Chorthippus parallelus. Saltóns.( Saltamontes)
A fotografía é curiosa. |
|
|
|
|
|
| Nome científico | Nome galego | Nome castelán |
| Dimensións | Identificación | Habitats |
| Vese nos meses de... | Protección | Curiosidades |
![]()
| Nome científico: |
Chorthippus parallelus, Zetterstedt, 1821. Taxonomía:
|
| Nome galego |
Fotografía de Gunter Steinbach Saltón de prado ou saltón común.
|
| Nome castelán |
Saltamontes de prado. Saltamontes verde.
|
| Dimensións |
3 a 4 cms as femias que son máis grandes.
Este saltón ten unhas dimensións entre 1,5 e 2,5 cms. A femia é maior.
|
| Identificación: |
A cor verde e o estar nos prados creo que permite unha identificación sin lugar a dúbidas. De tódolos xeitos hai saltamontes comúns de moitos cores: gris, pardo ou verde.
|
| Alimentación: |
Comen preferentemente herbas.
|
| Habitats: |
Nos prados a beira dos ríos.
|
| Vese nos meses: |
De principios, as veces do vinte en adiante, de xuño a agosto.
|
| Interés: |
Coma todos os insectos.
|
| Protección: |
Non están protexidas.
|
| Curiosidades: |
Os saltóns son malos de coller. Eu preferentemente utilizo a táctica de ir pola mañanciña, moi cedo, cando hai algo de xiada ou están inda húmidos, saltan pouco.
Son saltadores e voadores. Cantan como os grilos. O canto do macho componse de varios tonos individuais, breves, dun segundo de duración. Cantan de día e tamén de noite Hainos de todos as cores. Nos prados predominan os de cores verdes, que dito sea de paso son os saltóns que máis lle gustan as troitas.
Saltón de ás azuis (Oedipoda caerulescens) Na fotografía, do autor da www, vese un saltón de terra. É un saltón típico de montaña e que boa moito, as veces cinco o máis metros, non é doado de coller, hai que cansalo antes (o que non é doado). As ás son de todos os cores, pero xeralmente azul. O voar, vense perfectamente. Saltamontes de ás azuis (Oedipoda caerulescens)
|
![]()