Salmo trutta trutta ecotipo residente.

 Troita común. (Trucha).

"Deus puido, sen dúbida, facer un animal máis fermoso que a troita, pero, tamén sen dúbida, non o fixo Deus xamais" Botteler.  Ver  a  confirmación  desta  frase.

Reciben varios nomes básicos:

De Juan José Moralejo: "Miñas Señoras as troitas"

De Miguel Delibes: "Mis amigas las truchas"

É a raíña dos peixes de Galicia: o peixe máis fermoso de todos, sin dúbida; un peixe que merece tódolos honores e máis, e que temos que conservar a toda costa. Hoxe ten moitos inimigos: os purins de todo tipo, a contaminación, a inexistencia de depuradoras na maioría dos pobos e nas súas industrias, os incendios, as minicentrais, os encoros, os aproveitamentos indebidos de ríos, os que envelenan os ríos, a pesca intensiva, as especies foráneas,  entre outros.

 ¡ Xa está ben !. Un berro a favor das nosas troitas autóctonas  e dos ríos galegos.  Somos uns inconscientes!. Ver o artigo de X. Benito Reza.

 Características da troita.

salir.jpg (922 bytes) Saír          

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Características da Troita.

Troita do Louzara. A troita de Botheler. Troita do río Lor.
Características básicas:
Nome científico. Nome Galego Nome castelán.
Controversias. Xenética da troita Dimensións
Identificación.         

Diferencias troita-reo-salmón.

Libreas 
     
A súa vista O seu oído Outras características
     
Habitat .  Talla Media/edade Reproducción     V1   V2
     
Lugares de freza             Alimentación.           Video Valor enerxético
     
Curiosidades    A súa cama. As posturas                Video
Vese nos meses Protección  Inimigos.                    Video
Interés O animal que máis crece Refraneiro da troita. 
     
Distribución -Manifesto  A troita é o folclore. As troitas en crisis.
     
A moura Troita. A troita no mundo A troita na música. Schubert. 
     
Ver troitas grandes (vellas).  A fonte da troita Colaboracións-fotografías   
     
Video "De pesca". Fotografías-Álbum Troita autóctona. Carb. 2009       
As troitas e as matemáticas. Jara&Sedal: vid. secretos da troita. Inimigos da troita.
A troita en peligro:    
     
Os incendios: a morte da troita. A troita quédanlle 100 anos.--> Ver este video.   
     
Os secretos da troita. Video

A última troita (Xosé B. Reza).

Alarmantes datos

     
  A troita máis grande do mundo.  

Troita do río Arnoia.

Última act. 07/06/2024

Salmo Trutta en postura. Foto de W.U.V.

Subir.         Subir.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome científico da troita

Salmo trutta   ( Lin. 1758).

Taxonomía

Utilizo as reglas do Código Internacional de Nomenclatura Zoológico:

Clase Actinopterygii
Orden Salmoniformes
Familia Salmonidae
Xénero Salmo
Especie Salmo trutta
Subespecie Salmo trutta trutta morpha fario

 

Os Actinopterygii son peixes con aletas radiadas.

Nota:  no 2015 rectifico o nome científico da troita e sigo o escrito por  Fernando Cobo  Gradín e colaboradores, libro "La trucha en la pesca a mosca". La biología de la trucha común" , Sekotia 2015;. onde fala de unificar os nomes referidos a troita común (residente nos ríos) e o reo (migrador) no sentido de ser da misma especie e duas formas distintas. As duas son polo tanto Salmo trutta trutta (o reo) e a outra Salmo trutta trutta morpha fario (troita común).

Tamén poderíamos decir que a troita é Salmo trutta trutta ecotipo residente e o reo Salmo trutta trutta ecotipo migrador.

Ata agora o reo púñase Salmo trutta trutta e a troita Salmo trutta fario o cual non é correcto.

Volver.

 

 

 

 

 

 

Nome galego

O nome galego é troita.

A troita, tamén se chama truta  (Navia de Suarna), truita ou trutia.

Nota: pola zona de Arbo, concretamente en Touzosas (Pontevedra) a troita chámanlle  Taíña, sempre e cando sexa do río,  amarela por baixo e con pintas vermellas e alo amarelo. O parecer xa non quedan destas troitas no río Deva.

Volver

 

 

 

 

 

 

 

Nome en castelán.

En castelán chámase trucha.

En castelán chámase trucha ou trucha común.

Volver

 

 

 

 

 

Voume a inclinar por considerar a  nosa troita como Salmo trutta trutta morpha fario (troita de río)  e por contra o reo como o  Salmo trutta trutta (reo).

Según de quen se trate podemos ter unha troita en Europa con moitas variedades según as zonas, ou ata 20 tipos de troitas con diferencias mínimas. Repito non vou entrar nesta loita que non é a miña. O que si se sabe é que en Galicia hai actualmente un 95% de troita autóctona, propia galega, e sete estirpes distintas.

     Trutta significa "feroz" e nunca mellor dito, é o peixe que mellor se defende si queremos pescalo, o mellor sen dúbida.

     No que sigue falaremos de troita común, da nosa Salmo trutta trutta morpha fario ou si se quere máis doado Salmo trutta trutta,  ecotipo residente.

Nota engadida sobre a troita:

Actualmente cós estudios xenéticos xa feitos está claro que a troita en España, presenta na maioría dos casos a estructura xenética chamada atlántica (tamén hai mediterranea) que ha distingue perfectamente de outros tipos, incluso de troitas de outros lugares de Europa.

A clave estriba en conservar e manter os nosos tipos de troitas, xenéticamente puros. 

 Na fotografía unha troita autóctona galega (Área zona oriental de Ourense) , de feito está sacada dun río de alta montaña de Galicia que en ningún momento había sido repoboado, hoxe non é o caso... Ten unha librea incrible, pero repito que hai moitas diferencias na librea según os ríos onde se colla a troita.

Según os meus datos a pesar das malas repoboacións dos últimos anos en Galicia inda se conserva bastante pura as nosas troitas autóctonas, sin duda souperon defenderse, foi unha casualidade xa que as repoboacións que se fixeron eran totalmente acientificas. Soio un 5% da troita actual en Galicia ten rasgos híbridos de centroeuropea. Menos mal...

O estudio da Universidade de Santiago revela que hai en Galicia sete estirpes de troita autóctona: Área cantábrica, Rías Baixas, Miño alto (Lugo), Miño baixo (Ourense, A Guardia), Limia, Zona Oriental de Ourense e Costa da Morte. A súa vez estas sete divisións reúnense en tres: Atlántico, Miño Alto e Douro_Sil. A idea hoxe, febreiro do 2007 é recoller troitas destas estirpes e criar exemplares para repoboar con estas troitas.

Xa se está a facer actualmente por parte da Consellería de Medio Ambiente. ¡Xa era hora!.  ¡Enhoraboa!.

Dicen que veremos os resultados en dous a tres anos.

Efectivamente a Piscifactoría do Carballiño xa cría, en xaneiro do 2009, por primeira vez troita autóctona do tipo Sil_Douro, sobre 1000 exemplares de esta troita xa viven na piscifactoría citada. O obxetivo destas troitas e repoboar os ríos en caso de catástrofes.

 

Importante estudio sobre a Xenética das troitas en Galicia:

Xenética da troita en Galicia

No resumen:

Dende o punto de vista da xenética en Galicia hai tres grupos: o Atlántico o Miño Alto e o grupo Sil. (Ver o traballo)

 

Volver

 

 

 

 

 

 

 

Dimensións das troitas en Galicia

O normal é que a troita teña entre 15 cms e 25 cms en regatos e ríos de montaña. Refírome as troitas que se pescan, por exemplo,  con mosquito en Galicia. Estas troitas teñen entre 3 a 5 anos de vida.

Pero pode alcanzar ata 1 metro en grandes ríos e encoros.

Foto Xurxo Lobato. Semental de troita femia do Invernadeiro en Ourense.

Ten sobre 17 cms os dous a tres anos. Ata 60 cm e 8 kgs. de peso en Galicia (a troita de río maior da que teño noticia, quitando as pachangas dos encoros, botou 8.5 kg. e colleuse preto de Leiro no río Avia en Ourense), e digo en Galicia xa que noutros lugares pode botar ata 1,40 m  e 20 Kg. Unha  troita record censada actualmente é de 16 kg, e foi pescada na Arxentina.

Teño noticia no ano 2010 dunha troita nun regato de Lalín que pesou 7,5 kg. e 94 cms de lonxitude. A verdade é que para un regato trátase dun troitón. Eu vín a fotografía desta troita, falei co pescador e coñezo o regato onde a colleu. Era unha presa bastante fonda, pero non deixa de ser un regato...

