| Nome
científico: |
Nome científico:

Castiñeiro na Labrada (Lugo). Foto
do autor da www.
Castanea sativa Miller
Reino: Plantae
Clase:
Anxiospermas
Orde: Fagales
Familia: Fagaceae.
Xénero: castanea
Especie: C. sativa
Sativa por ser especie
cultivada.
Volver a
características |
| Nome
galego |
Nome galego:

Castiñeiro, castañeiro, castaño, castiro.
Nota: o castiñeiro é có carballo as dúas árbores máis
importantes de Galicia.
Nome curioso que inda se conserva en algúns lugares:
Unha cousa importante é que:
..." o froito do castiñeiro, a
castaña, foi a base alimentaria da xente e dos animais en Galicia
ata a chegada da pataca, procedente de América no século XVI.
Tanto é así que nalgunhas rexións, cando chegaron as patacas,
denomináronas castañas mariñas,
nome que aínda se conserva en algúns pobos. As castañas que antes se
consumían en cantidade, pasaron a ser un producto de calidade, co
conseguinte valor engadido xerado polas diversas formas da súa
industrialización..." Texto sacado do libro
"O Castiñeiro" de Andrés Burgos. Museo do Pobo Galego 2002.
Volver a
características
|
| Nome
castelán |
Nome
castelán:

Castiñeiro vello en Soutipedre (Ourense).
Foto do autor da www.
Castaño.
Volver a
características |
| Dimensións |
Dimensións e vida:

Castiñeiro de Pumbariños no Souto de
Rozabales Manzaneda (Ourense); dicen que é o de maior perímetro de
Galicia con máis de 12 metros. Supera os 500 anos e foi declarado
Monumento natural no ano 1995
Os castiñeiros poden chegar ata os 30 metros e 12
metros de ancho. De tódolos xeitos as podas fan que non mida tanto,
xa que logo é máis dificil coller o seu froito.

Castiñeiro da igrexa de Hospital no Incio. Ten
sobre 500 anos e mide 6 metros de perímetro e 16 metros de altura. A
fotografía é do autor da www.
Dicen que o castiñeiro pode alcanzar
3.000 anos de edade.
Volver a
características
|
| Identificación: |
Identificación:
As follas son bastante caedizas, máis ben lanceoladas.
Estreitas. Serradas. Con nervios moi marcados. Polo envés teñen
pelos moi finiños, cando é nova. O pecíolo é curto e cilíndrico. Son Inconfundibles.

Fotografía do autor da www.
Copa alta, densa, esférica ou achaparrado, pero
máis ben pola poda. O castiñeiro é alto e esbelto.

O tronco nos exemplares moi vellos é oco. Tamén moi
retorcido.

Exemplar vello.

Exemplar menos vello.

Exemplar máis novo. (Catro anos)

A cortiza cincenta-parduzca, máis ou menos
abrancada e lisa o principio.
Ver unha lámina sensacional, que está sacada
dunha dirección
incrible.

Nesta lámina ou acuarela vese
perfectamente como é a súa folla, as súas frores e o seu fruto.

Folla de castiñeiro: longa, moi grande, sobre 30
cms., beiras dentadas e peciolos curtos.

Froito do castiñeiro: os ourizos.

As castañas: froito típico do
castiñeiro.
O castañeiro é doado de
identificar.
Volver a
características
|
| Habitats: |
Habitat:

