Galemys pyrenaicus.

Auganeira. (Desmán de los Pirineos)

 
Aguaneiro. Desmán dos Pirineos. Fotografía de David Stone.

É un dos animais máis curiosos e primitivos da nosa fauna.

Tiña visto algunhas na provincia de Ourense, en distintos ríos, pero xa fai anos. Hoxe está presente en algunhas cabeceiras de regatos. Vive nos ríos de correntes rápidas. Tamén é unha boa medidora da contaminación, non lle gustan as augas sucias. Caza de todo: bechocos, gusarapas, miñocas, insectos de todo tipo, larvas, saramangas e algúns peixes pequenos.

Tamén se chama desmán, aguaneira, aguaneiro, furapresas, toupeira de río, toupa de río, topillo acuático e rato almisqueiro entre outros. Ten un interés especial. Estrictamente protexida.

Hoxe está a desaparecer, as minicentrais e encoros así como a contaminación son a súa ruína. Dende fai uns anos os visóns americanos fan desfeitas na súa población... 

Características.

salir.jpg (922 bytes) Saír.                   

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Características da : auganeira

Desmán dos Pirineos. Galemys pyrenaicus

Aguaneiro. Desmán dos Pirineos.
Nome científico Nome Galego Nome castelán
     
Dimensións Identificación Alimentación
     
Hábitats Endemismo Ibérico Reproducción
     
Interés  Rastros. Protección. Inimigos.
     
Ameazas en España Curiosidades-os sentidos Citas en revistas
     
Estudios en Galicia Cuadernos  campo. A sorpresa de Félix R.
     
Imaxes Links            Bibliografía.
     
Félix R. de la Fuente(V)   Fotografías Jordi Bas. Unha xoia de 28 minutos
     
Fotografías David  Pérez. Pdf de Carlos Nores. . Queren recuperalo no Ulla.
     
Prox. Life+Margal+Ulla Ulla Dist. relac. contaminación

Actualización 14/04/2020

Subir.              

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Galemys pyrenaicus ( Geoffroy 1811).

 

Clase: mammalia
Orden: insectivoros
Família: talpidae
Xénero: Galemys
Espécie: Galemys pyrenaicus

Endemismo ibérico

 

O feito de levar o nome de pyrenaicus é xa que Geoffroy fixo o seu descubrimento nos Pirineos precisamente. Logo foi aparecendo en moitas máis lugares.

Volver a características.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nomes galegos para o Galemys pyrenaicus:

 

Auganeira, aguaneira, furapresas, furapresas ibérico, aguaman, auganeiro, rato auganeiro, agoaneiro, aguadana,  aguada, toupeira de auga, rato almisqueiro, toupa de río, rato de almizcre, aguacheira, desmán.

Fotografía de Carlos Sanz.

 

Eu os nomes que máis escoito son os de auganeira, auganeiro e toupa de río.

Tamén rato do almizcre.

Por suposto desmán.

Nota: na guía dos mamíferos de Galicia aparece có nome de furapresas ibérico.

En Portugal dinlle Toupeira de áuga.

Volver a características.

 

 

 

 

 

 

 

NOME CASTELÁN

 

DESMÁN,  Desmán del Pirineo. Almisquera. Almisque. Rato de almizcre. Topo de río.

O nome máis usado en castelán é o de desmán tamén o de topo de río.

Volver a características.

 

 

 

 

 

 

 

 

Dimensións

 

Desmán comendo unha miñoca.

Entre 11 e 13.5 cms. sin contar a cola que pode botar ata 15 cms.

Pesa entre 50 e 80 gramos.

Fotografía sacada dunha película de Félix R. de la Fuente.

Volver a características.

 

 

 

 

 

 

 

 

Identificación:

 

Aguaneiro. Desmán dos Pirineos.

É inconfundible: ten un fuciño longo aplanado e ancho. A cola está adornada con flecos de pelo. A cola parece a de un ratón realmente.

As patas teñen membranas interdixitais que lle permite nadar perfectamente; tamén largas e duras uñas para agarrarse as rocas e tamén para cazar.

Os pés teñen entre os cinco  dedos,  así como membranas interdixitais apropiadas para nadar. As patas traseiras están máis desenroladas. Ollos moi pequenos e non se lle ven orellas. Por suposto tenas escondidas e sen pabellón.

Nada polo fondo do río con moita rapidez.

