Calopterix virgo. Gaiteiro aliazul. Cabaliño do demo (libélula).
|
|
Exemplo dun gaiteiro galego: características
![]()
| Nome científico |
Calopterix virgo
Taxonomía: Reino: animalia Clase: Insectos Orden: Odonata Suborden: Zygópteros. Familia: Calopterixae Xénero: Calopterix Especie: Calopterix virgo
|
| Nome galego |
Gaiteiro aliazul. Tamén por suposto cabaliño do demo ( en Galicia chámanse cabaliños do demos tanto as libeliñas como os gaiteiros.).
|
| Nome castellano |
Fotografía sensacional de Manuel Ruíz Libélula. Caballito del diablo.
|
| Dimensións |
Fotografía de Pierre-André Gertsch Son odonatos de corpo ata 40 mm.
|
| Odonatos: |
Tanto a libeliña como os gaiteiros son odonatos, insectos de moito colorido e corpo moi alongado. Cabeza movil con grandes ollos.
O corpo presenta tres partes perfectamente diferenciadas. Teñen as que en reposo permañecen desplegadas nas libeliñas e sobre o corpo nos gaiteiros. O acoplamento entre macho e femia é espectacular, ver fotografía máis abaixo. Logo poñen os ovos na auga. Aparato bucal de tipo masticador, con mandíbulas fortes. Os odonatos están divididos en dous ordenes: os anisópteros ou libeliñas ( libellula, Aeschna, Anax, etc )
Libeliña e os zigópteros (Lestes, Pyrrhosoma, Calopteryx, etc. ). Tamén se chaman gaiteiros.
Gaiteiro. O gaiteiro é máis pequeno que a libeliña, as ás tenas o longo do corpo.
|
| Identificación: |
Identificación do gaiteiro aliazul:
A coor do seu abdome non deixa lugar a dúbidas, abdome azul con franxas negras.
|
| Alimentación: |
Insectos voadores que capturan en pleno voo collendoos coas súas patas outros insectos, como moscas, mariposas, etc.
|
| Respiración: |
As larvas respiran por branquias traquiaís. O osíxeno consígueno gracias a existencias dunhas tráqueas branquiais internas o circular o líquido a través delas, gracias a esto a larva logra, mediante a expulsión dun líquido unha sobre - velocidade para capturar presas.
|
| Reproducción: |
É do máis incrible, dende a copulación ata o estadio final, pasando entre 10 a 15 estadios.
A cópula é incrible. Na fotografía vese como o macho suxeta a femia e como esta recolle os espermatozoides. Logo a femia pon os ovos na auga.
Esta é unha larva de un zigóptero que logo dará lugar a un gaiteiro. A partir de aquí e durante 1 a 5 anos próducese un proceso incrible onde pasa de larva de distintos xeitos, cada vez máis grande e cambiando moito de caparazón, ata subir a unha ramiña ou a unha pedra e cambiar por completo de forma, pasando de larva a cabaliño do demo.
|
| Habitats: |
Preto dos ríos e charcas. Esta gaiteiro concretamente pide augas rápidas . É moi común.
|
| Vese nos meses: |
De maio a agosto.
|
| Interés: |
Son moi espectaculares.
|
| Protección: |
Non están protexidas.
|
| Curiosidades: |
Normalmente están sempre no aire voando. Os acoplamentos das libélulas macho e femias é incríble, xa que o macho suxeta a femia polo pescozo.
Na fotografía macho e femia copulando, trátase de gaiteiros, pero ben a selo o mesmo. A femia cúrvase para recoller o esperma ata parte delanteira do macho. Así voan e voan ...
En Galicia chamamos libeliñas as libélulas máis grandes (odonatos de ata 80 mm.) e gaiteiros as mais pequenas, ata 40 mm. En realidade as libeliñas saen dos anisópteros e os gaiteiros saen dos zigóptero. Tanto un como outro son odonatos. Tanto unha como outra xa son diferentes o nacer, xa que mentras os anisópteros teñen un sistema especial de liberarse da membrana que conforma o ovo. Así válense dunha lámina denticulada, mentras que os outros empregan unha inflamación para romper a membrana.
O desenrolo da larva pode durar de 1 a 5 anos ( 10 a 16 estadios).
|
| Os zygópteros en Galicia: |
Os zigópterós son moi abondosos en Galicia e comprenden outras familias como as calopterygidae, coenagrionidae, lestidae e platycnemididae. En todas estas familias hai representantes en Galicia así: Nos calopterygidae que son odonatos figuran as tres especies galegas dos Calopterix que trato nesta ficha así:
Calopteryx virgo
Calopteryx xanthostoma
Calopteryx haemorrhoidalis. ------------------------------------- Precisamente dentro dos Coenagrionidae o parecer estas os odonatos mellor representados xa que conta con sete xéneros e once especies, así por exemplo:
Pyrrhosoma nymphula, seica moi abondoso en Galicia.
Esta é a larva. Fotografías sacadas deste link. Dentro dos lestidae hai tamén varios cabaliños en Galicia entre eles o:
Lestes viridis Por último entre os Platycnemididae hai tamén outros como o :
Platycnemis latipes Todos por suposto teñen as súas larvas correspondentes que viven no leito dos ríos. Nota importante: Esta información está sacada do libro "Macroinvertebrados de las aguas dulces de Galicia" dos autores Marcos A. González e Fermín Cobo.
|

Ver unha fotografía moi aumentada.
Fontes:
Fauna e flora de Europa. Guía de campo básica. Editorial Blume.
"Macroinvertebrados de las aguas dulces de Galicia" de Marcos A. González e Fernando Cobo. Hercules Ediccións. 2006
![]()
| Anisópteros
(Odonato) Ata 80 mm. |
|
|
Libeliña ou Libélula.
Quitaollos común. |
| Zigópteros
(Odonato) Ata 40 mm |
|
|
Gaiteiro.
Gaiteiro alizul. (Máis pequeno ca libeliña) |
A larva de libeliña, o odonato (Anisóptero) que tamén chamo besbello é moito maior que a de gaiteiro ( Zigóptero) y dende logo con moita máis forza. As duas teñen mandíbulas pero mentras o Odonato (anisóptero) caza por vista, e moi rápido e moi depredador o outro o do gaiteiro(zigóptero) caza por aproximación e en base as antenas, é polo tanto moito máis lento no río.
Ver máis diferencias:
Na libeliña a cabeza é redonda e os ollos case están pegados. As ás permañecen abertas en reposo e o longo da cola presentan tres segmentos tipo cono moi característico.
Teñen un voo moi sofisticado, son capaces de parse incluso.
No gaiteiro a cabeza é redonda pero os ollos están máis separados. As ás permañecen pousadas o longo da cola. E non presentan, por regra xeral esas tres partes. Son dende logo máis pequenos e incapaces de pararse en voo.
Estas larvas, a pequena da lugar os gaiteiros e a grande , as libeliñas que son máis grandes. Esa é a diferencia.
Saír.
![]()