En Galicia é moi abondoso. Hai moitos soutos, que son
lugares onde predomina o castiñeiro, lugares con moita sombra, e moi
boa, tamén con manto herbáceo que non desaparece . Danse en lugares silícicos, nunca
calcáreos. Os soutos están en lugares abrigados, templados e frescos.
Xeralmente en fondos do val e nas ladeiras con bon chan, en terreos
roubados a reboleiras (carballos). Árbores xeralmente moi vellos con
enormes troncos mil veces podados e enxertados.
Hai quen distingue entre souto e castiñeiral, así dice que un souto,
é un bosque de castiñeiros sin enxertar, outro lugar típico galego, cada
día menos abondoso, desgraciadamente. Si son castiñeiros mansos ou
inxertados chámanlle castiñeiral.
No dicionario Xerais trae a palabra
castiñeira e dice que é un lugar onde hai algúns castiñeiros sin
chegar a ser souto.
Nas provincias de Ourense e Lugo abonda moitísimo, sobre
todo pola zona da Ribeira Sacra, onde se ven soutos incríbles e marabillosos.
En Ourense hai soutos fora de serie tamén
no Barco, A Rúa, Á Gudiña, Viana, Celanova, Cartelle, etc.. En Lugo: por
Quiroga, Os Ancares, O Caurel, Fonsagrada, O incio, etc.

Fálase que en Galicia hai actualmente arredor de
30.000 Ha. de soutos.

Este souto está en Rubillón,
casi a carón do río Arnoia. Marabilloso. Fotografía do autor da www.
A verdade é que abonda moito, inda que non tanto
como quixera o autor da www.
Non existe prácticamente na Coruña, no Norte de
Lugo e en Pontevedra, onde si hai moitísimo eucalipto.
Dende logo si en Galicia houbera máis castaños
ardería moito menos, pero xa se sabe...
Volver a
características
|
|
As flores: |
As flores:
As flores son espidas, non teñen sépalos nin pétalos.

Flores do castiñeiro. Fotografía do autor da www.

Dibuxo sacado do libro O Castiñeiro.
Caderno 11 Museo do Pobo Galego. Andrés Burgos Delgado.
As masculinas, con moitos estames, dispóñense en
amentos colgantes ó longo dun eixe. Estas flores, as masculinas, son as
que utilizan as abellas para facer logo o mel de castiñeiro.

Na sensacional fotografía de CJB vense as flores
masculinas arriba a dereita pegadas a poliña e as femeninas máis abaixo
en forma de roseta.

Nesta fotografía tamén de CJB vense as flores
masculinas do castiñeiro.
Estas flores chámanse en Galicia en moitos lugares,
por exemplo en Calvos ( Vilasouto, Bóveda, Lugo)
candeas.

As flores femininas están normalmente cada
tres dentro dunha roseta de espiñas, na base do amento masculino. No
dibuxo vese perfectamente a roseta da que falo.
Volver a
características |
| Froito: |
Os froitos: a
castaña.

A castaña é o froito do castiñeiro, que madura
entre setembro e octubro. Ven dentro dun envoltorio onde se xuntan duas ou
tres e por fora está chea de pinchos. Chámanse ourizos.


O ourizo da fotografía, do autor
da www, estaba no chan e xa había perdido algunha castaña, pero vese
perfectamente. Por certo picaba bastante...
A monda da castaña chámase
pericarpo.
A xente que entende fala de moitas
variedades de castaña, máis de cen actualmente, que dependen do tamaño,
época de madurar, sabor, etc. Concretamente fálase no libriño sobre o
castiñeiro publicado por Cadernos do Museo galego, de 143 denominacións
varietais. Casi nada.

Estas variedades van ligadas o
cultivo según sexa para madeira ou para comer. Dentro das variedades
para comer tense en conta o sabor, pelado, cor, calibre, producción anual e un longo
etc.
As variedades máis importantes,
soio por curiosidade, son: Amarelante, Rapada, Vermella,
Ventura, Famosa, Longal, Negral, Raigona, Verde, De Presa, Parede,
Luguesa, Loura e Branca.
No dibuxo que sigue tendes 16
tipos:

Non é este o lugar para explicar
estas variedades, repito que o que queira profundizar consulte o libro
citado, pero por curiosidade porei dúas desas variedades, ou sexa as súas
características.
Poño dúas variedades das mellores
según os expertos:
E a variedade de
nome BRANCA:

