Senecio vulgaris L. Casamelos.(Hierba cana)

Esta herba é moi coñecida en Galicia, por algo ten moitos nomes: casamelos, manteigueira, herba crecha, morga, herba das troitas, herba da familia,  cálcemo, cascabel e un longo etc.

O máis normal é chamarlle casamelos ou herba das troitas.

Dende logo é moi familiar e abondosa.

Trátase dunha planta ergueita que chega os 50 cm, con talo moi ramoso como se ve na fotografía.

 

Ver outras características.

salir.jpg (922 bytes) Saír.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Herba crecha. Casamelos.

Trátase dunha planta ergueita que chega os 50 cm.

O talo é moi ramoso.

As follas son moi características e definen a planta xa que son un pouco carnosas e están divididas de forma bastante irregular en lóbulos dentados.

As cabeciñas que leva en toda a planta tamén é moi característica, así como os froitos en pelotiñas blancas.

Florece prácticamente todo o ano.

As follas van envolvendo o tallo.

Leva moitas cabezuelas ou capítulos de medio centímetro moi característicos, ver na fotografía de cor amarelo.

   

Nesta gran fotografía, da que descoñezo o autor, vense as cabezuelas moi características.

 En galego son os capítulos (infrolescencia formada por moitas froles sentadas e colocadas enriba dunha base). O exemplo vese na fotografía.

Componse dunha rengleira de brácteas que levan o pé pequenas escamas con punta negra.

Frolece casi todo o ano.

 

Os froitos teñen o aspecto que se ve na fotografía é unha especie de pelo blanco.

¿Quen non soplou algunha vez estos froitos?. Pois hai que facelo...

Aparece en moitos lugares: fincas, xardíns, lugares onde se bota o lixo, e por suposto a carón dos ríos.

Na fotografía do autor da www, a flor da  herba das troitas sirve como imaxen da Ponte de Mandrás no río Arenteiro Ourense.

   

En castelán chámase Hierba cana, hierba de las quemaduras, lechocino, zuzón e outros nomes.

Casamelos no paseo das ninfas en Ourense. Río MIño. Autor da web.

Saír.