O ourizo é hoxe bastante abondoso en Galicia. A proba é que día si e día tamén aparecen mortos nas estradas. É, polo tanto, moi común en lindes de hortas, bosques, zonas montañosas ata 2000 metros, etc.
Come de todo, pero preferentemente insectos, miocas, caracois, pequenos ratóns, etc.
A súa actividade é de noite ou ben no crepúsculo.
Cando se ve en peligro ponse coma unha pelota e saca unhas púas que realmente fan dano.
Abondoso en Galicia. Especie protexida.
OURIZO CACHEIRO- CARACTERÍSTICAS.
![]()
| Nome científico |
Fotografía sensacional de Josef Hlasek Erinaceus europaeus. ( Linnaeus 1758) Clasificación:
|
|||||||||||||||||
| Nome galego |
Fotografía BBC. Ourizo cacho. Ourizo Cacheiro, Porco Espiño.
|
|||||||||||||||||
| Nome castelán |
Erizo.
|
|||||||||||||||||
| Dimensións |
Entre 20-25 cms. Un peso ata 1 kg. Ten unha cola corta, sobre 2,6 cms.
|
|||||||||||||||||
| Identificación: |
É inconfundible, O seu corpo está totalmente cuberto de púas excepto a cabeza e as patas.
Ten as orellas moi pequeniñas. Tamén patas pequenas e cortas.
Fotografía sacada deste link. O fuciño é puntiagudo e negro.
Fotografía de Josef Hlasek. Enróllase como unha pelota cando é descuberto. deixando toda a parte de fora uns pinchos ou púas que realmente fan dano (as púas teñen entre 2 e 3 cms. de lonxitude.
|
|||||||||||||||||
| Reproducción: |
O celo vai de abril a octubro. A xestación son 33 días, e os partos teñen lugar de amaio a octubre entre 2 e 7 crías, 5 de media, e con 1 ou 2 camadas o ano. O peso o nacer é de 11 a 25 grs., pasando rápidamente a acadar ata 400 gramos coa chegada do inverno, para sobrevivir a hibernación. As femias coidan da proxenie durante dous meses aproximadamente.. Ás crías, as espiñas duras aparecenlles ó terceiro día de vida, abrindo os ollos ás dúas semans. A madurez sexual acádase ós 10 meses. Hiberna cara ó mes de novembro en tuneis, madrigueiras e tobos, casas derruidas con orientación o sur. Precisa dun territorio de 4 Ha. Hibernación : quere decir que no inverno selecciona unha boa guarida e permanece durmindo no interior ata chegada de tempos mellores. Antes de retirarse a hibernar engordan moito, logo viven un pouco de rentas. De tódolos xeitos todos os hibernantes despertan de vez en cando, e de seguido volven a dormir. Vive de 7 a 10 anos.
|
|||||||||||||||||
| Inimigos: |
Ten moitos enemigos: dende o moucho e a curuxa ata o zorro, lobo, incluso o xabarín se atreve con el. Tamén, hoxe, os coches, xa que morren moitísimos nas estradas galegas. Curiosamente morren máis machos na primaveira e máis femias no outono.
Os nosos cans de palleiro tamén se atreven con el, inda que salgan picados.
|
|||||||||||||||||
| Alimentación: |
Preferentemente aliméntase de caracois, lamáchegas, lombrices de terra ou miocas, e todo tipo de insectos. Tamén come ovos de aves e froitos varios (rara vez). Come tamén champiñóns. Pode capturar cóbregas, das que atura o veneno. Gústanlle as lagartixas. Fundamentalmente é nocturno, inda que pode ser visto tamén no solpor e no mencer. Nota: según algunhas informacións os ourizos non son inmunes a picaduras das víboras. Queda dito. Ver o ourizo comendo. Video da BBC:
|
|||||||||||||||||
| Habitats: |
Presente hoxe, ano 2000, en tódolos bosques galegos, tamén preto dos ríos e regatos, inda que non sexa un mamífero ribeireño, pero dende logo, gustanlle os ríos e os regatos. Vese polo tanto en bosques de todo tipo, tamén en áreas de cultivo e labradío. É común en zonas suburbanas, así como preto de vilas e aldeas.
|
|||||||||||||||||
| Vese nos meses: |
Fotografía da BBC. Todo o ano, menos no inverno onde se sumerxe no letargo invernal, onde dorme días e días, xeralmente de octubro deica marzo, dependendo moito da friaxe.
|
|||||||||||||||||
| Interés: |
O ourizo era moi apreciado polos labregos. Hai moitos contos populares que falan do ourizo. "O ourizo tamén Dios o fixo". Son moi útiles xa que consumen gran cantidade de insectos malignos para ó campo.
(Fotos: Dagmar Neuhausen) Últimamente falan do ourizo como mascota, a verdade é que a xente non sabe que facer e inventar; a miña opinión sobre o tema e que deixen o ourizo no seu habitat e que se deixen de molar...
|
|||||||||||||||||
| Protección: |
Figura no anexo III do Convenio de Berna, pero non goza de protección legal clara. Hoxe morren moitos debido os incendios, os productos químicos e as estradas.
|
|||||||||||||||||
| Distribución en Galicia: |
Hoxe atópase en toda Galicia. É moi abondoso. Lopez Seoane xa o cita en 1861 e dí que é moi frecuente.
|
|||||||||||||||||
| Contos: |
Adoitase crer que gapea polos árbres pra coller mazás e outros froitos que vota ao chao, pra pinchalos cas pugas e levalos diste xeito á súa coveira. Eu teño as miñas dúbidas do anterior.
|
Fonte de información : Atlas de vertebrados de Galicia. Tomo 1. Realizado pola Sociedade Galega de Historia natural. 1995
Cuadernos de campo. Mamíferos insectívoros. nº 58. Félix Rodríguez de la Fuente. Airtel. 1975.

Fotografía sacada deste link.
![]()