Celtis australis. Lodoeiro. (Almez)
Lodoeiro (Almez) no río Miño preto do Muíño de A Veiga. Ourense.
O Lodoeiro é unha árbore que pode atoparse a carón dos ríos en Ourense, concretamente hai lodoeiros nas beiras dos río Miño e o río Lonia. Tamén no regato de Meriana, a carón do Hospital de Ourense.
Tamén no sur de Lugo.
Pode distinguirse perfectamente polas súas follas que son ovado- lanceoladas e que rematan nunha punta aguda.
A beira está aserrada e a folla ten entre 5 a 15 cm. de lonxitude. A folla é aspera e cuns pelos fortes na face. Polo envés son máis pálidas.
En Ourense no paseo das termas Chavasqueira-Termas do muíño-Outariz hai os mellores lodoeiros, como o da fotografía que é sensacional.
![]()
| Nome científico: |
Lodoeiro no regato de Meriana en Ourense ciudade. Celtis australis (Linneo) Clasificación científica:
Nota: celtis alude o seu nome en grego, australis fai referencia o sur, seguramente pola procedencia desta árbore.
|
||||||||||||||||
| Nome galego |
Lodoeiro no río Miño. Ourense. Preto da pasarela de Outariz (Ourense). Lodoeiro, lidueiro, virgondoiro, latoneiro, agreira.
|
||||||||||||||||
| Nome castelán |
Almez no río Lonia en Mende. Ourense. Almez, latonero, almecino, lodoño, lodón, lidón, lironero, e outros.
|
||||||||||||||||
| Dimensións |
Non pasa, en Galicia, dos 5 metros de altura, normalmente. Pode chegar de tódolos xeitos os 20 metros. De tódolos xeitos o lodoeiro da fotografía ten polo menos os 15 metros, é francamente grande. A árbore pode vivir ata máis de quinientos anos, de feito en Monforte en Ribasaltas hai un que pasa destos anos. Un día destos porei a fotografía desta árbore neste lugar. A árbore quere lugares de clima suave e sitios húmedos.
|
||||||||||||||||
| Identificación: |
As follas son ovado- lanceoladas que rematan nunha punta aguda que se torce os lados. A beira é aserrada e a folla ten entre 5 a 15 cm. de lonxitude.
A folla é aspera e cuns pelos fortes na face. Polo envés son máis pálidas.
É unha árbore caducifolia de 12-16 m de altura, có tronco recto e a corteza lisa. Pódese confundir cós olmos pero a nerviación da folla é definitiva.
Fotografía de Rafael Tormo.
|
||||||||||||||||
| Habitats: |
Follas do lodoeiro a carón do río Miño en Ourense. Atópase nas marxes dos ríos e preto de prados húmidos. Preferentemente atópase en Ourense e no sur de Lugo. Hai algúns na beira dereita do río Miño, pola zona de Quintela. Outros que había a carón da Ponte Vella xa foron pasados pola Serra do Concello de Ourense, que é como lle chamo eu a eses piquetes...
|
||||||||||||||||
| As follas: |
As follas do lodoeiro son típicas e inconfundibles: son acumiadas, trinerviadas, ollo a esta característica,, simples e doblemente aserradas. Teñen pelos moi ríxidos polo haz, dándolle unha textura tamén característica por áspera, e pelos finos no envés. O pècíolo é longo.
|
||||||||||||||||
| Froito: |
Dibuxo sensacional do link: http://caliban.mpiz-koeln.mpg.de/~stueber/thome/band2/tafel_028_small.jpg O froito é unha drupa pequena de 1 cm., esférica, verde e na madurez negra. A pulpa é comestible e mántese na árbore ata ben entrado o inverno.
Os froitos, que parecen cereixas, saen da unión das follas, característica que se pode ver perfectamente na seguinte fotografía:
Fotografías Merche S. Calle / Juan Enrique Gómez Fotografía xa cós frutos de cor negra, na madurez. Son comestibles pero é todo semilla.
Nesta fotografía vense os frutos verdes, tamén destaca a nerviación e a pelosidade da folla.
|
||||||||||||||||
| Tronco: |
O tronco é robusto, dereito e curto. A corteza ten tono grisáceo e lisa. A mesma árbore pode ter varios pes.
Este lodoeiro ten varios pes. As ramas son rectas e moi flexibles. A copa é moi ancha e ten moitas ramificacións.
A madeira:
A madeira e elástica e moi duradeira e ten utilidades para utensilios agrícolas, sobre todo forquitas. Tamén fustas, látigos, remos e outros.
|
||||||||||||||||
| Flores: |
Fotografía de Lledoner. Flores solitarias, amarelas, polígamas, axilares, largamente pedunculadas, aparecendo na primaveira, entre abril e maio. As flores están situadas nun longo pedúnculo e son solitarias. Na fotografía vese perfectamente.
|
||||||||||||||||
| Interés: |
Úsase tamén como árbore ornamental e na fixación de terrapléns ou ladeiras, xa que as súas raíces son longas e moi abondosas. A leña é un bon combustible e da un carbón de primeira calidade.
Tamén se utiliza moito en xardinería xa que da boa sombra e tamén se utiliza como alineación das árbores.
|
||||||||||||||||
| Etimoloxía do lodoeiro: |
Celtis e o nome que recibía en Grecia o seu froito. Austral quere decir do sur, seguramente xa que se atopa no sur de Europa.
|
||||||||||||||||
| Curiosidades: |
Fotografía de Rafael Tormo. Ten propiedades medicinais como astrinxente, lenitivo, antidiarréico e estomacal. Os froitos son comestibles e pódense fabricar marmeladas con eles. A madeira e elástica e moi duradeira e ten utilidades para utensilios agrícolas, sobre todo forquitas. Tamén fustas, látigos, remos e outros. As semillas producen aceite e as raíces poseen unha sustancia que se usa como colorante amarelo para teñir seda. Ten unha edade media de 200 anos, pero pode vivir ata 600.
|
||||||||||||||||
| Cría exclusiva dunha bolboreta: |
Fotografía de Paco Serrano. Efectivamente nesta árbore cría exclusivamente a bolboreta do virgondoiro que ten de nome científico Lybythea celtis. É unha bolboreta rara non abonda moito e vese polos meses de xuño e xulio, nunca por riba dos 800 metros. A larva come precisamente as follas do Celtis australis. Unha curiosidade máis.
|
Lodoeiro no río Lonia en Ourense.
En Ourense, a "Serra do Concello", levantou varios a carón da Ponte Vella e do río Miño. Realmente en Ourense somos especialistas en cortar árbores.
Lodoeiro a carón do río Miño, xunto o Muíño de A Veiga, e tamén preto das Termas de Outariz. Un paseo que hai que facer en Ourense.
Fonte: Guía das árbores de Galicia. Henrique Niño Ricoi. Carlos Silvar. As fotografía son a maioría do autor da www, osea do que escribe e fai a web.