En España está censada unha troita de 10 anos no río Najerilla na Rioxa: botou 97 cms. de longa e 10,2 kg. peso. Foi pescada no ano 1972.

Nota: O parecer está censada outra troita de 17,5 kg no río White River en Arkansas que é o record actual.

Ver unha troita de 8 kg.

Por certo unha troita pode vivir ata 18-20 anos, o término medio é de 6-7 anos.

Ver troitas moi grandes dos ríos galegos e outras.

 

Investigacións en Galicia Talla Media/anos vida

O que máis ou menos sabíamos que as troitas crecen menos en ríos de alta ou media montaña. Cunha troita de 17 cms. por exemplo na Serra de Queixa equivale en anos a unha do Miño pero esta con 23 cms.

Esto é así sin dúbida por o tipo de nutrentes que leva o río. No río Miño é máis doado comer que nun río da Serra, é evidente...

Por eso a hora da pesca está correcto o das tallas.

Decir que hai pescadores e entendidos que sosteñen todas as teorías dende a pesca como está, ou sexa pescar as grandes, incluso hai quen demostra (?) que pescando as grandes nos mismos lugares hai máis pequenas, o cal é certo xa que nas posturas vanse sustituindo, si nunha postura hai unha grande a seguinte será menos grande e polo tanto a postura será menor en dimensión, e na zona de río permitirá vivir preto delas outras máis semellantes que antes non se permitía. En definitiva dedúcese que por km2 de río hai máis troitas si collemos as grandes. Certo con moitos reparos.

As troitas máis grandes o desovar traen o mundo moitas máis troitas, polo tanto o ideal según outros pescadores é pescar as pequenas xa que estas non desovan ata pasados unos anos. Outra teoría.

Eu penso que as cousas están ben desta forma actual, coas tallas actuais,  tendendo a pesca sen morte xa que cada vez hai menos troitas.

Volver

 

 

 

 

 

Identificación da troita:

Resumen das características visuais da troita autóctona:

Vexamos estos detalles:

Troita do río lor.

Troita do río Navea.

Unha troita autóctona galega.

A nosa troita autóctona e un peixe con librea de pintas vermellas, negras ou mezcla das dúas, dependendo do lugar onde viva. Os ocelos da librea teñen un halo blanco ó redor.

Nos flancos presenta unha cor olivácea amarela; por riba no lombo é negruzca e por baixo tira a blanca amarelada.

A cabeza é grande e ten dentes,  ademais de nas mandíbulas, no ceo da boca (vómer) e na lingua (palatinos). A boca rebasa a vertical do ollo. O corpo soe ser como catro o cinco veces a cabeza.

 Por riba do lombo ten dous aletas unha delas pequena e adiposa situada preto da aleta caudal e soe ter una pinta vermella. Por certo na aleta caudal non soe ter pintas. O resto de aletas (ata sete) son as típicas (que fan de estabilizadoras, de timóns e de frenos, unha auténtica marabilla). A aleta anal remata en negro e blanco normalmente.

 

Nesta fotografía vese moi ben a aleta adiposa. Ver que na aleta caudal non hai pintas.

Na aleta dorsal si que pode ter pintas, ver este caso. A troita é do río Lor.

Outros datos básicos para a identificación:

A troita ten dentes nas mandíbulas ou maxilares, dentes nos premaxilares (no superior), dentes na lingua e dentes no paladar nun oso que se chama vómer, según moitos naturalistas este oso é o que distingue perfectamente os salmónidos. Todos os dentes están curbados hacia atrás de tal maneira que como amarren unha presa e casi imposible que a solten.

Neste dibuxo vese unha cabeza de troita, nela está situado o vómer que na troita común é como o dibuxo que aparece abaixo a esquerda ou sexa unha fila de tres dentes trasversais seguidos de dúas filas de dentes lonxitudinais. No dibuxo de arriba aparece o maxilar superior dunha troita onde se ven os dentes do maxilar, logo os dentes interiores do paladar da boca ou premaxilares e os dentes do vómer.

No libro "Bases teóricas para un curso de vixilancia ambiental en materia de Pesca Fluvial", editado  por AGAIA (Asociación galega de investigadores da auga), Estación hidrobiolóxica "Encoro do Con". Escrito por F. Cobo e R. Vieira-Lanero,  como coordinadores,  aparece unha clasificación dos peixes existentes en Galicia de onde está sacado o dibuxo do vómer que aparece na figura anterior.

Polo vómer distínguese perfectamente unha troita, dun salmón e dun reo.

Vómer troita

Vómer salmón

Vómer reo.

Nesa clave considérase básicos para identificar a troita: o vómer e o feito de que teña pintas que poden ser negras ou vermellas e que moitas delas presenten unha area esbrancuxada o redor.

 

As pintas negras e vermellas coa área esbrancuxada de moitas delas sirve xunto co vómer e a súa forma para identificalas.

Posteriormente o día 26/04/2011 saco estas fotografías do vomer dunha troita.

 

Troita do río Arnoia (Ourense). Coto de medos (Vide) 26/04/2011 observar o vómer perfectamente no velo superior da boca.

O vomer con máis detalle., nesta caso ten por riba de dez dentes no vómer.

 

Outra fotografía.

 

A boca pasa da vertical do ollo...

Aquí vese con máis detalle. A troita é do río Lor.

No opérculo ten máis de tres pintas negras. Este da fotografía ten 10.

Máis detalles da troita:

Dibuxo dos órganos da troita e máis o esqueleto, onde se ven as aletas e sobre todo a adiposa que distingue os salmónidos. O dibuxo é de Roule.

Neste dibuxo sacado do libro "La trucha en la pesca a mosca", o libro está coordinado por Fernando Cobo;  penso que están mais claras as partes principais.

Unha cousa curiosa da troita é que as vértebras, así como os mamíferos teñen 35 a troita ten 29, o ser menos vai a permitir a troita curvarse a tope. De feito a axilidade da troita é incrible...

Vexamos con detalle datos da librea das troitas:

Ollo a librea das troitas comúns, pode ser moi dispar.

Estas son algunhas, sacadas da www do meu amigo Miguel.

A troita indoeuropea ten menos pintas que a troita nosa. En Galicia, actualmente febreiro do 2007, un 5% das troitas son híbridas. 

A miña experiencia na provincia de Ourense e a seguinte:

Ríos de Montaña:

Pintas vermellas no lombo. Aleta adiposa por riba do lombo cerca da aleta caudal. Mancha negra xunto do ollo, bastante característica.

    Hoxe en Galicia hai moitos tipos de librea nas troitas. A auténtica (para mín) ten manchas avermelladas no lombo, manchas rodeadas dun halo blanco, non ten pintas na aleta caudal pero si nas dorsais, ten mais ben manchas obscuras polo lombo. Unha mancha negra máis grande xunto o ollo. ( Na fotografía vese perfectamente estas cousas). 

A distinción entre a femia e o macho non é fácil:

A de arriba é femia a de abaixo macho. Pero a diferencia non é tan doada.

    Pensei que a femia tiña dous orificios anais, mentras que o macho soio tiña un. O caso é que o orificio do ano e da vexiga urinaria é o mesmo, non hai dous; pero ollo que no momento da freza as diferencias son claras. Os órganos reproductores ou gónadas son internos e no momento da reproducción aumentan moitísimo de tamaño, por suposto moitísimo máis nas femias, o que pode ser unha mostra de distinción. Que quede claro que as gónadas non conectan co exterior,  os gametos libéranse na cavidade abdominal e saen o exterior a través de poros moi preto do ano.

Outras diferencias: tamén a femia ten a mandíbula máis pequena que o macho e por suposto, no momento da frezaa femia ten máis barriga que o macho, ademais o ano é máis prominente, redondeado e bermello, o ano nos machos é pequeno, alargado e pálido. Cando son troitas grandes distínguense perfectamente. Outra cousa para distinguir o macho da femia é polos ocelos que son máis rechamantes no macho, o ventre do macho é máis oscuro ou tirando a negro. Tamén cando se pesca, dependendo do tempo,  pode ter interiormente ovos, por suposto a femia; e tamén o macho pode botar un líquido leitoso, vai por épocas.