O pelo é espeso, moi peludo e con aspecto brilante. 

A cola, moi robusta,  é un elemento que utiliza moitísimo como equilibrio e deslizamento, tamén por suposto contra a corrente do río. Ver a fotografía de David Pérez que sigue:

Fotografía David Pérez. Fotografía no río Sta. Eulalia. Subconca Cabrera. León

A pelaxe das costas e os lados varía de castaño oscuro a gris, e no ventre soe ser de cor crema. Dende logo é reluciente e impermeable.

Os pelos ou bigotiños da trompa (vibrisas sensoriais) son fundamentais xa que este animal caza polo tacto, que é o sentido máis agudizado que ten.

Na trompa está localizado o chamado "órgano de Eimer" que é o responsable de que sexa un instrumento altamente resolutivo para a localización por tacto por parte da auganeira.

Sensacional fotografía sacada dun traballo da Universidade de Oviedo, Medio Ambiente de Asturias cun estudio a fondo sobre o desmán. En Galicia estamos a esperar que a Consellería de Medio Ambiente faga algo pola aguaneira, dende logo ata o ano 2005, nada de nada, veremos có novo goberno...

Observar tamén que posee un dente triangular (é o primer incisivo) que é moito maior que os demais. Por outra banda os dentes de abaixo están dirixidos cara adiante, non deixa de ser curioso.

Ver este video, moi ben feito nun colexio galego. Merece a pena.

Volver a características.

 

 

 

 

 

 

Alimentación:

 

Desmán comendo unha miñoca.

Preferentemente invertebrados, miocas e ocasionalmente peixes moi pequenos.

Estudiados os estómagos de varios exemplares chegouse a conclusión de que nun 35,8% eran ephemerópteros, nun 32% Trichópteros, un 24% de dípteros e un 4% de Plecópteros. Sacamos a conclusión de que se alimenta,  para entendernos os pescos,  de bechocos e gusarapas entre outros.

Seica tamén lle gusta a saramaganta galega.

Está claro que este animaliño pasa o día levantando pedras como un tolo para coller estos invertebrados. Si polo medio atopa miocas ou algún peixiño seguro que son un bon postre...

Esta claro que as miñocas son un manxar exquisito para o aguaneiro.

Dentadura da auganeira, observar o dente incisivo superior xa que é incrible.

A súa dentadura está composta por un total de 44 dentes, tendo tanto na mandíbula superior como na inferior, 6 incisivos, 2 colmillos, 8 premolares e 6 moas, diferenciándose entre premolares e moas porque os primeros teñen dúas cúspides e os segundos catro.

Foto David Stone.

É un animal preferentemente nocturno, inda que pode ser observado durante o día, preferentemente a primeiras horas da tarde. É acuático, polo que nada e bucea perfectamente, axudado sin dúbida polas "aletas" das que están provistas as sus patas.

Permanece activo durante todo o ano, xa que non está suxeto a ningún período de reposo invernal nin estival.

Dentro dos seus sentidos, debemos decir que a súa  vista e o seu oído son mediocres, pero conta cun olfato e un gusto moi desenrolados e un tacto extraordinario, que reside nos pelillos da súa trompa, os cales, son moi sensibles ós cambios de presión da agua, detectando así obstáculos ou presas a 1 metro de distancia.

Fotografía sacada dunha película de Félix R. de la Fuente.

É curioso realmente como caza, en realidade bucea aproximadamente un minuto, pero cunha rapidez incrible. Move as pedras do río e caza de todo.

Nesta fotografía de J. Niethammer vese perfectamente a súa trompa e os peliños sensibles (vibrisas) que fan que o tacto da aguaneira sexa especial.

Ver este video, moi ben feito nun colexio galego. Merece a pena.

Volver a características.

 

 

 

 

 

 

 

Habitats:

Aguaneiro. Desmán dos Pirineos.

Presente en algúns ríos galegos de augas limpas . As augas limpas son fundamentais. Prefire os ríos de leito pedregoso e de cantos rodados. É máis frecuente atopalo en ríos da montaña onde se cumplen estas condicións.

Tamén que non sexan ríos moi estreitos, menos dun metro de ancho non lle gustan, o cal é normal estos ríos no verán casi desaparecen.

 

A aguaneira construe a súa galería ou seu cubil preto dos ríos, sempre entrando pola auga.

