy esta jornada, en la que el presidente del club, Ernesto Fernández; el secretario, Juan carlos Puente, y un especialista en trabajo con perros, Octavio Villazaba, explicaron que esta raza procede de los perros pastores indoeuropeos y tiene una morfología tipo lupoide (de lobo).

Según indicó el Clube Can de Palleiro, estos perros, que están actualmente en proceso de recuperación, son fuertes, con el pecho largo y profundo, las extremidades 'bien verticales', el pelo denso y corto, con capa normalmente clara, orejas grandes y erguidas y de tamaño medio y proporciones armónicas.

Estos animales son, según añadió, 'polifacéticos', ya que pueden desarrollar diferentes actividades, como cuidar ganado o formar parte de terapia asistida con ancianos y niños. Se caracterizan por se 'estables psíquicamente, valientes y desconfiados con desconocidos pero muy fieles con los dueños'.

El Clube Can de Palleiro cuenta con 169 socios en la actualidad y prevé continuar con los monográficos sobre esta raza y publicar un libro sobre ella el próximo año. En 2010 convocarán una concentración de estos perros en la plaza del Obradoiro en Santiago de Compostela para que 'ganen el jubileo'.


Cachorro de can de palleiro (descoñezo o autor da fotografía)

Can de palleiro. Fotografía de Falonso.

Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Interés:

Can de palleiro. Fotografía miña sacada en Salón (Ourense), pola carretera de Albarellos.

Autor da fotografía Secundino Lorenzo. Salon. Ourense.

Especial, debido a que os nosos pobos quédanse sin xente este cans está a punto de desaparecer, polo que a Xunta de Galicia, penso que con bon criterio,  intenta que perviva esta especie emblemática para o medio rural galego.

 

Can de palleiro fotografiado en Mazaira (Montederramo), vindo de pesca de Chandrexa de Queixa,  co Félix e o Páxaro o día 27/06/2008

 

Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Especial:

Can de palleiro. Fotografía miña sacada en Salón (Ourense), pola carretera de Albarellos.

Autor da fotografía Secundino Lorenzo. Salou. Ourense

O can de palleiro forma parte da cultura de Galicia. Uns din que o bo Can de Palleiro é aquel que é quen de falar, dicíndonos co seu ladrido que é o que está a acontecer: se chega alguén da casa, se é un estrano, se a vaca se soltou da trabadiza, etc. Para outros o Can de Palleiro é o que coida do gando estando tamén ó carón da casa e tanto acompaña ós vellos nos paseos coma ó cazador no monte. ( Este texto está copiado do link sobre a caza galega que se cita máis abaixo).

Ruski na porta da súa casa en Frieira. Ruski é un can de palleiro xoven.

Autor da fotografía Secundino Lorenzo. Arbo. Pontevedra.

 

Pero o anterior é verdade, o can de palleiro é sin lugar a dúbidas o maior avisador das casas galegas. Ademais de pastor acompaña o ganado e cuida a casa e os nenos.

O seu caracter forte, valiente e traballador fixo que o labrador o fixera o animal principal dunha casa.

Un pouco de historia:

Can de tronco indoeuropeo, o seu agriotipo foi o principal antepasado dos cans de campesiño de Centro Europa, acompañando aos pobos precélticos atlánticos, centroeuropeos e nórdicos nas sucesivas ondas de invasión (celtas, suevos, visigodos e normandos) que poboaron a vertente atlántica noroccidental da Península Ibérica.

 

Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Medidas tomadas para que non desapareza:

 Ruski na porta da súa casa en Frieira. Ruski é un can de palleiro xoven.

Autor da fotografía Secundino Lorenzo. Arbo. Pontevedra.

A Xunta de Galicia remata de recoñecer o can de palleiro no DOG do 11 de maio do 2001 oficialmente, facendo público os estándares e os libro xenealóxicos das catro razas autóctonas galegas, entre as que está o can de palleiro.

