Non podía faltar, neste pequeno traballo, das plantas nas ribeiras dos nosos ríos, as famosas ortigas, ou herbas dos cegos. Probablemente sexa das herbas máis coñecidas pola xente, os nenos aprenden rápido, enseguida se rascan...
Non lle teño moito cariño, inda que teño que recoñecer que as ortigas teñen moitos adeptos. Hai xente que fai con elas ensaladas e incluso que a usan na caída do cabelo entre outras cousas.
Ortigas ou Estrugas.
|
|
|
|
|
Esta planta non ten moitos adeptos polo seu olor, aspecto e ademais pica de verdade o tocala. Os talos e follas están recubertos de pelos que o contacto ca pel segregan unha sustancia que producen irritación. Florece entre xuño e setembro.As ortigas teñen de todo dende o punto de vista medicinal, xa que son útiles para as hemorraxias do aparato respiratorio, a diabetes, os catarros e as bronquitis crónicas. Como uso externo: as hemorraxias do nariz, caída do pelo, dolores reumáticos e meninxitis ( con urtigación, frotación con ortigas). En fin unha planta sensacional. Para proporcións e recetas ver o libro Conocer as Plantas Medicinais, entre outros.
Chámanse tamén Estrugas.As flores poden ir na mesma planta ou en pes diferentes.
Son abondosas alí onde hai moito nitróxeno, e polo tanto, nos lugares repoboados, onde se bota o lixo, camiños, etc.
Fotografía do autor da www, a carón do río Miño, en Ourense.
Aproveitanse para todo.As especies normais en Galicia son tres: a estruga urens que é anual e chega os 70 cms. A estruga membranácea tamén anual e da mesma altura. A estruga dioica que chega a 1,5 metros con rizoma longo que é a que trato nesta ficha. (Ver máis abaixo).
Fotografía do autor da www, a carón do río Miño, en Ourense.
O aspecto é inconfundible.
Urtica Urens. Fotografía P. Schofelfer.
Anual. Sobre 70 cms. Follas de 1 a 4 cms. Leva unhas espigas nas axilas nas que hai flores femininas e masculinas mesturadas. Frolece na primaveira e mitade do outono.
Urtica dioica. Fotografía P. Schofelfer.
Vive varios anos, chega a 1,5 m. de altura, cun rizoma longo. As follas entre 3-12 cms. peciolo moito máis corto có limbo.
O limbo é aovado, algo acorazonado e de beiras aserradas. Leva dúas estípulas en cada pecíolo. As flores van en espigas, as masculinas en pes distintos das femininas.
Urtica membranácea. Fotografía J.R. Manhart.
Tamén é anual, da mesma altura que a urens, ou sexa sobre 70 cms. pero leva a carón de cada pecíolo unha estípula aovada.
As froles masculinas van en espigas, nas follas superiores e as outras, as femininas nas inferiores.
Non se atopa moito nos lugares altos.

Ortiga a beira do río Lonia en Ourense.
Nota importante:
![]() |
|

Fotografía dunha ortiga. Foto do autor da web. Allariz. Ourense
Moita da información anterior figura no libro "Flora de Galicia" de Xosé Ramón García. Editorial Follas novas 1979.
As fotografías que non son do autor da www, están sacadas de internet e debe figurar o nome do fotógrafo.