Normalmente faina onde hai unha cobertura vexetal a base de salgueiros e amieiros abondosos. Sobre todo nas raiceiras dos amieiros.

Trátase polo tanto dun auténtico barómetro da pureza  e da calidade biolóxica das augas,dos lugares onde vive.

Foto David Stone.

Os deterxentes e a contaminación, en xeral, rematan con este mamífero. Así, o proceso é deteriorar a capa de grasa do seu pelo, có que se protexe, e polo tanto disminue a súa impermeabilidade e morre de frío.

As minicentrais e encoros son incompatibles con este animal. Por debaixo das minicentrais non quedan, non teñen forma de vivir, coas continuas subidas e baixadas de nivel. Aparte estas presas rompen a súa comunicación ou migración  no río. Os encoros tampouco lle gustan, lóxicamente.

Sensacional fotografía de Carlos Sanz.

As canalizacións tan de moda en Ourense e por suposto en Galicia (dende 1990 ata o 2005), gracias os cartos de Europa, canalizacións que chaman "facer áreas naturais e sanear o río", sempre que poñan por medio cemento, lousas, pedras e demais,  son a morte para este mamífero. A verdade é que estanse a facer algunhas obras nos ríos cós pés en vez de facelas coa cabeza. Realmente os arquitectos e persoas responsables non teñen perdón, o descoñecemento do río é total e absoluto...

Ver este estudio feito pola Universidade de Oviedo, onde se di que as minicentrais e os encoros rematan coa auganeira. Sensacional estudio sobre a aguaneira. Feito en Asturias.

En Galicia, mentras tanto, siguen a meterse minicentrais en tódolos ríos (1997-2005). A verdade é incrible, a desfachatez dos "minicentraleiros merdeiros" como os chama o cadeirádego de Grego Juan José Moralejo (falecido recentemente. Gracias Juan José polos teus escritos),  tamén a nosa Consellería de Medio Ambiente que tamén se luce na conservación dos nosos ríos, están a facer que desapareza este incrible mamífero. Eles, e non outros, son os auténticos responsables desta desaparición...

Sensacional fotografía de Carlos Sanz.

A súa vida está relacionada directamente coas masas de auga, polo que vive en cavidades naturais ou en tobeiras seguramente xa excavadas, sempre preto dos cursos de agua non contaminada, ben osixenada e con abundante vexetación, ou zonas pantanosas de montaña de iguais características.

Normalmente móvese por un territorio dunhos 200 metros, no cal ocupa galerías ó borde dos ríos, construindo o seu niño baixo as raíces de arbustos que crecen nos márxenes, valéndose para elo de follas, musgos, etc.

Pode chegar a vivir ata unha altitude de 2.000 metros.

Volver a características.

 

 

 

 

 

 

O auganeiro endemismo Ibérico:

 

Efectivamente trátase dun endemismo da Peninsula Ibérica. Ver no mapa os únicos lugares onde existe a auganeira.

Vive en ámbalas vertentes dos Pirineos, parte do cuadrante noroccidental de Iberia deica o Norte de portugal e no Sur de Francia.

En Galicia é rara, está distribuida de forma irregular por todo o territorio.

Frecuente na montaña escasea nos niveis máis baixos e por suposto contaminados. Hai auganeira nos ríos Miño, Ulla, Umia, Tambre, Navia sobre todo nas cabeceiras e nos afluentes dos mismos.

Está claro que os ríos non contaminados teñen máis probabilidade de ter a auganeira.

Frecuente nos Ancares e no Courel.

De tódolos xeitos foi atopada algunha por exemplo no río Barbaña en Ourense fai anos, e no Sar cousa bastante rara. Hoxe estos ríos veñen moi porcos... O río Barbaña concretamente está envelenado un día si e outro tamén (no 2012 todos os meses...e sigue no 2018...unha vergoña.)

Volver a características..

 

 

 

 

 

 

 

En que meses se ve:  

Vese todo o ano, teóricamente, inda que non é doado xa que lle gusta cazar pola noite.

Non inverna e non descansa en todo o ano, polo que nos ríos onde abonda pode verse perfectamente.

 

Fotografía sacada dos Fascículos publicados pola Voz de Galicia sobre a Fauna Galega.

Gústalle cazar de noite pero tamén o fai polo día.

Fotografía sacada dunha película de Félix R. de la Fuente.

