Ulex europaeus.

Toxo. (Tojo)

Flore de toxo.

 

Non podía faltar, dentro das plantas galegas, a máis famosa: o toxo.

Non lle teñen  moito cariño as miñas botas de pesca, pero teño que recoñecer que os montes, sobre de todo en ríos de alta montaña, póñense preciosos coa flor do toxo.

O toxo sempre está en flor (ver a razón na ficha). A flor chámase chorima.

Por certo, o último é,  que dicen que as infusións de flor de toxo son sensacionais para o figado. Seguro que é certo. Pero cuidado non vos manquedes nun ollo ó recoller o toxo, podedes perder o ollo, sería moi grave.

 

 Ver características.

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.                                   

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

CARACTERÍSTICAS DO TOXO macho.

(Ulex europaeus L.)

Descripción: 

Arbusto moi espiñento. De 0,6 a 2 metros, con moitos talos ramificados, asurcados ou acostelados.

Ramiñas hirsutas (con pelos), con pelos grises ou pardo-roxizos. Espiñas finais de 12-30 mm, largas, robustas e dereitas.  Carece de verdadeiras follas.

Clase : Dicotiledóneas.

Familia: Leguminosas.

Situación actual e observacións:

Este é o toxo, a pranta que máis se recolle para botar nas cortes, onde se garda o gando. Alí,  xunto coa bosta do gando faise o estrume, abono moi usado en toda Galicia.

Ollo,  para botalo nas cortes había  que apañalo cando ainda era novo e de pouca altura. Hoxe estas tareas xa prácticamente non se fan.

O toxo, actualmente, maio do 2002,  pódese considerar un invasor. A súa capacidade para agromar de novo cos lumes ou o ser comido é unha das causas.

Sin dúbida o toxo está a desplazar os pastizais; pero eso débese a despoblación de Galicia.

O toxo forma en Galicia as típicas toxeiras.

Bioloxía:

Flores algo olorosas e con peliños, cáliz amarelo; pétalos de 13-20 mm, amarelo claro. 

 Froito negruzco de 11-20 mm, moi veloso de semillas un pouco tóxicas.

Febreiro a xuño. As veces tamén en outono (por suposto refírese o toxo arnal).

En Galicia hai tres tipos de toxo, está é a razón pola que se dí que en Galicia, e dende logo é certo, o toxo sempre está en flor.

O toxo é de distribución atlántica dase en toda a fachada occidental europea.

Nomes:

Científico: Ulex europaeus. Linn.

En Galicia hai tres tipos de toxos, esta ficha corresponde o Toxo arnal.

En castelán:  tojo, escajo, pino amarillo, aulaga, árgoma.

En galego:  toxo, toixo, árgoma, touxo, etc.

Moi frecuente.

Distribución:

Galicia e o norte de Portugal. Nestes lugares é endémica.

O toxo tamén progresa onde o home abandona ou fai desaparecer os bosques.

 

Realmente en Galicia hai tres tipos de toxo:

Ulex nanus. O toxo mais pequeno. (Outono)

Toxo gateño   (Ulex nanus), tamén se chama molario, toxo femia ou toxo mouro,  toxo molar, que é o mais pequeno dos toxos, non pasa dos 80 cms de altura. Florece no outono, dando flores pequenas (entre 5 a 10 mm.).

Unha distinción cós outros toxos, aparte que florece no outono que é importante, as brácteas das flores son máis estreitas co pedúnculo  (follas transformadas que envolven por fora a flor. O pedúnculo é o talo da flor.). No toxo femia son iguais e no toxo arnal é maior. Pódese ver no dibuxo,  as brácteas, de verde por debaixo do amarelo e o rabiño  debaixo que é o pendúnculo; neste caso, trátase do toxo arnal,  é máis grande a brácteas.

 

Ulex galli un pouco mais grande que o anterior. (Verán)

Logo o Toxo femia ( ulex galli), tamén chamado molaria,  mais grande que o anterior pero mais pequeno que o arnal (ulex europeus), concretamente entre 1/2 metro e 1 metro. Florece a mediados do verán.  As brácteas son do mismo tamaño que os pedúnculos.

Ulex europeus. O mais grande. (Primavera e verán o principio)

Por último o Toxo arnal ( Ulex europeus) que é o descrito nesta ficha. Este toxo é o mais grande entre 1-3 metros. As flores botaas na primavera e primeiros de verán

Aquí as brácteas son maiores que os pedúnculos.

 

O dito de que "O toxo sempre está en flor en Galicia" queda explicado co anterior. Efectivamente, dado que hai tres tipos e florecen en distintas épocas, parece que sempre están florecendo.

Fotografía do toxo. Lugar Leboreiro, preto de Montederramo en Ourense.

 

Ollo co toxo e nunca mellor dito...

Que non vos pique un toxo nun ollo xa que si tendes esa desgracia é a maior infección de ollos que pode existir...xeralmente non ten arreglo. A estadística, según os meus datos,  é nefasta, xa que non hai solución. Datos que podedes cotexar en calquera servicio de oftalmoloxía. Os meus datos están sacados do Servicio de Ollos da Residencia de Ourense, onde teño algúns amigos que mo teñen comentado...

Realmente ¿que terá o toxo?. Probablemente sexa a citisina que comento máis abaixo. Eu en realidade non teño nin idea...

O toxo é moi bon para o fígado.

A planta do toxo contén citisina, de acción tóxica sobre os ganglios os que primeiro excita e logo paraliza. O contido en citisina é máis elevado nas sementes, polo que se debe descartar o seu emprego na medicina popular.

As flores do toxo son marabillosas para o mal do fígado. Tómanse en infusións como si fora té. Seica de unha a tres tazas o día son milagrosas para o figado como queda dito. Esto é certo para calquera tipo de toxo.

O toxo pode ter moito que decir nas doenzas do cancro no futuro, eso oino moito últimamente...

 O toxo ben merece unhas fotografías.

Toxo nos montes de Cenlle. Novembro do 2006. Fotografía do autor da www.

Toxo. 2006. Fotografía do autor da www.

Ano 2008. Toxo arnal (primavera) na Serra de Calvos. Vilasouto. Lugo

Ano 2008. Toxo arnal (primavera) na Serra de Calvos. Vilasouto. Lugo.

En realidade son arbustos

Ano 2008. Toxo arnal (primavera) na Serra de Calvos. Vilasouto. Lugo

O texto anterior está sacado do libro de Mariano Garcia Rollán "Claves de la Flora de España" de 1981. Tamén do libro "Flora de Galicia " de Xosé Ramón García.

Tamén utilizo o libro "Guía de plantas medicinais de Galicia" de Antonio Regueiro Rodríguez e outros.

Saír.