De interés especial. |
|
|
|
|
|
| Nome científico | Nome galego | Nome castelán |
| Identificación | Habitat | Alimentación |
| Reproducción | Distribución en Galicia | Interés |
| Protección | Curiosidades | Bibliografía |
![]()
| Nome científico |
Triturus helveticus ( Razoumowsky 1789) Nota: actualmente seica se chama Lissotriton helveticus según vexo nos estudios da Lista patrón actualizada da herpetrofauna española que se pode ver neste link. Por suposto tamén no libro citado na bibliografía e publicado por Moisés Asensi en Baía Edicións. Taxonomía: Reino: animalia Clase: anfibios Orden: caudata Familia: salamandridae Género: Lissotriton Especie: Lissotriton helveticus
|
||||
| Nome galego |
Pintafontes palmado, Limpafontes palmado, Sabanduxa palmada.
|
||||
| Nome castelán |
Fotografía de P. Dubois. Tritón palmeado. Lagartija de agua palmada.
|
||||
| Identificación: |
É pequeno , sobre 6 a 8 cms. Castaño coas costas moteadas de negro.
Fotografía de R. Griffiths. Son características dos machos unha gran crista, así como o filamento caudal e dende logo as membranas palmares nos pés traseiros. Observar na fotografía este detalle dos pés palmados traseiros. Ver estes dibuxos para distinguir o Triturus marmoreus e o Trituros helveticus, en realidade a cor tamén é moi diferente, de tódolos xeitos o feito de ter os pés palmeados é definitivo:
|
||||
| Alimentación: |
Todo tipo de insectos. Tamén ovos doutros trituros, etc.
|
||||
| Habitats: |
Fotografía de C.A. Vaucher. Prefere charcas grandes dos ríos, brañas e lagoas, evitando polo xeral pequenas masas de auga. Seica non require augas extraordinariamente limpas, admite algunha turbidez.
|
||||
| Reproducción: |
Fotografía de Marc Carriére. Na auga.
O macho no momento de aparearse presenta este aspecto. A reproducción empeza en febreiro ou abril. Postos os ovos na auga, as larvas (cágados) rematarán o seu desenvolvemento polo verán.
Fotografía de Marc Carriére. Fora da auga.
Vive entre 10 a 15 anos.
|
||||
| Interés: |
Moito como tódolos anfibios. Interés especial. Por sorte é bastante abondoso en Galicia, salvo na parte oriental da Provincia de Ourense, pero ollo xa que presenta os riscos típicos da transformación do medio en que se move: o desecamento de zonas húmidas, a contaminación galopante que estamos a xenerar en Galicia, os incendios que non teñen pés nin cabeza e por si fora pouco as especies de fora que tamén afectan moito.
|
||||
| Protección: |
A categoría mundial UICN é de non catalogada e a nivel de España a categoría é de preocupación menor LC.
|
||||
| Distribución en Galicia: |
Dende logo non é moi común en Galicia, abunda na zona da Coruña e Lugo e tamén pola costa na provincia de Pontevedra. En Ourense salvo na zona da Cañiza falta.
|
||||
| Curiosidades: |
Conta a Mitoloxía grega que unha conxura exiliou ó Deus Tritón a un reino submarino formado por ríos e charcas. Alí se convirtiu neste pequeno dragón.
|
Fonte:
Esos anfibios e reptiles gallegos. Jose Curt y Pedro Galán.
Tamén utilizo o libro Atlas de vertebrados de Galicia, o tomo I, feito pola Sociedade Galega de Historia natural en 1995, un gran libro sin dúbida.