Os últimos datos en Galicia estiman un 34,2% (encostas contestadas 38, encostas afirmativas 13, realmente o dato é anecdótico polo nº de encostas contestadas) das observacións en ríos da comunidade. Estudio feito pola Universidade de Oviedo.

A nosa Consellería de Medio Ambiente (1997-2005) a dormir...como sempre,  no tema dos ríos.

No 2009 seica se comenza un estudio deste mamífero no río Ulla, estudio que rematará no 2015.  Ver este apartado desta ficha Proxecto Life+Margal+Ulla.

Ver tamén este link sobre os rastros e un estudio a partir deles.

Ver este video, moi ben feito nun colexio galego. Merece a pena.

 

Volver a características.

 

 

 

 

 

 

 

Reproducción:

 

Aguaneiro. Desmán dos Pirineos.

O macho e a femia (que ten catro pares de mamas) son prácticamente iguais, ou sexa non hai dimorfismo sexual.

Está en celo en decembro, refírome os machos; as femias en xaneiro.

A xestación dura catro semáns. Os dous meses a camada ( sobre 5 ) abandonan a nai.

Poden chegar a ter dous partos.

A esperanza de vida é de tres a catro anos.

O desmán é moi fiel o seu territorio.

Fotografía de Carlos Sanz.

Volver a características.

 

 

 

 

 

Interés:

Especial. Trátase dunha especie endémica da Península Ibérica (é decir soio hai en España e Portugal e preto dos Pirineos a ambos lados).

Si calquera ve unha aguaneira nun río, repito, quere decir que o río está san.

Xa quedan poucas aguaneiras, polo tanto poucos ríos san.

Trátase dunha xoia da nosa natureza. Ademais claramente está en vías de extinción.

 

Volver a características.

 

 

 

 

 

Protección:

Desmán comendo unha miñoca.

 

Estrictamente protexida polo convenio de Berna de 1986 e Real Decreto de 1980, onde aparece en grave peligro de extinción e que debe ser obxecto de especiais cuidados en cada país. Na lista vermella está como vulnerable.

O seu inimigo natural é a lontra ( supón un 10% da súa biomasa anual) , inda que ten aparecido nos estómagos de outros mamíferos e incluso aves como a Strix alouco ( neste moucho, avelaiona,  é raro pero ten aparecido nunha fraga de Lalín).

Fotografía sacada dunha película de Félix R. de la Fuente.

Últimamente os visóns, tanto o nativo como o americano están dando conta destes animais de forma fora do habitual. Unha magoa.

En Galicia no catálogo galego de Especies ameazadas (Información pública e información do 21/06/2005) proponse como "Especie sensible a la alteración del Hábitat"

 

Volver a características.

 

 

 

 

 

 

 

Amenazas en España.

Aguaneiro. Desmán dos Pirineos. Fotografía de David Stone.

O que sigue está sacada deste link

CATEGORÍA DE AMENAZA

    España: Rara Europa: Rara Endemismo ibérico UICN:Vulnerable/B1+2c  

 

   DISTRIBUCIÓN Habita desde Galicia hasta Cantabria, sur Cordillera Cantábrica, Sistema Ibérico hasta Montes Universales. En Pirineos desde Navarra hasta Girona. En el Sistema Central desde la Sierra de Béjar hasta Segovia y desde Alagón hasta Cuenca. En Francia, norte Pirineos a partir 400m. En Portugal, Serra da Estrella.   

HÁBITAT Arroyos y ríos de fuertes corrientes con aguas oxigenadas y limpias, donde se encuentran los invertebrados, de los que se alimenta. Casi siempre a partir de 700m. aunque se han encontrado a nivel de mar.   

POBLACIÓN Se desconoce el numero en su distribución total. El numero varia mucho de un año a otro. En los Pirineos atlánticos franceses hay buenas densidades. En España, buenas densidades en Cordillera Cantábrica, Pirineos occidentales y norte Sistema Ibérico. Recesión en Prepirineo.  

 AMENAZAS Contaminación de los ríos, destrucción de riberas y construcción de embalses.   

MEDIDAS DE CONSERVACIÓN Conservación de los ríos y riveras de montaña, evitando su destrucción, contaminación y canalizaciones. Control de embalses, minicentrales y canalizaciones por su efecto barrera y estudiar su situación, ecología y problemática.

Volver a características.

 

 

 

Curiosidades:

 

Aguaneiro. Desmán dos Pirineos.