A orden esta neste PDF Consellería rural: Boletín en PDF

E por último neste link atópase o decreto polo que se regula as asociacións que se dediquen a cría de perros de raza pura.

Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Links sobre o can de palleiro:

Moi poucas cousas sobre o can de palleiro en internet, resulta un pouco raro. Ademais o pouco que había desapareceu...

É incrible que despois de catro anos esta ficha, este link, que sin dúbida é o máis serio e completo non se atope en GOOGLE.

En agosto atópase na páxina 12 de Google o escribir "Can de palleiro", a verdade que non o entendo, máxime cando o 99% das páxinas restantes non dice nada e inda por riba algunhas copian fotografías. Esto escribía no 2005. Hoxe, no 2022,  xa é distinto.

O can de palleriro na "Vida nos ríos galegos"

Ver ó pouco que existía e máis cousas :

 

Descoñezo o autor da fotografía.

 

Páxina oficial Boletin de Galicia DOG. 26/04/2001

Aquí faixe público o estándar racial do Can de Palleiro e se crea o libro xenealóxico da raza.

 

Descoñezo o autor da fotografía

 

 

Páxina oficial sobre o can de palleiro.  PDF da Consellería rural.

Descoñezo o autor da fotografía

 

 

 

  Páxina cós datos técnicos do Can de Palleiro. Medio Rural da Xunta de Galiciar

https://mediorural.xunta.gal/es/temas/ganaderia/razas-autoctonas/canina/can-palleiro

 

Descoñezo o autor da fotografía

 

 

Club can de palleiro

Páxina web oficial do club Can de Palleiro.

 

 

Ilustracións sobre o can de palleiro  (Desapareceo esta páxina web).

 

 

  Loira unha cadela estrela.

 

Descoñezo ao autor da fotografía

 

Mi perro mola.

 

Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Os cans da miña vida:

Ruski na porta da súa casa en Frieira. Ruski é un can de palleiro xoven.

Autor da fotografía Secundino Lorenzo. Arbo. Pontevedra.

A miña materia pendente, entre outras,  é "ter un can", pero son home de ciudade (que vou moito o campo e gústame todo o relacionado coa natureza) e considero que nun piso non se pode ter un can, primeiro polo can (non me cabe na cabeza ter un can de palleiro nun piso, pobre can...) e logo por respeto os veciños, é unha opinión.

Cando era rapaz, o meu tio Camilo, ala en Randín (Ourense), sempre tuvo cans, e eses eran os meus cans. Cans de palleiro, como non, fieis, amigos de verdade, cariñosos, e falaban, claro que falaban, a súa maneira.

Dende esta páxina www, quérolle adicar un agarimo os que sempre foron os meus cans:  a Tuy, a Lila e a Comatí (por certo menuda coña do meu tío o día que me dixo como se chamaba aquel novo can, el veña a insistir Comatí, Comatí,  e eu a chamarlle de todo, e o can non facía caso...vaia coña...) , estes foron meus cans de palleiro.

Este can non é o Tuy pero paréceme moito. Descoñezo o autor da fotografía.

Tuy, Lila e Comatí: ¡gracias polos bons ratos que me fixestes pasar e gracias pola vosa amistade!.

O único pero que lle puña a estos cans era que cando estaban a comer e un se acercaba, por exemplo con un pé, os cans arrufaban. Non me lembro si lle facían o mismo o meu tío.

Logo, tamén me lembro de Randín, o can de Carlos, o meu afillado, pero este non era un can de palleiro, era unha mezcla de varios cans, tan listo, tan listo que un día pasouse e desapareceu...dicen que o comeu o lobo, non me extrañaría...Sentíno moito, tamén era un bon can, inda que non foxe de palleiro...

O can que chamamos Randín. Non era de palleiro. Autor da fotografía Secundino Lorenzo.

Randín non era un can de palleiro, pero era tamén moi listo, eu penso que demasiado...

Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O can de palleiro na prensa:

El can de palleiro ya tiene pedigrí


ANIMALES CON CARNÉ GALLEGO La aprobación del estándar racial de este tipo de perro tan vilipendiado obligará a los criadores a evitar los cruces.
Por su interés genético, social y cultural, el can de palleiro ha conseguido inaugurar el listado de razas gallegas con pedigrí. Conocido de todos por ser la mascota más familiar y extendida por la geografía gallega, el can gallego ya dispone de un libro genealógico de la raza que lo sitúa al nivel del mastín de los Pirineos o del podenco ibicenco. Es una de las razas autóctonas que la Xunta quiere conservar y potenciar, aunque lo difícil será conseguir el prototipo perfecto. Todo el mundo sabe de la vida del palleiro. Cuando los palleiros desaparecen en Galicia, nuestros canes más autóctonos consiguen el libro genealógico.



  MARÍA CUADRADO  LUGO



Durante siglos ha estado presente en nuestras reuniones familiares, ha cuidado a nuestro ganado y ha servido de guía y compañía al pastor, al cartero rural o al niño que regresaba andando de la escuela. A su mejor lecho le debe el nombre.

Fotografía do autor da www, sacada no pobo de Salón (Ourense), subindo a Albarellos. Por detrás o canón do río Avia sin auga.

Del can de palleiro siempre se ha defendido su identificación con el carácter del gallego: trabajador, leal y desconfiado ante los extraños. Por su interés genético, social y cultural ha sido enmarcada como una más de las razas incluidas en el Plan de Mellora Gandeira de Galicia, que promueve la Consellería de Agricultura.
La extraña ceremonia
El can de palleiro, sobre todo en zonas del interior, forma parte de la idiosincrasia de la aldea. Cualquier extraño que se aproxime a sus dominios ha de someterse a un complicado ceremonial de aproximación si quiere llegar a su objetivo sin percances.

Autor da fotografía Secundino Lorenzo. Salón. Ourense.


En cuanto el visitante es divisado es recibido con los ladridos de rigor que, inmediatamente, mudan en un extraño e inquietante silencio. Ese es el momento en que el viajero deberá mirar a sus espaldas y comprobará que el o los canes le están siguiendo a una distancia prudencial, pero que no pueda ser salvada en un momento de despiste del incauto.
Es en entonces cuando comienza la ceremonia. Si el que se aproxima a la aldea se para, el can hace lo propio, pero siempre manteniendo la distancia que considera segura. Si el acosado hace algún ademán de amenaza, el palleiro se limita a recular unos centímetros enseñando los dientes. Como diciendo. Al resignado visitante no le quedará más remedio que seguir su camino. Sólo cuando un habitante de la aldea salude al que llega, el can se da por satisfecho.
Registro
El reconocimiento de la raza va acompañado de la creación de los registros de nacimientos, de adultos y fundacional, que permitirán controlar la inscripción de los animales. El seguimiento incluirá a sus ascendentes y descedentes. Una comisión rectora se ocupará de aprobar las solicitudes de inscripción, de expedir los documentos genealógicos y hasta de proponer modificaciones de prototipo racial.
Al igual que otras razas, y a diferencia de muchas inglesas registradas en el Kennel Club en los siglos XIX y XX, los propietarios de un can de palleiro pertenecerán a un selecto club, en el que se revisarán las cubriciones, los nacimientos y se identificarán los cachorros mediante un microchip.
La noticia no dejó de sorprender a veterinarios y criadores. Fue el caso de Jesús Rodríguez, veterinario de la Sociedad Protectora de Animales de Lugo, quien reconoce su sorpresa «xa que esta denominación agrupará a exemplares moi diferenciados»
.

Descoñezo o autor da fotografía.


Tras admitir que desconoce el prototipo racial, Rodríguez dice que «para crear unha raza teñen que pasar moitos anos e conseguir unha descendencia uniforme. En Galicia todo o mundo ten un can de palleiro, e ningún é igual».
(ARTICULO PUBLICADO EN LA VOZ DE GALICIA DEL 16/05/2001)

Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O can na literatura:

Can de palleiro. Fotografía miña sacada en Salón (Ourense), pola carretera de Albarellos.