Pequena, dourada, bonita e clara.
A mellor para comer. Algo tardía...
| Nome: Branca.
Sinónimos: Blanca, blanco, blanquillo,
blanquilla, blancas, blanquín, blanquiño, blanquiña,
branquiña.
Técnica cultural: Este
cultivo localízase nas zonas de máis elevada pluviometría. O
solo mantense cultivado mediante laboreo ou ben asociado a
pradería. O sistema de cultivo é con enxerto na base ou a
media altura e desenrolo da copa sen intervención.
Vexo moitas desta variedade por Mercurín
en Lugo, por exemplo.
Destino do froito:
Considérase de castaña doce e mellor cá Caurelá. Cultivar
algo tardío, que produce unha castaña bonita dourada e doce. Recoméndase para comer asada.
Ten mellor reputación cá Verde; utilízase, a súa madeira, para vigas posto
que non abre.
Dicen que é a mellor castaña para comer. |
A variedade LUGUESA:

Castaña grande, brillante e oscura.
| Nome: Luguesa.
Sinónimos: non ten.
Técnica cultural: Enxertado
a 1,50 ou 2,00 m. da copa ramificase rapidamente. Cultivada
unicamente en zonas húmidas con solo cuberto de herba e
soporta certo pastoreo.
Vexo moitas deste tipo por Vilar do
Caurel, Seoane do Caurel e Mercurín en Lugo.
Destino do froito:
É o cultivar de castaña máis oscura e unha das que se paga
mellor no mercado. Non é interesante para madeira xa que on
produce vigas rectas. É unha variedade interesante en fresco
ou para a fabricación de marmeladas e fariñas. |

Castañas para asar-Castañas asadas- castañas peladas (bullós).
Por último a castaña tamén é un producto de moitísima calidade na provincia de
Ourense. Por certo Ourense celebra a festa do magosto que non é máis
cunha exaltación deste froito. As castañas cómense asadas nunha
fogueira. Celébrase o día 11 de novembro e chámase o San Martiño.
Ese día tamén se proba o viño novo (por certo eu sempre probo o viño
novo e as castañas na casa do Celsiño e a Pepita, uns bons amigos de
Barbantes...).
"Viño do Celsiño e pan do
Carballiño fan do vello un meniño ..."
Os
interesados ver este link de Youtube.

Fotografía de Carlos G. Hervella.
Recollendo castañas en Ourense.
Volver a
características
|
| Valor
nutritivo da castaña: |
Valor nutritivo da castaña.

|
|
Os sequeiros: |
Os
sequeiros.

No dibuxo sequeiro no Courel.
Son simplemente construcións que se levantan nos
soutos para secar as castañas.
Hai que partir da base da importancia que tiña a
castaña en Galicia, sobre todo antes de chegar a pataca.
Os sequeiros tiñan un piso intermedio feito
de paus de castiñeiro onde se puñan as castañas, era a caniceira;
por baixo no remoleiro facíase una fogueira pequena para secar as
castañas.
A castaña recóllese en novembro no tempo da varexa,
chámase deste xeito por que se utiliza unha vara para quitalas da
árbore.
As castañas no sequeiro, onde se lle pon día e
noite lume tardan uns 20 a 25 días en secar. Logo de secas métense nun
saco e pasanse por o pisón que separa a casca. Logo pásanse polo
bandoxo para terminar de separar a casca e limpalas. Logo sepáranse
as boas para a venta e as outras para comer na casa ou os animais.
Así hai castañas durante todo o ano.

Sequeiro no Courel, subindo
a Devesa da Rogueira. No primeiro tramo hai varios soutos e neles,
lóxicamente estes sequeiros.
Na misma zona hai un
letreiro indicativo, posto pola Xunta, que explica o seu uso.
Volver a
características
|
| Tronco: |
O tronco e a súa
madeira:

O tronco nos exemplares novos, este
ten catro anos, é liso cor verdoso tirando a gris, tamén é dereito e moi
groso en pouco tempo; ou sexa crece rápidamente os primeiros anos, pero
logo crece a modiño.