As repoboacións:

   As repoboacións estuveron realizadas (ata o ano 2005) sin seguir pautas científicas e así nun río poden atoparse distintos tipos de troitas que inducen a error sobre todo si non se coñece como son as autóctonas. Últimamente, por lei, as repoboacións fanse con troita común, pero siguen a facerse con pouca cabeza, polo menos na Provincia de Ourense. As repoboacións, por exemplo, no río Mao no 2002, foron un auténtico desastre, troitas impresentables de 17 cms, a centos, troitas que o collelas xa morren, e por riba o 30 de maio do 2002, troitas de 50 cms. realmente a Consellería de Medio Ambiente Galega (anos ata o 2005, este ano cambia o goberno e está por ver o que pasa), perdeu o norte, polo menos en Ourense. O río Mao, en Montederramo, non se merecía esto...

As cousas cambiaron no 2006 e as repoboacións estanse a facer con troita autóctona das nosas estirpes.

Ríos grandes, como o Arnoia ( en Ourense):

Nesta fotografía vese unha troita común, que pode non presentar manchas vermellas, por exemplo é típico no río Arnoia ( Ourense) atopar unha troita con pintas todas negras.

Ver unha troita deste estilo. Trátase dunha troita común.

------------------------------------

     En calquera caso a troita é inconfundible, a súa aleta adiposa, unha mancha negra xusto sobre o ollo, o atoparse nos ríos galegos, as súas pintas sexan bermellas ou negras, non deixan lugar a dúbidas. A aleta caudal, normalmente, non está moteada de pintas, polo menos en Galicia.

    As veces aparecen troitas autóctonas con libreas marabillosas:

Troita pescada no río Cenza (2002).

"Deus pudo, sin dúbida, facer un animal máis fermoso que a troita, pero, tamén sen dúbida, nono fixo" Botteler.

                        -------------------------------------

   En Ourense están a ocurrir cousas raras (1997-2006), tanto coas repoboacións como coas vedas, moi necesarias si se fixeran ben. Védanse algúns ríos para logo meter unha minicentral, esto é un insulto a intelixencia dos humáns, e xa conozco varios casos:  Barbantiño, Deva, Regato de Puga, etc.

-------------------------------------

   De tódolos xeitos coas libreas das troita hai que andar con moito ollo, inda quedan algunhas arco iris que teñen unha librea completamente distinta:

Troita arco iris.

Librea da arco iris.

e

Outra librea da arco iris.

As pintas son moitas, pequenas e negras.

Hai tamén que ter en conta que actualmente en Galicia hai ata sete estirpes de troita autóctona.

O estudio da Universidade de Santiago revela que hai en Galicia sete estirpes de troita autóctona: Área cantábrica, Rías Baixas, Miño alto (Lugo), Miño baixo (Ourense, A Guardia), Limia, Zona Oriental de Ourense e Costa da Morte. A súa vez estas sete divisións reúnense en tres: Atlántico, Miño Alto e Sil. A idea hoxe, febreiro do 2007 é recoller troitas destas estirpes e criar exemplares para repoboar con estas troitas.

Xa se está a facer actualmente por parte da Consellería de Medio Ambiente. ¡Xa era hora!.  ¡Enhoraboa!.

Ver un resumen de libreas neste link

 

 

Volver

 

 

 

 

 

 

 

A súa vista

Montaxe de Digital Fran.

Sin dúbida a troita ten moi boa vista...

A troita ten moi boa vista; ollo, pode distinguir perfectamente as cores que circundan o río, todas as probas falan deste feito. E dende logo distingue perfectamente os mosquitos que lle apetecen. Teño visto troitas saltar a máis de medio metro sobre a superficie da auga, soio a un tipo de mosquito, nada máis...

 

Pode, tamén, percibir o movemento dunha persoa a 20 metros.

Localmente a súa visión é en cono (hacia arriba) de aproximadamente 90º de sector visual, e tamén hacia os lados cun ángulo de 180º. (Ver dibuxo D)

A súa visión bifocal é moi pequena xa que dicen non pasa dos 30 cms.

Dende o punto de vista da curiosidade decir que a troita no seu medio ten ángulos cegos por detrás,  ver a figura D; esto sábeno moi ben as nutrias, as culebras de río, etc.

 Ve perfectamente en visión bifocal ata 30 cms.

Controla con cada ollo un ángulo aproximado de 180º, pero por riba dela; non por baixo.

Hacia arriba ve con ángulo de 90º una visión en cono. Polo tanto,  figura E,  dependendo da profundidade controla un circulo determinado.

Así a 1 m. de profundidade controla un circulo de 2 metros de diámetro.

 

Fai anos que fixen o estudio, da posición aproximada do pescador para que a troita nono vira; ou sexa para incidir ou estar situado no ángulo oculto da troita; na figura sería onde está a cesta da pesca. Por suposto tendo en conta a profundidade  ou altura do río o que está a troita e a distancia a orilla do río. Realmente o que facía era multiplicar a tg x (supoñía que x era constante xa que tomaba un ángulo que se deducía do ángulo límite, ou sexa, aquel a partir do cal xa hai reflexión non refracción) pola distancia do pescador o punto A, restándolle AB. Era curioso e os alumnos, as veces, pasábano ben xa que as matemáticas se aplicaban a cousas que pasan na vida real.¡Tempos aqueles no que realmente había troitas e alumnos dispostos a pensar un pouco e aguantar o profesor...! (Instituto de Ribadavia 1968-1977)

Nota para moi curiosos: según a lei de Snell (os senos dos ángulos inversamente proporcionais os índices de refracción) o pasar o raio da vista da auga o aire según sexa a incidencia vai cambiar o angulo de refracción ou de reflexión, por eso supuña que en B estaba o ángulo límite (48º son os cálculos para os medios auga-aire) e logo facía os cálculos. O final conseguíamos un nº (penso que era tg 10º= 0,17) que debíamos multiplicar pola distancia da orilla o punto B, e así tiñamos a altura do ángulo cego, facendo as correcións de altura de troita e pescador...moi complicado...pero curioso.

Exemplo: para una distancia a troita dende a orela de 3 metros, coa troita a unha profundidade de 0,50 m. e supoñendo que estamos a altura da auga,  facíamos un redondeo de (3-0,50) x 0,17= 0,42 cms. polo tanto non debéramos, na orilla, medir máis deses metros 0,42 m. (supoñendo estamos a altura da auga, si estuvéramos a 0,20 m. p.e. teríamos que restar e o resultado final sería 0,22 m.; a agacharse tocan...

    A verdade é que os resultados no eran moi operativos, pero a enseñanza era moi positiva e sempre sacabas conclusións; neste caso chegabas a conclusión de que para que non te virá a troita tiñas que entrar a beira do río o máis agachado posible. Por outra banda, debíamos facer os menores movementos bruscos posibles...

 

Volver

 

 

 

 

 

 

O seu oído:

 

Na fotografía vese perfectamente a liña lateral da troita. Xusto no centro do seu corpo e de adiante atrás.

    Todos os experimentos demostran que a troita pode oir perfectamente e a moitísima distancia, sempre por suposto que o chapoteo sexa no río.

    A súa capacidade auditiva ven dada por dous métodos:  mediante a vexiga natatoria e mediante a liña lateral.

Na fotografía desta troita vese perfectamente a liña lateral que vai dende o medio da aleta caudal, neste caso ata a altura do ollo da troita. As células desta liña lateral son as responsables de casi todo o que percibe de sonido a troita.

Tamén se ve perfectamente nesta troita, pescada por Oscar López, no río Arnoia e que pesou 1,800 Kg. Observar a liña lateral.

    Estas cualidades da troita deben ser usadas para ben, inda que moitos desalmados que se dín pescadores de troitas, para mín "asasinos de troitas" utilízanas para collelas a centos; por exemplo con dinamita, explosión que a troita asume coa vexiga natatoria que lle reventa e sae a superficie.

   O sonido na auga trasmítese a cinco veces a velocidade fora da auga e tamén a cinco veces a súa intensidade. Esto ten consecuencias extraordinarias a hora de pescar ou vadear un río. Realmente hai moitos pescadores que descoñecen estos datos e así lles vai as troitas, o río e os demais compañeiros.

Fora do río podes bailar unha muiñeira si queres coa Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense, tamén tirar unhas cantas bombas de palenque; a troita non se enterará. Agora ben, como chegue o río unha cana de fogueteiro, si que se enterarán as troitas...seguro.

 

Volver

 

 

 

 

 

 

 

 

Outras características:

Por suposto que a troita dispón dos sentidos do gusto e do olfato, esto sabémolo de sobra os que durante moitos anos nos dedicamos a pesca. Non é o mismo presentar un saltón de verdade que un de plástico, inda que con pouca luz pode a troita confundilo, pero enseguida o escupe... Está claro para a xente que domina o tema que a troita pode detectar o que lle gusta polos orificios que ten e que lles vamos a chamar olfativos, están situados diante dos ollos e preto da boca; tamén na lingua da troita hai papilas do gusto e hoxe tense claro que pode detectar os sabores e distinguir os dulces, os ácidos, os salados e os amargos.

