Gryllus campestris. Grilo (Grillo).

Hai moitas razóns para que este insecto figure nesta relación: en  primeiro lugar o seu canto anima de verdade a beira dos ríos. En segundo lugar son un insectos moi curiosos como veredes máis abaixo e finalmente, a  min gústame a pesca da troita dende fai moitos anos, pois ben, os grilos que abundan en Galicia a beira dos ríos, nos prados e nas ladeiras da montaña, etc. son un cebo incríble, sobre todo para troitas grandes.

Estou, polo tanto, moi agradecido os grilos galegos e por eso figura nesta relación.

Características.

salir.jpg (922 bytes) Saír.           

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Os grilos: características.

O grilo de campo.

Nome científico Nome galego Nome castelán
Dimensións Identificación Habitats
Alimentación Reproducción Vese nos meses de...
Curiosidades Protección O grilo e o tempo
Interés do grilo Fotografías dos grilos O servicio metereolóxico.

salir.jpg (922 bytes) Saír.

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome científico

Nome científico:

Grillus Campaestris

Taxonomía:

Reino: animalia

Clase: Insectos

Orden: Ortóteros

Familia: Grillidae

Xénero: Grillus

Especie : Grillus campestris

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

Nome galego

Nome galego:

O grilo de campo.

Grilo

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

Nome castelán

Nome castelán:

Grillo del campo o campestris. Grillo común

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

Dimensións

Dimensións:

Más ou menos o da fotografía. Entre 2 e 3 cms.

O grilo de campo.

Ir a características

 

 

 

 

 

 

Identificación:

Identificación:

Non ten problemas é sin dúbida o insecto máis coñecido despois das moscas. 

A cabeza é grande, é de cor negro e as ás teñen manchas amarelas.

Os nenos que non xogaron metendo unha palliña no buraco dunha grileira, nos prados, para que salga o grilo, non sei a que están esperando os seus pais... Estas cousas hai que enseñalas os nosos fillos. Quedan para sempre.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

Alimentación:

Alimentación:

Comen de todo inda que predomina o vexetal.

 

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

Habitats:

Habitats:

Nos prados a beira dos ríos, tamén no monte. Os seus buracos, chamados grileiras,  son doados de atopar, teñen sobre 20 cm. de largo. Diante da súa cova sempre hai unha zoniña de pouca vexetación que el mismo prepara.

Compre dende logo ir paseniño e con moita paciencia si non escóndese rápidamente. Seguindo o seu grilar, por suposto na direción contraria o vento e moi paseniño, pódese chegar a súa grileira.

Ir a características

 

 

 

 

 

Vese nos meses:

Vese nos meses de...

O grilo de campo.

De abril a setembro.

Cós grilos todos xogamos de pequenos, a partir da primavera e ata todo o verán, veña a localizar o grilo que cantaba e veña a meter a palliña para que o grilo salga da súa coba. Moitos logo iban para casa onde tiñamos unhas xaulas pequeniñas especiais. Para comer dabámoslle leitugas.

 

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

Apareamento:

Reproducción:

O grilo de campo.

O aparecer unha femia, atraida polo canto,  o grilo macho ponse có abdomen hacia a femia emitindo un canto especial. O pouco rato prodúcese o apareamento. Logo comparten a vivenda varios días nos que hai máis apareamentos e  a femia deposita os ovos. No verán naceran os novos grilos.

É curioso pero a femia acude a chamada do grilo simplemente polo canto, esto está demostrado. De feito fíxose o seguinte experimento:

Poñer o grilo dentro dun cucurucho cunha única entrada por baixo e de modo que o cantar se escoite o redor. Unha femia veu e entrou pola única entraba que había. Para descartar que a femia viñera soio polo cheiro, fíxose o seguinte poñer a unha certa distancia un altavoz de maneira que o cantar o grilo se escoitara a moitos metros de distancia. Pois ben, acudían o altavoz os grilos femia como si se tratará dun grilo real...

 

Ir a características

 

 

 

 

 

Interés:

Interés:

Son moi espectaculares nos seus cantos.

 

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

Protección:

Protección:

O grilo de campo.

Non están protexidos.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

Curiosidades:

Curiosidades:

O grilo de campo.

O canto dos machos é incríble e fanno coas ás levantadas. Chámase estridulación e realizase frotando as ás una contra outra. Os cantos dos grilos son prolongados e relativamente musicais. Manteñen as ás levantadas por riba do corpo e una arista dentada situada na parte inferior da á anterior dereita frótase a través do borde posterior da á esquerda.

Incríble.

Tamén é curioso e resulta peligroso para a súa vida o baile que teñen os grilos nalgunhas estradas da provincia de Ourense, polo mes de maio pasan a centos dunha beira para outra sempre que haxa prado nas dúas beiras.

Por exemplo na de Montederramo a Chandrexa a finais de maio pasan a centos. Por eso tes que ir con ollo agudo, e quedan moitos mortos na estrada.

"O amor, as veces mata"...

 

É curioso pero a femia acude a chamada do grilo simplemente polo canto, esto está demostrado. De feito fíxose o seguinte experimento:

Poñer o grilo dentro dun cucurucho cunha única entrada por baixo e de modo que o cantar se escoite o redor. Unha femia veu e entrou pola única entraba que había. Para descartar que a femia viñera soio polo cheiro, fíxose o seguinte poñer a unha certa distancia un altavoz de maneira que o cantar o grilo se escoitara a moitos metros de distancia. Pois ben, acudían o altavoz os grilos femia como si se tratará dun grilo real...

 

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

Os grilos e a temperatura:

Servicio metereolóxico do grilo:

A relación dos grilos coa temperatura que fai nun lugar axústase a unha formula incrible, de feito o grilo o subir a temperatura  incrementa a frecuencia do seu canto, o parecer é debido o aumento do seu metabolismo.

Temperatura do aire= nº de chirridos por minuto/5 + 6

O chirrido dun grilo permite coñece-la temperatura reinante, dunha forma aproximada pero non por elo curiosa: contando o número de chirridos emitidos polo animal nun minuto, dividindo esta cantidade entre cinco e sumándolle seis obtémo-la cifra desexada.

Así aparece na direción www de metereoloxía de Galicia, como curiosidade.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

Fotografías

Os grilos no mes de maio aproveitan o que sexa. Este fixo a súa cova prácticamente a carón do río Mao en Leboreiro, Ourense, a dous metros da corrente. Fotografía do autor da www. 16/05/2006.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

Sair.