En exemplares vellos é oco. O tronco é
curto pero moi groso.
O tronco pode ter na base ata 12
metros de contorno, son incríbles.

|
Densidade |
Leve. |
|
Utilización: |
Madeiras de grandes dimensóns:
Estructuras e carpinterias exteriores (portas).
Revestimentos de pisos e parquet.
Mobiliário (elementos estructurais macizos). Torneados.
Construcion naval.
Madeiras de pequenas e meias dimensións:
Cestería. Mangos de ferramentas.
Laminados - colados - moldeados |
Volver a
características
|
| Interés: |
Interés:
O castaño era moi importante económicamente, a
súa madeira é moi estimada en ebanistería e carpintería. Casi todo o
interior das casas era de madeira de castaño, dende as vigas ata as
fiestras e mobles.
As varas utilízanse tamén en cestería e
tonelería. Como leña é un mal combustible.
O seu froito a castaña foi fai uns anos fonte
principal de alimentación; prácticamente era a base da alimentación (crúas,
secas, asadas, cocidas, de tódolos xeitos),
ata que chegou a patata e o maiz.
O seu valor nutritivo está fora de
toda dúbida.
Ver esta tabla.
Utilízase tamén como medicinal, as follas e a
corteza ten propiedades astrinxentes. Válido para a disentería,
diarreas, e en infusión para a gorxa e a tose.
O mel de castiñeiro, que procede da
flor masculina, as forraxes (coas
castañas peores cebánbanse os porcos antiguamente) e os usos das follas
secas, que facían unha boa cama para os animais, son outras formas que se tiñan de uso de este gran árbore.
Tamén se utilizaba para facer
carbón, carbón de castiñeiro, inda que hai que decir que o castiñeiro
non dá brasa.
Resumindo a súa
utilidade: en alimentación, para madeira, para cestería, utilidade
melífera, como combustible, como forraxeira, como abono, entre outras...
En fin unha marabilla de árbore.
Volver a
características
|
| Historia
do castiñeiro: |
Historia do castiñeiro:

O castiñeiro non é unha árbore autóctona de
Galicia, pero como amosan os fósiles, ten unha antigüedade moi grande,
dende logo é anterior a época da chegada dos romanos. O lector debe
saber que o pé dos castros de moitos lugares de Galicia xa había castiñeiros.
De tódolos xeitos hai teorías para
tódolos gustos: dende a anterior ata que situa o castiñeiro como
introducido polos romanos. As máis consideran que os romanos únicamente
trouxeron variedades distintas, nada máis.
O que si é seguro é que o
castiñeiro leva polo tanto milleiros de anos xunto os galegos.
Hai moita documentación do século X
e XI como por exemplo a seguinte, na que se proba o que xa sabemos, que
o castiñeiro era a árbore máis importante de Galicia:
"Existen documentos que relatan las
colonizaciones hechas en los siglos X y XI por los frailes
benedictinos de Celanova en las tierras de A Limia, Verín y Ramirás,
en las que introducen al mismo tiempo con el cultivo del vino la
plantación de nuevos soutos o castañares. Los documentos más
significativos son sin duda los contratos forales, en los que los
señores monásticos conceden una tierra a un forero con la expresa
obligación de «hacer, chantar o poblar un souto». En otras ocasiones
los señores incluso exigen que se «planten o hagan castañas» en tal
o cual sitio, es decir, utilizan el nombre del fruto y no del árbol,
lo que no deja de ser indicativo de dónde radicaba el mayor interés
por el cultivo de esta especie."
Texto sacado de:
MINISTERIO DE AGRICULTURA, PESCA Y
ALIMENTACIÓN (BOE 56 de 7/3/2006)
Resolución de 7 de febrero de 2006, de la
Dirección General de Industria Agroalimentaria y Alimentación,
por la que se da publicidad a la solicitud de registro de la
indicación geográfica protegida «Castaña de Galicia».
Unha cousa importante é que:
..." o froito do castiñeiro, a
castaña, foi a base alimentaria da xente e dos animais en Galicia
ata a chegada da pataca, procedente de América no século XVI.
Tanto é así que nalgunhas rexións, cando chegaron as patacas,
denomináronas castañas mariñas,
nome que aínda se conserva en algúns pobos. As castañas que antes se
consumían en cantidade, pasaron a ser un producto de calidade, co
conseguinte valor engadido xerado polas diversas formas da súa
industrialización, tales como o marrón glacé, puré, paté, castañas
en caldo de azucre, etc...." Texto sacado do
libro "O Castiñeiro" de Andrés Burgos. Museo do Pobo Galego 2002.
Sin dudalo é a árbore de máis vitalidade. Hai
castiñeiros centenarios, con caracocha ouca, superando os dous metros
de diámetro no tronco.
O castiñeiro foi básico na alimentación galega.
Foi tamén básico para os carpinteiros; o castiñeiro valía para todo.

