Araneus diadematus.

Araña de xardín. (Araña).

 

Esta araña tece as súas teas nas plantas da ribeira, como por exemplo o xunco e outras herbas.  A mañanciña, cando hai xiada,  pódense ver estas telas fermosas cheas de gotiñas que parecen xoias. Son moi fermosas. Ver tamén outra tela sensacional.

Esta araña acostuma a estar no medio da súa tea, como se ve na fotografía, sacada en Ourense no río Lonia. Por certo un río sensacional que hoxe é unha magoa de río.

 

Ver características.

 

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.                       

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A araña de xardín: características.

 

 

Fotografía de Juan José Vidal Fernández. Libro "Naturalmente Galicia".

Nome científico Nome galego Nome_castelán
Dimensións Identificación Habitats
As arañeiras: construcción. Video Alimentación Reproducción
Protección Pedir perdón as arañas... Xoia_de_arañeira
Vese_nos_meses_de... Curiosidades O_veleno_das_arañas

 

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.                 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome científico

Nome científico

Fotografía de Shaun Ivory. Femia da araña.

Araneus diadematus.

Taxonomía:

Reino: animalia

Filo: Artrópodos

Clase: Arácnidos

Orden: Araneae

Familia: Araneidae

Xénero: Araneus

Especie: Araneus diadematus

Nota: dentro da familia Araneidae hai soio 4000 especies...incrible. Claro que as arañas xa son 101 familias dentro de 40.000 especies distintas. Simplemente se diferencian entre elas pola súa capacidade de segregar fíos de seda e texer telas ou arañeiras. As arañas soio teñen dúas partes o cefalotórax e o abdomen o que está unido por un pedúnculo.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome galego

Nome galego

Fotografía de Shaun Ivory. Femia da araña.

Araña de xardín.

Ir a características

 

 

 

 

 

 

Nome castelán

Nome castelán:

Fotografía de Shaun Ivory. Femia da araña.

Araña de Jardín. Araña de la Cruz.

 

 

Ir a características

 

 

 

 

 

Dimensións

Dimensións:     

Fotografía de Shaun Ivory. Femia da araña.

Fotografía de Shaun Ivory. Macho de araña.

 

Entre 10 a 12 mm. A femia é moito máis grande que o macho, polo menos o corpo. Trátase da araña de tela circular máis coñecida. Coma tódalas arañas poseen catro pares de patas que están situadas na primeira parte do corpo, onde tamén están os ollos.

Os araneidos teñen todos oito ollos, catro deles no frente formando un cadrado, que se ve na fotografía de abaixo, logo teñen outros dous a cada lado.

Ollos desta araña.

Ir a características

 

 

 

 

 

 

Identificación:

Identificación:

Como todos os arácnidos poseen 4 pares de patas o que as distingue dos insectos, ademáis o corpo é completamente distinto dado que as arañas soio teñen duas partes o cefalotorax (prosoma)  e o abdomen (opistoma), distinto os insectos. Non teñen ás e sí teñen uns quelíceros interesantes...

Son moi distintas os insectos...

Esta araña pode atoparse a carón dos ríos, inda que sexa unha araña de xardín.

A da fotografía está claramente a carón dun río.

A súa cruz no abdomen é característica desta araña.

A cruz semella a da orde de Santiago, concretamente a cruz compostelana invertida.

A cor vai dende un amarelo claro ata un marrón negruzco.

Outra característica clave desta araña é a súa arañeira que é moi grande,  de feito pode llegar a ter ata 30 radíos. O diámetro pode pasar do metro.

A arañeira que figura na fotografía no andaba moi lonxe dos 30 radios  e o seu diámetro casi llegaba o metro.

O veleno das arañas.

As arañas, en contra do que se cree non son tan velenosas, polo menos as que hai en Galicia. Eso si teñen veleno, de feito utilízano para matar as súas víctimas, pero a súa picadura o home non deixa de ser como moito a de unha abella, inda que pode ser dolorosa. Concretamente a picadura desta araña de xardín é moi dolorosa, así que ollo.

Sobre esto hai todo un tratado en internet neste link. O traballo é de Fidel Fernández-Rubio e leva por título "Artrópodos y salud humana" e está avalado polo Goberno de Navarra no seu departamente de Saude. toda unha garantia de traballo.

..."Según este estudio na península ibérica soio hai dúas arañas que poden causar algúns problemas e para eso non moi serios, que son a Steatoda paykulliana e a Latrodectus tredecimguttatos"

Que son estas arañas:

Steadona paykulliana. Ten a femia 1,5 cms e o macho a mitade. Sur de Europa e Norte de Africa. W de Asia.

É a Falsa viuda negra.

Ver este link.

Non sei si existe en Galicia, eu dende logo non a teño visto.

-------------------------------------

Latrodectus tredecimguttatos. 2 cms. a femia.

Esta é a famosa "Araña viuda ou viuda negra europea", pero non é nin comparable a a americana. Seica hai esta araña en Andalucia.

Ver este link.

