Saxifraga spathularis. Abelairiña. Saxifraga espatulada
A fotografía está sacada no regato que baixa de Taboazas, xusto antes de desembocar no río Navea en Chandrexa de Queixa (Ourense); onde están as pondras de paso.
Esta Saxifraga é abondosa na zona e dende logo moi vistosa.
![]()
Xusto por riba dunha das pedras deste regato estaba esta abelairiña. Eu penso que o internauta pode localizala por riba dunha das pedras que ten musgo.

O lector debe saber que a Saxifraga spathularis , en galego chámanlle abelairiña, abrairiña ou abreiriña, nomes que saquei do novo proxecto sensacional Anthos. Ver esta ficha.

O que si está claro son dúas cousas, unha a marabilla desta pranta e duas que está a carón dos ríos galegos...
Tamén aparece no Courel, concretamente na Devesa da Rogueira que foi o que me fixo cambiar a clasificación da planta. Efectivamente aparece nos carteis na subida a Rogueira.

A misma planta despois de oito días tiña este aspecto...
Fotografías sacada na Devesa da Rogueira no Courel o 14/11/2007. En plena subida xa preto das fontes esta pranta é moi abondosa, no lugar abundaban os regatos.

Abelairiña na Devesa da Rogueira no Courel. Foto de Secundino Lorenzo.

Abelairiña na Devesa da Rogueira no Courel. Foto de Secundino Lorenzo.

Abelairiña na Devesa da Rogueira no Courel. Foto de Secundino Lorenzo.
![]() |
|