É a especie máis estraña dos nosos ríos. Si vemos unha aguaneira nun río é bon síntoma, neste caso o río estará limpo e non contaminado.

É un fora de serie cazando, tanto invertebrados, como moluscos, miocas e ata pequenos peixes. A súa trompa é un detector incríble do movementos do que caza.

En terra é un pouco torpe pero no río é un nadador extraordinario e un buceador incrible. Moi vivaz, ràpido e eficiente.

A súa vista é moi limitada xa que os ollos son moi pequenos. Non ten pabellóns externos de oído pero oe ben e ten un bon olfato. Está moi adaptado a vida fluvial. Nada ben e a súa trompa é unha detectora fora de serie...

Os pelos ó mollarse poden albergar burbullas de aire que lle ofrecen unha gran flotabilidade.

Foto David Stone. Desmán atrapado nunha red.

Non é abondoso inda que salvo na Coruña onde é raro velo, refírome nos seus ríos, no resto está en casi tódolos ríos, sobre todo en Lugo.

En Asturias as súas peles foron empregadas polos labregos para escorrenta-la couza da roupa almacenada, por mor do forte cheiro de almizcle que despide.

-------------------------------------

Como curiosidade decir que a auganeira tamén tuvo o seu selo de correos dunha peseta. ¡Tempos aqueles!.

Volver a características.

 

 

 

 

 

 

 

 

Citas:

Desmán comendo unha miñoca.

López Seoane (1861) di que hai moitos en Lugo.

 

Sensacional fotografía sacada dun traballo da Universidade de Oviedo, Medio Ambiente de Asturias cun estudio a fondo sobre o desmán.

A revista Natura no mes de marzo-abril do 2004 trae un artigo sobre o aguaneiro, no que indica o que xa se sabe, o desmán está a desaparecer, está en peligro de extinción, dice que únicamente se atopa en España: nos Pirineos, na Cordillera Cantábrica, Galicia e o norte de Portugal e no sistema Ibérico septentrional.

Ver esta sensacional fotografía en grande.

Abre unha porta de espranza, xa que o parecer atopáronse dúas poblacións en Extremadura. Realmente é unha gran noticia.

Dende logo en Galicia as minicentrais e a contaminación dos ríos está rematando con este sensacional animal.

Volver a características.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Links interesantes sobre a auganeira:

 

Na rede hai moitos links interesantes sobre este mamífero, a continuación poño algúns:

Nota: o problema da bibliografía que tiña posta, ano 1999, é que en internet moitas cousas, cambian e perden o link. Estos están actualizados a xuño de 2013. Decir que entre os link perdidos había un francés de moita categoría.

 

Aguaneiro. Desmán dos Pirineos.Sensacional estudio sobre a aguaneira. Carlos Nores. U. Oviedo.

Aguaneiro. Desmán dos Pirineos.Sensacional estudio sobre a aguaneira. Os seus rastros e outras moitas cousas.

Aguaneiro. Desmán dos Pirineos.Metodología en el estudio del desmán. Datos importantes.

Aguaneiro. Desmán dos Pirineos.Vertebrados ibéricos: el desmán.

 

 

Volver a características.

 

 

 

 

 

 

 

Estudios feitos sobre a aguaneira:

 

En internet aparece un estudio feito sobre o desmán e outros mamíferos terrestres "DISTRIBUCIÓN DE ALGUNAS ESPECIES DE VERTEBRADOS TERRESTRES EN LA CUENCA DEL RÍO ULLA (GALICIA) EN RELACION CON LA CALIDAD DE LAS AGUAS", concretamente neste link.

Aguaneiro. Desmán dos Pirineos.

Reproduzco o que dí sobre o desmán xa que non ten desperdicio:

" Acerca del Desmán de los Pirineos "

La escasa efectividad de los distintos métodos ensayados para localizar la presencia del Desmán no permitió obtener resultados comparables a los
de las otras especies. No obstante he reunido la información de 21 datos directos de su presencia en cursos de ésta y otras cuencas ga11egas, de
las que extraigo las siguientes conclusiones: 

- La especie está presente desde cursos de caudal muy escaso (<3 m de anchura; 15 % de las citas) hsta los cursos principales de las cuencas (20-40 m de anchura; 9 % de las citas ). El rango de altitudes fluctuó desde casi el nivel del mar (río Sar en su desembocadura) a los 700 m (cuencas del Lor y Navia, Lugo). 