O que non se sabe ben, o parecer, e como funciona o sistema, pero tampoco e tema desta páxina www.

A troita é un peixe moi robusto, cun esqueleto forte,  sobre todo a súa cabeza e a columna vertebral. Dos peixes de río é sin dúbida o máis dotado.

Sabemos que respira por branquias, a troita está continuamente metendo auga pola boca ata as branquias e tomando o osixeno.

O aparato de sustentación é a vexiga natatoria, esto sábeno ben algúns bárbaros que pescan con dinamita (que fai reventar a vexiga natatoria e produce a morte da troita).

É moi esixente en canto a non contaminación das augas, gosta moito das corrente e polo tanto a cantidade de osixeno que leva o río é fundamental,  e por suposto tamén  a temperatura.

Importante: a troita debido as súas características come tanto de día como de noite. De noite come perfectamente xa que utiliza a súa linea lateral para detectar o alimento así como  o gusto, o olfato e finalmente os dentes.

É importante tamén resaltar que a troita, a diferencia de outros peixes esixe aguas frescas, limpas e osixenadas (os datos son que ten  necesidade do doble de outras especies,  como por exemplo a carpa). ¡É fundamental!.

Volver

 

 

 

 

 

 

A troita gústalle todo:

 

 

Montaxe de Digital Fran.

 

 

      

     

O marisco da troita...

A troita é oportunista e xeneralista.

     A troita gústanlle todo tipo de invertebrados, entre eles os insectos e moluscos de todo tipo ( efémeras, tricópteros como o casullo, besbello,  gusarapa ou bechoco, tamén o que lle ven de fora coma os: saltóns, grilos, todo tipo de moscas,  bichos,  etc.).

    Cando son máis grandes consumen peixes, rás, a propia troita máis pequena e un longo etc.

    Teño atopado dentro do estómago da troita de todo, dende troitas máis pequenas, babosas, rás, casullo có bicho e o envoltorio, en fin, de todo...

Zapateiro.

       Realmente penso que as troitas o único que non comen, non lle deben gustar, son os zapateiros. Nunca atopei un zapateiro no estómago dunha troita...

Concretando un pouco máis:

Decir xeneralizando que a troita come o que hai no río nese momento e prácticamente come todo o que se move e que lle cabe pola boca, en términos máis científicos é oportunista e xeneralista. En Galicia nos estudios que hai feitos a comida preferida da troita  é por este orden:  tricópteros (casulos, etc. ver este link),  efémeras (de todos tipo dende os efemeridae ata os baétidos, ver este link), dípteros (dentro destos os simúlidos,  ver este link).

Nesta lista falta sin dúbida as gusarapas e os besbellos que son o marisco da troita. Ver este link

Levantando unha pedra un pouco grande do río e dándolle a volta podemos ver moito do que come a troita dese río, xeralmente son invertebrados.

Nesta pedra había caracois e unha larva de efémera. Pedra levantada nun río galego...

--------------------------------

Hai moitos estudios feitos, a nivel científico, sobre a alimentación da troita, tendo en conta o río e o peso ou edade da troita.

Neste link tendes un deles, que ven a confirmar o que se conta nesta ficha da troita, ou sexa a troita come de todo o que hai no río.

Tamén é curiosa a noticia de que se atopou un dedo dunha persoa no estómago dunha troita de lago. Efectivamente é certo e neste link tendes a explicación do feito, foi casual pero non tanto.

--------------------------------------

Ver este video onde se ve como ataca a troita a súa comida:

A troita come un mosquito que está a moverse na tona da auga.

Ver outro video da comida da troita.

Volver

 

 

 

 

 

 

A troita pode vivir en calquera río galego que esté limpo:

 

Salmo Trutta en postura. Foto de W.U.V.

O que máis lle gusta son os regatos de montaña e ríos en xeral que sexan limpos, frescos e con moito osixeno.

Río ideal para a troita común.

         A troita para vivir require ríos moi limpos e con correntes de tal forma que as concentracións de osíxeno sexan altas. A eutrofización ( putrefación de algas nos encoros) remata coas troitas.

Estos ríos son ideais para a troita común, inda que non teñan moita comida, salvo a natural do río.

      Os encoros non son o lugar natural das troitas, prácticamente non teñen comida, todo está podrido. A troita pode sin embargo deambular polo encoro onde se vai alimentar de pequenos peixes e outros seres vivos, pero non é o seu lugar. A proba é que o remate de sete a dez anos os encoros non teñen troitas ningunha agás na súa cola sempre que teñan un río troiteiro onde desovar.

Os encoros son nefastos para as troitas.

     A verdade, para rematar, é que a troita quere augas correntes e limpas, o demáis é mentirlle a xente.

     Por certo, a troita é territorial, especialmente de adulta, xa que non consinte a presencia de outras troitas nas súas inmediacións. Con outras palabras defende o seu posto de caza a tope, dito técnicamente defende a súa postura.

     Canto máis grande máis solitaria vivirá, o cal é bastante lóxico, pensar que a troita é carnívora e come outras troitas si se poñen a tiro. Soio no momento do desove permíte, sin atacar, que se lle acerquen outras colegas...

Volver

 

 

 

 

       Inimigos da troita

      O seu inimigo non natural é o home, que está a  producir unha  contaminación galopante, non hai máis que ver en marzo do 2001, coas riadas, tódolos lugares cubertos de plásticos, realmente unha vergoña.

Contaminación mortal no río Umia, setembro do 2006. Por suposto morreu en moitos quilómetros prácticamente toda a fauna. Os vertidos foron químicos. Un escape de productos dunha empresa de Caldas de Reis. ¡Pobre río Umia, o que lle faltaba!.

      Hoxe, no 2013, a contaminación dos ríos é galopante, por poñer un exemplo, en Ourense onde hai máis de mil ríos, moi poucos están sin contaminación. Uns xa que non funcionan ou non hai depuradoras; moitas son decantadoras que non son efectivas, so un engano os galegos, outras non funcionan ou fano mal como a de Ourense cidade que fai anos bota tal cual o río, e así suma e sigue. Calquera río da nosa provincia, quitando o río Xares e algúns regatos de montaña nos seus primeiros kms. dan un análisis alto en moitos metais e o que máis e o que menos tuvo un ataque de puríns o longo da súa vida. Este mal funcionamento da lugar a un fenómeno que trae pola rúa da amrgura os nosos polítivcos e osd científicos, que é a eutrofización de moitos encoros: Caldas de Reis, Vilasouto, Cachamuiña, As Conchas, Castrelo de Miño, Sil,  etc. Por suposto coa troita e outras especies mortes de forma fulminante e sin solución de momento. A microcistina, que se produce nestos encoros de auga parada,  é tóxica para os peixes e tamén para o home...

     Os puríns matan casi toda a fauna do río, non digamos as troitas.

     Os incendios tamén mataron moitas troitas en Galicia, as cinzas que logo caen o río non deixan troita vivinte, morren afogadas: así no río Navea, en moitas zonas do Arnoia e outras.

    O home tamén é culpable por facer encoros sin cumplir ninguna norma,  que teñan en conta a súa reproducción e a súa vida e por suposto as minicentrais (encoros teóricamente máis pequenos, pero auténticos monstruos para ríos de alta montaña e regatos)  que se están a instalar en tódolos ríos galegos que son un auténtico atentado a súa vida.

Minicentral do río Deva, por debaixo dela, en moitos kilómetros é a morte. Por riba, as troitas non poden subir a desovar. Unha desfeita.

     O anterior non é unha opinión gratuita, simplemente facer unha visita a calquera minicentral galega e pensai un pouco. Son auténticas máquinas de rematar coas troitas dos nosos ríos, demostrado incluso por científicos da Universidade de Santiago. A Xunta (ata o ano 2005, veremos que pasa có novo goberno...) non fai caso, ten a verdade absoluta ... penoso.

      O home é o seu inimigo natural o facer repoboacións sin pes nin cabeza; está demostrado que non serviron para nada, e máis entre un 5 a un 10% houbo de introgresión, que non é moito pero suficiente para estropear tramos enteiros de ríos.

         O home tamén é o seu inimigo non natural como pescador; a pesca deportiva en moitos lugares foi e sigue a ser unha ameaza para a troita. Na fotografía que sigue unha troita pescada con "pluma". 

       Inimigos naturais ten moitos : nutrias, aguías pescadoras, mirlos acuáticos (cando é pequena), cormoráns, etc.