O Souto en Galicia é algo máis cun conxunto de
castiñeiros. Nos soutos hai moi bos cogumelos, por norma xeral, como
boletos, rúsulas, cantarelas, etc.
Dice Elías Dominguez nun libro moi agarimoso
"Camba, un pobo, unha xente unha historia" :" A
castiñeira é sazón e tempo das castañas, cando se recolle a anada.
Soutar é a acción de andar polo souto collendo castañas.

É o derradeiro fruto do ano en
recollerse.
"Cada casa ten seu souto".
Logo ven o curar as castañas. O
canizo, que é o sistema de secalas, a limpa das castañas secas, e
moitas máis cousas que Elías explica perfectamente no seu libro.
Un libro : agarimoso, un bon libro
sobre un pobo sensacional da provincia de Ourense.
Claro que según onde sexan as cousas
poden chamarse doutro xeito, por exemplo no Courel o lugar onde se secan
as castañas chámase sequeiro.

Este por exemplo é un sequeiro ou canizo, xusto
no Caurel.
Tamén hai ouriceiras, que son lugares onde se xuntan
os ourizos para que abran sin problemas.
O traballo no souto, como a poda, enxertos, arados,
recolleita, varexa, pisa, abandoxar, etc.; os distintos utensilios
para facela como cestos, paxelos ou forquitas son temas interesantísimos
que trata o libro mencionado.
Volver a
características
|
| Curiosidade
da castaña en Ourense: |
Curiosidades da castaña:

En Ourense hai dúas empresas ( coas que non teño
nada que ver, salvo que eu son ourensán e gústame que se fale de
Ourense) que fan uns preparados incríbles coas castanas. Trátase da
empresa Cuevas e da empresa de José Posada.
Este é un dos productos, un dulce delicioso de
castaña de Ourense que chaman "marrón glacé". Unha auténtica
larpeirada...
As cousas boas hai que contalas.
Estos son os links destas empresas:
Cuevas.
José Posada.
As castañas tamén se presentan secas (castañas
pilongas), en almibre e confitadas como xa está dito.
Volver a
características
|
| Árbores
monumentais de Galicia: |
Castaños monumentais en
Galicia:

Castiñeiros de Pumbariños no souto de
Rozabales en Manzaneda (Ourense).
O castiñeiro de Rozabales en
Manzaneda (Ourense) é un dos grandes árbores fermosos na nosa Galicia
e que demostra ben as claras o trinomio fundamental que aporta esta
árbore: alimento, madeira e paisaxe.

Outra vista do mismo castiñeiro.
Este castiñeiro ten 14 metros de perímetro e dicen
que a súa edade pasa dos quinientos anos. Dicen os entendidos que é o de
maior perímetro de Galicia. (Por certo medido a 1,30 m. do chan, á
altura do peito, como debe ser). Podedes ver un video sobre este
castiñeiro e outras árbores senlleiras neste link
"Corpos Arbóreos" de Andrés
Victorero.

