Cito o esquío, como preto dos ríos galegos, xa que últimamente é moi abondoso na beira dos ríos de Ourense, onde fai uns anos non se deixaba ver.
Atopeime algunhos en varias zonas do Arnoia, no Deva en Ourense , etc. ( En Lugo é Coruña sempre foi abondoso).
Inqueto, vivaracho e ousado, da gusto velo. As veces perde o medo e baixa a comer calquera cousa que se lle bote. Merece a pena ver un esquío, xa que non escapa rápidamente (sempre que non fagamos moito barullo) e trátase dun excelente trepador.
O esquío vexo que tamén se atopa a gusto nas árbores de Galicia...
![]()
| Nome científico |
Sciurus vulgaris. (Linnaeus 1758)
|
||
| Nome galego |
Esquío , Esquiu, esquivo, esguiro, arda, ardela.
|
||
| Nome castelán |
Ardilla.
|
||
| Dimensións |
|
||
| Identificación: |
É inconfundible, o seu rabo peludo non deixa lugar a dúbidas. Sempre subido polas árbores, gatuña sin parar. É moi observador e gustalle dominar o bosque coa mirada, deixase ver , nunha palabra.
Fai anos en Ourense non se vía. No 2000 é moi abondosa en algunhas zonas, como o Polígono, Paderne, Xunqueira de Ambía, etc. Ten dúas pelaxes: a roxa e a gris.
Esta é a pelaxe gris.
Esta é con pelaxe roxa.
Longas orellas e longas patas traseiras. A cola tamén non deixa lugar a dúbidas.
As uñas son un bon instrumento para subir e baixar, si non sería imposible. Igual sube que baixa da árbore...
En terra tamén é bon corredor. De tódolos xeitos andar polo chan non lle gusta moito.
|
||
| Reproducción: |
Aparease entre decembro e maio, a preñez tena os 38 días aproximadamente, ten ademáis entre 1 a 2 partos o ano e trae entre 2-5 crías , desnudas e cegas que abren os ollos o cabo dun mes, son amamantadas durante dous meses e logo independízanse.
O niño faino nas copas dos árbores sobre todo dos pinos. O niño ten sobre 30 cms de diámetro e está formado por ponlas, herbas e mofos, é bastante consistente. As veces son oportunistas e aproveitan o niño de outras por exemplo urracas ou caixas por exemplo. Pode acadar ata seis anos.
|
||
| Inimigos: |
O seu enemigo natural é a marta.
A marta pode cazar o esquio de forma espectacular. Si se ve moi apurado o esquío pode deixar a cola. De tódolos xeitos ten que ser un bon alimento para as rapinas típicas, sobre todo cando é pequena. Evidentemente unha aguía, un azor ou unha lechuza poden facerlle moito daño a un esquío. Inda que penso que as aguias pouco daño lle van facer xa que prácticamente non existen. Non hai moitos datos xa que o esquíu é moi recente nos nosos bosques sobre todo en Ourense.
|
||
| Alimentación: |
Preferentemente aliméntase de semillas das árbores, conchos, baias, tallos e tamén algúns insectos.
A súa dentadura permítelle ser un experto para apalancar as piñas e coller os piñóns ou abrir unha noz si fai falta.
Na fotografía está a comer nun cogordo ou Lepiota procera, choupin, patamela ou como se chame en cada zona. Gústanlle moito os piñóns, sobre todo do Pinus pinaster e Pinus sylvestris; tamén as castañas, cogumelos, codias, xemas, gromos, caracois, insectos, ovos e polos de aves. Tamén come caracois, insectos, ovos e polos de aves. Vese de día.
Ver este video da BBC:
|
||
| Habitats: |
Presente hoxe, ano 2000, en tódolos bosques galegos, tamén preto dos ríos e regatos, inda que non sexa un mamífero ribeireño, pero dende logo, gustanlle os ríos e os regatos. Vese polo tanto en bosques de todo tipo, tamén en xardíns e parques. Gústanlle moito os pinares. Está presente pero menos nas carballeiras e tamén en bosques de faias.
|
||
| Vese nos meses: |
Todo o ano, menos no inverno onde se sumerxe no letargo invernal, onde dorme días e días. Na primaveira vense menos que no verán e no outono, por una razón clara, no inverno morren algúns esquíos, uns por vellos e outros polo frío ou o mal tempo. Dicen tamén que non inverna. Queda dito.
Fotografía Remo Savisaar. É solitario e diurno. Vese durante o día inda que a mediodía vese menos xa que debe dormir a xesta, é un decir... É un roedor que cae simpático e moitas veces botándolles comida incluso a collén rápidamente, sobre todo os que están preto dos xardíns das ciudades.
|
||
| Interés: |
Especial. É un excelente trepador, pode descender coa cabeza para abaixo, é incrible. Utiliza o rabo, moi peludo e poblado de timón e de paracaidas, cando salta de árbore a árbore.
|
||
| Protección: |
Figura no anexo III do Convenio de Berna. Categoría UICN (2001). Preocupación menor (LC).
|
||
| Distribución en Galicia: |
Hoxe xa se atopa en toda Galicia. Fai anos estaba limitada os Ancares e zonas preto de Asturias onde é e sigue sendo moi abondoso. Pola razón que sexa, foron medrando e extendéndose a toda Galicia. Hoxe é abondoso na provincia de Ourense, onde se pode ver por tódolos bosques. En tempos foi considerada rara tanto en Pontevedra como en Ourense. Seoane cita o esquío en 1861. Morren moitos nas estradas. Unha mágoa.
|
||
| Pegadas e identificacións: |
O esquío non é dificil de distinguir si anda pola zona, sobre todo si hai pinos, xa que deixa as piñas dun xeito único e que non fai outro mamífero, busca, evidentemente os piñóns e deixa unha pistas boas, coas cáscaras de estos e o que queda de piña.
Os nidos son parecidos os das aves, fainos nas copas das árbores
No chan as patas de adiante que son catro dedos, deixan marcadas normalmente tres. Por detrás teñen cinco dedos que normalmente marcan todo.
|
Fonte de información :
Atlas de vertebrados de Galicia. Tomo 1. Avalado pola Sociedade Galega de Historia natural.
Cuadernos de campo. Roedores II. nº 59. Félix Rodríguez de la Fuente. Airtel. 1975.

O esquío. Descoñezo o autor da fotografía
Fotografía de Remo Savisaar.
![]()