A troita figura actualmente como "Vulnerable" no libro vermello de España 1992.

Hai videos onde se ve  como un lucio chapa unha troita pequena:

Xa non funciona.

Sensacional Video da BBC, onde se ve un alevín devorado por un lucio, é visto e non visto. Maravilloso. Espero que a BBC non me cambie o link, como fai normalmente, seguramente para que non se copie o sensacional traballo. Pola miña banda está claro que a copia non leva ánimo de lucro, é simplmente con ánimo didáctico.

      De momento non temos o lucio nos nosos ríos, sería unha desgraza. pero si temos o bass que fai o mismo. O bass botárono en moitos lugares. As carpas tamén comen de todo, o ovo vesiculado e o alevín moi pequeno contra o que cree a xente de que non.

Os que botaron o bas e as carpas os nosos ríos habería que obligarlles de por vida a limpalos destes peixes que rematan con todo. A xente non entende máis, e pasa o que pasa...

Moitos inimigos ten a troita...

Volver

 

 

 

 

 

 

A súa reproducción é fascinante:

    Fai o desove según crece o río ou non entre os meses de outubro e marzo, en Galicia a  cousa ocurre no mes de decembro ou xaneiro dependendo das crecidas e da temperatura da auga, entre 5º e 10º. Para elo remonta río arriba ata buscar un lugar idóneo (moitas veces non pode xa que se atopa coas minicentrais ou presas que non pode vadear, non teñen escadas, ou estas están de adorno).

Na fotografía de Tomás Pérez Hernández de Ourense, vese unha troita tratando de remontar unha fervenza, nun río do Invernadeiro en Ourense.

Ver a fotografía en grande.

 

Neste pequeno video do meu compañeiro Julio Taboada Páxaro, sacado en novembro do 2008 vese perfectamente como intentan subir as troitas e moitas veces é imposible debido a que as presas naturais do río son un obstáculo. Conviña analizar os leitos cambiados de moitos ríos de Galicia e facilitar esta labor. No é moito pedir. Ver este link.

    A troita sube o río e busca lugares de desove típicos do río (lugares de freza), onde poida remover  un pouco o leito e poñer os ovos, normalmente lugares de pouca corrente, cós leitos cheos de collos pequenos e area,

Salmo Trutta en postura. Foto de W.U.V.

 Onde lle sexa doado facer un pequeno pozo onde restregarse e presionando a parte de abaixo da barriga para poñer os ovos ,  enseguida o macho fecunda os ovos, e logo a femia tapa estos con graba.  Realmente a femia pon os ovos cunhas convulsións bastante grandes, torcendo o corpo de forma espectacular.

Nesta fotografía da BBC vese como a femia está a facer o burato, o macho detrás observa como traballa a femia. Logo no momento do desove porase a súa beira e fecundará os ovos.

 

Neste dibuxo, tomado do libro citado vese a secuencia completa do momento da freza, por suposto o primeiro paso é preparar o lugar o frezadeiro que non terá mais de 90 cm, dende a tona da auga, terreno de graba por suposto. A troita femia escolle o lugar é prepara a zona posicional e logo o frezadeiro, eso sería previo o primeiro dibuxo. logo ven a posta, a fecuncación do macho e o enterramento dos ovos que fai a troita femia. O dibuxo está perfecto, como todo ó que figura no libro "La trucha en la pesca de la mosca. La biología de la trucha común". Un libro escrito na estación de  Hidrobiología do "Encoro do Con",   (EHEC), baixo a coordinación de  Fernando Cobo Gradín.

Foto Xurxo Lobato. Semental de troita femia do Invernadeiro en Ourense.

Normalmente o desovar hai dous ou tres machos para fecundar. 

Na fotografía unha troita (a máis grande) desovando, mentras que o macho dominante está esperando que poña os ovos para fecundalos. Observar o leito de pedriñas pequenas onde a troita lle sea doado remover un pequeno oco para poñer a tira de ovos.

 

Aquí neste video podíamos contemplar o desove, as convulsións da femia e a fecundación do macho.

Xa non funciona. Fago unha sustitución por un vimeo de Vimeo tamén do desove da troita.

 

   

Video de Julio Taboada Pájaro sacado no Irixo xusto dende a Ponte sobre o río Viñao. Xaneiro do ano 2012. Vese unha troita femia e un macho. A femia xusto o final é cando fai o desove que o macho fecunda.

 Observar o leito onde fai o desove. Este río está cheo de area que desgraciadamente botaron o río as obras que houbo pola zona. A troita quere coios para desovar. Na película vese perfectamente este feito.

Sensacional video de BICHO PRODUCCIONES sobre a freza da troita:

 

     Hoxe mal que pese as minicentrais non lle deixan buscar o lugar, non lle deixan desovar. As continuas subidas e baixadas fan imposible este labor, por contra non poden subir a buscar os frexadeiros, lugares onde a troita desova, non hai escadas e as que hai son de adorno, para subir o político de turno que as inaugura. Os minicentraleiros   o desove das troitas tenlles sin cuidado.. realmente o que lles importa son os cartos que produce o río.

    Eso sí, trátase dunha enerxía limpa e renovable... para o bolsillo. Chámase "Desarrollo sostenible".

Esperemos que queden algúns ríos en pé...

A troita pón entre 1.000-2.000 ovos por kilo de peso.

A incubación dura máis de 40 días a 10ºC. Según esté a temperatura do río será máis ou menos xa que o alevín precisa unhas horas de temperatura mínimas, sobre 400 grados de acumulación.

Xa non funciona. Neste video podíamos ver o que conto a continuación:

Sensacional Video da BBC, onde se ve como do ovo maduro sae o alevín vesiculado, ou sexa cun saco vitelino que lle servirá de comida mentras el non aprenda a comer... Maravilloso. Espero que a BBC non me cambie o link, como fai normalmente, seguramente para que non se copie o sensacional traballo. Pola miña banda está claro que a copia non leva ánimo de lucro, é simplemente con ánimo didáctico.

O alevín nace como alevín vesiculado, ou sexa cun saco de alimento que lle servirá para sobrevivir.

O cabo duns meses xa é alevín de troita que tamén se chama en moitos sitios cácabo e bizcardo.

As troitas os dous ou tres anos de vida alcanzan a madurez sexual.

Fai pouco vin un video sobre a fauna do río Duero que trae por suposto un apartado dedicado a reina do río a troita, merece a pena velo. Leva por título Durienses. Merece a pena velo. Espectacular.

 

 

Volver

 

 

 

 

 

 

 

As zonas de freza

As zonas de freza son lugares de augas limpas, baixas, frías (5 a 10ºC) , ben osixenadas (7-8 ml/l), fondos limpos de pequenos coios, sin vexetación.

Normalmente soen ser zonas altas dos ríos ou regatos.

Este ano 2008 vín desovar a troitas bastante grandes no río Miño en Ourense xunto a pasarela do centro Comercial, a dereita do río. Aproveitaban unha pequena corrente e que o fondo era de graba e a pouca altura sobre 30 cms. Todo un espectáculo.

O dibuxo fai honor o momento, observar a fotografía da BBC.

 

Nesta fotografía da BBC vese como a femia está a facer o burato, o macho detrás observa como traballa a femia. Logo no momento do desove porase a súa beira e fecundará os ovos.

 

    Nestas zonas a femia fai un buraco coa súa cola. Neste buraco (que fai coa aleta caudal e que lle pode levar entre 1-8 horas)  pon os ovos que son fecundados inmediatamente polo macho.

Este dibuxo tamén é exacto, a femia é a de cor vermello. Ver máis abaixo un video deste momento incrible.

    No dibuxo, está a femia pondo os ovos, previamente o macho estimulou o pedúnculo anal co seu fuciño.

O buraco é tapado logo pola femia.

Nota: os dibuxos están sacados do libro "Peces de agua dulce de Europa" de  Silvio Bruno y Stefano Maugeri.

Tamén ver estos videos:

Ver este video da BBC Natural history Unit. Sensacional:

Incrible...

 

Retirados, unha mágoa.

Sensacional Video da BBC, onde se ve o desove dunha troita femia fecundado polo macho. Maravilloso. Espero que a BBC non me cambie o link, como fai normalmente, seguramente para que non se copie o sensacional traballo. Pola miña banda está claro que a copia non leva ánimo de lucro, é simplmente con ánimo didáctico.

Ver este video de Vimeo onde se pode apreciar a freza da troita e como os machos loitan por fecundala.

 

 

Ver tamén este outro onde se ve o ovo da troita e como sae a troita pequeniña, ou sexa o alevín vesiculado:

 

Retirados, unha mágoa.

