Tradeschantia fluminensis.

Tradescantia (Orella de gato). (Pamplinas)

Esta planta é unha invasora actual  do río Miño, según o libro "As bioinvasións na Galiza" de Xurxo Pérez Pintos e Xosé Bouzó Fernández publicado por Edicións a Nosa Terra (2004).

É máis,  según estos autores a trasdescantia é o abeiro da sombra da mimosa un sistema xenuino moi extendido e persistente que quizais sexa o máis característico do río Miño hoxe.  

Ver características e fotografías.

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.                                     

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A tradescantia

Tradeschantia fluminensis

As follas da tradescantia non son comidas polos animais o que leva a súa proliferación, tamén axudada polos pescadores da zona que nas súas botas espallan a planta.

Realmente é actualmente unha invasora do río Miño.

A fotografía é de A. Murray da Universidade de Florida (en pouco tempo porei fotografías miñas).

É unha planta de orixen americano introducida en moitos lugares (incluso nas Canarias onde se chama Orella de gato ou quesadillo) e que que se convirtiu en invasora de lugares húmedos. Os fallas son  envainantes e algo carnosas, ovadas ou ovado-lanceoladas.

En castelán tamén lle chaman pamplinas.

A tradescantia é unha planta moi utilizada en xardinería xa que ten unhas follas moi bonitas sobre todo a variedade variegata. Require poucos cuidados.

É unha planta de follas duras, que quere moita luz. É unha planta moi resistente e vai para arriba sempre, é moi raro que sexa atacada por parásitos.

O nome en xardinería é Amor de hombre (seica si se ten na casa esta planta seguro que nunca vai faltar o amor dun home) .

 

As flores están formadas por 6 segmentos e son blancas ou de cor lila pálido.

O nome de Fluminensis fai mención a Río de Xaneiro.

fluminensis: epíteto xeográfico que alude a Río de Xaneiro (Flumen Ianuarii).

Tradeschantia é o nome xenérico dedicado a John Tradescant (1608-1662),

Na fotografía sacada dun link da Gomera ,  onde o parecer é abondosa, vese perfectamente a flor e as características da mesma.

En Arxentina tamén lle chaman estrellita, está claro o nome. Trátase neste caso de flora da ribeira de ríos do norte do país.

 

  Saír.