- En genera1 habitan cursos que presentan una vegetación ripícola muy bien desarrollada y buena cobertura, tal como parecen indicar los
resultados de la tabla I. 

- En dos localidades (9 % de los contactos) la calidad del agua es bastante mediocre debido a la presencia de polución orgánica; río Sar (amonio 3058-547 ug/l) y río Grande de Xubia (amonio 262-3117), estando clasificados ambos tramos por el BMWP’ dentro de los que sufren algunos efectos de la contaminación. 

- No obtuvimos datos de su presencia en cursos afectados por vertidos inorgánicos de origen minero, ni en los que presentan grandes fluctuaciones de caudal debidas a centrales hidroeléctricas. "

 

Sin comentarios ...

Volver a características.

 

 

 

 

 

 

Cuadernos de campo.

Esta é a ficha que pon Félix R. de la Fuente no seu "Cuadernos de Campo", dedicado os Mamíferos insectívoros.

Realmente unha xoia, deste gran home, tan importante para a miña xeneración.

Destaca a larga trompa, as patas traseiras grandes e palmeadas e a cola longa, moi longa.

Tamén o pelo denso e hirsuto. Ollos e orellas diminutos.

No prólogo do pequeno libriño trae un trozo de texto que non ten ningún desperdicio e que vou poñer íntegramente, realmente sensacional:

 

A gran sorpresa de Félix R. de La Fuente:

Entre los miles de animales que he tenido la fortuna de observar y estudiar en mi larga vida profesional de las ciencias naturales, ninguno me ha impresionado tanto como el Desmán de los Pirineos. Seguramente, el origen de este asombro mío debía estar muy influido por el hecho de que antes  de nuestras observaciones éste era animal prácticamente desconocido, hasta el punto de que no se podía encontrar una sóla fotografía en el mundo entero acerca de este insólito legado del período glaciar.

Imagínese el lector la trompa de un elefante, los fuertes e hirsutos bigotes de una morsa, el cuerpo rechoncho, como un tonel, de un castor, las garras de una iguana y la cola de una rata.

Reduzca todo a las proporciones de un lirón careto; anime el conjunto con los movimientos más vivos y las capacidades notorias más asombrosas que imaginarse pueda. El resultado será el increible Desmán de los Pirineos.

Todo el equipo anatómico de un animal ocupa un área geográfica reducidísima, está al servicio de la captura de invertebrados y pequeños vertebrados en el seno de las aguas heladas y violentas de los ríos de montaña.

El Desmán ha de conservar el calor de su cuerpo a las temperaturas muy próximas todo el año a los cero grados, en las aguas que habita. El Desmán debe ser capaz de bucear y nadar en los rápidos y las torrenteras. El Desmán, prácticamente ciego, debe detectar las larvas de los tricópteros, las acorazadas fases acuáticas de las libélulas, los gusanos de río y otros animalitos, simplemente por el tacto ó el olfato. Y el frenesí de sus actividades ha de ser tan infatigable como para que esta criatura obtenga un aporte alimentario que supera diariamente el propio peso de su cuerpo.

Durante horas, a través de la cámara subacuática, en los misteriosos remansos de nuestros ríos montañeros, he tenido la dicha de sorprender y filmar las más íntimas actividades de un legado de la Europa glaciar que se resiste a abandonar la historia de la vida.

                     Félix R. de la Fuente. 1980.

 

 

 

 

 

 

 

Volver a características.

 

 

 

 

 

 

I  M Á X E N E S

A destacar a película feita polo grupo "El hombre y la tierra" de Felix Rodriguez de la Fuente. A película "La conquista del agua" é impresionante, máximo cando están realizadas en 1975.

A dedicada á aguaneira ilustra cantidade de datos desta ficha. Na película, que hoxe 2005 pode atoparse en DVD vese o aguaneiro no seu medio: cazando (chama a atención a súa movilidade e que realmente non para...), arranxando o seu pelo. O seu buceo de aproximadamente 1 minuto é incrible. Tamén se ve como se aparea. Repito impresionante.

Felicitar unha vez máis a Felix (morto en 1980), onde esté unha aperta e as miñas gracias de corazón,  polo que fixo pola nosa xeneración. Estas películas zoolóxicas son únicas e fantásticas.