Sensacional Video da BBC, onde se ve como do ovo maduro sae o alevín vesiculado, ou sexa cun saco vitelino que lle servirá de comida mentras el non aprenda a comer... Maravilloso. Espero que a BBC non me cambie o link, como fai normalmente, seguramente para que non se copie o sensacional traballo. Pola miña banda está claro que a copia non leva ánimo de lucro, é simplmente con ánimo didáctico.

 

¡ENHORABOA!

 

Volver

 

 

 

 

 

 

 

 

O beirón: onde a troita se esconde.

O beirón é en algúns lugares de Galicia o toco, por decir así,  onde dorme ou se esconde a troita cando se asusta.

No dibuxo vese unha troita nun beirón.

    Moitos pescadores a man (hoxe está prohibido) o entrar no río miran onde se esconde a troita , logo é doado collela sempre e cando no se lle tema as cóbregas. De feito a troita deixase acariciar cando está na súa cama ou beirón.

Esta palabra de beirón aprendina sendo rapaz pola zona de Randín; tiña compañeiros de xogos e amigos que eran auténticos especialistas en meter as mans nos beiróns e sacar troitas a barrer. Boas e grandes...

 

Volver

 

 

 

 

 

 

 

 A troita en qué meses se ve?

A troita vese todo o ano,  eso sí é máis bonita despois de desovar, xa que no desove a súa librea ponse fea e descolorida, ten manchas por todo o corpo. É normal.

Troita común. Salmo Trutta Fario

 É curioso que as troitas teñen o seu lugar no río por xerarquías, que son nin máis nin menos as máis grandes as que ocupan os mellores lugares.

A tódolos pescadores de anos lles ten pasado de coller unha troita nunha postura determinada e os días seguintes volver a coller unha troita máis ou menos do mismo estilo no mismo lugar.

Son cousas que pasan.

A troita na primaveira normalmente elixe un burato, un remuíño ou ben o borde dun matorral e ponse alí esperando o acecho, movendose pouco para coller o seu alimento. Si fai sol gústalle a sombra pero sempre estará mirando corrente arriba.

A posición da troita no verán cambia bastante,  pola mañán estará en augas tranquilas, en pequenos recodos preto das beiras do río. Sempre pendente das eclosións das moscas, que si se produce, faina cambiar de posición. A mediodía cando o sol pega forte vai cara a beira a sombra das árbores e das raíces. Polo lusco fusco vai a porse en plena corrente nas augas rápidas, tamén en pequenas fervenzas, e coincidindo coas eclosións de media tarde.

Nota: cando falo de eclosións refírome a saída a superficie das efímeras e demais insectos na súa metamorfosis particular. Neses momentos as troitas póñense as botas literalmente...O que este interesado pode ver nesta misma páxina www, no apartado de insectos, que ocurre realmente.

Salmo Trutta en postura. Foto de W.U.V.

En calquera dos casos o pescador ou o observador das troitas debe ter cautela, moverse pouco e usar cores oscuros o máis parecido o contorno. Si ten paciencia non terá problemas en ver as troitas...Ollo xa que a simple sombra fará que a troita se encame e non se volva ver en algún tempo.

Volver

 

 

 

 

 

 

Interés da troita: por suposto especial.

 

É o peixe máis significativo dos nosos ríos.

¡Si nun río galego, non hai troitas para mín non é un río!.

   En Galicia empeza haber ríos onde non hai troitas...moitos...mal chollo.

     Por certo o lector non debera confundir a troita común, típica dos nosos regatos, que é a que se describe nesta ficha, da troita de piscifactoría. Non teñen nada que ver, a de piscifactoría, a que se vende nos mercados é unha troita completamente distinta a esta. Dicen, está moi boa, as asalmonadas son marabillosas, saben moi ben o forno, en fin... Non saben máis... a troita asalmonada de río, xa non quedan salvo algunha no río Miño, polo menos en Ourense, era outra cousa. Hoxe todo vai en base a piensos, a cor lógrase artificialmente... Nos meus tempos en Aceredo, tódalas troitas eran asalmonadas, xa que a súa alimentación era especial nese río.

     Antiguamente, fai vinte anos ou así a troita dos regatos víase nos escaparates dos restaurantes, hoxe está prohibida a súa venta, non así a súa pesca. (Esto esta escrito no ano 2002).

 

Volver

 

 

 

 

 

A troita está a desaparecer dos nosos ríos.

Salmo Trutta en postura. Foto de W.U.V.

     Tende a desaparecer dos ríos, polo menos a troita nativa. Cada día hai menos. As repoboacións fanse sin pés ni cabeza e con coñecimentos nulos. Fai anos facíase coa troita arco iris que non iba arriba, nun ano desaparecía o 99,9%. Logo fíxose con troita do país, pero moi mal, moitas veces xa moi grande e noutras nunhas condicións nefastas. Ahora trátase de facer con alevíns de 2 cms. Non se fan as cousas ven en Galicia cos ríos.

     Sei de boa tinta que os técnicos da Consellería de medio Ambiente dominan o tema e saben de sobra que as repoboacións deben facerse con alevíns chamados do tipo 0 e moi estudiados os lugares. Pero o malo é que logo a maior parte das repoboacións non están na súa man...Moitas veces as repoboacións veñen marcadas polo político de turno.

    Esperemos que as cousas cambien un día destos en Galicia.

     Na miña opinión, sempre o dixen, hai que facer viveiros nas cabeceiras dos regatos e ríos que merezca a pena. Logo pouco a pouco soltar as troitas no seu medio, no seu río (que se supón limpo e cuidado). O demáis é unha auténtica loucura e un descoñecemento total, das troitas e do medio. Si hai que vedar, débese vedar e vixiar a tope o río, pero non vedar para meter unha minicentral, como se fai hoxe, para que a xente non proteste. Lamentable.  (Ourense 2002)

      As minicentrais desfán o ríos, sobre todo onde a xente pensa que non lle afecta que é por debaixo da minicentral. As subidas e baixadas continuas non deixan vivir a troita.

Volver

 

 

 

 

 

 

     É un peixe emblemático, loitador, astuto.

Non é fácil de pescar. As minicentrais, os envelenamentos, as repoboacións mal feitas, os malos pescadores, a sobrepesca  o descoñecemento da xente, a mala información e formación dalgúns dirixentes, rematan con esta especie.

       A súa carne é exquisita, pero vai por gustos. Para mín, inda hoxe, despois de 40 anos de pesca-la  troita de alta montaña, sigue sendo un manxar exquisito é único. A xente cree que as troitas de piscifactoría parécense en algo...nada de nada.

Foto Xurxo Lobato. Semental de troita femia do Invernadeiro en Ourense.

     Pero son consciente, e dende logo estouno plantexando seriamente a nivel individual, de non volver a pescar a troita  con morte. Son cuarenta anos pescando, pero coido que non queda outra alternativa.

As troitas van a menos, teñen moitos detractores.

      A troita ten moi boa vista, ollo, pode distinguir perfectamente as cores que circundan o río.

      Pode perfectamente percibir o movemento dunha persoa a 20 metros.

    Escoita perfectamente todo aquelo que toque a auga dun río.

     Gusta dos ríos limpos, con augas correntes e alegres, con non moita temperatura, un máximo de 15º venlle o pelo.

No río é o peixe máis rápido 4,4 m/s. por suposto inferior o salmón atlántico 6-7 m/s.

Última hora (29/09/2012):

Tamén é curiosa a noticia de que se atopou un dedo dunha persoa no estómago dunha troita de lago. Efectivamente é certo e neste link tendes a explicación do feito, foi casual pero non tanto.

Volver

 

 

 

 

 

 

Postura da troita

Por postura da troita enténdese onde se coloca para comer, ou sexa o lugar onde co mínimo esforzo lle chega máis comida. Trátase dunha curiosidade que os pescadores coñecemos moi ben.

As posturas son xerárquicas para as troitas, as mellores posturas son para as troitas máis grandes, lóxicamente.

Salmo Trutta en postura. Foto de W.U.V.

Dase o caso de pescar unha troita grande nunha postura determinada e o día seguinte haber no mismo lugar unha troita similar. Vanse sustituindo.

A postura de comer non é a misma que a postura de dormir (o beirón) ou de esconderse. Este é un erro que teñen algún libros sobre a troita. Este dato está contrastado persoalmente.

Vexamos as posturas máis comúns:

Non se trata nesta pequena ficha de agotar as posibles posturas da troita, máis ben de que o lector coñeza o término.

Postura número 1, típica, detrás duns penedos.

Outra postura similar.

Postura nun remanso do río.

