A Palla real tamén se chama espadaina, pero non debe confundirse coa espadaina auténtica que é a Iris pseudocorus .
O seu talo chega os 2 metros en forma de xunca. No cumio ten unha especie de espiga que se chama en Galicia bofardo.
Coas pallas reais faise de todo, ata asentos , esteiras e canastras. En Galicia tamén se usan como guías para os cohetes das festas. O que se chama as canas dos fogueteiros.
Hai moitísimas no río Barbaña e no Barbañica entre outros en Ourense. A fotografía está sacada en octubro do 2006 a carón da Ponte Vella en Ourense.
Typha latifolia
De ata 2 metros. Partes masculina e feminina da inflourescencia, xeralmente contiguas ou non separadas máis de 2,5 cm.;. Teñen na punta a espiga que se ve na fotografía e que en Galicia se chama "bofardo".
A espiga ten dúas partes, a de arriba máis estreita é a masculina.
As follas son planas e longas, en forma de espada, de 1,5 cm. de ancho e máis de 1 m. de longo.
A parte femenina é pardo - oscura , con zonas blancas de vella (bofardo).
Dase en Galicia en todo tipo de lugares preto dos ríos, pantanos, bordes de charcas, etc.
Chámase en castelán anea, esnea, espadaña , bohordo y paja real.
En galego espadaina, e tamén palla real.
Os bofardos empléanse como adorno. A cana utilízana os fogueteiros.
![]() |
Na fotografía vese perfectamente a forma das follas, longas e anchas.
|
O texto anterior está copiado o pe da letra do sensacional libro "Claves para a Flora de España" de Mariano Garcia Rollan.
Tamén o libro "Flora de Galicia" de Xosé Ramón Garcia.
En Ourense, a día 10/11/2006 a palla real é unha auténtica invasora do río Barbañica, ver a fotografía. A política de encauzamentos de este río favorece esto que económicamente é unha pequena desfeita, aparte dun gasto que se da tódolos anos coa limpeza necesaria do canle do río. Hai cousas que se fan cós pes...
![]()