Lythrum salicaria. Salgueiriño. Fraile (Arroyuela).

As flores son moi características xa que son verticiladas dunha cor rosa púrpura moi vistosas. Dende logo é moi común nos prados galegos e as beiras dos nosos ríos, nas charcas, entre xunio e setembre.

A infusión de sumidades floridas é moi eficaz para a disentería.

Nota: esta flor aparece tamén como salgueiriño nesta base de datos ( por confusión de nomes).

Ver outras características.

salir.jpg (922 bytes) Saír.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

ARROYUELA

LYTHRUM SALICARIA

A maioría das flores están en espigas finais compostas de grupos como verticilos de catro ou máis. Pétalos de unhos 10 mm. De 0,5 - 1,5 m , con pubescencia gris ou casi lampiña. Tallo con algunhas liñas salintes, ramificado. Follas compostas ou en verticilos de 3, inda que as máis altas poden ser alternas; ovais ou oblongas, agudas, sentadas, con base truncada e semiabrazadora. Cáliz de dentes exteriores lineares. Pétalos púrpura - roxizos.

Atópase abondoso nas ribeiras dos ríos galegos e por suposto en lugares húmidos.

Chámse en castelán arroyuela , frailes Salicaria.

O texto está copiado o pe da letra do libro de Maria Garcia Rollán " Claves para a flora de España".

Saír.