Son posturas excelentes: onde se xuntas dous ríos; debaixo de tódolos cachóns, árbores afundidos, nas beiras das revoltas, etc.

Neste dibuxo vense un resumen das posturas da troita.

A cualidades máis importante que debe ter un pescador, polo menos eso é o que me aprenderon os meus maestros son:

1.- Respetar o río e os compañeros o 100%. (Cualidade que non se cumple actualmente no 99% dos pescadores; xa que non respetan o río por descoñecemento e soio pensan na cesta e pouco nós compañeros). Os pescadores teñen moito, moitísimo que aprender e así nos luce o pelo...

2.- Saber leer perfectamente o río. Esto é básico para pescar troitas. Esta cualidade dase coa experiencia e o patear continuo do río. Trátase da cualidade que ten o pescador que sin pescar, simplemente por observación sabe perfectamente onde se poden atopar as troitas no tramo que visualiza.

Nota: os dibuxos están sacados do libro "Peces de agua dulce de Europa" de  Silvio Bruno y Stefano Maugeri.

Salmo Trutta en postura. Foto de W.U.V.

Troita en postura.

 

Ver un video coa troita en postura:

Retirados, unha mágoa.

Sensacional Video da BBC, onde se ve unha troita en postura e observando todo o que lle ven pola corrente. Por suposto sempre contra a corrente do río, que é a postura onde a troita lle chega o máximo de comida co mínimo esforzo. Maravilloso. Espero que a BBC non me cambie o link, como fai normalmente, seguramente para que non se copie o sensacional traballo. Pola miña banda está claro que a copia non leva ánimo de lucro, é simplmente con ánimo didáctico.

Volver

 

 

 

 

 

 

   

 

As troitas van a menos teñen moitos detractores.

 

      A troita está en crisis, eso sábeno hoxe tódolos científicos españois.  A Xunta (dende 1990 ata 2005)  non descoñece estos feitos (ou quere descoñecelos) e deixa que esta crisis cada día sexa máis grande. Deixa desfacer os mellores tramos onde vive a troita, as cabeceiras dos nosos ríos.  A troita habita tódolos tramos dos ríos e regatos galegos, onde non chegou a contaminación ou os desastres dun progreso retrógado que soio mira o bolsillo individual, en aras dunha utilidade pública que é un roubo.

     O desenrolo sostenible, tan de moda, no caso dos ríos é unha auténtica masacre, nos ríos onde se implantan as minicentrais quedan mortos prácticamente. O desenrolo aludido é unha máquina de facer cartos, pero remata cós ríos hoxe e non deixa ríos para os nosos fillos e netos, non é polo tanto desenrolo sostenible, evidentemente.

      A contaminación, os envelenamentos, os encoros,  as minicentrais, as repoboacións mal feitas, a falta de inversión en depuradoras, e un longo etc. están poñendo a troita galega na uvi.

Tamén os malos pescadores, que hai moitos neste país, fan pouco por manter os nosos ríos en condicións; hai moito descoñecemento na maioría dos 100.000 pescadores que hai actualmente en Galicia. Moita acción individual, moito egoismo por encher a cesta e por pescar máis có veciño e pouco máis. Os ríos cada vez están máis sucios pola contaminación dos pobos e puríns e as orillas dos ríos o final de temporada son estercoleros auténticos.

Non esaxero, o que crea que o fago que de unha volta por calquera río no mes de setembro...

As frases típicas de algúns pescos "trouxen 60 troitas...", máis común do que parece, ten que desaparecer. No fondo é un insolidaridade cós demais pescadores; hai que chamarlle "roubo os demais" o que realmente é un roubo...

A Xunta ten moito que gobernar e os pescadores moito que aprender...

Penoso.

Volver

 

 

 

A troita e o Folklore : festas e cancións.

 

Festas:

 

Moitas cancións e moitos contos teñen como protagonista a nosa troita. Moitas festas en Galicia tamén lle rinden tributo, como a festa da Troita en Ponte Caldelas. A troita é a raíña dos nosos ríos, mal que algunhos lles teña sin cuidado...

Cancións:

"Polo río abaixo vai unha troita de pé...corre que te corre quen a puidera coller....quen a poiderá coller quen a poidera pillar, polo río abaixo vai unha troita de pé..." Anaquiño dunha canción típica de Ourense, típica do río Miño pola zona dos Peares e Barra de Miño, hoxe un encoro (que nunca se debeu facer...)

Tempos aqueles...

Volver

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Refraneiro:

Comer troitas de río:

"As troitas (palmeiras) de río para comelas  deben levar as catro efes: frescas, frías, fritas,  e fragosas"

"As troitas de río deben levar as sete efes: frescas, frías, fritidas, fiadas, fragosas, feas e femias"

 

Varios:

"Non se pescan as troitas coas bragas enxoitas".

"O que as troitas queira pescar,  as calzas ten que mollar".

"Aire solano troita en la mano. ( Nota: o solano é aire do este)

"Aire travesío, troita no río. ( Nota: o travesío é aire do oeste)

"Pola Santa Catalina arrube a troita grande e a pequeniña".

"Troita que moito se amosa, logo vai dar á tixela".

"Ramos mollados e Pascuas enxoitas, bo ano de froitas e troitas".

"Marzo marceiro pón a troita no caneiro".

"En vindo o perdigón perde a troita a sazón".

"No bo río péscase a troita".

"O barbo, a troita e o sábalo, todos en maio".

"Quen a troita come asada e cocida a perdiz, non sabe o que fai nin o que di".

"Troita de hoxe; pan, de onte; carne, de antronte."

"Mazá, troita e muller, que sexa fresca, se pode ser"

"A troita vólvese do color do pozo donde anda"

"Mexa unha vaca e nacen troitas"    ou  "Onde pisa unha vaca nacen troitas"

                                   Dito sacado do artigo sobre os ríos e as troitas que viña un bon día no Progreso de Lugo.

Nota: algúns destes refráns están sacados do libro O refraneiro do mar de Clodio González Pérez, por certo é de Cenlle (Ourense)  (moitas gracias).

 

Por último un anaquillo bastante popular:

 

Mariquiña ¿doenche os ollos?

tamén me doen os meus

vaite lavar o regueiro

ande a troita lava os seus

 

Anaquillo popular sacado do libro El río de Julio López Cid.

 

Volver

 

 

 

 

 

 

A troita no mundo:

Dibuxo básado nos datos de Frost e Brown 1967. Mc Crimmon e Marschall 1968 e Mc. Crimmon, Marsall e Gots 1970.

Este mapa que me parece moi interesante e que se debe a un artigo que aparece na Voz de Galicia do día 15/03/2008 firmado por José Varela e os dibuxos de A. Manzano, representa a troita nosa, a autóctona,  que é típica do hemisferio norte de Europa, tamén o Norte de África e o Nordeste de Asia.

No resto do mundo foi introducida e figuran os anos nos que se fixeron as repoboacións neses países. Así por exemplo en EEUU entre 1883 e 1956. En América do Sur entre 1904-1938. Nas islas Malvinas en 1947 en Nueva Zelanda entre 1867-1885. Etc.

A explicación de que a nosa troita se levara polo mundo é a seguinte: a maioría está introducida polos ingleses e sin lugar a dúbidas para practicar a pesca deportiva.

 

Volver

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

DISTRIBUCIÓN EN GALICIA.

TROITA COMÚN

A troita é común en tódolos ríos galegos.  Falta en algúns ríos costeiros. 

Vai moi a menos nos encoros, sobre todo os que en algunha época do ano están eutrofizados, a troita non pode vivir neste medio. Por outra banda nos encoros botaron especies foráneas como a carpa que remata coa troita.

A contaminación grande non a soporta.

Hoxe en Galicia hai moitos ríos en mal estado.

Manifesto desta páxina www sobre a troita e os ríos

Estamos pedindo a gritos, esta páxina xa dende 1997,  un tratamento integral dos ríos galegos: estudiando as concas fluviais básicas en todos os aspectos: contaminación, depuración, verquidos, investigación xenética das troitas actuais, ecoloxía de todas as poblacións, especies foráneas e a minimización dos seus efectos ou no seu caso a desaparición; minimización dos efectos de tódolos encoros que non favorecen a conca onde están enclavados, e un longo etc.

En 16 anos de goberno da Xunta de Galicia, ata o 2005, sempre se mirou para outro lado, os ríos en ningún momento foron considerados como básicos en Galicia: catro coutos, catro vedas mal feitas, moitas repoboacións sin sentido e anti-científicas e catro inauguracións de aulas de natureza; algúns estudios do salmón sin moitos resultados ou sin aplicalos e pouco máis.