Autor da fotografía Secundino Lorenzo. Salón. Ourense

O can de palleiro enche libros e libros de fermosa literatura galega, e sempre está presente.

Entre as moreas de libros no que aparece vou escoller o que para mín lle fai máis xustiza.

Trátase dun libro publicado en xullo do 2004 que se titula "Unha espía no reino de Galicia" de Manuel Rivas.

Manuel Rivas é un escritor e periodista que naceu na Coruña en 1957, un escritor fora de serie, coñecedor de todo o galego de verdade, que trata dunha forma maxistral. Neste libro dibuxa unha nova xeografía galega e por suposto nesa xeografía tiña que estar o can de palleiro.

Dedícalle todo un capítulo "O país do glorioso can de palleiro" que me tomo a licencia de escribir completo neste link.

De momento un anaquiño:

..."Vive máis ben á marxe do mundanal barullo e observa a distancia, moi divertido, a feira das vaidades. Ten a memoria dun cabalo, a sabedoría dun raposo, a serenidade da vaca, e a filosofía do seu mellor amigo, a do galego fetén. De todos aprende o can de palleiro, non por ambición senón por curiosidade e por afondar no sentido e sensentido da caíña vida"...

Manuel O´Rivas.

Can de palleiro. Fotografía miña sacada en Salón (Ourense), pola carretera de Albarellos.

O artigo completo sobre "O país do glorioso can de palleiro" está neste link.

Merece a pena. 

 

Can de palleiro fotografiado en Mazaira (Montederramo), vindo de pesca de Chandrexa de Queixa,  co Félix e o Páxaro o día 27/06/2008

 

Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Defectos nos concursos.

Descoñezo o autor da fotografía

 Poño este apartado simplemente como  unha curiosidade

Faltas, defectos e faltas e defectos descalificables.
 

        Faltas:
 

  • Calquier desviación das características básicas.

      Defectos:
 

  • Orixina a  disminución máis ou menos acusada de algunha función determinada do animal, podendo  ser total, parcial ou rexional, dependendo do grado no que se vexa  menoscabada a aptitude esencial do animal:

  • Coxeiras en extremidades.

  • Ablacións ou mutilacións nas orellas e na cola.

  • Ausencia de pezas dentarias por extraccións.

  • Traumatismos nos ollos con pérdida de visión.

           Faltas e defectos descalificables:
 

  • Son aquelas características que en absoluto se axustan os criterios mencionados no estándar racial e son excluintes por si mesmas:

  • Anomalías psíquicas.

  • Defectos anatómicos o de tipo, ligados a xenes indeseables: Inestabilidades ou desequilibrios de carácter.

  • A timidez ou agresividade extremas sin provocación. Epilepsia.

  • Monorquidia y criptorquidia.

  • Displasia de cadera.

  • Atrofia progresiva da retina.

  • Cierres incorrectos das arcadas dentarias: enognatismos e prognatismos.

  • Ausencia de máis de dous premolares.
  • Albinismos.
  • Os exemplares píos.
  • As capas blancas ou con grandes particularidades blancas.
  • Iris de cor azul.

 

Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

As súas características que máis destacan:

         

1.- O noso can para empezar xa xoga o despiste coa cor. Ver si non os exemplares anteriores.

2.- Sabe polo menos 300 palabras, xa que o normal son 150, por  suposto do idioma do estado,  pero este sabe outras 150 de galego, seguro, xa que non anda coas caralladas do idioma que andan hoxe os políticos e outros e domina o que hai que dominar, por algo é galego.

3.- Conta ata 12 mínimo xa que controla perfectamente a explotación de vacas ata o 10, máis o dono e a dona.

4.- Controla perfectamente os xogos e as falcatruadas. Cando fai unha non aparece na casa  en dous días mínimo.

5.- Ten según Rivas a memoria dun cabalo.