Ver os casos tratados en Almeria sobre esta araña.

Tamén este link en italiano.

E por suposto este link en castelán.

En algúns lugares chámanlle Araña de campo. Concretamente en Zamora.

Latrodectus tredecimguttatos. 1 cms. o macho.

datos neste links.

Nota: para profundizar un pouco nas arañas hai un link moi interesante.

En Galicia hai unha comunicación moi interesante.

Neste traballo fálase de que en Galicia soio foron localizadas, de momento, 131 especies das 2000 que se coñecen en España. Fala do ano 1994.

Ir a características

 

 

 

 

 

A súa tea de araña, as arañeiras:

As arañeiras: construcción.

No dibuxo, moi curioso, pode verse como fai unha araña a súa tea.

No primeiro dibuxo vese como a araña lanza o fío a ver que pasa hasta que choque no pau contrario, aproveitan por suposto o vento e non atinan fácilmente, esto sábese xa que moitas veces eu diría sempre atópanse fíos que non deron no pau.

Seguidamente apuntalan este fíop facedoo máis groso a base de cruzar varias veces. No paso 3 vese a famosa y e así a apuntalamento é perfecto.

Nesta fotografía vese este aspecto hai tres fios moito máis grosos e que apuntalan a arañeira. Fotografía sacada no río Navea, neste caso a arañeira cruzaba o río. Incrible.

A súa tea pode verse perfectamente ó achegarnos á beira dos ríos, sobre de todo nas mañás de orballo.

Fotografía de Juan José Vidal Fernández. Libro "Naturalmente Galicia".

A construcción destas arañeiras fanna as arañas femia en base os fíos de seda que fabrican, en realidade trátase dunha proteina, a fibroína, que está demostrado posee una resistencia incrible, dicen que superior o aceiro.

A arañeira vai a permitir a araña cazar as súas presas en base a que as detecta rápidamente e acude a moitísima velocidade para matala rápidamente.

É curioso que a arañeira casi a fan tódolos días. Efectivamente o cabo do día sufre pequenas averias. A araña o chegar a noite vai devorando toda a arañeira xunto cós mosquitos ou animaliños que teña. Antes do amanecer volverá a tela lista.

Ver este video:

 


 

Ir a características

 

 

 

 

 

Alimentación:

Alimentación:

Araña envolvendo unha avispa que logo dará conta dela...Descoñezo o autor da fotografía.

É, coma todas as arañas,  carnívora. Gustánlle moitos todo tipo de insectos. Neste caso comen avispas, abellas, cabaliños do demo de todo tipo, bolboretas, moscas, mosquitos, efémeras, tricópteros, etc.

A alimentación fanna dunha forma moi singular, primeiro mata a peza, logo inyecta uns xugos gástricos que descompoñen a peza e finalmente chupa eses xugos.

Ir a características

 

 

 

 

 

 

Habitats:

Habitats:

Fotografía de Juan José Vidal Fernández. Libro "Naturalmente Galicia".

Nos prados a beira dos ríos é o seu lugar ideal, pero realmente construe a súa arañeira en calquera lugar onde teña dous postes o un valado ou pedras dun lado e de outro, e poda así construir perfectamente a súa arañeira. 

Non é doado vela salvo que este no centro da tea, que é o normal desta araña, pero tamén pode estar escondida nas herbas, neste caso tan pronto como un mosquito ou mosca toque a tela e se enmarañe nela, acudirá rápidamente. 

Usan o teléfono de fios dende moito antes que o home. Non lle falla.

Ir a características

 

 

 

 

 
Reproducción:

Reproducción:

Fotografía sensacional de Shaun Ivory. Femia.

Fotografía sensacional de Shaun Ivory. Macho.

O macho ten o corpo máis pequeno.

 

A femia desta araña tarde casi un ano para facerse adulta e capaz de aparearse. Nótase xa que nese momento fará unha gran tela e ademáis liberará o que se chama unha feromona (para que podamos entendernos unha especie de colonia) que atraerá irremisiblemente o macho.

O ciclo vital é así un complexo ritual. Logo a bolsa dos ovos queda camuflada na femia dentro da tela primeiro e na corteza dos árbores ou entre as follas do bosque. As veces esa bolsa lévana ata a eclosión.

Sensacional fotografía de J. Monzó sacada de Fotonatura.org.

Nesta fotografía vese a nosa araña trasportando a bolsa dos ovos ou xa das pequenas arañas que as veces saen da bolsa.

Fotografía sensacional de Shaun Ivory. as pequenas arañas...

Estas tres fotografías están sacadas deste link.

O demais xa o sabemos a femia cargará cos ovos e logo virán o cabo dun tempo os fillos, que se buscarán a vida rápidamente.

Ir a características

 

 

 

 

 

Vese nos meses:

Vese nos meses de...

Todo o ano. É evidente que en inverno será máis dificil de ver, o lóxico é que se vexan máis na primaveira e no verán.

Ir a características

 

 

 

 

Protección:

Protección:

Esta araña non goza de ningunha protección oficial que eu sepa.

