Crataegus monogyna Jacq. Estripeiro. (Espino).

Arbusto de ata 5 metros que se atopa con moita frecuencia á beira dos ríos. Normalmente ten o tronco torto. A súa madeira é moi dura. As flores son blancas con estames rosas. Froito avermellado.

Ten espiños bastante longos en todo a árbore.

Na fotografía vese un espiño, que por certo ten unha folla característica e uns pinchos peligrosos si lle botas a man...

Ver características.

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.                        

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

ESTRIPEIRO.

Nome científico Nome galego Nome castelán
     
Dimensións Identificación Habitat
     
Flores Froito Tronco
     
Interés Curiosidades Bibliografía
     
Fotos no Lor. Fotografías.

Modificado 15/05/2013

salir.jpg (922 bytes) Saír.                       

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome científico:

Nome científico:

Crataegus monogyna Jacq.

Clase: Magnoliopsida

Orden: rosales

Familia: Rosaceae

Xénero: Crataegus

Especie. Crataegus monogyna

 

Nota: o do nome ven de Crataegus que é forte, robusto e que fai alusión a súa madeira. O de monogyna parece que fai referencia  a que ten soio un estilo en cada flor.

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome galego:

Nome galego:

Estripeiro, estripo, estripo, escalambrón, escambrón, espiño, espiño cambrón, estripo albar, etc.

Nota: o feito de ter moitos nomes xa sabemos que quere decir que é unha árbore moi coñecido en Galicia, e sin duda de moita utilidade. Efectivamente a súa madeira foi utilizada para facer mangos de ferramentas e outros utensilios debido a súa fortaleza.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome castelán:

Nome castelán:

Fotografía sacada deste link.

Espino majuelo, espino albar, majuelo.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Dimensións:

Dimensións:

Fotografía do autor da www.

Chega os 5 metros.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

Identificación:

Identificación:

Trátase dun arbusto de moita espiña, as follas son ovais con moito lóbulo. Ver na fotografía as espiñas, que por certo son bastante longas.

Tamén nesta vense ben:

A folla tamén ten unha forma que non deixa lugar a moitas dúbidas, inda que teñen as veces forma bastante variable, en xeral son ovais con moito lóbulo.

 

No dibuxo de Carlos Silvar, están algunhas das características principais deste arbusto.

Nesta fotografía sacada no río Lonia en Ourense, vese perfectamente os pinchos. Bastante longos por certo.

O tronco e curto e soe ser algo torto. Copa baixa, arredondeada e densa.

 

Ir a características

 

 

 

 

Habitats:

Habitat:

Fotografía sensacional de Susana Dominguez. Libro Árboles de nuestros bosques.

Vese onde hai humidade, sempre en lugares frescos,  polo tanto é normal a beira dos ríos. Non é unha  árbore de alta montaña, máximo sobre 1.200 metros.

Fotografía sacada no río Baraña en Ourense. Abril do 2008

Pódese atopar por toda Galicia. É,  polo tanto,  moi habitual nos ríos galegos.

Imaxen en Gres, no río Ulla. Unhas ínsulas que hai que ver. Maravillosas.

Na imaxen anterior, do autor da www, un estripeiro nada menos que en Grés, en Ponte Ledesma, no río Ulla, nunha das ínsulas que hai nun río sensacional. Por certo, mándolle unha gran aperta  a Adolfo Villar Donato, un home amabilísimo que me sirviu de guía nestas ínsulas sensacionais. Realmente Galicia ten rincóns decoñecidos, preciosos, sensacionais e dignos de ver...as ínsulas do Ulla en Gres son un destes lugares fora de serie.

 

Ir a características

 

 

Flores:

Flores:

Son brancas, levan 5 pétalos e cinco sépalos, con moitos estames rosas. Moi características. Moi olorosas. Olor moi agradable.

Fotografía sacada deste link.

Fotografía do autor da web.

Ir a características

 

 

 

Froito:

Froito:

Froito inda verde. Fotografía do autor da www. Río Lonia en Ourense. Xunio 2005.

É unha boliña avermellada que aparece entre setembro e octubro. Os froitos poden permanecer na árbore todo o  inverno.

 

Ir a características

 

 

 

 

Tronco:

 O tronco da árbore de nova ten este aspecto:

Fotografía sacada deste link.

O tronco é curto e sempre algo torto, é curioso.

Observar que é torto o seu tronco.

Fotografía sacada deste link.

 

Ir a características

 

 

 

 

Interés:

Interés:

A madeira emprégase para facer mangos de ferramenta e outro útiles. As flores tamén se usan como tónico cardíaco, aparte de mellorar as arritmias e a tensión arterial. Tamén se utiliza para calmar a ansiedade, para elo utilízanse as flores como si foran té.

Ver este link si queredes ampliar. Trata sobre o espiño albar na terapia cardiovascular.

As follas poden comerse en ensalada, saben a noces. O froito tamén é comestible.

 

Ir a características

 

 

 

 

Curiosidade:

Curiosidades:

As follas deste arbusto son ramoneadas polas cabras. Esa particularidade seica está implícito no nome científico da árbore.

En algún lugar de Galicia de tódolos xeitos a este arbusto chámase espiño cambrón, no sei porque...

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

Bibliografía:

Esta imaxen está sacada do libro "La vegetación de ribera de la mitad norte de España" de Francisco Lara, Ricardo Garilleti y Juan Antonio Calleja. Libro que tamén teño usado posteriormente como bibliografía.

Outras fontes: Guía das árbores de Galicia. Henrique Niño Ricoi. Carlos Silvar. 

Fotografías sacadas de la Guía para conocer los árboles de Multimedia Ediciones S.A. Barcelona Multimedia.

Los árboles de nuestros bosques, de Susana Dominguez y Ezequiel Martínez.

 

Ir a características

 

 

 

Fotografías:

Esta imaxen está sacada do libro "La vegetación de ribera de la mitad norte de España" de Francisco Lara, Ricardo Garilleti e Juan Antonio Calleja. Libro que tamén teño usado posteriormente como bibliografía.

Fotografía do autor da web

Fotografía do autor da web

 

Espiño no Rexo (Allariz). Río Arnoia. Fotografía  do autor da web. Secundino Lorenzo. Maio 2012.

Espiño no Rexo (Allariz). Río Arnoia. Fotografía  do autor da web. Secundino Lorenzo. Maio 2012.

Espiño no Rexo (Allariz). Río Arnoia. Fotografía  do autor da web. Secundino Lorenzo. Maio 2012.

 

Ir a características

 

 

 

 

 

 

 

 

Fotos no río Lor. 15/05/2013.

Flor e follas dun estripeiro ou espiño a carón do río Lor na Labrada.Autor da web. Secundino Lorenzo

Detalle da flor do espiño. Autor da web. Secundino Lorenzo

Ir a características

flecha.jpg (1049 bytes) Subir.