Non podía faltar neste pequeno traballo, sobre as prantas a carón dos nosos ríos, as famosas anémonas.
En marzo hai moitos ríos cheos de anémonas na súa beira.
É o caso do río Barbantiño, onde o autor da www sacou estas fotografías, en marzo do 2004.
As nemorosas son plantas que se dan moi ben en terreos húmedos, por exemplo a beira dos ríos.
Preséntanse moitas xuntas.
As follas son dentadas fina e regularmente.
Ten entre 6 a 8 pétalos de cor blanco.As anteras son amarelas, como se pode ver na fotografía.
Dase tamén nos prados húmedos.
A especie fotografiada parece a Anemone trifolia.
A fotografía está sacada a carón do río Barbantiño en Ourense. Xusto por baixo da ponte da carretera que leva a Amoeiro, no Viñao.Precisamente no que é hoxe un couto sen morte, pero que non é nin a sombra do que era fai uns anos.
Marzo do 2004.