Ir a características

 

 

 

 

 

 

Curiosidades desta araña:

Curiosidades desta araña:

Non se pode decir que unha araña sexa intelixente, pero dende logo algo teñen superior a moitos bichiños da natureza. Unha das cousas que máis me chama a atención é por suposto a construcción da súa arañeira;  é toda unha obra de arte.

Neste dibuxo están os pasos da construcción. Toda unha obra de enxeñería. Alta enxeñería diría eu...

Outra das cousas é que as arañas casi poden voar, en realidade non voan pero teñen unha técnica que aproveitan o vento para desplazarse,  sempre por suposto atadas por hilos de seda. O que fan é lanzar primeiro o fío de seda e logo desplazarse, vese moi ben nos pasos 1 e 2 dos dibuxo. Así fan grandes distancias. Hai xente que dice que fai quilómetros con este procedemento ou similar. En realidade falan de que fai parapente, que é outra cousa, pode ser...

Esta arañeira estaba atravesando un río, o río Navea en Ourense, nese lugar entre as orillas do río había máis de dous metros. Toda unha obra de enxeñería, alta enxeñería xa que os fíos que se ven máis  grosos que os outros,  non son fáciles de romper que mo digan a mín...

A potencia deste fío, feito dunha proteina especial, é incrible, dicen que superior o aceiro. As propiedades deste fío seica son milagrosas por exemplo para taponar feridas...

Fotografía de Juan José Vidal Fernández. Libro "Naturalmente Galicia".

Outra cousa que maravilla é o previsoras que son có tempo, son auténticas estacións metereolóxicas infalibles. Por exemplo preven a choiva, porei un exemplo: si as arañas detectan que mañá vai chover inmediatamente desfan a súa arañeira e  fana  uns centimetros máis arriba. Incrible pero certo...

Dicen que esta araña ten a capacidade de cazar bolboretiñas de noite en voo. Dicícil verdade?

Pois si, simplemente soltan una sediña, a misma coa que fan a arañeira soio que cunha diferencia e que na punta leva unha gotiña de pegamento.

Simplemente os pasos 1 e 2 do dibuxo. A seda vai cara arriba polo vento e si atopa unha bolboretiña, que se de por morta. Logo xa é recoller...e comer...

-----------------------------------

Para rematar decir que esta araña ten tamén moitos depredadores que a consideran marisco. Así hai un morcego que se achega a súa arañeira e en pleno voo colle esta araña que pasa a outra vida. Si no campo vemos unha arañeira, sin araña e sin o centro da tela debemos pensar que pasou por alí o especialista en marisco de bosque...

Normalmente trátase do morcego de orellas dentadas o famoso Myotes emarginatus, todo un espacialista...

Esta arañeira sin araña e rota no centro da que pensar...

Neste caso pasou por ali o Homo sapiens có programa PSP. pero podería ser o morcego perfectamente...

-------------------------------------------------------------

Agora me entero de que as arañas son as primeiras que chegan os bosques queimados polo lume  sendo así clave para rexeneralos.

Leer este link.

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

Pedir perdón:

Pedir perdón a esta araña:

Dende estas lineas pídolle perdón a nosa araña. Pídolle perdón como pescador.

¿ Por qué ?.

Non sei si vos terá pasado , pero a mín moitas, moitísimas veces, que pescando a troita en río difíciles, o subir polo río e ter que meterme por esos lugares, levar por diante, moitas arañeiras, e por suposto conmigo tamén a araña. 

Si non vos pasou esto é que non pescades "fino", eu teño levado moitas por diante, non queda máis remedio.

Por eso pídolle perdón...

Eu sei que mo dará...

Esta foi a última arañeira que estropei, como pode verse pola araña que está intentando reparala. Pasoume no río Navea moi preto do pozo do Félix, nun regatiño que baixa e no que sempre bebo auga. Pois ben, non vín a tea e leveina por diante. En honor da araña poño esta fotografía e pido novamente perdón. (09/05/2006).

Ir a características

 

 

 

flecha.jpg (1049 bytes) Sair.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

XOIA DE TEA DE ARAÑA

Fotografía de Juan José Vidal Fernández. Libro "Naturalmente Galicia".

Aquí pódese apreciar perfectamente as perliñas que formou a xiada nunha tea de araña.

Marabillosas.

De tódolos modos vese o que se quere decir das perliñas que forma a noite de orballo.

Obras de inxeñería marabillosas. Obras maestras:

 

Esta arañeira demostra as claras as auténticas xoias que podemos contemplar algunhas veces. Esta tea atravesa o río, incrible, ademáis tiña varios cabos para tensala, cabos que se poden observar na fotografía, estos cabos son moito máis grosos.

Facía un vento bastante grande e dende logo a tea casi non se movía, sensacional.

Realmente marabilloso. Unha obra maestra.

A fotografía está sacada no río Queixa, Chandrexa de Queixa. Ourense.

Ir a características

 

 

 

 

 

 

flecha.jpg (1049 bytes)