6.- A sabedoría do raposo. (según Rivas)

7.- A serenidade da vaca (según Rivas)

8.- A sabiduría do seu mellor amigo, o galego fetén.  (según Rivas)

9.-  Non traicionará nunca o seu dono, polo que sexa... morrerá si é preciso.

10.-Ladra doutro xeito: dun modo escéptico...non fai guau, guau si non uau, uau... (según Rivas)

11.- O palleiro sempre anda o seu. É un anarquista a todas luces...

12.-É dos poucos que se poden levar a misa si fai falta, ver un partido de fútbol, ler o periódico e outras moitas cousas.  (según Rivas)

Ver máis cousas neste link.

 

 

Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

DITOS   RELATIVOS   O   CAN   DE   PALLEIRO.

Can de palleiro fotografiado polo autor da web en Salón (Pazos de Arenteiro-Ourense) na misma carretera a pe do río Avia. Subindo a Albarellos.

Algúns ditos relativos o can de palleiro e os cans en xeral en Galicia.

DITOS SOBRE O CAN DE PALLEIRO EXPLICACIÓNS  DOS DITOS SOBRE APLICADO AS PERSOAS
Andar como can sin dono  Andar perdidiño na vida.
En coxeira de can e bagoas de muller non hai que crer. Un mal chiste
Atar os cans con longanizas. Esto dícese cando se ofrecen imposibles....
Van os cans onde non os chaman Meterse en asuntos dos doutros...
Cara de can Cara de poucos amigos...
Cariñento como un can Boa persoa e amable e fiel.
Levarse como o can e o gato Levarse mal, moi mal...
Como ir á caza sin can Andar a perder o tempo e sin posibilidades....
Contalle os pelos o can Dixe do que se lle dan ben as matemáticas, en plan coña...
Correr a un como a un can Acosalo moitísimo...
Despertar o can que dorme... Buscar tres pés as cousas...
É un can vello Dícese da persoa que sabe latín...e outras moitas cousas...
Morrer coma un can Morrer abandonado...
Nin os cas paran Fai moito frio nese lugar.
O meu can pillou unha mosca Casualidades da vida...
Poñer a un coma un can Poñer de volta e media a calquera.
Ter carne de can Aquel que é duro de verdade...
Tratas a un coma un can Tratalo mal, moi mal...
A can pequeno, óso grande Contrasentidos da vida....
Cada can lambe o seu Efectivamente o can é normal que lamba o dono...
Can danado con  conoce o amo Cando un can está mal non hai que molestalo, tamen cando come...
Can de boa raza, si hoxe non caza, mañá caza Si o can é bon de caza, rematará sendo bon cazador.
Can de palleiro non quere compañeiro Fala de que normalmente son solitarios...
Can labrador, mal cazador Efectivamente o apegado as leiras e que non se move moito non é cazador
Can merendeiro garda mal o palleiro O que anda de troula garda mal as cousas da casa
Can ladrador pouco mordedor Esto é moi certo o can que avisa non é p que morde normalmente
O can flaco todo se lle volven pulgas... Si está flaco está mal coidado e polo tanto con moitas pulgas.
A carreiriña dun can Dícese para indicar que falta un treito inda grande.
Ese é un can sin dono Can que recorre os camiños e anda o seu...
Levarse como o can e o gato Dícese dos que se levan mal...
Non vale o que o rabo dun can Dícese do que vale pouco...

Sacados deste link da USC.

Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

SOLICITAR AXUDA PARA PEDIR EXEMPLARES.

