|
|
|
|
|
|
|
| Nome científico | Nome galego e outros. | Nome castelán |
| Dimensión | Identificación | Habitats |
| Alimentación | Niños | Curiosidades |
| Problemas | Veses nos meses de | Fotografía |
| Videos marabillosos. | Canto |
![]()
| Nome Científico: |
Actitis hypoleucus (Linn.)
Fotografía de Manuel Fernández Pajuelo.
|
| Nome galego |
Bailón, Bilurico bailón, Andarríos chico. Bilurico das rochas.
|
| Nome castelán |
Andarríos chico.
|
| Dimensións |
Dimensións:
19,5 cms. 55 gr. Sexos iguais. Envergadura entre 32 a 35 cms.
|
| Identificación: |
A identificación é bastante simple xa que ten as partes superiores pardas en contraste coa parte inferior blanca.
Por certo ten un delicado dibuxo na parte de arriba. Como se pode observar nesta fotografía.
Pousado move nerviosamente o rabo e a cabeza, de donde lle ven o nome de bailón, xa que está sempre bailando. Ten o pico bastante longo. En voo véselle unha lista na ala blanca. Voa dun modo moi peculiar xa que pon as ás para abaixo.
Neste dibuxo vese perfectamente a linea blanca e tamén a forma como pon as ás en voo.
|
| Alimentación: |
Aliméntase de insectos, vermes, moluscos, etc. Cando comen en lugares onde crían, comen preferentemente escarabellos, lombrices e arañas. Fora desta época de cría comen de todo incluido pequenos peixes e anfibios así como toda clase de invertebrados. Gústanlle moito nas costas: as pulgas de mar e os caranguesos. No seu buche non faltan almexas, berberechos e mexilóns. Un pouco de todo.
|
| Habitats: |
O seu habitat son as lagoas e cursos fluviais.
Gústanlle os ríos montaña e onde o molesten pouco. Sobre todo non lle gusta que o molesten cando está na reproducción, logo xa se fai máis visible. De tódolos xeitos en Galicia vese moito o parecer en terrenos preto dos desagües de depuradoras e cañeiras.
Fotografía Kiko Arcas. Por exemplo vense moito na desembocadura do Lagares en Vigo. Sin dúbida pola cantidade de invertebrados que hai na zona, con anos e anos e botar porquería. Pobres andarrios, non saben o que comen...nesa zona... Tamén os vín no río Barbaña en Ourense, pola zona do Polvorín e preto de cañerías, efectivamente. Novembro do 2005. Teño visto andarríos no paseo das ninfas a carón do río Miño en Ourense.
|
| Niños: |
En Galicia pode verse todo o ano pero non consta, de momento que aniñe nesta terra.
|
| Vese nos meses: |
Todo o ano. De tódolos xeitos non é seguro que anide en Galicia. O andarrios é un ave que emigra ademáis pode andar grandes traxectos ou pequenos, adáptase as circunstancias de forma marabillosa.
|
| Curiosidades: |
As xa ditas de que é un bailador constante, xa que mome a cabeza e a cola constamente. Tamén seica ten no pico un detector de comida bastante bon. O andarrios come directamente os seus insectos, lesmes, etc. ben por visión directa ou ben introducindo o pico na area. O sistema que ten, detecta a comida. Trátase dunhas papilas que conteñen uns corpúsculos sensibles ó tacto e as vibracións, que se chaman "corpúsculos de Herbst". Esta información está sacada dun traballo que firman José Arcas e Andrés Barbosa publicado na revista "Quercus" de febreiro do 2005.
Fotografía de Manuel Fernández Pajuelo. Tamén seica é posible que teñan unha visión especial que lles permita picotear pola noite...
De feito no traballo xa citado faise esta hipótesis.
|
| Problemas do andarríos: |
Os problemas dos andarríos son os típicos hoxe da maioría das aves: a contaminación galopante dos ríos galegos, a caza e as actividades humáns en xeral. Os ríos cada día están máis contaminados, logo tamén os invertebrados que son dos que se alimenta o bailón.
A caza tamén é un problema xa que actualmente por exemplo en Galicia de cada 10 andarríos anillados que aparecen mortos, 7 o foron por caza, por suposto ilegal. Por último a actividade humana, por exemplo os pescadores e outros.
|
| Oir
como canta e ampliar datos.
|
Cando decide despegar sempre emite un pequeno canto moi característico.
|
Fonte : Guía das aves de Galicia. Xosé M. Penas. Carlos Pedreira e Carlos Silvar.

Fotografía de Kiko Arcas. Desembocadura do río Miño na Guardia.