Oenanthe aquatica. Oenante. Felandrio acuático.

Herba moi abondosa en moitos ríos e regatos de Galicia.

 Pode botar ata 1,5 metros de altura. Por baixo pode ter ata varios metros, cún talo recio e moi asentado no leito do río.

É tóxica.

Ver Características.

salir.jpg (922 bytes) Saír.       

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Oenante.

Descoñezo o autor da fotografía.

Lóbulos das follas basais ovais ou redondeadas. De ata 1,5 m. de altura, robusta e ramificada. 

Raíces moi grosas e amarradas moito o leito dos ríos, poden ter ata varios metros por debaixo do río, refírome o talo. Este é oco e asurcado.

Follas lustrosas, as basais pinnadas 3-4 veces, con segmentos de base en cuña, lobulados e algo dentados; as superiores primadas 2-3 veces. Umbelas con 10-40 radios. Flores blancas ou rosadas. Froito cilíndrico.

As veces hai tramos do río cheos desta planta. Neste caso o río é o Mao en Montederramo (Ourense) e a herba inda non sae do río polas crecidas. No verán estará toda fora como nas fotografías seguintes.

Fotografía sacada no río Mao.

Moitas veces a oenanthe sae fora da auga, realmente ten uns talos moi grandes, recios  e fortes.

Está moi amarrada o fondo do río.

Outra imaxen. Descoñezo o nome galego desta planta.  Moitos dicen prixel pero non é evidentemente.

Como planta medicinal  foi empregada nas doenzas da rexión toráxica. Esta indicada en: catarro pulmonar, tos crônica, bronquitis, tuberculosis pulmonar, tamén no asma, dores de cabeza e inflamacións oculares.

Esta fotografía está sacada no río Miño a dous kilómetros de Peares, río abaixo. Aquí abundan moito, aparte das arrabazas,  estas plantas.

En castelán chámanse felandrios, en galego descoñezo o nome, inda que hai unha moi parecida que se chama Pé de Boi, que é da mesma familia,  a Oenanthe crocata.

Fotografía do oenante onde se ve o amarre forte o leito do río. Neste caso está fortemente amarrada o canle e a auga pásalle por riba. No verán sacará os seus ramallos fora...

Detalle da planta.

Saír.