--------------------------------------------------------

Podedes pedir información a: Club Can de Palleiro

Club de Raza Can de Palleiro. Centro de recursos Zooxenéticos da Xunta de Galicia

Pazo de Fontefiz  32162 COLES - Ourense

Teléfono 988205402

Correo  o mail   clubcandepalleiro@yahoo.es

 

Básicamente esto é o que hai que facer:

(Texto copiado da web: http://www.clubcandepalleiro.com/services/adquisicion-dun-cachorro-de-can-de-palleiro/ )

 Adquisición dun cadelo Can de Palleiro

Dende o Club levamos anos traballando na recuperación desta raza da man da Consellería de Medio Rural e tamén dos nosos socios e propietarios coas súas camadas programadas e controladas dende o Club.
Tamén temos que dicir que hai propietarios que van por libre en prexuízo da pureza da raza o non controlar a consanguinidade que poidan ter os pais e os problemas que poidan transmitir. A estes propietarios lles facemos un chamamento a responsabilidade si en verdade respectan e queren a raza do Can de Palleiro para que fagan sempre as camadas programadas a través do Club independentemente de que logo queiran ou non a colaboración do Club para colocar os cachorros.

 

Se queres un cadelo de Can de Palleiro con tódalas garantías de procedencia de raza fai o seguinte:

 Primeiro paso Ponte en contacto co Club da Raza Can de Palleiro a través de calquera dos medios que están a disposición ( mail,  teléfono, etc.) e dende o Club che informaremos adecuadamente do que tes que facer, do tempo de espera, de como andan os prezos de mercado e de tódalas dúbidas que poidas ter.

 Segundo paso Cubrir con tódolos datos o  impreso de solicitude de exemplares que se pode baixar dende a web  www.clubcandepalleiro.com ou podemos mandarcha por mail e en caso de necesidade podemos tomarche os datos directamente se nos contactas por teléfono. Unha vez recibida a solicitude pasas a nosa base de datos e tan pronto teñamos dispoñible unha camada poñémoste en contacto co criador ou viceversa. As solicitudes son arquivadas correlativas por orden de chegada.

Unha vez efectuada a posta en contacto entre criador e solicitante o Club xa se mantén o marxe ata a tramitación dos papeis, o Club non ten ningún criador oficial e polo tanto non intervén para nada nas negociacións de adquisición. Unha vez recibidos no Club os papeis do criador se tramitan e envían a Xunta para que emita e asine o pedigree provisional da raza que terá que ser confirmada a partires dos 18 meses por xuíz titulado e recoñecido, pasada a confirmación se emitirán os papeis definitivos sendo apto/a para a reprodución en pureza racial.

Nota importante: O Club non se pode responsabilizar das condicións de entrega dos cadelos, nin de como resultarán os cadelos o medrar. O Club recomenda a tódolos criadores entregar os cadelos con 7/8 semanas de idade, desparasitados, coas primeiras vacinas e microchip

 

------------------------------------------------------------------------------------------------------

Tamén a este email, nesta páxina web.

Sacado do foro:

"Autor: Irene Puente Saavedra 
Fecha:   11-07-08 12:13



Hola, soy criadora de esta raza y te puedo asegurar que en estos momentos se puede conseguir un cachorro de esta raza solicitándola, mediante una solicitud, al club responsable de la recuperación.
Así que anímate a solicitarlo para colaborar en la recuperación de esta raza.

Si alguien quiere más información podeis enviarme las dudas o preguntas a este e-mail:



irene_20041991@hotmail.com
  "

Este texto  está sacado da páxina web Foro todo perros.

 

En este correo podeis recibir una ayuda, para petición de ejemplares y otras sobre o Can de Palleiro.

 

 

Tamén neste email , de Mundoanimalia, tendes cuestións relativas a este can: características, comportamento, saúde, cuidados específicos e normas para comprar este can.

------------------------------------------------------------------

Volver a características 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O CAN CHOLO: UNHA INSTITUCIÓN EN PORTOSÍN

Este é o can Cholo que seica ata "sabe latín en Portosín", digo o do latín xa que vai a misa a diario.... Aparte de can de palleiro ten unha historia interesante. Ver o link que sigue e veredes...

Este é o link.

Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A Camiseta e a chaqueta do Palleiro

Estas son as camisetas e as chaquetas.

As cousas teñen coña...

----------------------------

Neste link hai camisatas do can de palleiro.

Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Video sobre o can

Sin dúbida o can ideal.

 

Volver a características