Glis glis.

Leirón reilón. (Lirón gris.)

 

O leirón prácticamente xa non queda en Galicia. Atópase en algunhos sitios de Lugo pero é moi escaso. Vive preferentemente en lugares que sexan robledales da montaña.

Aliméntase de todo tipo de frutos.

A verdade que o dito de "dormes máis que un lirón" ten a súa explicación xa que se pasa invernando sobre 7 meses, ponse coma unha bola, e a dormir.

O que máis abunda, preto dos ríos en Galicia,  é o Leirón Careto. É moi vulnerable e debera estar protexido. 

Ver características.

salir.jpg (922 bytes) Saír.                           

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 O LEIRÓN-

CARACTERÍSTICAS.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome científico:

Glis glis

Clase: Mamíferos

Orden: Rodentia

Familia: Gliridae

Nota: no libro consultado recentemente "Guía de mamíferos de Galicia" de Juan Ignacio Diaz e  Yosy Cartelle aparece o nome científico deste lirón como  Myoxus glis (Linnaeus 1766).

Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome galego:

Leirón, rilón, Leirón rabudo.

 

Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nome castelán:

Lirón gris.

 

Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Dimensións:

Entre 13-19 cms. Lonxitude cola 11-15 cms. Peso 80-120 gramos.

Orellas grandes, cola grande e moi poblada.

Todos os leiróns teñen actividade nocturna preferentemente e polo tanto contan cunha visión extraordinaria, un oído sensacional e un olfato moi poderoso.

A cola actúa como un timón.

As garras que posee permítelle agarrarse perfectamente as ponlas dos árbores.

 

 

Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Identificación:

Glis Glis.

O lirón é un roedor de cola sumamente longa e con moito pelo. Realmente é pequeniño cabe nunha man.

Na fotografía pódese ver a súa cor, cun pelaxe gris característico, a parte de abaixo é branca, ten grandes ollos oscuros, orellas membranosas e redondas, rabo cuberto de espesos pelos.

Eu penso que é inconfundible.

A diferencia co lirón careto, que é realmente o que nos interesa de cara os ríos é o antifaz do lirón careto.

Lirón careto:  Eliomys quercinus o "bandido enmascarado"

Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Reproducción:

Glis Glis

O apareamento é nos meses de xunio e xulio. A preñez bota 30 días. Veñen o mundo entre 4-6 crías desnudas e cegas que abren os ollos as tres semáns, son amamantadas durante 3 semanas e logo independízanse.

Construe os niños en concavidades das árbores e tamén en fallados das casas.

Tamén utiliza tobos de coello.

 

 

Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Inimigos:

Moitos entre eles a maior parte dos mamíferos como a algaria e aves como a coruxa, buho, etc.

Na súa defensa:

O home tamén é un inimigo a considerar xa que, e teño esa experiencia, o lirón sexa o leirón rabudo ou o careto,  tomámolos como ratóns. Identificamos a estos animais marabillosos con ratas das alcantarillas. Nada desto é certo e realmente estamos ante animais que debemos querer e conservar a toda costa. Realmente o lirón por exemplo é fermoso de verdade, e non digamos o lirón enmascarado.

Lirón careto ou enmascarado.

Son animais dos que nada temos que temer e que cumplen a súa función na vida. Inda por riba son marabillosos.

 

 

Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Alimentación:

Fundamentalmente herbívora:  come follas, tallos, semillas , frutos, xemas, baias, castañas, sámaras de amieiros e un logo etc.

Pode tamén alimentarse en deteminados momentos de ovos de páxaros, polos pequeniños e incluso de volboretas.

 

 

Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Habitats:

Glis Glis

Vive nas fragas, bosques de piñeiros, terreos rochosos, áreas de labradío, sendo lapidícola e arborícola, atopa abrigo nos ocos das árbores e nas fendeduras das rochas, onde pode ser atrapado.

Moitas veces atópasen exemplares dentro das vivendas, en alpendres e palleiras. Adopta una gran habitabilidade ecolóxica, e ocupa como se pode ver unha amplia variedade de habitats diferentes.

---------------------------

O lirón careto, o chamado "bandido enmascarado" é outra especie que dende logo  é máis frecuente atopalo en zonas ligadas os ríos.

Eliomys quercinus

Ten características parecidas o Lirón gris.

Leirón careto ( Eliomys quercinus) "O bandido enmascarado"

Outra fotografía do leirón careto.

Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Vese nos meses de...

Glis Glis

É doado velo no verán . No inverno xa sabemos "dormir como liróns", nunca, nunca mellor dito.

É polo tanto un mamífero que hiberna:   esto quere decir que no inverno selecciona unha boa guarida e permanece durmindo no interior ata chegada de tempos mellores. Antes de retirarse a hibernar engordan moito, logo viven un pouco de rentas. De tódolos xeitos todos os hibernantes despertan de vez en cando, e de seguido volven a dormir.

De tódolos xeitos é nocturno e polo tanto dificil de ver.

 

Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Interés:

Debéramos ter moitísimo interés nós leiróns de todo tipo. Non fan ningún mal e son moi fermosos. Ocupan o seu lugar na natureza e son moi necesarios na cadea da vida.

Son confundidos con ratas de alcantarilla e dende logo non teñen nada que ver. A súa alimentación é preferentemente arborícola. 

 

 

Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Protección:

Non goza ningún tipo de protección. Está incluido no anexo III de Berna.

 

 

Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Distribución en Galicia

Vese por toda Galicia inda que é máis abondoso nos Ancares e no Courel.  Tamén no macizo oriental  de Ourense, Manzaneda, Trevinca a zona de Verín, etc.

López Seoane fala del en 1861 dando como escaso nos bosques galegos. Sin dúbida refirese a outra especie de liróns, cando fala de abondoso, concretamente o leirón enmascarado que se atopa por toda Galicia.

Efectivamente o Leirón enmascarado é abondoso e o leirón rabudo menos.

 

Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Curiosidades:

No atardecer é frecuente escoitar nunha casa de campo das antiguas una gran albarabía. Estos fantasmas que se escoitan son os liróns.

Son eminentemente nocturnos.

Outra curiosidade é que no país vasco é moi apreciado gastronómicamente e hai xente que o prepara sensacionalmente.

--------------------------------------------

En algunhos lugares chámanlle "O bandido enmascarado" pola careta que ten nos ollos.  Pero este leirón non é o Glis glis e outro máis pequeno pero da misma especie.

O de bandido parece que é porque rouba as mazás. De tódolos xeitos o bandido enmascarado é outro lirón.

Eliomys quercinus

Leirón careto ( Eliomys quercinus) "O bandido enmascarado"

Lirón enmascarado.

O Liron careto Eliomys quercinus é moi parecido o Glis glis, a súa lonxitude é entre 10-17 cm. O seu peso 46-120 gr. e a cola entre 9-12 cms.

Dende logo é o máis bonito e o máis vistoso polo contraste do antifaz. O dorso teno pardo acastañado. A cla é moi longa e ten o final un penacho bicolor, negro por riba e blanco por baixo. As orellas enormes.

Observar o detalle da cola.

Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Bibliografía:

Fonte de información :

Atlas de vertebrados de Galicia. Tomo 1. Avalado pola Sociedade Galega de Historia natural.

Cuadernos de campo. Roedores II. nº  59. Félix Rodríguez de la Fuente. Airtel. 1975.

 

 

 

Volver a características