| Nome
científico |
NOME
CIENTÍFICO:

Natrix natrix ( Linnaeus 1758)
Nota: Natrix quere decir nadadora. De tódolos
xeitos esta Natrix tamén se atopa fora da auga.
Taxonomía:
Reino:
Animalia
Clase:
reptilia
Orden: squarnata
Suborden: serpentes
Familía: colubridae
Género: Natrix
Especie: Natrix natrix
Ir ás
características.
|
| Nome
galego |
NOME GALEGO:

Cobra de colar
Ir ás
características.
|
| Nome
castelán |
NOME
CASTELÁN:

Culebra de collar. Culebra de agua.
Ir ás
características.
|
| Dimensións |
DIMENSIÓNS:

Neste exemplar inda se ve o
colar, que tende a desaparecer.
Pode ter ata un metro e medio. As femias poden
chegar ata 2 metros.
A cola é aproximadamente a quinta parte do corpo
total.
Ir ás
características.
|
| Identificación: |
IDENTIFICACIÓN:
Ollos redondos. Ou sexa pupilas redondas ( ver
fotografía). Distínguese da natrix maura xa que non ten o dibuxo en
zig-zag. Ademais a natrix maura é máis pequena.
Pero a distinción básica está máis abaixo e fala das
escamas detrás do ollo.
Escamas carenadas.

Hai unha característica moi peculiar desta cobra e
que se ve na fotografía perfectamente:

Esta é a Natrix natrix,
observar que por detrás do ollo ten tres escamas.
(Fotografía de P. Dubois)

Nesta fotografía tamén se ve perfectamente.
Detrás do ollo tres escamas.

Esta é a cobra Natrix
maura, observar que por detrás do ollo soio ten dúas escamas.
Vese mellor nesta
fotografía:

Natrix maura vese perfectamente as dúas
escamas únicamente detrás do ollo.
Sigo coa identificación da Natrix natrix:
A pupila é negra rodeado de iris
anaranxado ou roxizo intenso.

Teñen cor verde, gris ou pardo, e o colar branco
ou negro (de novas), que chega prácticamente a desaparecer.

Pode ter manchas negras
espalladas polo dorso.
As distintas libreas da Natrix natrix
pode verse neste dibuxo.

Todas elas son distintas variedades.
A máis común, polo menos en Galicia
é a seguinte:

Observar que a cabeza tamén a pode
poñer de forma triangular:

Esta é unha forma de defensa, para
así facer ver que é unha víbora (cousa falsa).
Ir ás
características.
|
| Alimentación: |
ALIMENTACIÓN:

Todo tipo de ras e tritóns. Tamén come peixes. As
veces algún ratón.
Come preferentemente pola mañán e na segunda
mitad da tarde. Un adulto pode papar entre 4 - 5 ras grandes ou 9 de
tamaño mediano en media hora. Engulle as ras por detrás e os peixes
por diante.
Video sensacional da BBC onde se ve
a cobra de colar aliméntándose primeiro dun ra e logo dun ratón.
Ir ás
características.
|
| Habitats: |
HABITAT:

Preto dos ríos e charcas. Tamén se pode ver esta
cobra nos prados así como en montes de matorral, toxos, etc. Moi
común en Galicia. Non compite coa súa conxenere a Natrix maura xa que
a Natrix natrix persigue incluso por terra as súas víctimas e inda que
se ve nos ríos vese menos que a Natrix maura.
A Natrix natrix é unha boa nadadora, natrix quere
decir nadar. Pode permanecer debaixo da auga ata 30 minutos.
Ver este video da BBC.
Cando fai moita calor pasa as horas na orilla dos
ríos, enroscada, entre a sombra e o sol, preto dos árbores ou tocóns.
Móstrase moi activa entre 22º-30º C.
Ir ás
características.
|
| Reproducción
: |
REPRODUCCIÓN:

O celo ocurre por abril-maio, a posta
ten lugar en xuño-xullo, en lugares cálidos e húmidos. A eclosión
dos ovos soe ocurrir a finais de agosto-setembro.
Pon entre 6 a 70 ovos. A incubación leva entre 3 -
11 semáns. Por regra xeral as crías nacen en setembro.
A remate dun ano as crías poden ter entre 23 a 30
cms.
Pode chegar os 19 anos, pero a edade media está
entre os 7 e os 9 anos.
Ir ás
características.
|
| Distribución
en Galicia: |
DISTRIBUCIÓN EN GALICIA:

Ten amplísima distribución en Galicia,
seguramente se trate da cobra máis abondosa de todas.
Ir ás
características.
|
|
Inimigos: |
Inimigos:

Por suposto os inimigos maiores son as
aves rapaces (a aguia culebreira por exemplo) e as zancudas, así como
os ourizos, teixugos, donicelas, etc.
Ir ás
características.
|
| Vese
nos meses: |
VESE NOS MESES DE:

Ten dous períodos de celo , un en
primavera e outro no outono. O seu período de celo e moi
característico, movendo a cabeza e a lengua dunha forma rara.
Os cambios de camisa detectan
o atopalas que hai culebras na zona.
Ver este video quitándose
a camisa:
Por suposto tamén as marcas
que deixan na terra o desplazarse. Ver ficha.
Ir ás
características.
|
| Interés: |
INTERÉS:

De interés especial.
Non se entende a manía que teñen moitos de matar,
cando ben unha culebra.
A culebra cumple, na natureza, una misión
importante. Son básicas para guardar o equilibrio.
Ir ás
características.
|
| Protección: |
PROTECCIÓN:

Está protexida.
Non está ameazada de
momento.
Ir ás
características.
|
| Curiosidades: |
CURIOSIDADES:
É moi voraz, pode consumir nunhos minutos varias
presas. É bastante comúns atopalas no período de celo misturadas e
apelotonadas moitas culebras xuntas.
Cando se ve atacada e perdida finxe a súa morte,
incluso chega a botar sangue pola boca e as pupilas xiradas, dando una
sensación de morte.
Cando todo esto lle falla incluso produce un fedor
grandísimo. ¡É unha teatreira, pero inofensiva!.

Na fotografía sacada do libro "Guía de
las serpientes de Europa" de Silvio Bruno e Stefano Maugeri
vese perfectamente o anterior.
Ir ás
características.
|
| Peligrosidade: |
INOFENSIVA.

A súa mordedura non é peligrosa. É
totalmente inofensiva para o home. O peor é, tela seguridade de que
cando morde unha cóbrega non sexa unha víbora.
O normal é que cando detecta o home
escape rápidamente, pero resulta agresiva, lóxicamente, si se ve
molesta. O que fai é que bufa a base de fino pero nada máis. É, repito,
totalmente inofensiva para o home.
Ir ás
características.
|
| Relación
co home: |
RELACIÓN
CO HOME:

É, dende logo, a cobra máis común de Europa.
Atópase con facilidade en tódolos lugares: estercoleiros, basureiros,
granxas, criadeiros de peixes, ríos en xeral.
Cando se mete un con esta cobra adoptas posturas
similares as víboras en canto os silbidos e a posición do corpo. Pero
a cabeza non está en actitude de alerta como as víboras, refírome a
que as víboras a cabeza está por riba do corpo, despegada e en
actitude de morder. Non é o caso da natrix.
Ir ás
características. |
|
Marcas na terra, diferencias cás víboras: |
MARCAS NA TERRA,
DIFERENCIA COAS VÍBORAS:

Rastro de víbora.

Rastro de Natrix natrix ou outra culebra.
Ir ás
características. |