Pouco moi pouco se fixo. Os resultados están a vista...

Esperemos que o ano 2006 marque un rumbo distinto a estas desfeitas e se entenda, dunha vez por todas: que os ríos e a súa auga son productos básicos de Galicia no noso futuro. Son, aparte do ouro do futuro, a auga o é sin lugar a dúbidas,  unha fonte de ingresos marabillosa dende tódolos puntos de vista.

Evidentemente si os ríos se cuidan, Galicia volverá a ser o paraiso da troita, que ninguén ó poña en dúbida.

Volver

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Fotografías da troita:

 

 

 

Volver

 

 

 

 

 

O último da troita

A Piscifactoría do Carballiño cría por primeira vez a troita  autóctona para repoboar en caso de catástrofe

A Consellería de Medio Ambiente iniciou o proxecto no 2007 con 54 exemplares reproductores.

"La trucha autóctona del Douro-Sil se cría por primera vez en la Piscifactoría de Carballiño. Comparte las instalaciones con la centroeuropea, que es la que se utiliza para repoblar los cotos intensivos de pesca. La Consellería de Medio Ambiente puso en marcha este novedoso proyecto seleccionando 54 ejemplares genéticamente puros, que han dado origen a un millar de crías. Permanecen en la Piscifactoría en previsión de un vertido o cualquier otro tipo de catástrofe, a fin de preservar esta especie autóctona. "

Ver este link coa noticia do 05/01/2009.

Volver

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O CSIC predice as troitas que terá un río según o seu caudal.

A noticia aparece na Voz de Galicia do mércores 9 de setembro do 2009, trátase dun traballo realizado polo investigador do Museo Nacional de Ciencias Naturales (CSIC)  Javier Lobón- Cervia que seica leva traballando 23 anos para desenrolar un módelo de cálculos matemáticos que van a determinar de forma científica a dinámica das poblacións de salmónidos. Basta con medir o caudal nun determinado momento a finais de marzo para saber cantas troitas viviran no futuro nese tramo, tamén utiliza a temperatura da auga.

A investigación que seica está feita no río Chaballo, na conca do río Esva (Asturias) seica é extrapolable o resto dos ríos cantábricos e incluso Galegos.

As fórmulas detectan o que xa sabemos de sobra os pescadores que levamos anos no río, unhas chuvias o seu tempo, un caudal propio do río fan a riqueza do río. Os extremos son nefastos, unha seca ou extiase así como unhas enchentas son nefastas...

Os datos que pode aportar serían as troitas que vai haber nos próximos seis meses, os dous anos, cantas femias van a reproducirse, cantas se deberían pescar etc.

Ver a reseña completa.

O traballo está publicado na revista científica Freshwater Biology  Ver este link.

Gustaríame poñerme en contacto co autor do traballo e que me contara algo máis sobre este traballo.

Volver

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

AS TROITAS E AS MATEMÁTICAS.

Sempre dixen e sostuven que as troitas teñen moito que ver coas matemáticas, e máis nos meus tempos de profesor no IES O Ribeiro e os meus comenzos como pescador de troitas; algúns dos meus alumnos lembraran algunha clase na que falamos desto.

Sin dúbida esa relación é real e palpable,  aparte de curiosa.

As troitas e a súa vista.

------------------------------------------------------------

Agora, recentemente,  un profesor do CSIC remata de poñer en fórmulas nada menos que "a población de troitas dun tramo en función dunha serie de parámetros".

Sobre o traballo de Javier Lobón Cerviá publicado en "Freshwater Biology" copiar o que se dice nunha revista, e que expresa a base do seu traballo, basado en 23 anos de traballo, case nada:

""En el año 2000, las poblaciones de trucha (Salmo trutta) de los ríos del noroeste de España sufrieron un declive alarmante, pero la pesca nunca se prohibió y el número de peces disminuyó todavía más. Sin embargo, en muy poco tiempo, estas poblaciones se recuperaron “naturalmente”. Javier Lobón-Cerviá, autor principal del estudio e investigador en el Museo Nacional de Ciencias Naturales (CSIC) tiene la respuesta y la ha publicado en la revista Freshwater Biology. 

“Si utilizamos un pequeño medidor y calculamos la cantidad de agua que ha fluido en marzo (momento en el que emergen los huevos de los peces) seremos capaces de predecir cuántas truchas va a haber ahora, cuántas dentro de dos años, cuántas se deberían pescar, cuántas hembras se van a reproducir, es decir, tenemos perfectamente controlada toda la población”, explica a SINC el investigador. 

Para llegar a esta conclusión han sido necesarios 23 años de estudio. En contraposición a las teorías convencionales que defienden que las poblaciones tienen mecanismos endógenos de respuesta a las variaciones y que éstos dependen de la densidad de individuos, para Lobón-Cerviá las poblaciones “responden sencillamente a las condiciones ambientales que hay en cada momento”. 


Desde 1986, el científico ha estudiado el río Chaballos, en la cuenca del Río Esva (Asturias), en el que ha observado mucha variabilidad en las condiciones ambientales año tras año hasta 2007. “Con una información tan simple como es el caudal del río durante el mes de marzo, podemos predecir todo lo que va a ocurrir en el río”, subraya Lobón-Cerviá. 

La lluvia y la temperatura son los factores naturales que generan las condiciones ideales para las jóvenes truchas. Cuando el caudal del río es medio, es decir alrededor de 40Hm3, el número de juveniles se maximiza porque el espacio útil del río para las larvas de los peces es bueno. “Si el caudal sube, ese espacio se inutiliza porque las velocidades del agua aumentan demasiado y perjudican a las larvas”, señala el científico. Sin embargo, la sequía es la peor condición para esta especie pues “seca pedazos de río”. 

El río es un espacio vital para las larvas La lluvia determina el caudal, y crea en el río un espacio útil para un tipo de tamaño de truchas. “Las pequeñas larvas viven en una zona del río, pero cuando crecen se mueven hacia aguas más profundas. Es ese caudal el que determina cuánto espacio útil hay para cada tamaño de trucha”, atestigua el investigador. 

La temperatura regula el llamado ‘arroyo embrionario’, es decir, los dos meses que permanecen en el río los huevos fecundados de los salmónidos. Por tanto, el aumento de temperatura regula el desarrollo embrionario. “La temperatura también tiene que ver con la fuerza del reclutamiento, con la cantidad de juveniles, pero hay una relación inversa entre el caudal del río y la temperatura: cuando el caudal es muy bajo el agua se calienta más, y en los años en los que hay mucha más agua, el río se calienta menos”, asevera el científico. Pero debido a los grandes cambios de temperatura cada año, es difícil determinar la relación directa entre ésta y el número de juveniles que nacen. 

Esta investigación podría aplicarse también a los salmones (Salmo). Aunque ocupan zonas del río distintas, su proceso dinámico poblacional es el mismo que el de la trucha. Lobón-Cerviá estudia ahora la posibilidad de una sincronía en la reproducción y el éxito reproductivo entre las poblaciones que vierten al Cantábrico y las que vierten al Duero. “De ser así, el estudio sería muy generalizable”, concluye el investigador. 

 

As troitas e as poblacións nun tramo.


 

Volver

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O Animal que máis crece.

(Contado por Raúl Jácome, e escoitado por mín e Julio (Páxaro),  un día de pesca en Rodeiro no río Arnego,  e comendo no Mesón a Roda de Adelán, por certo unha carne exquisita. 15/07/2011)

Contan que un día, nunha escola da comarca e Lalín,  preguntou a mestra que ¿cal era o animal que crecía máis rápido neste mundo?.

Un neno levantou a man e afirmou rotundamente: a troita.

Mire Sra. Mestra:  o meu pai colleu un día pola mañán unha troita no río Arnego en Rodeiro deste tamaño... (Señalou máis ou menos o tamaño da troita que se ve na fotografía).

Troita do Louzara.

Ese mismo día,  despois de comer,  foi xogar a partida o café e dixo que a troita era máis ou menos do tamaño... (o rapaz mostrou o tamaño coas súas mans, como a da fotografía. Ou sexa,  xa cuarterona).

Pero é que pola tarde,  nunha reunión cos amigos,  a troita xa crecera máis do doble (ver a fotografía que era máis ou menos como o neno indicaba cas mans...).

Eu penso que o crecemento desa troita,  no mismo día,  fai que a troita sexa o animal que mais  crece neste mundo ¿ou non, Sra. Mestra?.

Volver

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A TROITA GALEGA EN POSTURA.

Fotografía de W.U.V. unhos fotógrafos espectaculares.

Realmente impresionante esta fotografía.

Subir.