Fotografía sacada dunha película de Félix R. de la Fuente.

Fotografía sacada dunha película de Félix R. de la Fuente.

 

Na fotografía vese un desmán, observar como brila a súa pelaxe, que peliños tan largos ten na trompa, a cola, e un longo etc. É o mamífero máis importante da comunidade galega.

 

Volver a características.

 

 

 

 

 

 

 

 

Bibliografía da ficha:

Aguaneiro. Desmán dos Pirineos. "Atlas vertebrados de Galicia" . Tomo I. "Peixes, Anfibios, Réptiles e Mamíferos".  Colección do Patrimonio Ecolóxico. Sociedade Galega De Historia Natural. Santiago de Compostela 1995.

Aguaneiro. Desmán dos Pirineos. "A natureza dos ríos e ribeiras de Galicia".  Colección Ir Indo. Natureza. Víctor M. López Román e Miguel A. Fernández Martínez. 1999.

Aguaneiro. Desmán dos Pirineos. "Gran Guía de la naturaleza: animales amenazados" de M.A. de la Cruz Alemán y otros. Editorial Everest. 1996

Aguaneiro. Desmán dos Pirineos. "Guía dos mamíferos de Galicia" de Juan Ignacio Díaz d´a Silva e Yosy Cartelle. Baía Edicións. 2007

Aguaneiro. Desmán dos Pirineos. Outros datos sacados de internet nos links especificados. Links.

 

Volver a características.

 

Video sensacional.

Este video da BBC Natural history Unit permite ver no seu medio a este sensacional mamífero.

 

 

Volver a características.

 

Fotografías sensacionais.

 

Volver a características.

 

 

 

 

Sensacional David Pérez. Fotografías.

Fotografía de David Pérez. Río Balboa, cuenca del Burbia. León.

Ver este link do autor con máis fotografías.

Fotografía de David Pérez. Río Balboa, cuenca del Burbia. León.

Ver este link do autor con máis fotografías.

 

Río Santa Eulalia.Subconca do Cabrera. León. 25/08/2009. Sacada deste link.

Fotografía David Pérez. Río Sta. Eulalia. Cabrera. León.

Volver a características.

 

 

Queren recuperalo no río Ulla.

O grupo dos departamentos de Zooloxía e Xenética, coordinados por Paz Ondina, nunha xornada de traballo no río

A idea é boísima e seria, non outras que cara a galería emprende a Consellería de Medio Ambiente galego en canto os ríos de Galicia. Veremos os resultados no 2015.

"Obxectivo   

A finalidade do proxecto Life Margal Ulla é contribuír á mellora do estado de conservación das especies sinaladas, asegurando as poboacións existentes no Ulla e establecendo as condicións máis óptimas para a recuperación das orixinais. Para isto levaranse a cabo varias accións sobre unha área importante desta conca fluvial, nun primeiro momento para obter máis información sobre o estado actual de conservación de Margaritifera margaritifera e Galemys pyrenaicus. Posteriormente, este coñecemento levará a establecer medidas eficaces de mellora do estado de conservación da náiade de río e do auganeiro, pero tamén do seu hábitat e deseñaranse estratexias de sensibilización de cara á poboación. A divulgación dos resultados do proxecto está encamiñada, por outra parte, a servir como base para estender as medidas establecidas a outros ríos galegos e europeos onde aínda perviven con moito perigo estes seres vivos.

 

Trátase da primeira ocasión na que se considera de maneira conxunta a conservación destas dúas especies intervindo esencialmente na mellora do hábitat no que se desenvolven. Por outra banda, é tamén a primeira ocasión na que se busca a rexeneración da poboación de mexillón de río en condicións seminaturais e controladas en España.

 

A náiade e a toupa de auga son especies que requiren medios fluviais cunha boa calidade ecolóxica, polo que o perigo no que se atopan responde precisamente ás graves presións que están a experimentar os medios fluviais. Isto explica que as medidas previstas, e nas que participa activamente a USC, están destinadas á recuperación da funcionalidade natural dos ríos para favorecer a conservación da biodiversidade que lles é propia."

¡¡Sensacional!!.

Ler a información completa neste link:

Ver a referencia na www da USC.

Ver a referencia na Voz de Galicia 10/07/2011

Ver seguimento 2015

 

Ver como empezaron as cousas:

¡Vai en serio!

Ver e ler  ó pdf

Volver a características.