Poño esta planta que máis ben é un arbusto xa que para mín é bastante coñecida, lamentablemente.
O trobisco é un arbusto, que inda hoxe se utiliza como veleno activísimo. As follas machacadas son velenosas para as troitas e peixes. Con este arbusto fixéronse auténticas salvaxadas nos regatos de montaña na provincia de Ourense e outras.
Características da planta.
Fotografía de Íñigo Pulgar.
Fotografía de José Murcia. |
Descripción: Arbusto de talos erectos. de corteza parda e altura non superior os 2 m. Ten as pólas moi ergueitas, ver a fotografía. Follas simples, alternas. densamente agrupadas nos extremos das ramas. Lanceoladas, enteiras, de ápice acuminado, ou sexa terminan en punta. Sempre verdes griseiras. Flores nacen no cumio das pólas, nun acio. Son pequenas , coa corola blanca e catro lóbulos terminais patentes. Flores en acio blancas. Froitos de forma de baga, verde inicialmente e vermello o final. Son velenosos |
|
Fotografías de Paolo Sanna. |
Hábitat: Aparece en todo tipo de terreos. Florece de marzo a octubro e os froitos madurecen dende xuño a novembro. Vive ben entre o toxal e o piñeiro en lugares de moito sol, polo tanto quentes. Usos: A presencia, sobre todo nos seus froitos, dunha resina, a mezerina, e outro composto a daphnetina, de alto poder tóxico para persoas e animais, non impidiu que esta pranta se utilice polo home para outros fins: en cosmética úsanse as follas para fabricar un ungúento que tiñe o pelo de negro e elimina a caspa; en mediciña, o poder vesicante das follas utilizase para as feridas. Tamén se utilizaba para sanar as orellas unha vez que se facía o burato para os pendentes. Tamén como como insecticida, para matar piollos, formigas, e chinches. Algúns paisáns utilizan o trobisco como potente veleno para matar peixes nas pozas dos ríos galegos. Así é citado en diversos libros, entre eles "Un verán en Galicia" 1911 da Inglesa C. Gasquoine Hartley. 1911 editado por Galaxia. |
|
|
Observacións:
O nome deriva do grego "Daphne", a mitolóxica moza que perseguida por Apolo tranfórmase á beira dun río nun laurel.
|
|
Outras fotografías |
Outras fotografías |
|
|
|
|
Fotografía de José Murcia.
|
Descoñezo o autor da fotografía.
|
|
|
![]() |
|
Descoñezo o autor da fotografía.
|
Fotografía de José Murcia.
|
Fotografía do autor da www sacada preto de Lobios, facendo a ruta da Corga da fecha, un lugar marabilloso a carón do río Caldo no Xurés. Ourense.
|
|
|
| Outro detalle da flor do trobisco. | Outro detalle dos froitos do trobisco. |
En galego chámase con moitos nomes: chorobisco churbisco, matapulgas, torbisca, trobisco, turbisco.