Nesta vista sacada do video citado vese este
castiñeiro.
En Galicia hai soutos mansos e soutos
bravos. Os primeiros inxertados e demoucados renden o seu fruto que é a
castaña, da que hai moitas castes. Os bravos, con pes sin inxertar son
tamén abondosos, medran ceibes para render o séu servizo en madeira de
primeira calidade. Esta madeira tamén se chama "caoba galega".
Nota: a fotografía e parte de texto está sacada
dun calendario editado por Cementos Cosmos no ano 2004. Autor da
primeira fotografía
Enrique Touriño. O texto é de Francisco de Ana Magán.
Volver a
características |
|
Como remate para a primeira árbore de Galicia: |
Festas,
adiviñas e outras cousas sobre o castaño:

O castiñeiro é unha árbore o que non lle faltan festas,
adiviñas, cantigas, receitas e un longo etc.
O que sigue non é máis que unha mínima parte de todo o
que existe na nosa literatura e no noso saber popular sobre unha árbore
que repito é a máis importante de Galicia.
Festas:
Simplemente citar como festa a dos magostos de Ourense o
día 11 de novembro. Festa local.
Tamén a "Festa da castaña" que se ven facendo en Folgoso
e Seoane, un sábado ou domingo de novembro. Esta festa é máis recente.

Adiviñas:
"Alto me vin
baixo me vexo
e alá enriba
quédame o pelexo"

Refráns:
Entre os centos de refráns e ditos populares que
demostran a importancia desta árbore escollo soamente dous.
A castaña no agosto quere arder e no setembro beber.
Fíxate nas castañas asadas que si estoupan sairanche
caras.

Cantigas:
Namoreime da castaña
namoreime do ourizo,
namoreime de ti, nena,
porque tes o pelo rizo.

Receitas con castañas:
Para rematar recordar algúns dos platos que se poden
preparar con boas castañas como: castañas asadas, castañas con
leite, puré de castañas, compota de castañas, marmelada, caldo de
castañas, castañas con chourizos, grelos con castañas e chourizos,
costelas de porco con castañas, polo en salsa de castañas, xabaril con
castañas, perdices a crema de castañas, coello con castañas, doce de
castañas con chocolate, torta de castañas, pastel de castañas, rosca de
castañas, mousse de castañas, crema de castañas, etc.
Nota: todas estas receitas aparecen desglosadas no
libro de Andrés Burgo Delgado sobre "O Castiñeiro".
VOCABULARIO USADO NO COUREL.
-
Abarqueira
: a
castaña baleira.
-
Bravas
: hai anos que se dan e outros que non saen.
-
Picois
: as que se desprecian cando se escollen ou que parten ó
debullalas para quitárlle-las tonas durante o bandoxo.
-
Presa
: froito dun castiñeiro bo para madeira e que rende
moita cantidade de castañas.
Dise que estas castañas non son as máis sabrosas.
-
Raigonas
: son as segundas en caer da árbore; as mellores para
comer e as que mellor pelan.
-
Velliñas
: é moi oscura e debúllase mal.
-
Vérdeas
: as máis sabrosas e as que máis abundan, xunto coas
presas.
Este vocabulario está sacado deste
link. Outras receitas con castañas
neste link. |
Volver a
características |
|
Links interesantes sobre o castiñeiro en Galicia: |
Links interesantes:

Estes son os mellores que atopei e que si dúbida
son básicos para os que queiran profundizar sobre esta árbore:
O castiñeiro bioloxía e patoloxía.
Un pdf que se pode baixar e que desenrola
en 287 páxinas un estudio exhaustivo sobre esta árbore, con
fotografías e datos gráficos. O traballo ocupa sobre 8 Mb e son
autores Ernesto Viétez, Mª Luisa Viétez e Francisco Viétez.
Link básico.
O castiñeiro e as castañas
Un link feito con moitísimo agarimo desde o pobo de Camba. Ten
moi boas fotografías e moi bon texto.
Link
oficial da Castaña en Galicia.
Un link sensacional sobre a castaña en Galicia.
O castiñeiro. Power Point
(pps) de Adela Leiro e Mon Daporta.
PPS moi traballado e
precioso en fotografías e con moi boa información, merece a pena velo.
Está feito por Adela Leiro e Mon Daporta e esta sacado da
sensacional páxina web de Adela que ten este
link
Volver a
características
|