Trátase dun animal típico en Galicia nos nosos montes, preto ou non dos ríos. En tempos abondaba moito máis que hoxe, os seus problemas principais son os incendios e a caza.
Non é dificil vela preto dos matorrais densos e altos. A Garduña inda é bastante común en Galicia.
É o terror dos galiñeiros, xa que o que non pode levar de tódolos xeitos dalle morte, logo, come o que pode e as veces quédase a dormir no galiñeiro. É a súa perdicción...
![]()
| Nome científico |
Martes foina (Linnaeus 1758)
|
||||
| Nome galego |
Garduña, foina, fuíña, furatoxos, garduña papalba, papalbo.
|
||||
| Nome castelán |
Garduña, garduno, juina , guina.
|
||||
| Dimensións |
Entre 43-55 cms. Lonxitude do rabo ata 22-30 cms. Peso 200-2000 gramos.
|
||||
| Identificación: |
É moi parecida a marta, pero coas patas máis cortas ademáis a gorxa da garduña é branca, algo así como un babeiro que lle chega ata as extremidades anteriores. A marta, esta mancha, tena amarela e mais curta.
A súa cor é uniforme, entre pardo castaño e pardo oscuro, o pescozo e o peito son blancos; orellas grandes e redondas, branco amarelentas no borde. Rabo longo e moi poblado. Teñen unha gran potencia mandibular. Son auténticos carnívoros. Bóns colmillos e moi boas moas.
|
||||
| Reproducción: |
O apareamento é nos meses de xulio e agosto. A preñez que bota 9 meses, ten polo tanto 1 parto o ano. Veñen o mundo entre 3-5 crías cegas que abren os ollos as cinco semáns. Abren os ollos as 5 semáns e aprender a andar polo mundo as 8-10 semáns e no verán xa están emancipados.
|
||||
| Inimigos: |
Moitos entre eles o home. Pode ser presa de todo tipo de mamíferos. Por suposto tamén o Azor, os buhos as grandes aguias poden ser unha ameazada para a garduña en determinados momentos. Tamén se ven moitas mortas nas estradas.
|
||||
| Alimentación: |
Fundamentalmente ratóns, galiñas, paxaros, insectos e froitos do bosque. Come en realidade de todo. Tamén lle gustan os coellos (34%). Come de noite, cando se pon o sol é cando a garduña empeza a actuar. De tódolos xeitos tamén se pode ver polo día, correndo a saltos cortiños, sempre detrás dos paxaros, das ras, dos lagartos, e en fin todo o que atopa. Gústanlle moito os figos e a mel, non hai lugar a dúbidas. Tamén come outros froitos. A garduña non trepa como a marta, nin moito menos. Lóxicamente a saída do sol vaise a descansar, no seu arboliño ou na súa rocha.
Moi curiosa.
|
||||
| Habitats: |
Zonas rocosas e con árbores, lindes dos bosques, claros dos montes, tamén en pobos e ciudades, parques , canteiras. Dase moito ou gústalle moito as zonas de castaños e terreos calcáreos. Dende logo é máis social que a marta.
|
||||
| Interés: |
Moitísimo.
|
||||
| Protección: |
Non goza ningún tipo de protección e dende logo debera ser protexida. Aparece no anexo III do convenio de Berna. A súa situación é con moito mellor que a de Martes martes ou martaraña ou marta, debido a súa flexibilidade que posee para vivir en biotopos variados e mesmo moi humanizados.
|
||||
| Distribución en Galicia: |
Común, amplamente distribuída, aínda que en número escaso. Lopez Seoane en 1861 decía que era abondosa. En Ourense é onde máis se atopa. Hai moitas polas zonas do Invernadoiro e do Xurés. Por suposto tamén en Lugo sobre todo no Courel.
|
||||
| Curiosidades: |
A garduña atopa mellor a Galicia do 2000 que a súa irman a marta, pero de tódolos xeitos as cousas non están ben nin para ela nin para a marta.
De todos é sabido o que pasa coa garduña cando ten oportunidade de entrar nun galineiro. Sin dúbida prodúcese a desfeita: a garduña, ten por costume matar todo canto hai e logo tranquilamente sin que ninguén a moleste porse a comer. Cando está farta de verdade, loxicamente bota unha siesta e esa soe ser a súa perdicción, xa que non é a primeira vez que o dono das galiñas entra e realmente a garduña pasouno moi, pero que moi mal. Hoxe non ten moitas oportunidades, pero pode ocurrir. É o único mamífero predador compatible có raposo, alí onde comparten os mesmos biotopos en áreas pedregosas con arborado. Tamén outra cousa curiosa é que se aproxima moito máis o home que a Martes martes, anotando unha certa antropofilia...
|
||||
| A Garduña incrible: |
Fotografía de Antonio Vázquez un nº 1 en fotografía de naturaleza salvaxe. Asturias. A garduña distínguese por ser cauta e silenciosa. Dice Antonio que en Asturias é o mamífero máis abondoso. Probablemente o sexa tamén en Galicia, inda que descoñezo o dato.
|
||||
| As súas pegadas: |
Deixa claramente a marca dos catro dedos pero tamén se ven as uñas perfectamente. Os seus excrementos son por regla xeral enrollados e depositados en calquera lugar.
Excrementos da garduña.
|

Fonte de información :
Atlas de vertebrados de Galicia. Tomo 1. Avalado pola Sociedade Galega de Historia natural. 1995.
Cuadernos de campo. Pequeños carnivoros (I). nº 33. Félix Rodríguez de la Fuente. Airtel. 1975.
![]()